Uso de sistemas de crecemento en suspensión en medios líquidos no contexto de embrioxénese somática de vide (Vitis vinífera L.)
Autoría
A.A.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
A.A.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Realizouse un estudo bibliográfico sobre a embrioxénese somática en vide (Vitis vinifera L.) utilizando sistemas de cultivo en suspensión (medios líquidos). Para iso realizouse un enfoque histórico sobre a embrioxénese, onde se analizou que tipos de cultivo en suspensión leváronse a cabo na vide e que vantaxes representan estes con respecto á embrioxénese en medios sólidos. Mediante a comparativa dos diferentes traballos publicados en relación a esta temática pódense extraer unha serie de vantaxes dos cultivos en suspensión entre as que destacan as seguintes: a produción de maior cantidade de materia vexetal en moito menos tempo, o crecemento celular máis uniforme que facilita a sincronización dos embrións ou a maior eficiencia de cara a programas de transformación xenética entre outras. Ademais, o establecemento de cultivos enbrioxénicos en suspensión, é esencial para o escalado mediante biorreactores, tecnoloxía que proporcionará unha mellora dos procesos embrioxénicos tanto na actualidade como de cara ao futuro. Así mesmo, desenvólvese o futuro das técnicas de embrioxénese combinadas con outras ciencias ou disciplinas como pode ser a intelixencia artifical ou o BigData que se pode aplicar para automatizar procesos de produción vexetal e de diferentes xenotipos a nivel industrial reducindo o seu custo.

Dirección
MARTINEZ TRONCOSO, OSCAR (Titoría)
MARTINEZ TRONCOSO, OSCAR (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)

Optimización de metodoloxías en cromatografía líquida - espectrometría de masas en tándem para a determinación de etilglucurónido en cabelo
Autoría
L.A.A.F.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
L.A.A.F.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
O alcohol é un dos responsables de problemas no ámbito doméstico, legal, laboral e económico polo que o estudio dos marcadores directos de alcoholismo converteuse nunha tarea de vital importancia. Neste ámbito é onde destaca o análise de etilglucurónido en cabelo (hEtG), unha matriz que gañou un gran interés nos últimos anos grazas á gran ventá analítica que ofrece. A LC-MS/MS impúxose hoxe en día como a técnica de preferencia para a análise do EtG donde a HILIC (Hydrophilic Interaction Liquid Chromatography) ten un papel fundamental. Neste Traballo de Fin de Grado estudouse o efecto da composición, concentración e pH da fase móvil, así como o efecto da temperatura da columna xunto a distintos programas cromatográficos, conseguindo así optimizar un método cromatográfico que emprega HILIC para a determinación de hEtG cun LOD 2,64 pg/mg, cumprindo cos requisitos da Society of Hair Testing (SoHT). Ademáis, evaluose o efecto que teñen distintos protocolos e cartuchos de SPE no sinal analítico.

MOREDA PIÑEIRO, ANTONIO (Titoría)
CABARCOS FERNANDEZ, PAMELA Cotitoría
MOREDA PIÑEIRO, ANTONIO (Titoría)
CABARCOS FERNANDEZ, PAMELA Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BERTA (Presidente/a)
ESTEVEZ VALCARCEL, CARLOS MANUEL (Secretario/a)
YEBRA BIURRUN, MARIA DEL CARMEN (Vogal)

Toxicocinética do etanol en modelos animais de experimentación
Autoría
L.A.A.F.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
L.A.A.F.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
O consumo de alcohol etílico atópase moi arraigado no continente europeo e desenvolvéronse múltiples modelos farmacocinéticos con distintas características para tratar de describir a súa eliminación con tempo, sendo a sua aplicación posterior a modelo animais de experimentación unha tarefa clave á hora de trasladar os resultados aos humanos. Con este interés realizouse unha revisión bibliográfica empregando as bases de datos PubMed e Scopus chegando á conclusión de que o modelo animal máis empregado nestos estudios farmacocinéticos é a rata (Rattus norvegicus). Ademais, observouse que algúns factores como poden ser a dose administrada, a idade, o xénero e o embarazo teñen unha influencia significativa sobre a eliminación do alcohol etílico do organismo, sen obter conclusión claras acerca da posible influencia do ciclo estral. Non é posible confirmar o impacto na farmacocinética de eliminación do factor raza xunto aos demais mencionados, así como da presenza doutras substancias no organismo, como o tabaco ou a cocaína, en combinación co alcohol etílico.

POMBO RAMOS, CELIA MARIA (Titoría)
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA Cotitoría
POMBO RAMOS, CELIA MARIA (Titoría)
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA Cotitoría
Tribunal
BARJA FRANCISCO, PRIMITIVO (Presidente/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
VIÑAS DIAZ, ANA MARIA (Vogal)

Construción de vectores de expresión para proteínas fluorescentes con localización subcelular específica.
Autoría
I.A.P.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
I.A.P.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
A visualización das dinámicas subcelulares é fundamental para numerosos estudos de bioloxía celular. Unha das aproximacións máis empregadas é a expresión de proteínas fluorescentes como a proteína verde fluorescente mellorada (eGFP, Enhanced Green Fluorescent Protein), proteína fluorescente amarela mellorada (eYFP, Enhanced Yellow Fluorescent Protein), Cerulean ou proteína fluorescente vermella de Discosoma sp. (DsRed), que permiten seguir a distribución intracelular en tempo real mediante microscopia de fluorescencia. Para dirixir estas proteínas a compartimentos específicos, utilízanse sinais de localización como secuencias de importación mitocondrial (MTS), exportación nuclear (NES) ou localización nuclear (NLS). Este traballo tivo como obxectivo construír unha biblioteca de vectores de expresión en Saccharomyces cerevisiae para proteínas fluorescentes con localización subcelular definida, así como validar a súa expresión mediante microscopia de fluorescencia. Empregáronse técnicas de clonación Gateway, purificación de vectores, transformacións en bacterias e lévedo e análise por microscopia. Os resultados obtidos indican que, das proteínas analizadas, eGFP foi a que mostrou un sinal máis claro. As proteínas Cerulean e DsRed presentan sinais difíciles de distinguir da autofluorescencia, sen poder diferenciar do fondo celular. En canto aos sinais de localización, coa eGFP comprobouse expresión coherente coa sinal mitocondrial e coa de exportación nuclear, mentres que a secuencia de localización nuclear sufriu unha mutación que impediu a súa análise. A obtención dunha biblioteca funcional de vectores fluorescentes permitirá estudos de colocalización e dinámica subcelular en lévedo, contribuíndo á análise funcional de proteínas e á comprensión de procesos celulares complexos.

González Blanco, Miguel (Titoría)
González Blanco, Miguel (Titoría)
Tribunal
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
CSABA , NOEMI STEFANIA (Vogal)

Uso de compost de residuos vexetais para a recuperación de solos urbanos compactados
Autoría
I.B.R.
Grao en Bioloxía (3ªed)
I.B.R.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
O estudo busca analizar o impacto integral da aplicación de compost de residuos verdes nas propiedades dun solo urbano compactado. Os resultados comparáronse cunha referencia non compactada, compactada non tratada e tratado con solo importado e analizados a través do lente da avaliación integral da saúde do solo da Universidade de Cornell. A aplicación de compost aumentou significativamente os valores de Carbono activo, N e C total, fósforo dispoñible, capacidade de intercambio catiónico (CIC), estabilidade de agregados (EA), porcentaxe de materia orgánica (MO) e proteína total; tamén demostrou un efecto positivo no contido de micronutrientes, respiración, pH, condutividade eléctrica (CE), catións intercambiables e propiedades hídricas. O traballo demostra que a aplicación de compost de residuos vexetais pode mellorar a saúde de solos urbanos compactados.

PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Titoría)
PARADELO NUÑEZ, REMIGIO (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
Produción de hidrolasas de PET en biorreactor
Autoría
N.B.D.L.P.C.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
N.B.D.L.P.C.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
Os plásticos son unha das principais fontes de contaminación ambiental a nivel mundial. En particular, o tereftalato de polietileno (PET) é un dos polímeros máis empregados en sectores como a industria textil e alimentaria. Os métodos convencionais de reciclaxe de PET, como o reciclaxe mecánico e químico, implican un alto consumo enerxético e a emisión de gases de efecto invernadero, o que representa unha ameaza medioambiental. Ante este escenario, emerxeu o reciclaxe enzimático como unha alternativa sostible, baseado no uso de hidrolasas capaces de degradar PET. Neste contexto, este traballo ten como obxectivo optimizar as condicións de produción de dous hidrolasas de PET (duraPETasa e LCC-ICCG) en Escherichia coli BL21 (DE3), empregando un biorreactor de 1,75 L de cultivo. Para elo, evaluáronse distintas temperaturas post-inducción (37 e 18 grados Celsius) e tempos de expresión (toda a noite (o/n) vs 4 h). Os resultados indican que a condición máis eficiente consiste en manter unha temperatura constante de 37 grados Celsius despois da indución, cunha duración da expresión de 4 h. Nestas condicións obtuvéronse rendementos de 1,677 mg/g de biomasa para LCC-ICCG e 0,7458 mg/g de biomasa para duraPETasa, o que supón unha mellora de al menos 11 e 4 veces, respectivamente, fronte ás condicións o/n. Aínda que a actividade específica foi maior en condicións o/n, ambas hidrolasas conservaron a súa actividade tras 4 h de expresión. Asimesmo, avaliouse a viabilidade de E.coli durante a expresión de duraPETasa. Aínda que se observou unha diminución significativa da población bacteriana na condición de maior produción (37 grados Celsius e 4 h post-indución), non se detectou toxicidade asociada á proteína recombinante en tempos prolongados. Isto suxire que a diminución da concentración de proteína observada en expresións o/n non se debe a efectos tóxicos, senón posiblemente á activación de mecanismos celulares de resposta ao estrés que inducen a expresión de proteasas intracelulares capaces de degradar a proteína recombinante.

EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Titoría)
BALBOA MENDEZ, SABELA Cotitoría
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Titoría)
BALBOA MENDEZ, SABELA Cotitoría
Tribunal
López Romalde, Jesús Ángel (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
GARCIA JARES, CARMEN MARIA (Vogal)

Caracterización dun novo modelo murino para a edición xenética inducible de células gliais
Autoría
E.M.B.V.
Grao en Bioloxía (3ªed)
E.M.B.V.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
Na investigación biomédica, os modelos Cre-recombinasa inducibles son unha ferramenta precisa de edición xenética que permite o control espacial e temporal das modificacións xenéticas. No ámbito de estudo dos astrocitos e das súas funcións cerebrais, existen modelos Cre-recombinasa inducibles que utilizan como secuencias promotoras xenes como o da proteína gliofibrilar ácida humana, o transportador de glutamato ou a aldehido deshidroxenasa 1-L1, todos eles, marcadores astrocitarios que restrinxen a localización da recombinasa a estas células gliais. Aínda así, o marcador astrocitario clásico para definir aos astrocitos de rato, é a proteína gliofibrilar ácida murina, para a cal, ata o de agora, non existía un modelo Cre-recombinasa inducible que a empregase como promotor. Neste traballo realizarei unha caracterización histolóxica dunha nova liña de rato modificada xeneticamente, que foi xerada por tecnoloxía CRISPR/Cas9 e emprega a proteína gliofibrilar ácida murina como promotor: a GFAP-CreERT2. Para levalo a cabo, traballarei xunto aos grupos Neuroendocrine Regulation of Metabolism (NeuRoMet) e NeurObesity do CiMUS, realizando experimentos in vivo, técnicas de tinción inmunohistoquímica e de bioloxía molecular, que me permitirán corroborar a presenza exclusiva deste modelo Cre-recombinasa inducible, en astrocitos.

GONZALEZ GARCIA, ISMAEL (Titoría)
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO Cotitoría
GONZALEZ GARCIA, ISMAEL (Titoría)
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO Cotitoría
Tribunal
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
DIAZ JULLIEN, CRISTINA (Secretario/a)
MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)

Función molecular e biolóxica dos factores de transcrición AP-1 na desmielinización das células de Schwann e reparación dos nervios periféricos.
Autoría
S.B.B.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
S.B.B.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
As células de Schwann, encargadas de formar as vaíñas de mielina no sistema nervioso periférico, espertan un gran interese científico polo seu papel protagonista na rexeneración axonal tras unha lesión traumática, adquirindo un fenotipo reparador. Porén, os mecanismos que regulan esta reprogramación aínda non se coñecen completamente. O factor de transcrición c-Jun, pertencente á familia AP-1, foi identificado como regulador central do proceso. Investigacións previas do laboratorio identificaron outros membros da familia, como Fra1 e Fra2, que tamén amosan un incremento significativo nos niveis de ARN tras lesión. Ademais, estudos previos sinalan que o silenciamento de FRA1 dificulta a rexeneración axonal. Estes achados indican que FRA1 e FRA2, xunto con c-Jun, poderían formar parte dun grupo de factores de transcrición AP-1 que actúan como reguladores mestres. Este estudo pretende comprender o papel biolóxico e molecular de FRA1 e FRA2, caracterizando a resposta das células de Schwann a lesións no nervio ciático en modelos murinos con deleción de ambos xenes. Para isto realizáronse qPCRs e Western Blot, detectándose cambios significativos na expresión de Olig1 e Ngf, así como da proteína ATF3, entre ratos de xenotipo salvaxe e con silenciamento xénico, sen observarse alteracións na eliminación de proteínas de mielina. A nivel fisiolóxico, avaliouse a integridade dos nervios en rexeneración mediante imaxes de microscopía electrónica, sen atopar diferenzas entre grupos. Tamén se realizaron ensaios preliminares de inmunofluorescencia, aínda que será necesario aumentar o tamaño da mostra para confirmar a validez dos resultados. Estes achados suxiren que FRA1 e FRA2 desempeñan un papel específico na rexeneración axonal, aínda que o efecto observado foi menos marcado do agardado. É fundamental continuar investigando a rexeneración a prazos máis longos para determinar se estas proteínas inflúen na recuperación completa tras a lesión.

Woodhoo , Ashwin (Titoría)
AYUSO GARCIA, PAULA Cotitoría
Woodhoo , Ashwin (Titoría)
AYUSO GARCIA, PAULA Cotitoría
Tribunal
Gómez Tato, Antonio M. (Presidente/a)
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)

Desenvolvemento de nanocápsulas biomiméticas funcionalizadas para o estudo da internalización e rutas intracelulares de nanopartículas
Autoría
D.C.N.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
D.C.N.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
O mundo da nanotecnoloxía é un sector en desenvolvemento e de gran interese debido aos grandes avances que permite achegar a moi diversos ámbitos. Atendendo ao sector da nanobiotecnoloxía, as nanopartículas destacan como vectores para entregar fármacos en distintas terapias. Para este proxecto, préstase atención aos nanosistemas biomiméticos como vectores con propiedades únicas e especialmente útiles na entrega da súa carga a células. Así pois, desenvolvéronse nanovesículas biomiméticas baseadas na membrana celular de células A549, referidas como cellsomas, e se encapsularon nestes nanopartículas de ouro con distintos graos de ubiquitinación co obxectivo de modificar a internalización celular das nanopartículas e poder estudar a súa localización intracelular. O emprego de técnicas de microscopía electrónica, espectroscopía e análise de seguimento de nanopartículas permitiu caracterizar os cellsomas obtidos, mentres que o uso de citometría de fluxo e microscopía confocal permitiu estudar a internalización das nanopartículas e cellsomas así como a súa localización no interior das células. Os resultados obtidos mostran que a síntese e a caracterización son factibles e exitosas, e que as nanopartículas de ouro conseguen entrar tanto nos cellsomas como nas células. Ademais, a ubiquitinación parece axudar na captación das nanopartículas, e a encapsulación das nanopartículas nos cellsomas consegue cambiar a súa localización intracelular.

DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Titoría)
PELAZ GARCIA, BEATRIZ Cotitoría

CID FERNANDEZ, MARIA MAGDALENA (Presidente/a)
LÓPEZ FABAL, ADOLFO (Secretario/a)
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Vogal)

Aportación de laboratorio clínico ao proceso asistencial integrado diabetes mellitus tipo 2 do SERGAS
Autoría
I.C.F.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
I.C.F.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
A detección precoz de DM en persoas asintomáticas podería previr ou retrasar as complicacións da diabetes, existindo evidencia de que a maioría destas están relacionadas ca duración e severidade da hiperglucemia. O PAI DM2 do SERGAS, ten como obxetivo orientar as actuacións dos profesionais sanitarios no diagnóstico, tratamento e no seguimento das persoas con DM2. Neste traballo evaluase a contribución do Laboratorio de Análises Clínicos ao PAI DM2 do SERGAS. Seguindo os criterios da ADA, dende o laboratorio establecéuse un cribado oportunista de DM2, consistente en engadir a determinación de HbA1c a aqueles pacentes sen diagnóstico previo de DM e cunha glucemia basal alterada, detectada nunha analítica realizada no laboratorio durante os anos 2023 e 2024. Os datos extraídos do sistema informático do laboratorio, en conxunto coa revisión do historial clínico dos pacientes resúmese neste traballo. Detectáronse 22571 pacientes con glucemia basal alterada. O 30% presentaba valores de HbA1c no intervalo de normalidade, o 49% presentaba valores de HbA1c no rango de prediabetes, e o 21% presentaba valores de HbA1c no rango de diabetes. Neste último grupo, 2310 pacientes tiñan ademáis una glucosa maior que 126 mg/dL na mesma analítica, permitindo establecer así un diagnóstico de diabetes nun único paso. O 64 porcento destes pacientes diabéticos realizou una analítica posterior onde se solicitou HbA1c cun intervalo de tempo de 9,1 (desv. est. 5,4) meses. O cribado permite identificar a aqueles pacientes diabéticos non diagnosticados nunha única analítica ou identificar a aqueles diabéticos cun seguimiento inadecuado, ademáis de poner o foco nos pacientes prediabéticos, con elevado risco de desenvolver diabetes e actuar sobre indicios de complicacións da diabetes de maneira temperá.

Rodriguez Garcia, Javier (Titoría)
Riveiro Cruz, Manuel Alberto Cotitoría
Rodriguez Garcia, Javier (Titoría)
Riveiro Cruz, Manuel Alberto Cotitoría
Tribunal
BARJA FRANCISCO, PRIMITIVO (Presidente/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
VIÑAS DIAZ, ANA MARIA (Vogal)
BARJA FRANCISCO, PRIMITIVO (Presidente/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
VIÑAS DIAZ, ANA MARIA (Vogal)
Evaluación dun analizador automático de intercambio iónico (HPLC) para a medida de hemoglobina glicada
Autoría
I.C.F.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
I.C.F.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
A verificación das prestación analíticas dos diferentes equipos dun laboratorio clínico é un paso obrigado para garantir uns resultados de calidade. Específicamente a hemoglobina glicada (HbA1c) é un parámetro de gran importancia para o diagnóstico e control de pacientes diabéticos. Neste estudo evalúase un equipo de medida de HbA1c via HPLC incorporado recientemente ao laboratorio de análise clínico, o ADAMS 8190V, co fin de verificar as súas prestacións analíticas. Utilizáronse as guías do Clinical and Laboratory Standards Institute (CLSI) en conxunto coas instrucción da Sociedad Española de Química Clínica (SEQC) para o estudio de imprecisión, veracidade e linealidade. Estudiouse o efecto de algunhas interferenzas con efectos significativos nos resultados de HbA1c. Finalmente, realizouse un estudio comparativo do ADAMS 8190V con equipos de HPLC certificados que cumplen os estándares máximos de calidade esixibles á técnica. O ADAMS 8190V cumple cos criterios de calidad esixidos, e non conta con interferenzas en presencia da maioría de metabolitos estudiados ou variantes de hemoglobina máis frecuentes. Si presenta interferenzas a valores elevados de hemoglobina carbamilada (cHb). Respecto aos equipos certificados presenta unha boa correlación con ambos, tendo algo máis de variabilidade específicamente con un deles. O equipo ADAMS 8190V presenta boas prestacións analíticas, que en conxunto cos seus menores tempos de análise, representa unha mellora neta na rutina do laboratorio clínico.

