Ir o contido principal

Certificados de Catalán do Instituto Ramon Llull

O Institut Ramon Llull acredita, mediante os Certificats de Català, os coñecementos de lingua catalá fóra do seu dominio lingüístico coa mesma validez e eficacia que as que expide a Secretaría de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya e o Govern de les Illes Balears.

A Área de Filoloxía Catalá en colaboración co Centro de Linguas Modernas organizan anualmente desde 2003 para toda Galicia as probas oficiais para a obtención dos Certificados de Catalán do Instituto Ramon Llull, nos niveis (A2, B1, B2, C1)

Na web do Instituto Ramón Llull pódense consultar as datas concretas das convocatorias, a descrición dos contidos de cadanseu nivel e a descrición das probas. Tamén se poden descargar os modelos de exame e a bibliografía correspondente para preparalos.

Os certificados adáptanse aos niveis do MCERL.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.02.2024.