Pasar al contenido principal
  • Estudiar

I Xornadas USC-EASD Ramón Falcón

I Xornadas USC-EASD Ramón Falcón, Arte e Deseño en Lugo. Dos procesos creativos á xestión cultural, 24 de outubro, 10.00 horas, Salón de Actos, Facultade de Humanidades
I Xornadas USC-EASD Ramón Falcón
Arte e Deseño en Lugo. Dos procesos creativos á xestión cultural

O vindeiro 24 de outubro terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Humanidades a inauguración da I Xornadas USC-EASD Ramón Falcón, realizadas ao abeiro do convenio de colaboración asinado entre a Facultade de Humanidades da USC e a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón.

Esta actividade pretende ser unha mostra do traballo que se está a facer nas dúas institucións arredor da xestión cultural e as disciplinas artísticas. É por iso que, aparte das interesantes conferencias de profesionais do sector cultural, a comunicación e a xestión como María Valcárcel, Rebeca Maseda e Jorge López, terá lugar a presentación de traballos realizados por alumnado dos dous centros e unha visita aos talleres e o Fab-Lab da EASD Ramón Falcón.

A matrícula é de balde, previa inscrición a través do seguinte formulario

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.10.2024.