Ortola Devesa, Juan Bautista Cotitoría
Rodriguez Garcia, Javier (Titoría)
Ortola Devesa, Juan Bautista Cotitoría
Tribunal
Estévez Cabanas, Juan Carlos (Presidente/a)
GARCIA SUAREZ, LUIS ALBERTO (Secretario/a)
GONZALEZ NOYA, ANA MARIA (Vogal)

Caracterización dos xenes COL4A3-COL4A5 nunha cohorte de pacientes con enfermidade glomerular
Autoría
L.C.V.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
L.C.V.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 12:30
17.07.2025 12:30
Resumo
As enfermidades renais hereditarias están presentes nunha porcentaxe moi baixa na poboación. En concreto, o proxeccto céntrase no estudo de enfermedades glomerulares, que son aquelas que se desenvolven debido a defectos na membrana basal glomerular, nos que están implicadas alteracions nos xenes de coláxeno tipo IV. Os xenes COL4A3-COL4A5 poden presentar unha gran cantidade de variantes, algunhas delas sen efectos patoxénicos, pero moitas outras implicadas no desenvolvemento de patoloxías como o Síndrome de Alport. As probas xenéticas permítennos realizar un diagnóstico temperán deste tipo de patoloxías, tanto en pacientes con síntomas moi severos como noutros con sintomatoloxía máis leve ou incluso asintomáticos. A evolución e perfecionamento destas técnicas de diagnóstico permítennos realizar análises más precisas deste tipo de patoloxías, desenvolver terapias para o seu tratamento e así mellorar a calidade de vida e benestar dos afectados. Así, o presente estudo busca realizar unha búsqueda e análise exhaustiva das diferentes variantes patoxénicas que poidan estar implicadas no desenvolvemento destas nefropatías, co obxectivo de ofrecer diagnósticos precisos de cara ao futuro.

CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Titoría)
GARCIA MURIAS, MARIA Cotitoría
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Titoría)
GARCIA MURIAS, MARIA Cotitoría
Tribunal
FIGUEIRAS GUZMAN, ADOLFO (Presidente/a)
Pozo Míguez, Iago (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)

p107 e o seu papel na progresión de MASLD a MASH nun modelo murino de esteatohepatite inducida por dieta.
Autoría
G.A.C.S.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
G.A.C.S.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
A enfermidade do fígado graxo asociada á disfunción metabólica (MASLD) é unha das manifestacións máis comúns da síndrome metabólica, un grupo de trastornos derivados da obesidade, hipertensión e resistencia á insulina. Esta enfermidade pode progresar cara a estadíos máis graves como a esteatohepatite asociada ao metabolismo (MASH). Estudos recentes do noso laboratorio demostraron que a ausencia de p107 produce unha mellora no metabolismo hepático. Aínda así, o seu papel na progresión da enfermidade de MASLD a estadíos máis avanzados como MASH e fibrose aínda non foi descrito. Por este motivo, o obxectivo deste Traballo de Fin de Grao é analizar se a ausencia global de p107 ten efecto no desenvolvemento de MASLD a MASH nun modelo murino de esteatohepatite inducida por dieta. Para comprobalo, avaliáronse parámetros histolóxicos e moleculares relacionados co metabolismo lipídico e a fibrose hepática. Os resultados obtidos suxiren que a ausencia global de p107 se asocia cunha redución da acumulación de lípidos no fígado, aínda que podería favorecer a progresión cara á fibrose. Estes achados indican que p107 podería desempeñar un papel importante no avance da enfermidade hepática a estadíos máis graves, abrindo novas liñas de investigación para comprender mellor os mecanismos implicados.

TOVAR CARRO, SULAY AMPARO (Titoría)
TOVAR CARRO, SULAY AMPARO (Titoría)
Tribunal
Gómez Tato, Antonio M. (Presidente/a)
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)
Gómez Tato, Antonio M. (Presidente/a)
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)
Caracterización bioquímica, molecular e funcional dun modelo en 3D a partir de células mesenquimais epicárdicas
Autoría
M.C.T.
Grao en Bioloxía (3ªed)
M.C.T.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
As alteracións metabólicas derivadas da obesidade contribúen decisivamente ao desenvolvemento das enfermidades cardiovasculares. Neste contexto, o tecido adiposo epicárdico destaca polo seu papel activo na disfunción cardíaca, a través da secreción de sinais parácrinas, endócrinas e vasócrinas que afectan ao miocardio e á vasculatura coronaria. Tanto o tecido adiposo epicárdico como o subcutáneo conteñen células mesenquimais cun marcado potencial para inducir procesos de adipoxénese e anxioxénese implicados na remodelación cardíaca e na progresión da enfermidade. Partindo da hipótese de que un sistema tridimensional (3D) permitiría reproducir con maior fidelidade a interacción entre estes procesos, deseñouse e caracterizouse un modelo 3D de cultivo celular a partir de células mesenquimais illadas de tecido adiposo subcutáneo e epicárdico de pacientes sometidos a cirurxía cardíaca. Avaliáronse distintas matrices extracelulares e aplicáronse tratamentos específicos para inducir os procesos de diferenciación. A caracterización morfolóxica e funcional do modelo realizouse mediante microscopía óptica, inmunofuorescencia, análise de expresión xénica por PCR en tempo real e análise proteica mediante Western Blot. Os resultados obtidos confirmaron a capacidade do modelo para reproducir de forma integrada os procesos de adipoxénese e anxioxénese, evidenciando diferenzas en función da orixe tisular. O tecido adiposo subcutáneo mostrou unha maior capacidade adipoxénica e organización tridimensional, mentres que o tecido epicárdico presentou un perfil máis inflamatorio e unha estrutura menos cohesionada. A resposta anxioxénica foi discreta en ambos casos. Ademais, observáronse diferenzas estruturais e funcionais entre matrices, destacando Matrigel como a máis eficaz na formación de esferoides estables. Estes modelo representa unha ferramenta preclínica útil para estudar a interacción entre os procesos de adipoxénese e anxioxénese nos distintos tecidos, así como para explorar novas aproximacións terapéuticas en patoloxías cardiovasculares.

BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Titoría)
Eiras Penas, Sonia Cotitoría
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Titoría)
Eiras Penas, Sonia Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
González Blanco, Miguel (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
González Blanco, Miguel (Vogal)
Variabilidade interpoboacional no nivel de inactivación da fotosíntese debido ao estrés térmico en especies invasoras do xénero Carpobrotus
Autoría
M.D.M.C.S.
Grao en Bioloxía
M.D.M.C.S.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
O xénero Carpobrotus inclúe diversas especies suculentas, nativas na súa maioría de Sudáfrica. Debido ao seu uso ornamental e estabilizador, xunto coa súa propagación deliberada, algunhas especies do xénero estendéronse polas costas atlántico-mediterráneas de toda Europa e actualmente considéranse invasoras. A súa elevada plasticidade fenotípica, capacidade de hibridación, reprodución clonal e integración fisiolóxica favorecen o seu éxito invasivo, desprazando especies nativas e comprometendo a biodiversidade dos ecosistemas. O cambio climático e a globalización intensificaron estes procesos. As poboacións de Carpobrotus spp. empregadas, que engloban tres genotipos (A, B, C e híbridos), distribúense en rexións xeográficas nativas e introducidas con condicións climáticas diferentes. Por tanto, para avaliar a variabilidade interpoblacional do xénero, determináronse os limiares de inactivación fotosintética mediante medidas de fluorescencia e reflectancia, nun rango de temperaturas comprendido entre os 35 e 60 graos, en plantas pertencentes a 11 poboacións de Carpobrotus, distribuídas en localidades de Sudáfrica, Italia, EE.UU, Nova Zelandia, España e Chile. Os resultados mostraron que as poboacións de Carpobrotus presentan unha marcada variabilidade interpoblacional no nivel de inactivación fotosintética, determinada principalmente polo seu genotipo, máis que pola súa orixe xeográfica. Ademais, en todas as poboacións observouse a existencia dun efecto protector térmico que se activa ao alcanzar unha temperatura limiar, xeralmente entre os 50 e 55 graos. Finalmente, a 60 graos, #o #estrés #térmico agudo provoca un colapso fisiolóxico. Estes achados proporcionan información que pode resultar útil na delimitación do potencial invasor do xénero en distintos escenarios climáticos, e contribuír na elaboración de estratexias de conservación enfocadas na preservación de especies nativas en hábitats vulnerables. Igualmente, resulta fundamental centrar os esforzos no desenvolvemento de plans de erradicación e control dirixidos ás poboacións máis resilientes de Carpobrotus spp. nas súas áreas de introdución, especialmente #ante a crecente incerteza climática.

RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Titoría)
Rodríguez Parra, Jonatan Cotitoría

LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
VIEJO SOMOANO, MARCOS (Secretario/a)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Vogal)

Teoría da selección multinivel: conflito entre unidades de selección
Autoría
I.C.L.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía (2ªed)
I.C.L.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Tras a aceptación dunha teoría da evolución mediada pola selección natural e o apoio á Síntese Evolutiva Moderna, o individuo considerouse o nivel no que actúa a selección. Historicamente, case todas as alternativas foron cuestionadas, convertendo este paradigma nun dos maiores piares do darwinismo. Este traballo revisa a literatura máis relevante sobre unha das hipóteses máis prometedoras da bioloxía evolutiva: a Selección Multinivel. Esta filosofía propón que abandonemos o modelo simple da selección natural que intervén no organismo, xa que a selección actúa a diferentes niveis de organización biolóxica, tanto por debaixo (células, orgánulos, xenes, etc.) como por riba (familias, especies, comunidades, etc.) do individuo. O obxectivo é revisar a evidencia empírica de que a selección procede a varios niveis e estudar o conflito biolóxico que xurdiría se a selección a un nivel superior se opoñe á selección a un nivel inferior e viceversa. Ademais, a Selección Multinivel será considerada como un marco teórico para explicar un dos maiores enigmas da evolución: o altruísmo. A metodoloxía empregada inclúe o uso de bases de datos como Web of Science (WOS) e PubMed, e filtros por idioma e data, priorizando estudos revisados por pares. As nosas conclusións son positivas, a pesar de que esta hipótese estivo chea de críticas desde o seu inicio e foi cualificada de mecanismo débil, ignorando gran parte das evidencias. Co tempo, a Selección Multinivel será considerada unha das ideas máis revolucionarias e unha das que máis cambiou o noso pensamento evolutivo.

VILAS PETEIRO, ROMAN (Titoría)
VILAS PETEIRO, ROMAN (Titoría)
Tribunal
BARJA FRANCISCO, PRIMITIVO (Presidente/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
VIÑAS DIAZ, ANA MARIA (Vogal)
BARJA FRANCISCO, PRIMITIVO (Presidente/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
VIÑAS DIAZ, ANA MARIA (Vogal)
Reaccións abióticas que empregan maquinaria celular
Autoría
I.C.L.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía (2ªed)
I.C.L.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía (2ªed)
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
Desde a década de 2000, unha área da química moderna experimentou un crecemento asombroso: a química bioortogonal. Esta refírese a cualquera tipo de reacción química que ocorre dentro dun organismo vivo sen afectar o seu metabolismo. A biortogonalidade, ademais de evitar interaccións secundarias con grupos funcionais nativos, caracterízase por unha alta selectividade, unha cinética rápida e a falta de toxicidade. En consecuencia, non é sorprendente a ampla gama de aplicacións que atopamos en bioquímica, biosíntese, medicina e famacoloxía. Seguindo esta mesma filosofía, están a facerse intentos para desenvolver reaccións que non só sexan bioortogonais, senón tamén fotocatalizadas. Isto daría lugar ao que chamamos fotocatálise bioortogonal. Neste traballo, investigaranse novas reaccións sintéticas biocompatibles. En concreto, descríbese unha reacción baseada na a-arilación de enol acetatos. Esta reacción foi optimizada, demostrando o seu potencial en medios acuosos, un requisito esencial para a química bioortogonal. Posteriormente, esta reacción transferiuse a cianobacterias, que, grazas á luz solar e á maquinaria redox celular, serían capaces de catalizar este tipo de reacción permitindo a síntese in situ de fármacos, compostos bioactivos ou sondas fluorescentes. Finalmente, intentouse modificar a reacción para obter un producto fluorescente.

Mascareñas Cid, Jose Luis (Titoría)
TOMAS GAMASA, MARIA Cotitoría
Mascareñas Cid, Jose Luis (Titoría)
TOMAS GAMASA, MARIA Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ BELLO, CONCEPCION (Presidente/a)
SECO CASTRO, JOSÉ MANUEL (Secretario/a)
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Vogal)

Estudo do impacto da interleucina-6 nos ritmos circadianos: avaliación dos neuropéptidos do núcleo supraquiasmático e a expresión de xens do reloxo circadiano.
Autoría
A.D.L.
Grao en Bioloxía (3ªed)
A.D.L.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Introdución: A interleucina-6 (IL-6) é unha citocina pleiotrópica cun rol central na regulación inmunolóxica e o metabolismo enerxético. Os seus niveis amosan oscilacións diarias que inflúen en compoñentes esenciais do sistema circadiano, o cal suxire unha función integradora na sincronización entre os ritmos biolóxicos e a homeostase metabólica. Aínda que algunhas das súas funcións amosan variacións segundo o sexo, o papel específico da IL-6 na integración dos sistemas circadiano e metabólico aínda non foi explorado en profundidade. Hipótese: Exponse que IL-6 participa na regulación circadiana e metabólica de forma diferencial segundo o sexo, afectando mecanismos chave de sincronización fisiolóxica. Obxectivos: O obxectivo principal é esclarecer o papel da IL-6 na conexión entre os ciclos circadianos e metabólicos. Para iso, avaliarase tamén a influencia de neuropéptidos sincronizadores, en particular, o péptido intestinal vasoactivo (VIP), como posibles mediadores en devandita coordinación, prestando especial atención ás diferenzas segundo o sexo. Metodoloxía: Realizouse o fenotipado circadiano e metabólico de ratos control e deficientes en IL-6 (IL6KO) de ambos os sexos. Leváronse a cabo análises moleculares en músculo e hipotálamo para esclarecer unha posible vía de comunicación entre sinais circadianas e metabólicas mediadas por esta citocina. Ademais, o estudo de VIP permitiu establecer o seu papel chave na sincronización do núcleo supraquiasmático (NSQ). Resultados: A deficiencia de IL-6 afecta os ritmos de actividade locomotora circadiana de maneira dependente do sexo, alterando a sincronización á luz en machos e ao período endóxeno en condicións de escuridade en ambos os sexos. Estes efectos asociáronse cunha diminución de VIP no NSQ en machos IL6KO, mentres que en femias os seus niveis mantivéronse estables. Estes achados, xunto cos resultados das análises moleculares nos tecidos, sitúan á IL-6 como unha mediador chave na plasticidade circadiana e a súa regulación sexo-dependente, destacándoa como unha potencial diana terapéutica para tratar trastornos asociados coa desalineación circadiana.

BARCA MAYO, OLGA (Titoría)
GONZALEZ VILA, ANTIA Cotitoría
BARCA MAYO, OLGA (Titoría)
GONZALEZ VILA, ANTIA Cotitoría
Tribunal
ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
Novos mecanismos implicados na esteatohepatite asociada a disfunción metabólica: posible papel de ANGPTL4
Autoría
P.D.O.
Grao en Bioloxía (3ªed)
P.D.O.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
A enfermidade hepática esteatótica asociada á disfunción metabólica (MASLD) é unha das principais causas de hepatopatía crónica. Dentro do espectro desta patoloxía, encóntrase a fibrose hepática, caracterizada pola activación das células estreladas hepáticas (HSCs). A proteína ANGPTL4 é un importante regulador do metabolismo lipídico hepático, mais o seu papel nas HSCs non está claramente definido. Este traballo analizou a expresión de ANGPTL4 en células estreladas hepáticas activadas, avaliou o efecto do seu silenciamento tras a estimulación con TGF-B1, e examinou o impacto deste silenciamento nun modelo murino de esteatohepatite inducida por dieta. Os resultados mostraron que ANGPTL4 se sobreexpresa coa activación das células estreladas hepáticas e que o seu silenciamento reduce a expresión de xenes profibróticos e tanto in vitro coma in vivo. Estes resultados suxiren que ANGPTL4 ten un papel pro-fibrótico e podería ser unha diana terapéutica na MASLD.

NOGUEIRAS POZO, RUBEN (Titoría)
Parracho Martínez, Tamara Cotitoría
NOGUEIRAS POZO, RUBEN (Titoría)
Parracho Martínez, Tamara Cotitoría
Tribunal
CORDERO SANTAMARIA, OSCAR JAVIER (Presidente/a)
ROMAUS SANJURJO, DANIEL (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO (Vogal)

Validación de biomarcadores de resposta ao tratamento con tofacitinib en pacientes con colite ulcerosa
Autoría
A.F.V.
Grao en Bioloxía (3ªed)
A.F.V.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Tofacitinib, un inhibidor da proteína Janus quinase (JAK), é a primeira molécula pequena, administrada por vía oral, aprobada para o tratamento da enfermidade inflamatoria intestinal. A eficacia e seguridade deste composto convérteno nunha opción terapéutica atractiva en pacientes cun grao de entre moderado e grave da enfermidade. Non obstante, como sucede con outros tratamentos para a enfermidade inflamatoria intestinal, unha significativa porcentaxe dos pacientes non responden á terapia con tofacitinib. Ata o momento, non se dispón de ningún biomarcador fiable para predicir a resposta ao tratamento con tofacitinib, a pesar de que isto suporía un gran beneficio médico e socioeconómico. Por este motivo, o obxectivo xeral deste proxecto é identificar posibles biomarcadores de resposta á terapia con tofacitinib e poñer a punto as condicións experimentais para a súa posterior validación. Con esta proposta preténdese sentar as bases para o tratamento personalizado dos pacientes coa enfermidade inflamatoria intestinal, mellorando polo tanto a atención ao paciente. Empregáronse mostras de células mononucleares de sangue periférico de pacientes con colite ulcerosa, que respondían ao tratamento con tofacitinib. Mediante a análise bioinformática das mostras obtivéronse tres potenciais biomarcadores para o tratamento con tofacitinib, os xenes: KCNH8, RSAD2 e SGO2. Establecéronse as condicións experimentais para a validación destes biomarcadores en cultivos de células primarias humanas. Determinouse que para a futura validación aplicarase un tratamento de 10 ng/ml de interleucina 6 (IL 6) durante 5 minutos e de 50 nM de tofacitinib durante 2 horas. Todos estes pasos, xunto coa posterior validación dos biomarcadores en futuros estudos, permitirán comprobar a capacidade de KCNH8, RSAD2 e SGO2 como marcadores de resposta ao tratamento con tofacitinib en pacientes con colite ulcerosa, posibilitando así tomar decisións individualizadas durante a administración desta terapia nos pacientes con colite ulcerosa.

BALBOA MENDEZ, SABELA (Titoría)
Conde Aranda, Javier Cotitoría
BALBOA MENDEZ, SABELA (Titoría)
Conde Aranda, Javier Cotitoría
Tribunal
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Presidente/a)
PORTEIRO COUTO, BEGOÑA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Presidente/a)
PORTEIRO COUTO, BEGOÑA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
Efecto metabólico da administración central dun inhibidor de Pyk2 en roedores obesos
Autoría
M.F.A.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
M.F.A.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
Nas últimas décadas, a obesidade converteuse nun grave problema de saúde pública en todo o mundo, polo que a identificación de novas dianas que poidan dar lugar a novos tratamentos terapéuticos é de vital importancia. Estudos previos determinaron que Pyk2 está involucrada en varias enfermidades nas que a sintomatoloxía presenta alteracións no equilibrio enerxético. Porén, o seu papel na obesidade non foi estudado en profundidade. Polo tanto, o obxectivo deste traballo é estudar o efecto da administración central dun inhibidor de Pyk2 sobre o balance enerxético en ratos obesos. Os nosos resultados amosan unha diminución do peso corporal nestes ratos, que se explica por unha redución da inxestión de alimento tras a administración intracerebroventricular dun inhibidor de Pyk2. No tecido adiposo branco e no fígado, as rutas do metabolismo lipídico e da B-oxidación mostran un forte mecanismo de compensación fronte á perda de peso, aínda que se detectou a nivel molecular un aumento da expresión do receptor Badr3 no tecido adiposo branco e unha diminución de PPARg no fígado. Porén, a administración crónica do inhibidor de Pyk2 non induce un aumento dos marcadores de termoxénese no BAT. En conxunto, os nosos achados proporcionan a primeira evidencia experimental que apunta a un papel clave de Pyk2 no sistema nervioso central na regulación do equilibrio enerxético.

