Ir o contido principal

Mobilidade

A Escola Universitaria de Enfermaría ten asinados convenios de mobilidade nacionais e internacionais cun elevado número de universidades, dando así a oportunidade ao estudantado de vivir experiencias que enriquecen a súa formación a nivel tanto académico como persoal.

Os nosos alumnos e alumnas poden cursar parte dos seus estudos noutras universidades nacionais (programa SICUE) ou doutros países (Erasmus+, Programas bilaterais, Erasmus Mundus...).

A Oficina de Mobilidade da USC coordina, centraliza e xestiona as actividades relacionadas cos programas internacionais de mobilidade de estudantes, PAS e profesores.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.02.2024.