QUIÑONES TELLEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
AL-MASSADI IGLESIAS, OMAR Cotitoría
QUIÑONES TELLEZ, MARIA DEL MAR (Titoría)
AL-MASSADI IGLESIAS, OMAR Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
CSABA , NOEMI STEFANIA (Vogal)
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
CSABA , NOEMI STEFANIA (Vogal)
Papel de SIRT3 nas neuronas AgRP sobre a regulación do metabolismo da glucosa.
Autoría
P.F.A.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
P.F.A.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
A sirtuina 3 (SIRT3) é un sensor enerxético mitocondrial ben coñecido que desempeña un papel clave en múltiples accións biolóxicas, incluíndo o metabolismo enerxético e da glicosa. Aínda que se ten demostrado que a SIRT3 hipotalámica regula a homeostase enerxética, o seu papel específico no control da glicosa e da sensibilidade á insulina segue sendo pouco coñecido. Neste estudo, exploramos o efecto da modulación de SIRT3 en neuronas AgRP (proteína relacionada co agutí) do hipotálamo sobre a homeostase da glicosa e a sensibilidade á insulina. Para iso, xeráronse modelos murinos con perda de función de SIRT3 nas neuronas AgRP co obxectivo de caracterizar o metabolismo da glicosa e estudar o seu mecanismo de acción a nivel molecular. Observouse que a ablación de SIRT3 nas neuronas AgRP promoveu unha intolerancia á glicosa e unha menor sensibilidade á insulina tanto en ratos machos delgados como en ratos con obesidade inducida pola dieta. Estes efectos están mediados por un empeoramento da sinalización de AKT no fígado, músculo e tecido adiposo branco. En conxunto, os nosos achados establecen un papel protector de SIRT3 nas neuronas AgRP mediado por AKT para o control das alteracións da glicosa inducidas pola obesidade.

As diatomeas como indicadores de contaminantes emerxentes en augas continentais
Autoría
U.F.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
U.F.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Os ecosistemas acuáticos continentais atópanse gravemente ameazados polo impacto antrópico, sendo os contaminantes emerxentes unha das principais preocupacións actuais. Tradicionalmente, o control da calidade das augas baseábase unicamente en parámetros físicoquímicos, pero nas últimas décadas promoveuse a caracterización do estado ecolóxico, unha perspectiva máis realista sobre o grao de alteración dos ecosistemas. Esta postura require o uso de organismos bioindicadores, entre os cales as diatomeas acadaron especial relevancia pola súa sensibilidade á contaminación, diversidade taxonómica e ubicuidade. Este traballo avalía o potencial e os desafíos actuais do uso de diatomeas como ferramenta para a detección e seguimento de contaminantes emerxentes. Para iso, realizouse unha revisión bibliográfica sistemática nas bases de datos Web of Science e Scopus. Realizáronse una serie de análises bibliométricos simples e unha exploración sobre o coñecemento nos ámbitos dos contaminantes emerxentes e o uso das diatomeas como bioindicadores. Detectouse un crecente interese polo uso de diatomeas, especialmente en medios lóticos e para o estudo de medicamentos como contaminantes, especialmente dos antibióticos. Estes achados evidencian o crecente potencial das diatomeas como bioindicadores de contaminantes emerxentes, aínda que a súa implementación efectiva require superar importantes desafíos metodolóxicos e desenvolver novas aproximacións específicas para estes contaminantes.

LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Titoría)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL Cotitoría
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Titoría)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
Efecto da temperatura de cor da iluminación ornamental na biocolonización do patrimonio arquitectónico: estudo experimental cunha cepa de microalga modelo
Autoría
C.F.G.
Grao en Bioloxía (3ªed)
C.F.G.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
O patrimonio arquitectónico sofre procesos de colonización biolóxica, que en climas temperados e húmidos corresponde principalmente a algas verdes y cianobacterias (organismos fotótrofos) que forman biofilms subaéreos (SABs) sobre as superficies. O uso de iluminación ornamental con Diodos Emisores de Luz (LEDs) é unha práctica habitual para mellorar a visibilidade e estética do patrimonio, e está comprobado que esta iluminación afecta á colonización de fotótrofos que dependen da luz para procesos fotosintéticos. A luz ornamental nocturna pode ter diferente temperatura de cor, de máis baixa e cálida (2000K-3000K) con tonalidades alaranxadas, a máis alta e fría (6000K-7000K) con tonalidades azuladas. Para avaliar o seu impacto no desenvolvemento de fotótrofos sobre superficies de edificios patrimoniais (o que provoca o seu biodeterioro), estudouse o efecto de tres temperaturas de cor, 6000K (branco frío), 4000K (branco neutro) e 2700K (branco cálido) sobre o crecemento de biofilms da microalga modelo Jaagichlorella sp., común en construccións Centroeuropeas. Os biofilms desenvolvéronse ata maturez (38 días) sobre membranas de policarbonato baixo estas tres iluminacións e sen luz ornamental (control). Finalmente, determinouse o contido de pigmentos fotosintéticos e empregouse un fluorómetro de modulación de amplitud de pulso (PAM) para observar o rendemento fotosintético de cada biofilm. Os resultados indicaron un aumento no contido de pigmentos nos biofilms crecidos baixo asluces de 6000K e 4000K, e maior biomasa húmida e eficiencia fotosintética baixo a luz de 2700K. Infírese que, luces con temperaturas de cor elevadas e azuladas causan un maior estrés fisiolóxico ás células de Jaagichlorella sp. reducindo o seu crecemento en forma de biofilm, mentres luces con temperaturas de cor máis baixas e alaranxadas promoven o crecemento, o que trasladado á conservación do patrimonio frente ó biodeterioro que puidera causar Jaagichlorella sp. fai evitar unha iluminación cálida fronte a unha fría.

SANMARTIN SANCHEZ, PATRICIA (Titoría)
MENDEZ VILLAR, ANXO Cotitoría
SANMARTIN SANCHEZ, PATRICIA (Titoría)
MENDEZ VILLAR, ANXO Cotitoría
Tribunal
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
VIEJO SOMOANO, MARCOS (Secretario/a)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Vogal)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
VIEJO SOMOANO, MARCOS (Secretario/a)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Vogal)
Efecto da reprogramación parcial química na proxeria.
Autoría
B.F.M.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
B.F.M.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
O Síndrome de proxeria de Hutchinson Gilford está provocado por unha acumulación de lámina A farnesilada na envoltura do núcleo, o que produce un fenotipo envellecido temperán nas células. Este fenotipo identifícase por unha parada do ciclo celular, unha morfoloxía irregular do núcleo e unha identidade senescente. Existen certas estratexias propostas para reverter o envellecemento celular centradas na reprogramación parcial das células, entre as que destaca o uso de pequenas moléculas químicas como a tranilcipromina e o RepSox. Estas moléculas actúan a nivel de regulación epixenética e da ruta de sinalización do factor de crecemento transformante beta, modificando polo tanto a expresión xénica e mellorando o fenotipo envellecido. Neste traballo preténdese determinar a efectividade destes compostos químicos en fibroblastos dérmicos humanos que presentan unha acumulación de lámina A na envoltura nuclear. Para iso, realízanse ensaios de senescencia e de proliferación celular para determinar a correcta indución da enfermidade e, posteriormente, o efecto do tratamento proposto. Ademais, tamén se realiza unha análise de expresión xénica para determinar o efecto do tratamento sobre as marcas epixenéticas. A indución da enfermidade foi exitosa, como se demostrou mediante ensaios de clonoxenicidade e observación por microscopía. Ademais, o efecto da tranilcipromina e de RepSox mostrou ser beneficioso, xa que se observa unha melloría nos marcadores de senescencia, tanto xenéticos (CDKN1A, GDF-15 e SERPINE-1) como enzimáticos (actividade galactosidasa) tras unha semana de tratamento.

VIDAL FIGUEROA, ANXO (Titoría)
Collado Rodríguez, Manuel Cotitoría
DA SILVA ALVAREZ, SABELA Cotitoría
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Titoría)
Collado Rodríguez, Manuel Cotitoría
DA SILVA ALVAREZ, SABELA Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
CSABA , NOEMI STEFANIA (Vogal)
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
CSABA , NOEMI STEFANIA (Vogal)
Aplicación dos ficocoloides das algas mariñas na industria
Autoría
Y.F.P.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Y.F.P.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Os ficocoloides son polisacáridos que se localizan na parede celular das macroalgas vermellas e pardas, con capacidade para alterar as propiedades reolóxicas das solucións acuosas nas que se atopan. Esta revisión bibliográfica céntrase no estudo dos tres ficocoloides principais para a industria (carraxenano, agar e alxinato) e do seu papel en diversos sectores desta. Desta maneira, analízanse características como a súa estrutura e propiedades, que se relacionan directamente coas súas actividades e aplicacións. Así mesmo, examínase o potencial destes compostos, o que permitiu a súa incorporación en moitos ámbitos da industria, como a industria alimentaria, a farmacéutica ou a cosmética, entre outros. Ademais, analízase o estado actual da industria ficocoloide e discútense as súas expectativas. Evidénciase o sorprendente potencial que presentan os ficocoloides na industria. Neste traballo, demóstrase o crecente interés pola súa investigación e a demanda cada vez maior por produtos baseados nestes compostos. Aínda así, o estado actual da industria non segue o mesmo ritmo, creando unha situación comprometedora para o futuro dos ficocoloides neste sector.
Os ficocoloides son polisacáridos que se localizan na parede celular das macroalgas vermellas e pardas, con capacidade para alterar as propiedades reolóxicas das solucións acuosas nas que se atopan. Esta revisión bibliográfica céntrase no estudo dos tres ficocoloides principais para a industria (carraxenano, agar e alxinato) e do seu papel en diversos sectores desta. Desta maneira, analízanse características como a súa estrutura e propiedades, que se relacionan directamente coas súas actividades e aplicacións. Así mesmo, examínase o potencial destes compostos, o que permitiu a súa incorporación en moitos ámbitos da industria, como a industria alimentaria, a farmacéutica ou a cosmética, entre outros. Ademais, analízase o estado actual da industria ficocoloide e discútense as súas expectativas. Evidénciase o sorprendente potencial que presentan os ficocoloides na industria. Neste traballo, demóstrase o crecente interés pola súa investigación e a demanda cada vez maior por produtos baseados nestes compostos. Aínda así, o estado actual da industria non segue o mesmo ritmo, creando unha situación comprometedora para o futuro dos ficocoloides neste sector.
Dirección
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Titoría)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
Análise do fenotipo neurolóxico en ratos con deleción de Nae1 en astrocitos: efectos sobre a función neuronal e astrocítica.
Autoría
B.F.R.
Grao en Bioloxía (3ªed)
B.F.R.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Os astrocitos son células esenciais para manter a homeostase cerebral, a neurotransmisión e a integridade da barreira hematoencefálica. Tamén desempeñan un papel fundamental na resposta neuroinflamatoria, adoptando fenotipos reactivos a estímulos patolóxicos. Este traballo estudou un modelo de rato cunha mutación astrocítica que induce a neuroinflamación. A microglía, como principal célula inmunitaria do sistema nervioso central, participa nesta resposta, amplificando o efecto inflamatorio. A nedilación é unha modificación postraducional que media a unión da proteína NEDD8 a proteínas diana. Este mecanismo controla procesos como a resposta ao estrés e a degradación de proteínas. O enzima NAE1 inicia esta cascada activando NEDD8, que pode modificar a estabilidade das proteínas diana e dirixilas ao proteasoma. Xerouse un modelo de rato condicional e inducible coa deleción do xene Nae1 en astrocitos da subpoboación GLAST. Tras a indución da recombinación con tamoxifeno, os ratos tiveron unha esperanza de vida de aproximadamente 10 semanas e desenvolveron alteracións fenotípicas. Estudos previos de proteómica no hipotálamo revelaron niveis elevados de citocinas proinflamatorias. Polo iso, o obxectivo deste estudo foi determinar os núcleos hipotalámicos onde se localiza a neuroinflamación e avaliar a integridade da barreira hematoencefálica. A inmunofluorescencia realizouse con anticorpos contra GFAP (un marcador de astrogliose), IBA1 (un marcador de microglía activada) e CD45+ (un marcador leucocitario). Os resultados mostraron unha elevación de todos estes marcadores nos ratos mutantes, o que indica neuroinflamación e infiltración de leucocitos desde o sistema inmunitario periférico, suxerindo alteracións na barreira. A causa desta inflamación non está determinada, o que destaca a necesidade de comprender o efecto da deleción de Nae1 nos astrocitos. Outros modelos con delecións de Nae1 en neuronas adultas non mostraron fenotipos aparentes. Este estudo destaca a importancia tanto dos astrocitos como do proceso de nedilación.

Efecto da variabilidade intraindividual no rendemento fotoquímico fronte á desecación de Fucus vesiculosus L.
Autoría
I.F.A.
Grao en Bioloxía (3ªed)
I.F.A.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
As macroalgas como Fucus vesiculosus levan a cabo un papel fundamental nos ecosistemas intermareais, actuando como enxeñeiras ecosistémicas en condicións ambientais extremas. A desecación periódica asociada aos ciclos de marea supón un desafío fisiolóxico relevante, podendo comprometer a actividade fotosintética e a viabilidade celular. Este traballo propón que Fucus vesiculosus presenta unha heteroxeneidade funcional intraindividual: os tecidos máis apicais (máis recentes) responderían mellor ao estrés que os máis basais (máis maduros). Para contrastalo, analizáronse parámetros de fluorescencia clorofílica en tres dicotomías consecutivas do talo. O análise estatístico revelou diferenzas significativas entre as dicotomías, cunha maior eficiencia fotoquímica e menor disipación non regulada nos tecidos apicais, o que indica unha maior resiliencia fisiolóxica. Pola contra, os tecidos máis basais amosaron un funcionamento fotosintético máis limitado. Estes resultados apoian a existencia dun gradiente funcional asociado á idade e posición dos tecidos, e suxiren que Fucus vesiculosus podería empregar unha estratexia adaptativa baseada na protección prioritaria dos segmentos máis novos. Este traballo contribúe á comprensión da fisioloxía das macroalgas e achega novas evidencias sobre as súas estratexias adaptativas fronte ao estrés ambiental crecente derivado do cambio climático nos ecosistemas intermareais.

ABOAL VIÑAS, JESUS RAMON (Titoría)
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN Cotitoría

AIRA RODRÍGUEZ, Mª JESÚS (Presidente/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Secretario/a)
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Vogal)
AIRA RODRÍGUEZ, Mª JESÚS (Presidente/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Secretario/a)
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Vogal)
Cuantificación das isoformas de seipina en fibroblastos primarios de doentes con lipodistrofia conxénita xeneralizada tipo 2
Autoría
R.F.T.
Grao en Bioloxía (3ªed)
R.F.T.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
As lipodistrofias son un grupo heteroxéneo de enfermidades raras caracterizadas pola perda de tecido adiposo e outras alteracións metabólicas asociadas. Dentro delas, unha das formas máis graves está representada pola lipodistrofia conxénita xeneralizada tipo 2, causada por variantes no xene BSCL2, que codifica a proteína seipina. Un subtipo especialmente grave é a Encefalopatía de Celia, unha enfermidade neurodexenerativa provocada pola presenza dunha isoforma aberrante da seipina, coñecida como seipina Celia. Coa fin de optimizar o protocolo de detección desta forma aberrante, así como da propia seipina silvestre, formulouse este traballo; partindo da hipótese inicial de que, polas súas características, os anticorpos empregados na investigación deberían ser eficaces na identificación desta proteína. Para a realización deste estudo, traballouse con cultivos primarios de fibroblastos procedentes de biopsias cutáneas obtidas de doentes con esta patoloxía e dun individuo san (control). A partir destas células realizáronse extraccións de proteínas e cuantificacións co método de Bradford para a súa posterior análise mediante Western Blot en xeles Tris-Gly e Bis-Tris. Finalmente, rematouse coa cuantificación das bandas correspondentes á seipina a través do uso do software Image Lab. Deste xeito, tentouse avaliar a capacidade de detección dos distintos anticorpos, obténdose como resultado que a maior parte deles non resultaron efectivos para a detección de seipina. Con todo, o anticorpo anti seipina (Assay Genie) si que se amosou útil para a detección da seipina silvestre. Agárdase que todo isto contribúa ao desenvolvemento e optimización do protocolo de detección da seipina a partir de mostras de doentes con Encefalopatía de Celia; tentando así, achegar novos avances dirixidos a afondar na investigación desta patoloxía.

LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO (Titoría)
ARAUJO VILAR, DAVID Cotitoría
SANCHEZ IGLESIAS, SOFIA Cotitoría
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO (Titoría)
ARAUJO VILAR, DAVID Cotitoría
SANCHEZ IGLESIAS, SOFIA Cotitoría
Tribunal
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
DIAZ JULLIEN, CRISTINA (Secretario/a)
MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
DIAZ JULLIEN, CRISTINA (Secretario/a)
MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Hidroxeles de alquilbisamidas bolaanfifílicas derivadas do ácido (-)-shikímico con espazadores hidrocarbonados de lonxitude impar: Novos materiais nanoestruturados para o transporte de fármacos
Autoría
S.F.L.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
S.F.L.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
Os xeles moleculares de baixo peso molecular destacan pola súa versatilidade e variedade estrutural, xa que son materiais brandos e flexibles, capaces de atrapar líquidos na súa rede e con excelentes propiedades en canto a suavidade, biodegradabilidade e biocompatibilidade. Estas características suscitan un gran interese en áreas como a biomedicina, a cosmética e a industria alimentaria, ampliando cada vez máis a súa proxección. Este Traballo de Fin de Grao enfócase no estudo destes materiais como sistemas nanoestruturados para o transporte e administración controlada de fármacos. Os obxectivos do proxecto inclúen a síntese dunha molécula derivada do ácido (-)-shikímico comercial e a avaliación da súa posible capacidade xelificante en varios disolventes. Ademais, profúndase no estudo dos seus hidroxeles que mostran propiedades óptimas para a súa aplicación como “drug delivery systems”, concretamente para o atrapado e liberación de antibióticos de amplo espectro.

Estévez Cabanas, Juan Carlos (Titoría)
QUIÑOA CABANA, EMILIO Cotitoría
Estévez Cabanas, Juan Carlos (Titoría)
QUIÑOA CABANA, EMILIO Cotitoría
Tribunal
SAA RODRIGUEZ, CARLOS EUGENIO (Presidente/a)
SOUSA PEDRARES, ANTONIO (Secretario/a)
GARCIA DEIBE, ANA MARIA (Vogal)

Actividade antibacteriana de hidroxeles sintéticos derivados do ácido (-)-shikímico con antibióticos encapsulados
Autoría
S.F.L.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
S.F.L.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
16.07.2025 15:30
16.07.2025 15:30
Resumo
O interese polos hidroxeles aumentou nos últimos anos dadas as súas propiedades biocompatibles, posicionándoos como materiais de gran proxección en industrias biotecnolóxicas como a farmacéutica e a enxeñería de tecidos. Ante o uso inadecuado e abusivo de fármacos antimicrobianos, as bacterias desenvolveron múltiples mecanismos de resistencia á acción dos antibióticos. Neste Traballo de Fin de Grao proponse o uso dun hidroxel molecular derivado do ácido (-)-shikímico como sistema de transporte e administración localizada de fármacos. Formuláronse dous obxectivos principais: avaliar a acción antibacteriana intrínseca do xel, e avaliar a capacidade de encapsulación e liberación de antibióticos, mediante estudos de difusión en placa con catro especies bacterianas, tres delas Gram-negativas (Escherichia coli, Salmonella enterica subsp. enterica e Acinetobacter baumannii) e unha Gram-positiva (Staphylococcus epidermidis). Ademais, a alteración de diferentes parámetros levou á formulación de dous obxectivos específicos: determinación do efecto das condicións de incubación (tempo e temperatura), e do efecto da concentración de antibiótico empregada. Neste último caso, avaliouse a sensibilidade das bacterias fronte a dous antibióticos de familias diferentes: beta-lactámicos e quinolonas. Os resultados descartaron a actividade antibacteriana inherente do hidroxel, pero demostraron a súa eficacia como medio de administración de antibióticos. Observouse unha liberación completa do antibiótico atrapado no hidroxel e que, a maiores concentracións utilizadas, maior era a liberación en placa. Isto verificou a súa eficacia na inhibición do crecemento bacteriano, sendo S. enterica a especie bacteriana que mostrou unha maior sensibilidade a ámbolos dous antibióticos. Os resultados obtidos suxiren que os hidroxeles de nova síntese poderían ser unha prometedora vía de administración de antibióticos ante a incesante aparición de resistencias bacterianas.

LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Titoría)
AFONSO LAGES, MARTA CAROLINA Cotitoría
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Titoría)
AFONSO LAGES, MARTA CAROLINA Cotitoría
Tribunal
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)

Gene drives para o control de plagas:unha recapitulación
Autoría
D.F.F.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
D.F.F.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
O control de pragas representa un dos principais desafíos para a saúde pública, a agri-cultura e a conservación da biodiversidade. Nas últimas décadas, o desenvolvemento de tecnoloxías xenéticas como os gene drives abriu novas posibilidades para o control es-pecífico e sostido de especies diana. Este traballo ten como obxectivo realizar unha re-visión bibliográfica e unha análise crítica dos métodos de control de pragas baseados na tecnoloxía gene drive, comparándoos coas estratexias convencionais e avaliando as súas implicacións ambientais e sociais. Analízanse os principais mecanismos moleculares empregados, os tipos de gene drives desenvolvidos ata o momento, as súas limitacións técnicas, así como os riscos ecolóxi-cos asociados á súa liberación. Así mesmo, compáranse as vantaxes e os inconvenien-tes respecto dos métodos tradicionais como os pesticidas, e identifícanse os principais retos éticos, regulatorios e científicos que condicionan a súa aplicación futura. Os resultados desta revisión suxiren que, aínda que os gene drives presentan un poten-cial significativo como ferramenta de control, o seu uso implica desafíos técnicos non resoltos e unha considerable incerteza ecolóxica. Conclúese que a súa implementación debe levarse a cabo baixo marcos de gobernanza internacional sólidos, guiados pola evidencia científica, o principio de precaución e unha participación pública activa.

GARCIA SUAREZ, CARLOS (Titoría)
GARCIA SUAREZ, CARLOS (Titoría)
Tribunal
CID FERNANDEZ, MARIA MAGDALENA (Presidente/a)
LÓPEZ FABAL, ADOLFO (Secretario/a)
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Vogal)
CID FERNANDEZ, MARIA MAGDALENA (Presidente/a)
LÓPEZ FABAL, ADOLFO (Secretario/a)
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Vogal)
Sirtuinas, envellecemento e restrición calórica
Autoría
C.F.B.
Grao en Bioloxía (3ªed)
C.F.B.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
As sirtuinas son unha familia de enzimas desacetilasas conservadas dende os procariotas ata os eucariotas. Foron descritas por primeira vez en Saccharomyces cerevisiae e atribuíuselles a capacidade de alongar a vida deste organismo cando se sobreexpresaban grazas a intervencións como a restrición calórica e a modificación xenética. Tras a súa primeira descripción, realizáronse numerosos experimentos que trataban de averiguar se a capacidade das sirtuinas para prolongar a vida dos lévedos poderían trasladarse a organismos máis complexos. Os resultados iniciais semellaban prometedores e mesmo comezaron a facerse estudos nos seres humanos. Malia todo, estudos máis actuais sementaron dúbidas sobre as concepcións previas respecto ao papel das sirtuínas no envellecemento, sendo algúns resultados totalmente contraditorios. Por desgraza, o furor que causaron no seu momento produciron unha vaga de artigos de revisión que hoxe en día enturban a bibliografía e provocan un sesgo nos investigadores. Aínda queda moito camiño por percorrer. As sirtuinas seguen sendo na actualidade un tema de interese como potencial obxectivo da medicina molecular, xa que, a pesar das dúbidas existentes sobre o seu efecto na esperanza de vida, demostraron ser útiles á hora de protexer aos organismos fronte a diferentes afeccións asociadas á idade.

BARJA FRANCISCO, PRIMITIVO (Titoría)
BARJA FRANCISCO, PRIMITIVO (Titoría)
Tribunal
CORDERO SANTAMARIA, OSCAR JAVIER (Presidente/a)
ROMAUS SANJURJO, DANIEL (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO (Vogal)
CORDERO SANTAMARIA, OSCAR JAVIER (Presidente/a)
ROMAUS SANJURJO, DANIEL (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO (Vogal)
Deseño de novos sistemas moleculares para a estabilización e entrega de ácidos nucleicos en disolventes eutécticos
Autoría
M.G.G.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
M.G.G.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
Os disolventes eutécticos (DESs) son líquidos formados pola mestura dun doador e un aceptor de enlaces de hidróxeno que promoven un descenso do punto de fusión respecto aos seus compoñentes por separado. Os DESs fórmanse grazas a forzas intermoleculares variadas (enlaces de hidróxeno, interaccións electrostáticas, forzas de van der Waals), onde distintas combinacións de precursores permiten obter DESs con propiedades diversas. Ademais, a súa estabilidade, baixa toxicidade e ausencia de auga fan que sexan candidatos prometedores para estabilizar moléculas complexas. Neste traballo realizáronse experimentos de solubilización e incorporación de ácidos nucleicos en DESs. Inicialmente, formuláronse DESs con composicións variadas, comprobouse o seu contido en auga mediante o método de Karl-Fischer, así como mediante medidas de espectroscopía infravermella e resonancia magnética nuclear de protón para comprobar a súa estrutura. A estes DESs incorporouse ácido ribonucleico de transferencia (ARNt). A conformación do ARNt comprobouse mediante espectroscopía ultravioleta, e realizáronse ensaios de degradación do ARNt nos DESs para comprobar as súas propiedades estabilizadoras. Os resultados amosan a correcta formación dos DESs, así como a súa pureza e un baixo contido en auga. Os resultados preliminares da solubilización e degradación do ARNt reflicten a capacidade dos DESs para conter e estabilizar a biomolécula. Este estudo demostra o potencial dos DESs para estabilizar biomoléculas fráxiles en medios non acuosos.

MONTENEGRO GARCIA, JAVIER (Titoría)
SANCHEZ FERNANDEZ, ADRIAN Cotitoría
MONTENEGRO GARCIA, JAVIER (Titoría)
SANCHEZ FERNANDEZ, ADRIAN Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ BELLO, CONCEPCION (Presidente/a)
SECO CASTRO, JOSÉ MANUEL (Secretario/a)
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Vogal)
GONZALEZ BELLO, CONCEPCION (Presidente/a)
SECO CASTRO, JOSÉ MANUEL (Secretario/a)
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Vogal)
Deseño de novos sistemas moleculares para a estabilización de ácidos nucleicos en disolventes eutécticos
Autoría
M.G.G.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
M.G.G.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Os ácidos nucleicos empréganse hoxe en día nunha gran variedade de tratamentos debido á súa ampla diversidade de tipos e funcións, e teñen a capacidade de converterse en fármacos de gran importancia nas próximas décadas. Un dos principais inconvenientes que presentan é a súa baixa estabilidade en medios acuosos, sendo susceptibles á hidrólise química, á agregación e á degradación enzimática. Unha posible solución a este problema sería o uso de disolventes eutécticos, un tipo de disolvente non acuoso descuberto recentemente, formado por un doante e un aceptor de ligazóns de hidróxeno unidos mediante forzas intermoleculares. Non conteñen auga na súa formulación, son estables termicamente, baratos, non son tóxicos e teñen capacidade para disolver biomoléculas, o que os converte en posibles candidatos para estabilizar ácidos nucleicos. Nesta investigación realizáronse probas da súa baixa toxicidade mediante ensaios de viabilidade celular usando MTT en liñas modelo. Os resultados obtidos indican unha baixa toxicidade a concentracións relativamente altas, salientando o seu carácter biocompatible e a súa posible aplicación na química biolóxica.

Orixe e evolución do bipedismo na liñaxe humana
Autoría
J.G.T.
Grao en Bioloxía (3ªed)
J.G.T.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
A orixe do bipedismo e a súa consolidación como sistema locomotor primario nos humanos foi obxecto de estudo nas últimas décadas grazas ao crecente descubrimento e análise do rexistro fósil correspondente aos diferentes taxóns que compuxeron a liñaxe humana. A comparación anatómica cos grandes simios que coexisten con nós hoxe en día permítenos identificar as características que diferencian o bipedismo ortógrado da locomoción cuadrúpeda e dunha postura pronógrada. Así, o ensanche e acurtamento da pelve, o desenvolvemento da lordose lumbar e a modificación do pé a unha estrutura puramente de soporte son cambios anatómicos resultado dun proceso evolutivo suxeito a unha combinación de múltiples presións selectivas e localizado en ambientes abertos cunha presenza significativa de árbores. O rexistro fósil mostra o curso desta evolución desde a aparición dos primeiros signos de bipedismo facultativo en xéneros como Orrorin e Ardipithecus. O xénero Australopithecus presenta un mosaico de trazos arbóreos e bípedes, con bipedismo habitual, e representa un punto de inflexión no modo de locomoción da liñaxe humana. Finalmente, a locomoción bípeda considérase agora obrigatoria no xénero Homo, xa que as características que suxiren o comportamento arbóreo se volven mínimas. Non obstante, a morfoloxía deste xénero tamén está marcada por un forte dimorfismo sexual resultante da forza evolutiva das dificultades obstétricas causadas pola expansión da caixa encefálica e o estreitamento do canal de parto.

RODRIGUEZ LUIS, JAVIER (Titoría)
RODRIGUEZ LUIS, JAVIER (Titoría)
Tribunal
GARCIA SUAREZ, CARLOS (Presidente/a)
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
GARCIA SUAREZ, CARLOS (Presidente/a)
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
Recuperación e optimización de auga na industria madereira
Autoría
A.G.B.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
A.G.B.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
A escaseza de auga doce e as esixencias ambientais impulsaron á industria madeireira a buscar procesos máis sostibles. Este Traballo Fin de Grao realizouse na planta de Fibranor (grupo Finsa) e centrouse en estudar a viabilidade de recuperar auga no sistema de depuración de gases (WESP) durante a produción de taboleiros MDF. Realizáronse balances de masa e enerxía en tres escenarios (situación actual, arrefriamento de gases e recuperación por condensación), apoiados en análises psicrométricas e na caracterización de mostras de auga do sistema. As mostras foron analizadas para avaliar a súa posible reutilización no proceso. Os resultados indican que é tecnicamente posible recuperar ata 7.600 L/h de auga. Non obstante, a súa elevada carga contaminante require un tratamento previo, como a oxidación avanzada, para poder reutilizala. Esta estratexia permitiría reducir o consumo hídrico e mellorar a sustentabilidade da planta.
A escaseza de auga doce e as esixencias ambientais impulsaron á industria madeireira a buscar procesos máis sostibles. Este Traballo Fin de Grao realizouse na planta de Fibranor (grupo Finsa) e centrouse en estudar a viabilidade de recuperar auga no sistema de depuración de gases (WESP) durante a produción de taboleiros MDF. Realizáronse balances de masa e enerxía en tres escenarios (situación actual, arrefriamento de gases e recuperación por condensación), apoiados en análises psicrométricas e na caracterización de mostras de auga do sistema. As mostras foron analizadas para avaliar a súa posible reutilización no proceso. Os resultados indican que é tecnicamente posible recuperar ata 7.600 L/h de auga. Non obstante, a súa elevada carga contaminante require un tratamento previo, como a oxidación avanzada, para poder reutilizala. Esta estratexia permitiría reducir o consumo hídrico e mellorar a sustentabilidade da planta.
Dirección
BALBOA MENDEZ, SABELA (Titoría)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Titoría)
Tribunal
CID FERNANDEZ, MARIA MAGDALENA (Presidente/a)
LÓPEZ FABAL, ADOLFO (Secretario/a)
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Vogal)
CID FERNANDEZ, MARIA MAGDALENA (Presidente/a)
LÓPEZ FABAL, ADOLFO (Secretario/a)
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Vogal)
Avaliación da actividade bioestimulante de extractos de Ulva lactuca sobre distintos modelos vexetais.
Autoría
V.G.A.
Grao en Bioloxía (3ªed)
V.G.A.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Durante os últimos anos, os extractos de algas foron utilizados como potenciais bioestimulantes do desenvolvemento vexetal de distintas especies de interese, coa intención de mellorar a produtividade e calidade dos cultivos, ademais de reducir o impacto medioambiental sobre os recursos edáficos e hidrolóxicos dos fertilizantes químicos sintéticos. Neste traballo demostrouse o efecto dos extractos de Ulva lactuca sobre parámetros de crecemento en plántulas de Vitis vinifera cv. Albariño cultivadas in vitro e plántulas de Arabidopsis thaliana cultivadas in vivo. Os resultados amosaron un efecto negativo sobre o desenvolvemento das xemas axilares e a lonxitude do talo e raíz das plántulas de vide cando se utilizan concentracións do 1 ou 2,2% do extracto de alga con ou sen ciclodextrina, potencialmente debido ao seu contido en ácido abscísico (ABA) e/ou NaCl. Porén, non se observou ningún efecto dos extractos sobre a cantidade de compostos fenólicos totais nas follas. Por outra banda, a aplicación foliar dos extractos a unha concentración de 5,4 L/ha sobre plántulas de A. thaliana semella incrementar o número de follas formadas, aínda que non se atoparon diferenzas significativas respecto das non tratadas tras 30 días de crecemento. Finalmente, realizouse un ensaio de toxicidade no organismo modelo alternativo, Caenorhabditis elegans, que demostrou o uso seguro dos extractos. En conclusión, o efecto bioestimulante dos extractos de algas depende de factores numerosos e diversos, como a concentración ou o método de aplicación, que dificultan o seu uso óptimo, polo que deben realizarse ensaios que teñan en conta todos estes factores co obxectivo de axustar as súas características ás do proceso de cultivo.

GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Titoría)
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Titoría)
Tribunal
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Presidente/a)
LORENZO CARBALLA, MARÍA OLALLA (Secretario/a)
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)

Efecto dos inhibidores da GSK-3 e da temperatura na embrioxénese somática de Picea abies
Autoría
M.G.R.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
M.G.R.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
Picea abies (abeto noruego), é unha conífera de gran importancia ecolóxica e económica. Unha opción para satisfacer a demanda é a embrioxénese somática, unha técnica biotecnolóxica que permite a propagación clonal de xenotipos elite. Ademais, permite producir individuos adaptados ás condición locais de cultivo mediante a indución dunha memoria epixenética á temperatura que modela caracteres fenotípicos. Por esta razón, tamén é unha técnica pioneira para conseguir plantas adaptadas aos novos escenarios climáticos. O potencial desta técnica vese minguado pola perda da capacidade embrioxénica tras varios ciclos de proliferación, polo que é necesario buscar alternativas para manter a produción de individuos. Por iso, neste traballo empregáronse inhibidores da GSK-3, co obxectivo de aumentar a eficacia e produción de embrións somáticos. O principal obxectivo deste traballo é avaliar o efecto producido polo uso de inhibidores da GSK-3 (TDZD-8 e VP3-15), na indución e maduración de embrións somáticos a diferentes temperaturas (18, 23 e 28ºC). Para determinar o efecto producido polos inhibidores, cuantificouse a actividade enzimática da GSK-3 e realizáronse observacións macroscópicas para determinar a produción de embrións somáticos. Os resultados amosaron unha relación directa entre a temperatura e a actividade enzimática o que suxire que existe un aumento na actividade da GSK-3 en resposta a un aumento da temperatura. Polo tanto, os inhibidores non tiveron efecto na produción de embrións. Isto atribúese a que as moléculas son xenotipo dependentes, indicando que os clons utilizados non son adecuados para este estudo. Este estudo, pioneiro nesta especie, achega información sobre o efecto dos inhibidores da GSK-3 en relación coa temperatura e a súa eficiencia como mediadores na produción de embrións somáticos en Picea abies.

VIEJO SOMOANO, MARCOS (Titoría)
VIEJO SOMOANO, MARCOS (Titoría)
Tribunal
BARJA FRANCISCO, PRIMITIVO (Presidente/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
VIÑAS DIAZ, ANA MARIA (Vogal)
BARJA FRANCISCO, PRIMITIVO (Presidente/a)
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Secretario/a)
VIÑAS DIAZ, ANA MARIA (Vogal)
Estudo experimental e modelización dos mecanismos de protonación en musgos
Autoría
M.G.R.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
M.G.R.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
Os musgos son bos bioindicadores da contaminación atmosférica e acuática. O seu uso como biomonitores está amplamente consolidado debido a que se trata dunha técnica barata, sinxela e altamente fiable, empregada para a detección e retención de metais pesados. A comprensión e caracterización das propiedades ácido-base da superficie dos musgos é esencial para a posterior determinación da súa capacidade de retención de metais. No presente estudo avalíanse os mecanismos de protonación de dúas especies de musgos: Sphagnum palustre e Sphagnum denticulatum, empregando os modelos NICA e NICA-Donnan. O axuste realizouse a partir das curvas de carga, obtidas mediante valoracións ácido-base a diferentes forzas iónicas. Estes modelos permiten determinar a distribución, accesibilidade e abundancia dos grupos funcionais activos na superficie de adsorción. Demóstrase que existen diferenzas na capacidade de adsorción entre ambos musgos, sendo o S. palustre un mellor bioadsorbente. Ademais, as valoracións discontinuas presentan un mellor achegamento á comprensión das propiedades ácido-base. Determínase que o modelo NICA-Donnan é un modelo axeitado para a modelización predictiva, ao permitir obter parámetros intrínsecos. En comparación con outros bioadsorbentes naturais, os musgos son bioadsorbentes eficaces e versátiles, converténdoos en bos biomonitores da contaminación ambiental.

Fiol López, Sarah (Titoría)
Antelo Martínez, Juan Cotitoría
Fiol López, Sarah (Titoría)
Antelo Martínez, Juan Cotitoría
Tribunal
VAZQUEZ RODRIGUEZ, SAULO ANGEL (Presidente/a)
BARCIELA ALONSO, Ma CARMEN (Secretario/a)
RIVADULLA FERNANDEZ, JOSE FRANCISCO (Vogal)

Edición xenética de embrións somáticos de castiñeiro para conferir tolerancia a Phytophthora cinnamomi Rands
Autoría
E.G.S.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
E.G.S.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
Castanea sativa Mill. é unha especie altamente versátil, de gran importancia ecolóxica, económica e cultural en toda Europa. Porén, enfróntase a ameazas graves como as enfermidades da tinta e do cancro, causadas por Phytophthora cinnamomi e Cryphonectria parasitica, respectivamente, e cuxa severidade aumentou nos últimos anos debido ao cambio climático. O desenvolvemento da edición xenética mediante a tecnoloxía CRISPR/Cas9 permitiu realizar mutacións dirixidas de maneira eficiente e precisa. Unha estratexia prometedora de edición xenética para conferir tolerancia a patóxenos consiste en inactivar xenes de susceptibilidade nas plantas. Neste Traballo de Fin de Grao, investigouse o silenciamento do xene de susceptibilidade CsPMR4, que codifica unha calosa sintase, mediante CRISPR/Cas9. Para iso, transformáronse embrións somáticos de dúas liñas embrioxénicas de castiñeiro (CI-9 e CI-3) utilizando a cepa Agrobacterium tumefaciens EHA105 que portaba unha construción CRISPR/Cas9 dirixida ao xene CsPMR4. Tras dez semanas, observáronse explantos resistentes á kanamicina unicamente na liña CI-9 (6,7 %). Para avaliar a eficiencia da edición e identificar os tipos de mutacións, realizouse unha amplificación do xene mediante PCR, seguida dunha secuenciación Sanger xunto coa análise do grao de mutación mediante o software TIDE. En cinco das sete liñas embrioxénicas analizadas confirmouse a edición, e catro delas presentaron unha alta eficiencia de edición (maior que o 93%). Para avaliar a tolerancia das liñas obtidas ao oomiceto Phytophthora cinnamomi, realizouse un ensaio de infección con embrións somáticos utilizando todas as liñas illadas. As maiores taxas de supervivencia obtivéronse nas liñas CI-9-PMR4-4, CI-9-PMR4-4BIS e CI-9-PMR4-6, todas cunha porcentaxe superior ao 50%.

SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER (Titoría)
Corredoira Castro, María Elena Cotitoría
SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER (Titoría)
Corredoira Castro, María Elena Cotitoría
Tribunal
Gómez Tato, Antonio M. (Presidente/a)
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)
Gómez Tato, Antonio M. (Presidente/a)
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)
Os parásitos de mamíferos mariños
Autoría
S.G.V.
Grao en Bioloxía (3ªed)
S.G.V.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Os mamíferos mariños son considerados especies centinela dos ecosistemas acuáticos. Neste ecosistema realizáronse numerosas investigacións, pero as infeccións parasitarias non foron un punto clave nestes estudos, a pesar da súa importancia clínica, ecolóxica e zoonótica. Este traballo nace así da motivación de demostrar que os parasitos son ameazas significativas e infravaloradas. O obxectivo principal é determinar os principais grupos de parasitos e considerar a transmisión, os efectos e os riscos asociados a estes organismos. Sobre esta base, realizouse unha revisión bibliográfica baixo o enfoque de One Health. Os resultados destacan os grupos parasitarios máis comúns (protozoos, helmintos e ectoparásitos) que afectan aos mamíferos mariños, tras unha revisión actualizada da literatura científica. Descríbense as formas de transmisión, as consecuencias para os hospedadores e os efectos sobre a saúde pública. As conclusións indican que a contaminación, o cambio climático e a actividade humana favorecen a súa dispersión no ecosistema, revelando a necesidade de aplicar o enfoque de Una Sola Saúde. Con este Traballo de Fin de Grao búscase concienciar sobre un problema pouco investigado e suxírese ampliar a investigación neste ámbito tan relevante e interesante.

IGLESIAS PIÑEIRO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
IGLESIAS PIÑEIRO, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Presidente/a)
LORENZO CARBALLA, MARÍA OLALLA (Secretario/a)
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Presidente/a)
LORENZO CARBALLA, MARÍA OLALLA (Secretario/a)
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Búsqueda e uso de enzimas bacterianas capaces de degradar plásticos.
Autoría
E.H.C.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
E.H.C.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
A contaminación por plásticos constitúe un dos retos ambientais máis urxentes a nivel global. Neste contexto, a biodegradación mediante enzimas microbianas xorde como unha alternativa sustentable ao tempo que impulsa a transición cara a unha economía circular. Os plásticos presentan unha diversidade estrutural (enlaces, cristalización...) que condiciona o seu potencial de biodegradación. Só unha pequena fracción deles son completamente biodegradables, mentres que a maioría son recalcitrantes (sen enlaces accesibles enzimaticamente) ou hidrolizables (conteñen enlaces éster accesibles pero protexidos por grupos aromáticos). Aínda que existen estratexias de reciclaxe e enzimas coñecidas capaces de degradalos (DuraPETasa, LCC-ICCG), a súa efectividade é limitada fronte a algúns destes polímeros, especialmente aqueles como o poliéteruretano e as poliamidas de alto peso molecular. Debido a que diversos estudos demostraron que bacterias presentes en lodos de depuradora poden adaptarse metabolicamente para empregar plásticos como fonte de carbono, prantexouse a hipótese de que estes microorganismos poderían albergar enzimas capaces de degradar estes polímeros complexos. Por tanto, o presente traballo realizou a identificación dunha enzima poliamidasa novidosa en xenomas de bacterias tomadas de lodos de EDAR. Ademais, levouse a cabo a produción da enzima DuraPETasa e unha análise da capacidade degradativa da enzima recombinante cutinasa LCC-ICCG fronte a distintos plásticos comerciais. Para isto, realizouse a extracción, secuenciación, anotación, comparación e análise do ADN xenómico destas bacterias. Por outra banda, purificouse a proteína DuraPETasa e finalmente realizáronse ensaios de incubación da enzima LCC-ICCG con plásticos como poliéster, poliuretano, PET de alta cristalización (HC-PET) e PET de baixa cristalización (LC-PET). Aínda que o xene da enzima candidata non se puido amplificar, os resultados dos ensaios indican unha actividade degradadora sobre estes materiais, o que concorda e reforza estudos previos realizados con esta enzima.

EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA Cotitoría
BALBOA MENDEZ, SABELA (Titoría)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA Cotitoría
Tribunal
López Romalde, Jesús Ángel (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
GARCIA JARES, CARMEN MARIA (Vogal)
López Romalde, Jesús Ángel (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
GARCIA JARES, CARMEN MARIA (Vogal)
Estudo da eficacia de eliminación de microcontaminantes de augas residuais mediante tratamentos avanzados
Autoría
J.H.D.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
J.H.D.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
A presenza dos microcontaminantes emerxentes en augas residuais urbanas supón un desafío ambiental e sanitario, xa que moitos destes compostos non se eliminan correctamente mediante tratamentos convencionais nas estacións depuradoras de augas residuais (EDAR). Neste contexto, os procesos de oxidación avanzada (POAs) ofrecen una solución prometedora para a súa eliminación, sendo a ozonización un dos máis empregados. O presente traballo avalía a eficacia do ozono, só e combinado co peróxido de hidróxeno (H2O2), na eliminación de diversos microcontaminantes presentes no efluente dunha (EDAR). Para iso, realizáronse ensayos en catro condición experimentais, variando a proporción de 0 a 0,75. As mostras analizáronse mediante extracción en fase sólida (SPE) e cromatografía líquida acoplada a espectrometría de masa (HPLC-MS). Os resultados de eficacia de eliminación amosan una elevada eliminación de certos compostos como diclofenaco ou carbamazepina só con ozono, mentres que outros requieren condición máis reactivas, sendo o ensaio coa relación H2O2-O3 de 0,75, o máis eficaz. A resposta depende fortemente da estructura química do contaminante, o que recalca a necesidade de adaptar o tratamento á composición do efluente e á natureza dos microcontaminantes. O estudio demostra que a ozonización avanzada pode ser una ferramenta eficaz para cumplir cos novos obxectivos normativos en materia de depuración, sempre que se optimicen as condición de operación en función do perfil dos contaminantes presentes.

MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Titoría)
RODIL RODRIGUEZ, MARIA DEL ROSARIO Cotitoría
MONTES GOYANES, ROSA MARIA (Titoría)
RODIL RODRIGUEZ, MARIA DEL ROSARIO Cotitoría
Tribunal
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BERTA (Presidente/a)
ESTEVEZ VALCARCEL, CARLOS MANUEL (Secretario/a)
YEBRA BIURRUN, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, BERTA (Presidente/a)
ESTEVEZ VALCARCEL, CARLOS MANUEL (Secretario/a)
YEBRA BIURRUN, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Análise dos rasgos biolóxicos e funcionais (BTA) dos nematodos mariños de vida libre en sustratos brandos intermareais de Galicia
Autoría
J.H.D.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
J.H.D.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
16.07.2025 15:30
16.07.2025 15:30
Resumo
O análise de caracteres biolóxicos (BTA) é unha ferramenta que permite estudar as comunidades de nematodos desde un punto de vista funcional, pois ao mesmo tempo que considera as combinacións dos caracteres expresados polos animais, ten en conta a distribución espacial dos taxóns. Os caracteres que se adoitan estudar son: forma do adulto, lonxitude do adulto, morfoloxía bucal, forma da cola e estratexia do seu ciclo vital. Aplicouse esta análise ás 25 especies e 73 xéneros de nematodos obtidos en 17 localidades intermareais do litoral galego, aos que se engadiu o tipo de alimentación. Non se atoparon diferenzas significativas entre a composición taxonómica e os trazos biolóxicos das comunidades respecto aos parámetros sedimentarios. As comunidades están dominadas por nematodos epiestratificadores ou depositívoros non selectivos, micróvoros raspadores, de cola cónica ou claviforme, esbeltos, con lonxitudes comprendidas entre 1 e 4 mm e cunha estratexia vital de tipo colonizador extremo-intermedio (cp 2 e 3). As mostras amosan diferenzas significativas entre as localidades expostas e abrigadas, con posicións de transición para os ambientes semiexpostos, sendo, polo tanto, a exposición ao oleaxe o factor que parece regular a súa distribución. A combinación de múltiples trazos, máis ca cada trazo individual, é o que permite captar de maneira máis robusta os patróns ecolóxicos, o que pon de manifesto a calidade da información proporcionada polas análises BTA.

BESTEIRO RODRIGUEZ, MARIA CELIA (Titoría)
CARREIRA FLORES, DIEGO Cotitoría
BESTEIRO RODRIGUEZ, MARIA CELIA (Titoría)
CARREIRA FLORES, DIEGO Cotitoría
Tribunal
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
Estudos de internalización de helicatos peptídicos en células
Autoría
P.I.G.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
P.I.G.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
16.07.2025 15:30
16.07.2025 15:30
Resumo
O helicato de cobre deseñado polo noso grupo de investigación, e no que se centrará este traballo, forma parte dunha familia de sistemas químicos que presentan interesantes propiedades de unión ao ADN, o que xustifica a súa consideración como potenciais axentes terapéuticos no ámbito da investigación biomédica. Trátase de compostos de coordinación formados por un ligando peptídico polipiridínico e dous cationes metálicos, Fe(II), Co(II) ou, neste caso, Cu(II), que presentan capacidade de recoñecemento selectivo de unións de ADN de tres vías sobre outras estruturas do ADN, as cales aparecen de forma transitoria no xenoma e, en múltiples casos, asociadas a diversas patoloxías, como por exemplo o cancro. Non obstante, a súa potencial aplicación terapéutica vese limitada pola incapacidade de internalización celular que presentan nas células de mamífero, dado que non poden atravesar a membrana de forma autónoma e, en consecuencia, non alcanzan o núcleo, onde ten lugar a interacción coas unións de tres vías ou 3WJs. Actualmente, o noso grupo busca novas vías de internalización celular que substitúan á digitonina, un deterxente non iónico empregado en ensaios preliminares, capaz de permeabilizar a membrana, pero que causa unha alta disrupción na fisioloxía celular. En concreto, este proxecto centrarase no estudo dos liposomas como unha vía alternativa, dada a súa analoxía estrutural e composicional coa membrana. O obxectivo principal é abrir a porta, no futuro, ao uso destes compostos no campo da investigación biomédica como posible tratamento en distintas enfermidades.

MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Titoría)
BARREIRO PIÑEIRO, NATALIA Cotitoría
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Titoría)
BARREIRO PIÑEIRO, NATALIA Cotitoría
Tribunal
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
Síntese de novos helicatos peptídicos funcionalizados
Autoría
P.I.G.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
P.I.G.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
Os helicatos peptídicos son sistemas químicos que presentan propiedades interesantes de unión ao ADN, o que xustifica a súa consideración como potenciais axentes terapéuticos en investigación biomédica. Trátase de compostos de coordinación formados por un ligando peptídico polipiridínico e dous catións metálicos, como Cu(II), Co(II) ou Fe(II), con capacidade de recoñecemento selectivo de unións de ADN de tres vías fronte a outras estruturas do ADN, as cales poden aparecer no xenoma de forma transitoria e están asociadas a diversas patoloxías, como o cancro. O obxectivo deste TFG é buscar, de cara á súa posible aplicación terapéutica, unha solución ao principal problema destes metalopéptidos: a súa incapacidade de internalización celular, xa que non poden atravesar a membrana de forma autónoma. Actualmente, o noso grupo está a explorar vías alternativas de internalización celular destes compostos que substitúan á dixitonina, empregada de forma eficaz en ensaios preliminares, pero que causa unha alta disrupción na fisioloxía celular. En concreto, afondaremos no uso duns sistemas denominados Cell Penetrating Peptides (CPPs), pequenos péptidos que inducen a translocación doutros compostos ao interior celular, e farémolo a través da funcionalización do ligando peptídico precursor dos helicatos cun CPP formado por oito residuos de arginina. Valorarase se esta estratexia permite que os helicatos peptídicos penetren eficazmente nas células e alcancen o núcleo, mantendo a selectividade dos seus análogos non funcionalizados polas unións de tres vías.

VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Titoría)
Alvar Gil, David Cotitoría
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Titoría)
Alvar Gil, David Cotitoría
Tribunal
SAA RODRIGUEZ, CARLOS EUGENIO (Presidente/a)
SOUSA PEDRARES, ANTONIO (Secretario/a)
GARCIA DEIBE, ANA MARIA (Vogal)
SAA RODRIGUEZ, CARLOS EUGENIO (Presidente/a)
SOUSA PEDRARES, ANTONIO (Secretario/a)
GARCIA DEIBE, ANA MARIA (Vogal)
Avaliación do efecto do corpo cetónico beta-hidroxibutirato no metiloma de liñas celulares de cancro de mama humano.
Autoría
L.I.R.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
L.I.R.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
A obesidade é unha enfermidade crónica, complexa e multifactorial que se converteu nun problema de saúde pública mundial e está asociada a un maior risco de desenvolver diversas comorbilidades, incluído o cancro. Para o diagnóstico, o método máis empregado é o índice de masa corporal, aínda que existen técnicas máis precisas para avaliar a composición corporal. Entre as estratexias terapéuticas, a dieta cetoxénica moi baixa en calorías (VLCKD) acadou un papel destacado porque promove a perda de peso a expensas da masa graxa e induce un estado de cetose nutricional. Ademais, a obesidade xera un microambiente inflamatorio e estrés oxidativo, causado por tecido adiposo disfuncional, así como alteracións epixenéticas, que foron propostas como posibles vínculos mecanísticos entre esta condición e as súas enfermidades asociadas, como o cancro. A hipótese é que os corpos cetónicos poderían interferir favorablemente co desenvolvemento tumoral ao regular os mecanismos epixenéticos, especialmente a metilación do ADN. Polo tanto, o obxectivo principal deste traballo foi avaliar in vitro como os corpos cetónicos, concretamente o beta-hidroxibutirato, afectan o metiloma das liñas celulares de cancro de mama humano MCF-7 e MDA-MB-231. Para o estudo, realizouse unha análise bioinformática e estatística dos cambios no metiloma de mostras de ADN derivadas de liñas celulares tumorais de mama tratadas. Estas mostras hibridáronse no MethylationEPIC BeadChip Infinium (Illumina). Identificáronse un total de 292.180 sitios CpG metilados diferencialmente con perfís epixenéticos distintos en MDA-MB-231 e 153.458 en liñas celulares MCF-7, o que indica que os corpos cetónicos poden modular a metilación do ADN dun xeito específico do subtipo celular, o que apoia a idea de que poden desempeñar un papel beneficioso no desenvolvemento tumoral.

CRUJEIRAS MARTINEZ, ANA BELEN Cotitoría
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Titoría)
CRUJEIRAS MARTINEZ, ANA BELEN Cotitoría
Tribunal
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Presidente/a)
CASTRO TUBIO, JOSE MANUEL (Secretario/a)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Vogal)

Estudo da replicación dunha cepa recombinante de Betanodavirus en linguado e rodaballo
Autoría
M.J.R.
Grao en Bioloxía (3ªed)
M.J.R.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
A produción de peixes de acuicultura é vulnerable debido á dispersión de patóxenos acuáticos, coma o virus da necrose nerviosa (xénero Betanodavirus). Este virus de ARN de cadea sinxela clasifícase en 4 xenotipos cuxa distribución depende da temperatura da auga: Barfin Flounder Nervous Necrosis Virus (BFNNV), Redspotted Grouper Nervous Necrosis Virus (RGNNV), Striped Jack Nervous Necrosis Virus (SJNNV) e Tiger Puffer Nervous Necrosis Virus (TPNNV). Describíronse cepas recombinantes no Sur de Europa (RGNNV/SJNNV e SJNNV/RGNNV). Neste traballo avaliouse a patoxenicidade dun illado recombinante RGNNV/SJNNV, obtido en xarda, para xuvenís de linguado e rodaballo. Os resultados mostraron que a cepa Ssc1002.21 non causou mortalidade nin replicou de forma eficaz nos linguados. O número de copias xenómicas foi constante e baixo durante o ensaio, e as partículas virais infectivas estiveron por debaixo do límite de detección do método de titulación. Porén, nas mostras de rodaballo sí se observou un aumento significativo no número de copias xenómicas e a titulación viral en cultivo celular revelou a existencia dun alto número de partículas infectivas. Estas diferenzas poderían deberse a mutacións da cepa Ssc1002.21 na polimerasa e na proteína da cápside, localizadas en rexións clave para a replicación e a interacción coa célula hóspede. Os resultados obtidos destacan a importancia de determinar o potencial patóxeno das cepas de Betanodavirus illadas do medio salvaxe para as especies cultivadas, xa que os virus presentes na fauna silvestre supoñen unha ameaza para os sistemas de cultivo.

BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
VAZQUEZ SALGADO, LUCIA Cotitoría
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
VAZQUEZ SALGADO, LUCIA Cotitoría
Tribunal
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Presidente/a)
PORTEIRO COUTO, BEGOÑA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Presidente/a)
PORTEIRO COUTO, BEGOÑA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
Efecto das anfetaminas sobre o microbioma humano
Autoría
L.L.R.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
L.L.R.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
16.07.2025 15:30
16.07.2025 15:30
Resumo
Nos últimos anos, o microbioma humano foi obxecto de numerosas investigacións debido á súa implicación no sistema inmune, o metabolismo e a actividade molecular. Dende o nacemento, a súa composición varía en función de diversos factores. Este traballo centrarase no impacto das drogas, en particular os estimulantes de tipo anfetamínico (ETA), debido a que se atopan entre as sustancias máis consumidas de forma indebida en todo o mundo. Neste contexto, levarase a cabo unha análise bibliográfica para examinar as evidencias experimentais dispoñibles sobre como a metanfetamina (o ETA máis común) altera a composición do microbioma, e como esta disbiose afecta á saúde humana, contribuíndo ao desenvolvemento de diversas enfermidades. A metanfetamina actúa como un agonista indirecto da monoamina, provocando efectos como vixilia, euforia, excitación e aumento da atención. Sen embargo, o seu consumo conleva graves consecuencias para a saúde, incluíndo alteracións no microbioma. Os diversos estudios analizados demostran que o consumo de metanfetamina modifica a microbiota intestinal, a microbiota oral e a microbiota da placa dental supraxinxival, o que se asocia con patoloxías como obesidade, inflamación intestinal, hipertensión arterial, enfermidade de Párkinson, alzhéimer e certos tipos de cancro. Todas estas enfermidades están vinculadas co aumento ou a diminución de certos filos bacterianos. Polo tanto, conclúese que o consumo de metanfetamina induce disbiose nas microbiotas mencionadas. Así mesmo, estes achados poñen de manifesto o papel fundamental do microbioma no desenvolvemento de enfermidades graves, pero á vez comúns na poboación actual.

Uso da microextracción mediante pinga suspendida para a determinación de anfetaminas en ouriños por cromatografía de gases-espectrometría de masas
Autoría
L.L.R.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
L.L.R.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
As anfetaminas son un grupo de drogas que actúan como estimulantes do sistema nervioso central e cuxo consumo a curto prazo produce diversos efectos sobre a saúde incluíndo aumento da frecuencia cardíaca e presión arterial, menor sensación de fatiga, euforia, diminución do apetito etc. Con todo, o seu consumo a longo prazo pode xerar dependencia, ansiedade, agresividade, problemas cardiovasculares etc. Entre as anfetaminas máis consumidas destacan a anfetamina, a metanfetamina, o MDMA, o MDA e o MDEA. Nos últimos anos detectouse un gran aumento no consumo destas substancias a nivel mundial, o cal supón un grave problema tanto a nivel individual como para a sociedade en xeral, podendo chegar a ocasionar sobredose ou mesmo a morte. Segundo isto, xorde a necesidade de desenvolver métodos que permitan a súa determinación en mostras biolóxicas. Seguindo cos principios da química verde, expúxose un método de extracción incluído dentro das denominadas técnicas de microextracción. Por tanto, o obxectivo deste traballo consiste en optimizar e validar unha técnica analítica de microextracción, a microextracción mediante pinga suspendida, que permita determinar e cuantificar as anfetaminas obxecto de estudo en mostras de ouriños, usando a cromatografía de gases acoplada á espectrometría de masas (GC-MS) como técnica de detección.

FERNANDEZ RAMOS, ANTONIO (Presidente/a)
CASAIS LAIÑO, Mª DEL CARMEN (Secretario/a)
RODIL RODRIGUEZ, MARIA DEL ROSARIO (Vogal)

Estudo da Bioloxía da alga invasora Rugulopteryx okamurae en Galicia
Autoría
C.L.M.
Grao en Bioloxía (3ªed)
C.L.M.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Rugulopteryx okamurae é unha alga parda orixinaria do sueste asiático, detectada por primeira vez en Europa no ano 2002, na lagoa Thau (Francia), onde non amosaba un comportamento invasor. No 2016, atopouse nas costas españolas, concretamente no estreito de Xibraltar, onde se considera unha especie invasora con impactos significativos. A principal motivación deste estudo é a súa recente introdución (2019) en Galicia, onde presenta unha elevada capacidade de crecemento e dispersión, alterando os ecosistemas mariños. O obxectivo principal deste traballo é estudar a morfología e a fenoloxía de R. okamurae nas costas galegas, ademais da capacidade fotosintética dos individuos en arribazón, co fin de determinar a súa viabilidade. Para iso, recolléronse individuos en diferentes zonas e momentos, estudando as súas características morfolóxicas e a súa actividade fotosintética. Os morfotipos coñecidos non presentan a mesma distribución estacional ca noutras zonas estudadas. O morfotipo groso caracterízase por un maior ancho do talo e un maior número de capas celulares no extremo da dicotomía apical, sendo característico do inverno, mentres que o morfotipo fino presenta un menor ancho do talo e poucas capas celulares, sendo característico do verán. Ademais, existe un morfotipo intermedio entre ambos que aparece ao longo do ano. Comprobouse a escasa ou nula capacidade de recuperación dos individuos en arribazón que, segundo os nosos resultados, presentan un dano moi severo.

DIAZ TAPIA, PILAR (Titoría)
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN Cotitoría
DIAZ TAPIA, PILAR (Titoría)
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN Cotitoría
Tribunal
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
VIEJO SOMOANO, MARCOS (Secretario/a)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Vogal)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
VIEJO SOMOANO, MARCOS (Secretario/a)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Vogal)
Uso de espectroscopía FTIR-ATR para a caracterización da composición de restos óseos procedentes de xacementos arqueolóxicos da Península Ibérica de interese patrimonial
Autoría
R.L.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
R.L.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
O esqueleto humano está composto por tecido óseo que durante a vida permanece en continuo cambio. Tras a morte, estes cambios persisten pola interacción co medio no que se encontra, mediante procesos diaxenéticos. Neste estudo son de determinar a súa composición e as alteracións que experimentaron os ósos e a súa parte mineral (bioapatita), mediante o uso de espectroscopía FTIR-ATR (“Fourier Transform Infrared-Attenuated Total Reflectance”). Os restos óseos, de máis de 3000 anos de antigüidade, atopábanse en diferentes áreas do xacemento. As análises estatísticas amosan as relacións que gardan os diferentes índices calculados a partir dos resultados da espectroscopía, así como as diferencias que hai entre as tres localizacións diferenciadas no xacemento. Obsérvase que os ósos procedentes da estrutura máis recente son os máis alterados e os únicos que non contan coa presenza de calcita secundaria. Os resultados poñen en evidencia que o grao de diaxénese do óso está máis condicionado polas características xeoquímicas do sedimento no que estaban soterrados que polo tempo de enterramento. Tamén se evidencia que a composición do óso depende de factores ante-morten como a idade ou o sexo.

MARTINEZ CORTIZAS, ANTONIO MANUEL (Titoría)
LOPEZ COSTAS, OLALLA Cotitoría
MARTINEZ CORTIZAS, ANTONIO MANUEL (Titoría)
LOPEZ COSTAS, OLALLA Cotitoría
Tribunal
AIRA RODRÍGUEZ, Mª JESÚS (Presidente/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Secretario/a)
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Vogal)
AIRA RODRÍGUEZ, Mª JESÚS (Presidente/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Secretario/a)
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Vogal)
Estudo do efecto da modificación de AMPK en astrocitos GLAST sobre os ritmos circadianos
Autoría
H.L.G.
Grao en Bioloxía (3ªed)
H.L.G.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
O sistema circadiano regula procesos fisiolóxicos chave a través dun complexo reloxo molecular que sincroniza os ritmos internos con sinais ambientais como a luz e a alimentación. Os astrocitos, tradicionalmente relegados fronte ás neuronas, emerxen como elementos esenciais na integración de sinais metabólicos e circadianos. Este traballo céntrase na quinasa activada por AMP (AMPK), un sensor enerxético presente en astrocitos, e no seu papel na regulación circadiana mediante o estudo de ratóns con deleción astrocítica da subunidade gamma-2 (Prkag2), coñecida por inducir a activación constitutiva de AMPK. Ademais, o estudo busca detectar posibles dimorfismos sexuais. Avaliáronse tanto parámetros circadianos comportamentais como a actividade locomotora baixo ciclos de luz/escuridade e en escuridade constante, así como marcadores moleculares chave no hipotálamo. A diferenza do observado en machos, as femias coa deleción da subunidade gamma-2 non amosaron alteracións no seu fenotipo circadiano condutual. Porén, a nivel molecular evidenciouse unha perda da oscilación na fosforilación de AMPK e da súa diana pACC, xunto con alteracións no ritmo de expresión e fosforilación de PER2, compoñente esencial do reloxo molecular. Estes resultados confirman a implicación de AMPK na modulación do reloxo circadiano nos astrocitos e evidencian un claro dimorfismo sexual: as femias manteñen unha actividade circadiana estable a pesar da desregulación molecular, o que suxire a existencia de mecanismos compensatorios específicos do sexo. Comprender estes mecanismos podería ofrecer novas perspectivas terapéuticas fronte a trastornos circadianos e metabólicos, consolidando a relevancia funcional dos astrocitos e de AMPK como posibles dianas na investigación biomédica.

LUENGO MATEOS, MARIA Cotitoría
BARCA MAYO, OLGA (Titoría)
LUENGO MATEOS, MARIA Cotitoría
Tribunal
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Presidente/a)
PORTEIRO COUTO, BEGOÑA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Presidente/a)
PORTEIRO COUTO, BEGOÑA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
Comportamento reprodutivo en relación con incendios forestais de Hedychium gardnerianum Sheppard ex Ker Gawl. en dúas fases de invasión: introdución e establecemento
Autoría
P.L.G.
Grao en Bioloxía (3ªed)
P.L.G.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Hedychium gardnerianum Sheppard ex Ker Gawl é unha das 100 especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo, cunha alta capacidade de propagación por sementes e rizomas. Os incendios forestais, cada vez máis frecuentes polo cambio climático, crean condicións favorables para a súa expansión. Este estudio propón que o lume non afecta ao comportamento reprodutivo desta especie, tanto en áreas onde está en fase de introdución (como Galicia), como en fase de estabelecemento (como as illas Azores). Para comprobar esta hipótese, analizáronse e comparáronse poboacións de ambos lugares, estudando o efecto dos diferentes factores do lume (choques térmicos, fume, cinza e carbón) sobre as sementes e o crecemento vexetativo. A caracterización das poboacións revelou un atraso na frutificación da poboación galega. A viabilidade das sementes sufre un descenso drástico a finais da primavera. Elevadas temperaturas inhiben por completo a xerminación e grandes cantidades de cinza redúcena levemente. A poboación en fase de estabelecemento xermina máis rápido que a da fase de introdución. Algunhas sementes amosan dormancia. A reprodución asexual non resultou afectada polos choques térmicos.

REYES FERREIRA, OTILIA (Titoría)
Cruz de la Fuente, Óscar Cotitoría
REYES FERREIRA, OTILIA (Titoría)
Cruz de la Fuente, Óscar Cotitoría
Tribunal
AIRA RODRÍGUEZ, Mª JESÚS (Presidente/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Secretario/a)
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Vogal)
AIRA RODRÍGUEZ, Mª JESÚS (Presidente/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Secretario/a)
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Vogal)
Estudo da capacidade de enraizamento de brotes axilares de aciñeira establecidos a partir de plantas seleccionadas pola súa tolerancia a Phytophtora cinnamomi Rands.
Autoría
E.L.L.
Grao en Bioloxía (3ªed)
E.L.L.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Quercus ilex L. é a especie forestal máis abundante da península ibérica. Nos últimos anos, esta especie viuse severamente afectada polo síndrome da seca, causado principalmente polo oomiceto Phytophthora cinnamomi Rands (Pc). No marco do Programa Nacional de Mellora do xénero Quercus fronte á seca, impulsado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), seleccionáronse exemplares de aciñeira con tolerancia a Pc e estes xenotipos foron clonados in vitro mediante a proliferación de xemas axilares. Porén, a aciñeira é unha especie recalcitrante ao cultivo in vitro, o que dificulta tanto a formación de raíces como a adaptación das plantas ás condicións ex vitro. Por este motivo, o presente traballo centrouse na optimización dun protocolo eficiente de enraizamento utilizando os xenotipos seleccionados e previamente establecidos in vitro. Para iso, avaliáronse diversos factores sobre a indución de raíces: i) a composición do medio mineral; ii) a concentración e o réxime de exposición ao ácido indol-3-butírico (AIB); iii) a concentración da fonte de carbono; iv) o tipo de inhibidor de etileno (tiosulfato de prata ou nitrato de prata); e v) a adición de 5-azacitidina. Os mellores porcentaxes de enraizamento obtivéronse cando os brotes se cultivaron nun medio MS cos macronutrientes ou cos nitratos reducidos á metade, suplementado con 25 mg/L AIB aplicado durante 48 horas, seguido dunha transferencia a un medio libre de auxinas con tiosulfato de prata. A adición de 5-azacitidina ao medio de expresión non tivo efectos positivos sobre as frecuencias de enraizamento. Por último, na etapa de aclimatación, testáronse dous tipos de substrato, sendo os jiffys de turba prensada os que proporcionaron as mellores taxas de supervivencia.

Corredoira Castro, Elena Cotitoría
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Titoría)
Corredoira Castro, Elena Cotitoría
Tribunal
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Presidente/a)
LORENZO CARBALLA, MARÍA OLALLA (Secretario/a)
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Presidente/a)
LORENZO CARBALLA, MARÍA OLALLA (Secretario/a)
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Caracterización dos niveis atmosféricos de material particulado en Santiago de Compostela
Autoría
P.M.M.
Grao en Bioloxía (3ªed)
P.M.M.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
A contaminación atmosférica nas cidades aumentou significativamente dende a Revolución Industrial, principalmente debido ao tráfico de vehículos e outras actividades humanas. As partículas en suspensión son un dos contaminantes máis preocupantes polo seu impacto na saúde respiratoria e cardiovascular, así como polos seus efectos negativos na vexetación urbana. A hipótese deste estudo suxire a existencia de patróns espaciais e estacionais significativos nas concentracións de partículas en Santiago de Compostela, influenciados polas condicións meteorolóxicas e o ambiente urbano. Os obxectivos foron caracterizar a distribución espacial das partículas en suspensión, detectar variacións estacionais e verificar o cumprimento da normativa vixente en España. Para iso, empregouse un medidor de partículas portátil, que permite a toma de mostras de alta resolución en 236 puntos da cidade, tanto no inverno como na primavera. Os datos obtidos analizáronse mediante ferramentas estatísticas e xeoestatísticas. Os resultados mostran concentracións máis altas no inverno, con algunhas superacións ocasionais do límite legal establecido para partículas menores de 10 micrómetros. Observouse unha variabilidade estacional significativa, con diferenzas estatisticamente significativas entre estacións, sendo as concentracións de partículas máis baixas e homoxéneas na primavera. Ademais, identificouse unha clara dependencia espacial durante o inverno, especialmente en zonas con alta densidade de tráfico ou estruturas urbanas pechadas. Estes descubrementos demostran a utilidade da mostraxe portátil para capturar as variacións locais na calidade do aire. As súas aplicacións poden ser clave para desenvolver políticas públicas máis eficaces para a xestión da calidade do aire e a redución dos riscos para a saúde pública.

FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Titoría)
Pacín Salvador, María do Carme Cotitoría
FERNANDEZ ESCRIBANO, JOSE ANGEL (Titoría)
Pacín Salvador, María do Carme Cotitoría
Tribunal
AIRA RODRÍGUEZ, Mª JESÚS (Presidente/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Secretario/a)
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Vogal)
AIRA RODRÍGUEZ, Mª JESÚS (Presidente/a)
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Secretario/a)
DOMINGUEZ CONDE, JESUS (Vogal)
Estudio do impacto de Rbm3 nos ritmos circadianos
Autoría
P.M.P.
Grao en Bioloxía (3ªed)
P.M.P.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Introdución: Os ritmos circadianos son oscilacións biolóxicas intrínsecas e autosostidas xeradas nas células do noso organismo. Estas oscilacións sincronízanse co entorno grazas ao marcapasos central localizado no hipotálamo: o núcleo supraquiasmático (NSQ). Ata fai pouco, considerábase que o NSQ era insensible á temperatura ambiental. Con todo, estudos recentes in vitro indican que algunhas vías moleculares reguladas por xenes reloxo si responden a cambios térmicos. Neste contexto destaca a proteína “RNA Binding Motif 3” (RBM3). Neste traballo plantexase que RBM3 actúa como un sensor térmico circadiano no NSQ e analízase o seu papel na sincronización dos ritmos circadianos coa temperatura ambiental in vivo. Obxectivos: Xerar e validar un modelo de silenciamiento de RBM3 no NSQ e analizar os efectos sobre os ciclos metabólicos e de temperatura corporal. Metodoloxía: Utilizáronse modelos animais nos que se inducíu un silenciamiento da proteína RBM3 no NSQ mediante inxeccións estereotáxicas de vectores virais (modelos Rbm3Sh). A eficacia do silenciamiento xenético validouse mediante inmunofluorescencia en cortes de cerebro. Analizouse en GraphPad Prism o efecto da temperatura sobre os parámetros circadianos tras o rexistro da temperatura corporal con sensores térmicos e os ciclos metabólicos e actividade mediante un sistema de calorimetría indirecta. Resultados: A inmunofluorescencia revelou unha redución do 29 % da expresión de RBM3 nos ratos mutantes, suficiente para producir efectos fenotípicos detectables. Ademais, identificouse un papel funcional de RBM3 na regulación do período dos ciclos metabólicos en resposta á temperatura ambiental. En ratos control, as temperaturas elevadas acurtaron o período circadiano da temperatura corporal e dos ciclos metabólicos, mentres que as temperaturas baixas alongáronos. Estes cambios non se observaron nos Rbm3Sh, o que indica que RBM3 é necesaria para a adaptación do ritmo circadiano a variacións térmicas. Conclusións: Os nosos resultados confirman que RBM3 participa activamente na modulación do período circadiano de parámetros metabólicos e térmicos en función da temperatura ambiental. A súa deficiencia reduce a capacidade do sistema circadiano para sincronizarse co entorno térmico, subliñando a súa relevancia como mediador molecular na adaptación circadiana aos cambios ambientais.

Complexos de lantanoides como sensores de anións: Unha revisión bibliográfica
Autoría
M.O.M.F.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
M.O.M.F.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
Nas últimas décadas, a detección selectiva e precisa de anións no medio ambiente cobrou unha gran relevancia debido ao seu impacto tanto na saúde humana como nos ecosistemas naturais. Entre as estratexias estudadas con este fin destaca o emerxente uso dos complexos de lantanoides que, debido ás súas propiedades fotofísicas únicas, permiten a construción de sensores selectivos con tempos de resposta rápidos e resolución espacial óptima. Este traballo baséase nunha revisión bibliográfica centrada na procura de complexos de lantanoides como sensores ou sondas moleculares para a detección específica de anións no medio ambiente, analizando os mecanismos de sinalización óptica implicados e discutindo exemplos relevantes da literatura recente. O obxectivo é avaliar o seu potencial como ferramentas analíticas eficaces para a vixilancia ambiental.

FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Titoría)
FONDO BUSTO, MARIA MATILDE (Titoría)
Tribunal
Estévez Cabanas, Juan Carlos (Presidente/a)
GARCIA SUAREZ, LUIS ALBERTO (Secretario/a)
GONZALEZ NOYA, ANA MARIA (Vogal)
Estévez Cabanas, Juan Carlos (Presidente/a)
GARCIA SUAREZ, LUIS ALBERTO (Secretario/a)
GONZALEZ NOYA, ANA MARIA (Vogal)
Estrutura, síntese e transporte de sideróforos de tipo catecol en bacterias do xénero Vibrio
Autoría
M.O.M.F.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
M.O.M.F.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
16.07.2025 15:30
16.07.2025 15:30
Resumo
O ferro é un elemento fundamental para o crecemento e desenvolvemento da gran maioría dos seres vivos, e as bacterias non son unha excepción. Ao atoparse normalmente na súa forma oxidada (Fe3+), é difícil de absorber directamente debido á súa baixa solubilidade en condicións fisiolóxicas. Para superar esta limitación, as bacterias desenvolveron unha serie de mecanismos de asimilación do ferro. Un dos máis importantes é a síntese de compostos de baixo peso molecular denominados sideróforos, que lles permiten obter ferro do entorno. Este traballo céntrase concretamente nos sideróforos de tipo catecol das bacterias do xénero Vibrio. Estes sideróforos presentan unha estrutura xeral baseada no ácido 2,3-dihidroxi-benzoico (2,3-DHBA) e na norespermidina, á que se unen diferentes aminoácidos e grupos funcionais dependendo do sideróforo en cuestión. Ademais, na súa síntese son fundamentais o corismato, as encimas NRPS e o sistema de regulación Fur. Por último, o transporte corre a cargo de proteínas transportadoras da membrana externa dependentes de TonB e de sistemas de tipo ABC para o paso a través da membrana citoplasmática.

BALADO DACOSTA, MIGUEL Cotitoría
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Titoría)
BALADO DACOSTA, MIGUEL Cotitoría
Tribunal
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
Efecto de mepolizumab sobre o proteoma sérico de baixa abundancia de pacientes con asma eosinofílica grave.
Autoría
A.M.G.
Grao en Bioloxía (3ªed)
A.M.G.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
A asma eosinofílica grave (SEA) representa un subtipo do fenotipo T2alto, caracterizado por inflamación persistente mediada por eosinófilos e resistencia ao tratamento convencional con corticosteroides inhalados. A interleucina 5 (IL-5) xoga un papel clave na activación, maduración e supervivencia dos eosinófilos, sendo por tanto unha diana terapéutica de fármacos biolóxicos como mepolizumab (anticorpo anti-IL5). Este traballo avalía o efecto do tratamento con mepolizumab sobre o proteoma sérico de baixa abundancia en pacientes con SEA, recrutándose mostras de controis sans e asmáticos en catro momentos: antes do tratamento (T0) e ás 4, 16 e 32 semanas tras o seu inicio (T4, T16, T32). As mostras tratáronse con DTT para eliminar o proteoma de alta abundancia e mediante espectrometría de masas (LC-MS/MS) e a técnica SWATH-MS, observouse que os controis sans e os pacientes ao final do tratamento (T32) mostraban un perfil similar. Da mesma maneira, os perfiles de antes (T0) e ás 4 semanas (T4) do tratamento mostraban semellanza. Detectáronse sobreexpresadas nos T0 as proteínas APOH e PROS1, relacionadas coa coagulación, e SERPINA1 e SERPINA3, en relación a resposta de fase aguda. Ambas xunto coa SERPINA6, tamén sobreexpresada, indicaron alto poder preditivo (AUC superiores a 0.8), sendo esta última a que podería ter maior implicación nas diferencias entre os controis sans e os T0, e entre os T0 e os T32.

NIETO FONTARIGO, JUAN JOSE (Titoría)
NIETO FONTARIGO, JUAN JOSE (Titoría)
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
González Blanco, Miguel (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
González Blanco, Miguel (Vogal)
Desenvolvemento de rexuvenecemento celular mediante reprogramación química parcial
Autoría
M.M.T.
Grao en Bioloxía (3ªed)
M.M.T.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
A senescencia celular é unha resposta a factores de estrés que detén o ciclo celular. Este estado de prevención a danos presenta un papel dual, nun estado fisiolóxico, axuda ó desenvolvemento e reparación dos tecidos, porén, nun estado patolóxico, favorece á inflamación crónica e á progresión de enfermedades dexenerativas. Está demostrado que a reprogramación celular mediante os factores de transcrición Oct3/4, Sox2, Klf4 e c-Myc (OSKM) e a reprogramación química con 7 compostos permite a reversión dun estado diferenciado ó de células pluripotentes inducidas. Así ben, unha reprogramación parcial empregando estes factores de transcrición ou 2 dos compostos químicos, revirte efectos do envellecemento sen perder a identidade celular. A partir disto, plantéxase a posible reprogramación parcial de fibroblastos embrionarios de ratón (MEFs; Mouse Embryonic Fibroblasts), ós que se lles induciu senescencia mediante radiación X, co emprego só de: 2 factores de transcrición, Sox2 e Oct4 (SO); e de 2 dos compoñentes químicos (2C), RepSox e Tranilcipromina (TCP). Finalmente, obsérvase unha correlación positiva entre a diminución de senescencia e os cultivos nos que se expresou SO e se tratou con 2C, presentando estes compostos un efecto senomórfico. Esta reprogramación parcial, resulta un posible campo biomédico a abordar para rexuvenecer tecidos sen causar unha desdiferenciación perigosa e tratar enfermidades neurodexenerativas, metabólicas ou cardiovasculares relacionadas co envellecemento.
A senescencia celular é unha resposta a factores de estrés que detén o ciclo celular. Este estado de prevención a danos presenta un papel dual, nun estado fisiolóxico, axuda ó desenvolvemento e reparación dos tecidos, porén, nun estado patolóxico, favorece á inflamación crónica e á progresión de enfermedades dexenerativas. Está demostrado que a reprogramación celular mediante os factores de transcrición Oct3/4, Sox2, Klf4 e c-Myc (OSKM) e a reprogramación química con 7 compostos permite a reversión dun estado diferenciado ó de células pluripotentes inducidas. Así ben, unha reprogramación parcial empregando estes factores de transcrición ou 2 dos compostos químicos, revirte efectos do envellecemento sen perder a identidade celular. A partir disto, plantéxase a posible reprogramación parcial de fibroblastos embrionarios de ratón (MEFs; Mouse Embryonic Fibroblasts), ós que se lles induciu senescencia mediante radiación X, co emprego só de: 2 factores de transcrición, Sox2 e Oct4 (SO); e de 2 dos compoñentes químicos (2C), RepSox e Tranilcipromina (TCP). Finalmente, obsérvase unha correlación positiva entre a diminución de senescencia e os cultivos nos que se expresou SO e se tratou con 2C, presentando estes compostos un efecto senomórfico. Esta reprogramación parcial, resulta un posible campo biomédico a abordar para rexuvenecer tecidos sen causar unha desdiferenciación perigosa e tratar enfermidades neurodexenerativas, metabólicas ou cardiovasculares relacionadas co envellecemento.
Dirección
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Titoría)
Collado Rodríguez, Manuel Cotitoría
DA SILVA ALVAREZ, SABELA Cotitoría
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Titoría)
Collado Rodríguez, Manuel Cotitoría
DA SILVA ALVAREZ, SABELA Cotitoría
Tribunal
CORDERO SANTAMARIA, OSCAR JAVIER (Presidente/a)
ROMAUS SANJURJO, DANIEL (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO (Vogal)
CORDERO SANTAMARIA, OSCAR JAVIER (Presidente/a)
ROMAUS SANJURJO, DANIEL (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO (Vogal)
Estudo de péptidos fluorescentes non aromáticos (GlowsSticks)
Autoría
J.N.S.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
J.N.S.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:00
17.07.2025 09:00
Resumo
A fluorescencia non aromática é un fenómeno pouco estudado mediante o cal aqueles compostos que no presentan grupos aromáticos tradicionais son capaces de producir emisions no espectro UV/Vis. O uso de péptidos con estas propiedades como marcadores para microscopía podería suplir moitos de los inconveniente dos fluoróforos orgánicos ou proteicos, como a GFP. Para este traballo sintetizaronse, purificaron e mediron mediante espectroscopía de fluorescencia variantes de 5UOI-W14, un péptido que presenta fluorescencia non aromática, con modificaciones no seu extremo N-terminal, para valorar o seu uso como marcador e determinouse que adicións en este causan unha perda significativa das propiedades fluorescentes do composto. Ademáis, seguindo a mesma metodoloxía, observouse a fluorescencia de diferentes proteínas comerciais. A partir destas medicións, apreciouse unha banda de emisión anómala na pepsina arredor dos 450 nm, o que a fai susceptible de ser empleada como posible marcador en futuros estudios. Por último, realizáronse ensaios de expresión en células HELA dos péptidos fluorescentes (E4R4)4 e (E4R4)9 para avaliar a sua capacidade de marcaxe in vitro e determinar si sucesivas adicións do motivo E4R4 aumentaban a súa emisión. Os resultados obtidos non foron concluintes debido á baixa concentración dos produtos no cultivo.

VAZQUEZ SENTIS, MARCO EUGENIO (Titoría)
VAZQUEZ SENTIS, MARCO EUGENIO (Titoría)
Tribunal
Gómez Tato, Antonio M. (Presidente/a)
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)
Gómez Tato, Antonio M. (Presidente/a)
FERNÁNDEZ LORENZO, JUAN LUIS (Secretario/a)
NOIA GULDRÍS, MANUEL (Vogal)
Relación entre a microbiota intestinal e o desenvolvemento e/ou prevención da depresión maior
Autoría
M.N.G.
Grao en Bioloxía (3ªed)
M.N.G.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo explora a relación entre a microbiota intestinal (MI) e a depresión maior (DM), analizando como a disbiose intestinal inflúe na súa fisiopatoloxía a través de mecanismos neurobiolóxicos, inflamatorios e metabólicos. Os obxectivos incluiron revisar as hipóteses clásicas da DM [monoaminérxica, estrés/eixe hipotálamo hipófisis adrenal (EHHA), citocinas e neuroplasticidade], examinar o papel dos metabolitos microbianos (ácidos grasos de cadea corta (AGCC), triptófano, LPS) e avaliar intervencións basadas na modulación da MI. A metodoloxía consistiu nunha revisión narrativa de estudos preclínicos e clínicos, seleccionando investigacións que vinculan disbiose, inflamación e alteracións condutais dos 10 últimos anos. Priorizáronse achados sobre roedores con estrés crónico ou disbiose inducida, así como efectos de probióticos e dieta. Os achados principais indican que a DI diminúe niveis de serotonina, dopamina e BDNF, á vez que incrementa citocinas proinflamatorias e estrés oxidativo. Asimesmo, observóuse que os ácidos grasos de cadea corta, especialmente o butirato, fortalecen a barreira intestinal, reducen a neuroinflamación e promoven a neuroxénese. Pola súa parte, certos probióticos (Lactobacillus, Bifidobacterium) demostraron revertir conductas depresivas en modelos animais, regulando neurotransmisores e modulando o EHHA. En conclusión, a MI emerxe como un factor clave na DM, onde estratexias como dietas ricas en fibra, probióticos e o trasplante fecal poderían complementar tratamentos farmacolóxicos. Aínda que a evidencia preclínica é sólida, requírense máis estudos en humanos para validar estas intervencións. Este enfoque integrador abre novas vías para terapias personalizadas na saúde mental.

MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
GARCIA SUAREZ, CARLOS (Presidente/a)
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
GARCIA SUAREZ, CARLOS (Presidente/a)
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Secretario/a)
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Vogal)
Estudo da Comunidade de Diatomeas no Río Lor: Análise da Variabilidade e Riqueza a Nivel Local
Autoría
D.O.S.
Grao en Bioloxía (3ªed)
D.O.S.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
No presente estudo caracterízanse a composición, estrutura e variabilidade local da comunidade de diatomeas en distintos puntos de mostraxe do río Lor ao seu paso por Seoane do Courel (Lugo). O obxectivo principal é identificar a localidade máis diversa e representativa deste tramo do río, o que a convertería no lugar de maior interese para o seguimento a longo prazo. Ademais de realizar os inventarios de especies e cuantificar os patróns de diversidade alfa (é dicir, riqueza) e diversidade beta (é dicir, disimilitude biótica) entre as catro localidades estudadas, tamén se infire a calidade da auga en cada localidade, empregando a presenza/ausencia de diferentes especies como indicativo de posibles perturbacións nas condicións que habitan. Tamén se realiza un estudo baseado en estimadores non paramétricos para determinar se o esforzo de mostraxe aceptado como estándar para estudos de diversidade específica en comunidades epilíticas de auga doce (n = 500 valvas) é adecuado para a correcta caracterización da comunidade. Finalmente, elaborouse un catálogo fotográfico das especies identificadas cuxa abundancia relativa supera o 1%, co fin de facilitar a monitorización futura da comunidade.

GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Titoría)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL Cotitoría
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Titoría)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL Cotitoría
Tribunal
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Presidente/a)
LORENZO CARBALLA, MARÍA OLALLA (Secretario/a)
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Presidente/a)
LORENZO CARBALLA, MARÍA OLALLA (Secretario/a)
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Evaluación da funcionalidade dun mutante de SUMOilación de RPL23
Autoría
A.P.M.
Grao en Bioloxía (3ªed)
A.P.M.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
As proteínas ribosómicas son proteínas que compoñen os ribosomas. Estas proteínas participan na síntese de proteínas e desempeñan un papel crucial na regulación de diversos procesos celulares, entre os que se inclúen o crecemento celular e a apoptose. A proteína ribosómica RPL23 pertence á subunidade ribosómica grande 60S e, de maneira semellante ás proteínas RPL11 e RPL5, pode actuar como un activador do supresor tumoral p53. Sábese que a actividade da proteína RPL11 está regulada por modificacións post-traducionais a través de proteínas da familia da ubiquitina, como a SUMOilación ou a NEDDilación. Sabemos que RPL23 pode ser conxugada con SUMO, pero descoñecemos como esta modificación afecta á proteína. Neste traballo propoñémonos avaliar se un mutante de RPL23 na lisina 66 ten alterada a súa conxugación con SUMO e como afecta esta modificación á devandita proteína ribosómica. Os nosos resultados indican que o mutante de RPL23 na lisina K66 ten diminuída a súa capacidade de conxugarse con SUMO2. Ademais, observamos que a localización do mutante vese lixeiramente afectada. Mentres que a proteína RPL23 silvestre se localiza principalmente no nucleolo celular, a localización do mutante RPL23-K66R é máis difusa e máis nucleoplásmica. Ademais, observamos que a sobreexpresión de SUMO favorece a saída de RPL23 do nucleolo cara ao nucleoplasma. Estes resultados suxiren que SUMO modula a localización subcelular da proteína, aínda que probablemente de forma indirecta, xa que tanto a sobreexpresión como a redución da SUMOilación inducen a deslocalización de RPL23 do nucleolo. Tamén estudamos se o estrés ribosómico alteraba a SUMOilación de RPL23. Os nosos resultados suxiren que dito estrés diminúe a SUMOilación de RPL23. Dado que unha diminución da SUMOilación parece favorecer a translocación de RPL23 ao nucleoplasma, este mecanismo podería favorecer a activación de p53. Serían necesarios máis estudos para confirmar estes resultados e identificar outros posibles reguladores de RPL23. Esta identificación podería facilitar o control da súa actividade e o desenvolvemento de estratexias terapéuticas en patoloxías nas que RPL23 estea implicada.

Rivas Vázquez, María del Carmen Cotitoría
BLANQUER GARATE, MARIA Cotitoría
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Titoría)
Rivas Vázquez, María del Carmen Cotitoría
BLANQUER GARATE, MARIA Cotitoría
Tribunal
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
DIAZ JULLIEN, CRISTINA (Secretario/a)
MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
DIAZ JULLIEN, CRISTINA (Secretario/a)
MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Degradación enzimática de PET en biorreactor secuencial.
Autoría
R.P.P.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
R.P.P.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
O plástico é un dos materiais máis empregados a nivel mundial debido ás súas destacadas calidades como a súa alta durabilidade e flexibilidade. O problema con este material xurde da súa non degradabilidade no mediambiente, o que produce a súa acumulación e formación de partículas contaminantes. Os métodos máis utilizados para o tratamento dos residuos plásticos son a eliminación en vertedoiro, a incineración e o reciclado. Este último é o máis interesante, xa que permite a producción de plástico novo substituíndo o uso de materiais virxes. Neste aspecto presentamos o tereftalato de polietileno (PET), un dos tipos de plástico máis utilizados no téxtil e embalaxes. O PET é un plástico que pode ser reciclado de maneira biolóxica mediante o uso de de enzimas como a cutinasa LCC-ICCG, que o degrada nos seus monómeros esenciaisme permite a súa síntese sen consumir materiais novos. Esta idea sustenta o presente traballo, no cal escálase o proceso de degradación do PET mediante unha hidrolasa xa coñecida, a cutinasa LCC-ICCG, tanto en estado libre como inmovilizada mediante un sistema de encapsulación de IC-Tagging. Neste traballo levouse a cabo o escalado da degradación de PET a escala biorreactor de 50 mL, estudando o número de ciclos que se pode reutilizar a enzima antes de que esgote a súa actividade e o estudo da axitación óptima para levar a cabo ditos ensaios de degradación. Os experimentos realizados demostraron que a degradación do PET redúceseen gran medida ao escalar o proceso, chegando solo á degradación do 29,3% do PET coa enzima libre, e unha degradación do 36,7% do PET coa enzima encapsulada. Ademais, comprobouse que en axitacións altas de operación obtéñense peores eficiencias de degradación do PET coa enzima encapsulada.

Estudo do efecto do tratamento con obestatina nun modelo in vitro de adenocarcinoma pancreático ductal humano
Autoría
S.P.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
S.P.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
O adenocarcinoma ductal pancreático, que é o tipo predominante de cancro de páncreas, constitúe unha das neoplasias máis agresivas e letais coñecidas ata agora. Estímase que dentro de dúas décadas, esta sexa a segunda causa de morte por cancro no mundo, a pesar da súa reducida incidencia. Neste contexto, a implicación da obestatina e o receptor acoplado a proteínas G 39 (GPR39) na regulación da proliferación celular, postula a súa capacidade para bloquear procesos clave asociados ao desenvolvemento tumoral. Este traballo ten como obxectivo avaliar a potencialidade do sistema obestatina/GPR39 como diana terapéutica nun modelo in vitro de cancro de páncreas: a liña celular MIA PaCa-2. Unha vez confirmada a expresión do devandito sistema no modelo, os ensaios moleculares revelaron que o tratamento con obestatina estimula a apoptose, ao mesmo tempo que inhibe a actividade mitoxénica das células tumorais pancreáticas. Paralelamente, a obestatina é capaz de inducir a susceptibilidade á hipoxia e favorecer estados antiinflamatorios, dous eventos relevantes na remodelación do microambiente tumoral. En conclusión, estes datos reforzan o rol fundamental do sistema obestatina/GPR39 no control do crecemento tumoral do adenocarcinoma ductal pancreático, abrindo camiño a novas estratexias terapéuticas.

Leal López, Saúl Cotitoría
Pazos Randulfe, Yolanda Cotitoría
POMBO RAMOS, CELIA MARIA (Titoría)
Leal López, Saúl Cotitoría
Pazos Randulfe, Yolanda Cotitoría
Tribunal
CORDERO SANTAMARIA, OSCAR JAVIER (Presidente/a)
ROMAUS SANJURJO, DANIEL (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO (Vogal)
CORDERO SANTAMARIA, OSCAR JAVIER (Presidente/a)
ROMAUS SANJURJO, DANIEL (Secretario/a)
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO (Vogal)
Avaliación da actividade antimicrobiana dun extracto natural fronte a microorganismos causantes de enfermidades odontolóxicas e obtención dunha formulación farmacéutica activa
Autoría
A.P.G.
Grao en Bioloxía (3ªed)
A.P.G.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Os biofilms son asociacións de comunidades bacterianas adheridas a unha superficie sólida e embebidas nunha matriz que lles aporta protección e resistencia. Estas estruturas, comúns en ambientes bióticos e abióticos, representan un gran desafío no tratamento de enfermidades orais, podendo provocar a perda do dente, óso e tecido de soporte. Este traballo plantea o deseño dun colutorio baseado nun extracto natural de flora galega rico en polifenois. O obxectivo é avaliar a súa capacidade para inhibir o crecemento e formación de biofilm fronte a bacterias odontopatóxenas como Streptococcus mutans e Enterococcus faecalis, respectando a microbiota oral. Realizáronse ensaios de actividade antimicrobiana empregando resazurina como indicador redox, que se reduce a resorufina fluorescente en presenza de células viables. En canto á inhibición de biofilm, empregouse cristal violeta para a cuantificación da biomasa adherida á superficie do pocillo. Os resultados mostran unha maior efectividade do extracto fronte a S. mutans, tanto á hora de inhibir a viabilidade celular como a formación de biofilm. Fronte a E. faecalis o efecto do extracto foi limitado, xa que non formaba biofilm cuantificable e tampouco se observou unha gran redución da súa viabilidade. Deseñáronse varias formulacións preliminares con diferentes proporcións do extracto e varios compoñentes comúns na industria cosmética. Finalmente, obtívose unha formulación con boa actividade antimicrobiana e capacidade de redución de biofilm, respectuosa coa microbiota oral e compatible co uso diario como terapia preventiva.

Miguel Bouzas, María Trinidad de (Titoría)
Gómez Calvo, Lorena Cotitoría
Miguel Bouzas, María Trinidad de (Titoría)
Gómez Calvo, Lorena Cotitoría
Tribunal
ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Presidente/a)
BALBOA MENDEZ, SABELA (Secretario/a)
BARREIRO IGLESIAS, ANTON (Vogal)
Avaliación do despregamento inducido termicamente da proteína recombinante PrPC do rato de monte vermello que presenta unha mutación patóxena causante da enfermidade por prións
Autoría
R.P.L.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
R.P.L.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 12:30
17.07.2025 12:30
Resumo
Os prións son axentes infecciosos compostos unicamente por proteína, e causan enfermidades neurodexenerativas fatais. A súa patoxenicidade está asociada á conversión da proteína priónica desde a súa conformación celular ata unha conformación infecciosa e mal pregada, que forma agregados amiloides. Existen mutacións que provocan unha maior propensión a desencadear enfermidades priónicas. Unha delas é a substitución do residuo de glutamato por lisina na posición 200 (E200K). Neste contexto, iniciouse un estudo para avaliar o despregamento inducido por calor da proteína priónica recombinante do rato de monte vermello que presenta o polimorfismo de isoleucina no residuo 109 e a mutación E200K. Expresouse e purificouse a proteína priónica do rato de monte para realizar experimentos de espectroscopía de Resonancia Magnética Nuclear (RMN) e Dicroísmo Circular (DC). Mediante RMN avaliarase o proceso de despregamento térmico e a súa reversibilidade, mentres que os espectros de DC permitirán identificar cambios na estrutura secundaria da proteína. Os resultados compararanse cos obtidos para a versión silvestre da proteína priónica do rato de monte vermello. Descubiuse que a proteína mutante se comporta de forma significativamente distinta á súa versión silvestre. Aínda que ambas proteínas presentan unha estabilidade térmica similar, os cambios provocados polo despregamento só son reversibles na variante mutante E200K. A reversibilidade é practicamente total, e os cambios observados tras o quecemento parecen deberse a un maior contido en lámina-B. Espérase que estes resultados contribúan a comprender como se produce a conversión da proteína priónica desde a súa isoforma celular ata a súa isoforma patóxena.

RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Titoría)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Titoría)
Tribunal
FIGUEIRAS GUZMAN, ADOLFO (Presidente/a)
Pozo Míguez, Iago (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
FIGUEIRAS GUZMAN, ADOLFO (Presidente/a)
Pozo Míguez, Iago (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
Estudo de biodispoñibilidade comparativa en base ao tamaño e á composición de resinas sintéticas a retirar no patrimonio cultural.
Autoría
I.P.L.
Grao en Bioloxía (3ªed)
I.P.L.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Realizáronse diferentes ensaios exploratorios coa finalidade de incrementar a biodispoñibilidade (accesibilidade aos organismos vivos) de xenobióticos (substancias sintéticas difíciles de eliminar) para as bacterias, co obxectivo de facilitar a súa eliminación do patrimonio cultural mediante procesos de biolimpeza (utilización de organismos vivos e/ou as súas encimas como axentes de limpeza). As bacterias empregadas foron tres, que previamente demostraron unha capacidade biodegradativa probada como axentes de biolimpeza sobre pinturas en spray de grafiti (consideradas un xenobiótico): Comamonas (anteriormente Pseudomonas) testosteroni, Enterobacter (anteriormente Aerobacter e actualmente Klebsiella) aerogenes e Rhodococcus erythropolis. Os xenobióticos empregados foron dous: Paraloid B72 e Paraloid B82. Para mellorar a biodispoñibilidade realizáronse dous ensaios en medio líquido. No primeiro, variouse o tamaño de partícula de ambos Paraloids (ensaiáronse tamaños de 4 mm, 1 mm e 0,25 mm de diámetro), coa hipótese de que tamaños máis pequenos resultarían máis accesibles para as bacterias. No segundo ensaio, aplicáronse pretratamentos con dous aditivos de acción deterxente: Tween80 e Tween20, e cun disolvente orgánico: dimetilsulfóxido (DMSO). En ambos ensaios determinouse a porcentaxe de perda de peso das resinas, e no medio líquido circundante analizouse a absorbancia a 600 nm (relacionada coa presenza de bacterias), o potencial redox e o carbono orgánico disolto (COD) e o carbono inorgánico disolto (CID). Os resultados amosaron que tamaños de partícula máis pequenos parecen favorecer a biodispoñibilidade de ambos Paraloids fronte á accesibilidade das bacterias, entre as que destaca Rhodococcus erythropolis. O Paraloid B82 podería ser máis doado de bioretirar que o seu homólogo, a pesar de ter unha estrutura química moi similar. Dos tres pretratamentos, o Tween80 semella ser o máis eficaz favorecendo o proceso de biolimpeza, seguido do Tween20.

Martín Caramés, Fabiana Cotitoría
SANMARTIN SANCHEZ, PATRICIA (Titoría)
Martín Caramés, Fabiana Cotitoría
Tribunal
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
VIEJO SOMOANO, MARCOS (Secretario/a)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Vogal)
LOPEZ RODRIGUEZ, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
VIEJO SOMOANO, MARCOS (Secretario/a)
LEIRA CAMPOS, ANTON MANOEL (Vogal)
Papel das pequenas vesículas extracelulares (sEVs) no balance enerxético da caquexia
Autoría
S.B.P.Q.
Grao en Bioloxía (3ªed)
S.B.P.Q.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
A caquexia asociada ao cancro é unha síndrome multifactorial que implica alteracións profundas no balance enerxético. Caracterízase por unha perda de peso significativa, inflamación sistémica, anorexia e un aumento do gasto enerxético debido á activación de procesos como a termoxénese. Entre as dianas terapéuticas emerxentes está a proteína quinasa activada por AMP (AMPK), que funciona como un sensor de enerxía e un regulador clave do metabolismo no hipotálamo, particularmente nas neuronas do núcleo ventromedial. Neste contexto, este estudo ten como obxectivo avaliar se a administración sistémica de pequenas vesículas extracelulares (sEVs) cargadas con AMPKa1 constitutivamente activa e dirixidas especificamente ás neuronas SF1 no hipotálamo pode reverter os efectos da caquexia inducida por tumores C26 en ratos. Con este fin, utilizouse un modelo animal de caquexia xerado por inxección subcutánea de células tumorais C26, seguido de tratamento sistémico con sEV. Posteriormente analizáronse parámetros como a masa corporal, a inxesta, a composición corporal e a termoxénese do tecido adiposo marrón. Os resultados mostraron unha perda significativa de masa corporal e graxa nos animais portadores de tumores, validando o modelo. Ademais, a administración de sEV non conseguiu reverter a perda de peso nos animais caquécticos, pero si produciu un aumento significativo na inxesta de alimentos e unha tendencia a unha termoxénese reducida. Estes achados suxiren que as sEVs poden representar unha estratexia prometedora para o tratamento da caquexia mediante a modulación do metabolismo hipotalámico e a evitación de procedementos invasivos.

ESTEVEZ SALGUERO, ANXELA MARIA Cotitoría
LOPEZ PEREZ, MIGUEL ANTONIO (Titoría)
ESTEVEZ SALGUERO, ANXELA MARIA Cotitoría
Tribunal
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
DIAZ JULLIEN, CRISTINA (Secretario/a)
MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
DIAZ JULLIEN, CRISTINA (Secretario/a)
MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Regulación de PML pola proteína VP24 do virus do Ébola.
Autoría
X.P.S.
Grao en Bioloxía (3ªed)
X.P.S.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 09:30
16.07.2025 09:30
Resumo
O virus do Ébola provoca unha febre hemorráxica cunha alta taxa de letalidade. Unha das súas proteínas virais, VP24, interactúa coa nucleoproteína (NP) do virus, esencial para a súa replicación, promovendo a formación da nucleocápside. Ademais, VP24 xoga un papel fundamental na evasión da resposta inmune, antagonizando a vía do interferón mediante a interacción directa con factores transdutores de sinais e activadores da transcrición ou mediante a interacción con carioferinas. Outro dos efectos da proteína VP24 é alterar a membrana nuclear a través da interacción con varios dos seus compoñentes. Describiuse que un dano na membrana nuclear da célula podería ter como consecuencia a alteración na distribución subcelular de distintos compoñentes celulares, entre os que se atopa a proteína da leucemia promielocítica (PML). PML é unha proteína maioritariamente nuclear con múltiples funcións, entre elas a función antiviral, aínda que tamén pode ser empregada polos virus nalgún momento do seu ciclo replicativo. PML é un constituínte esencial dos corpos nucleares de PML, xa que recruta as diferentes proteínas que conforman estes agregados macromoleculares. Segundo resultados preliminares de laboratorio, a expresión da proteína VP24 do virus do Ébola podería inducir a translocación de PML do núcleo ao citoplasma. Descoñécese se esta translocación podería permitir a interacción de PML con VP24 e NP. Neste traballo abordamos estas cuestións. Para responder a estas preguntas realizáronse ensaios de inmunofluorescencia, fraccionamento subcelular e co-inmunoprecipitación. Os nosos resultados confirman que VP24 provoca a translocación citoplasmática de PML e que PML interactúa con VP24 e NP. Estes resultados suxiren que esta interacción podería ter consecuencias positivas sobre a replicación viral, o cal será obxecto de estudos futuros.

Tolosa , Rocío Miranda Cotitoría
VIDAL FIGUEROA, ANXO (Titoría)
Rivas Vázquez, María del Carmen Cotitoría
Tolosa , Rocío Miranda Cotitoría
Tribunal
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
DIAZ JULLIEN, CRISTINA (Secretario/a)
MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
SANTOS RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Presidente/a)
DIAZ JULLIEN, CRISTINA (Secretario/a)
MARTIN CORA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Identificación de bacterias potencialmente patóxenas na microbiota de ameixa asociadas a mortalidade polo incremento da temperatura da auga.
Autoría
M.R.D.A.L.
Grao en Bioloxía (3ªed)
M.R.D.A.L.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
A produción de moluscos bivalvos en Galicia, en especial da ameixa babosa (Venerupis corrugata), experimentou un notable descenso durante os últimos anos, posiblemente relacionado cos efectos do cambio climático. O aumento da temperatura da auga pode provocar un desequilibrio da microbiota destes bivalvos, favorecendo a proliferación de bacterias oportunistas do xénero Vibrio, responsables da enfermidade denominada vibriosis. Este traballo ten como obxectivo detectar a presenza de bacterias potencialmente patógenas presentes na microbiota da ameixa babosa tras un evento de aumento da temperatura da auga. Para iso, realizouse un ensaio no que se expuxeron ameixas a un aumento de temperatura, de 15 ºC (control) a 20 ºC, desencadeando un brote de mortalidade asociado a unha disbiosis. Illáronse bacterias tanto de exemplares sans como dos afectados, e realizouse unha análise fenotípico en relación coa presenza de factores de virulencia: hemólisis, actividade gelatinasa, lipasa e produción de sideróforos. Os resultados indicaron un incremento de illados bacterianos cunha maior frecuencia e intensidade destas actividades a partir das ameixas sometidas a estrés térmico, evidenciando unha microbiota enriquecida en bacterias potencialmente patógenas. Ademais, avaliouse a utilidade da detección por PCR dos xenes frpA e abtA, implicados no transporte dos sideróforos piscibactina e anfibactina, como posibles marcadores moleculares preditivos de mortalidade. Conclúese que a produción de anfibactina está estreitamente relacionada cunha maior virulencia bacteriana, o que suxire o seu valor como indicador temperán para detectar brotes infecciosos.

Targeting hipotalámico de AMPK para o tratamento da obesidade mediante o uso de cellsomes terapéuticos.
Autoría
T.R.F.
Grao en Bioloxía (3ªed)
T.R.F.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
No contexto actual, a obesidade esténdese globalmente como unha das enfermidades de maior prevalencia asociada, chegando a poder alcanzar proporcións pandémicas a curto prazo. Fronte ás limitacións existentes para a súa terapia, a nanomedicina proponse como unha alternativa prometedora para o seu tratamento e o das súas moitas patoloxías asociadas. Múltiples estudos demostraron que a perda de función da AMPKa1 (protein kinasa activada por AMP alfa 1) nas neuronas do factor esteroidoxénico 1 (SF1) do núcleo ventromedial do hipotálamo provoca resistencia á obesidade, independente da inxesta senón debido á activación simpática da termoxénese do tecido adiposo marrón. No presente estudo, proponse investigar se o peso corporal de ratos obesos pode reducirse mediante a inxección intravenosa de nanotransportadores derivados de células, coñecidos como cellsomes, con capacidade de cruzar a barreira hematoencefálica e de chegar a áreas específicas do hipotálamo (onde poder exercer un control sobre o balance enerxético). Así logo, estes transportarán no seu interior un plásmido (que funciona a modo de vector) codificante dunha versión dominante negativa de AMPKa1 (AMPKa1-DN) dirixida a neuronas SF1 do núcleo ventromedial do hipotálamo. No presente traballo será descrito o efecto central destes cellsomes en modelos murinos de obesidade inducida por dieta e estudarase a súa implicación na actividade termoxénica do tecido adiposo marrón dependente de UCP1 (proteína de desacoplamento 1). Os datos obtidos mostran que a acción central dos cellsomes cargados co plásmido SF1-AMPKa1-DN produce un aumento da termoxénese no tecido adiposo marrón e a consecuente perda de peso independente da inxesta.

Determinación de posibles interaccións xenéticas entre versións desreguladas de YEN1 e xenes implicados na eliminación de adutos covalentes ADN proteína
Autoría
L.R.F.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
L.R.F.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
O mantemento da estabilidade xenómica depende dun amplo conxunto de mecanismos de reparación do ADN, entre os que se atopan as nucleasas específicas de estrutura. En Saccharomyces cerevisiae, a endonucleasa Yen1 desempeña un papel esencial como resolvasa de unións de Holliday, e a súa actividade está exhaustivamente regulada ao longo do ciclo celular. Diversos estudos demostraron que versións desreguladas de Yen1, con expresión constitutiva ou non fosforilables, poden resultar tóxicas se acceden prematuramente ao ADN durante a fase S. Neste contexto, a expresión dunha variante catalíticamente inactiva de Yen1 (Yen1ON-ND) mantén dita toxicidade, o cal suxire a posible formación de aductos proteína ADN, unha lesión altamente obstrutiva para a replicación e transcrición. Este Traballo de Fin de Grado plantexa se a sobreexpresión de factores implicados na resolución de entrecruzamentos proteína ADN (DPCs) pode suprimir a toxicidade. Para ilo, clonáronse os xenes WSS1, CDC48 e DDI1 mediante o sistema de clonación Gateway e intentaron expresarse constitutivamente en S. cerevisiae. WSS1 codifica unha proteasa dependiente de ADN que actúa sobre DPCs en colaboración coa ATPasa Cdc48, encargada de segregar proteínas sumoiladas ou ubiquitinadas da cromatina. Pola súa parte, DDI1 podería actuar de forma redundante cando as vías principais fallan. Aínda que non se logrou determinar a interacción entre as proteínas de interese e Yen1ON-ND, os resultados obtidos suxiren toxicidade da sobreexpresión constitutiva de WSS1 e o traballo senta as bases para o estudo do potencial supresor de WSS1, CDC48 e DDI1 baixo promotores inducibles alternativos.

Desenvolvemento de sistemas dirixidos de indución de apoptosis
Autoría
A.R.R.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
A.R.R.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
A comunicación intercelular desempeña un papel chave na resposta ao dano en tecidos. A regulación de procesos como a morte celular programada ou a senescencia, tradicionalmente considerados como mecanismos independentes, é esencial para a correcta reparación e rexeneración do tecido danado. Neste contexto, estudos recentes no noso laboratorio expuxeron que certas formas de morte celular poderían inducir senescencia en células veciñas a través de sinais paracrinas. Este traballo propúxose explorar esa hipótese empregando un sistema de apoptosis controlada, independente da mitocondria, baseado na activación inducida da caspasa 9. Para iso, xerouse unha liña de células TC1 modificadas para expresar unha versión inducible da caspasa 9 (iCasp9-GFP), activada mediante o composto dimerizador AP20187. As células apoptóticas foron expostas a fibroblastos primarios embrionarios murinos mediante cultivos in vitro con medios condicionados, sistemas transwell e co-cultivo directo, tras o cal avaliouse a posible indución de senescencia. En todos os casos, os resultados mostraron que a indución de apoptosis non foi suficiente para activar de maneira paracrina un fenotipo senescente nas células diana, en contraste cos controis positivos de células inducidas a senescencia mediante tratamento con quimioterapéuticos tradicionais. Estes achados permiten desligar o proceso de morte celular da sinalización que o acompaña, suxerindo que é esta sinalización (e non a apoptosis en si mesma) a responsable de inducir senescencia paracrina, sendo posibles detonantes outros factores como a disfunción mitocondrial ou o contexto inmunolóxico. O estudo ofrece un marco útil para seguir explorando a complexa interacción entre a morte celular e a senescencia, con potenciais implicacións terapéuticas en enfermidades asociadas ao envellecemento ou á rexeneración tisular.

Identificación da orixe de replicación e análise da distribución do plásmido pPHDP60 en Photobacterium damselae subsp. piscicida.
Autoría
C.R.C.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
C.R.C.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
A replicación dos plásmidos bacterianos depende dunha secuencia específica coñecida como orixe de replicación (oriV), fundamental para garantir a súa estabilidade na célula hóspede. O plásmido pPHDP60, presente na bacteria mariña patóxena de peixes Photobacterium damselae subsp. piscicida, carece de iteróns e xenes rep clásicos, o que suxire un mecanismo de replicación atípico. O estudo da oriV mínima de pPHDP60 podería ter aplicacións relevantes tanto na investigación básica como no deseño de ferramentas moleculares para biotecnoloxía ou vixilancia epidemiolóxica. Este traballo propón como hipótese que a súa oriV podería estar composta por elementos non convencionais e que a súa distribución en P. damselae podería estar subestimada. Como obxectivo principal propúxose identificar a súa oriV mínima funcional e analizar a súa distribución mediante aproximacións experimentais e bioinformáticas. Para iso, aplicáronse estratexias combinadas de clonación molecular, transformación en Escherichia coli, análise bioinformática e un cribado por PCR nunha colección de illados de P. damselae subsp. piscicida. Identificouse un fragmento de 2289 pb (ao que denominamos IB), composto por dúas rexións interxénicas e un marco de lectura aberto para unha proteína hipotética, que permitiu a replicación autónoma en E. coli, confirmando a súa funcionalidade como replicón. Ademais, as evidencias obtidas no presente traballo apuntan a que que todos os elementos da secuencia IB son necesarios en conxunto para a replicación. A análise in silico amosou que a secuencia IB está conservada en diversas cepas de P. damselae, aínda que presentan variabilidade noutros módulos que conforman a estrutura característica de pPHDP60. Ademais, unha das rexións do IB (RI1) está á súa vez conservada noutros plásmidos da familia Vibrionaceae. Finalmente, o cribado por PCR en diversos illados da subsp. piscicida confirmou que a presenza do plásmido pPHDP60 se restrinxe, nesta subespecie, a illados de dourada (Sparus aurata) procedentes das piscifactorías galegas.

RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS (Titoría)
Vázquez Barca, Alba Cotitoría
RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS (Titoría)
Vázquez Barca, Alba Cotitoría
Tribunal
López Romalde, Jesús Ángel (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
GARCIA JARES, CARMEN MARIA (Vogal)
López Romalde, Jesús Ángel (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
GARCIA JARES, CARMEN MARIA (Vogal)
Efecto do estrés osmótico na maduración de embrións somáticos de vide (Vitis vinifera L.)
Autoría
D.S.G.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
D.S.G.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
16.07.2025 09:00
16.07.2025 09:00
Resumo
A embrioxénese somática é unha ferramenta biotecnolóxica moi útil en especies como a vide, onde a mellora xenética é limitada debido á necesidade de manter os xenotipos dos cultivares. Esta especie considérase recalcitrante á aplicación desta tecnoloxía, pero o noso grupo de investigación desenvolveu recentemente un protocolo eficiente para inducir a embrioxénese somática no cultivar galego Mencía. Non obstante, durante a etapa de diferenciación dos embrións somáticos, detectáronse casos de desenvolvemento anormal e xerminación prematura, o que resultou nunha diminución da taxa de conversión das plántulas. Para optimizar o proceso de maduración e diferenciación, os embrións deben alcanzar unha morfoloxía axeitada e someterse aos procesos fisiolóxicos necesarios. Polo tanto, o obxectivo deste estudo é o efecto do estrés hídrico no proceso de diferenciación e maduración dos embrións somáticos. Para este fin, incubáronse agregados embrioxénicos baixo diferentes tratamentos de estrés hídrico baseados en membranas semipermeables ou axentes osmóticos como o polietilenglicol 6000 (PEG). Observouse que os embrións con menor contido de auga tiñan menos xerminantes pero maiores taxas de conversión. Isto suxire que a redución da dispoñibilidade de auga favorece unha correcta maduración dos embrións, o que resulta en plantas viables. Paralelamente co estudo, analizáronse os niveis de expresión xénica dun xene esencial para a síntese do ácido abscísico (ABA) para apoiar a hipótese anterior.

Helicatos clúster a partir de sales de prata
Autoría
D.S.G.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
D.S.G.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
O presente traballo Fin de Grao ten como finalidade a obtención de arquitecturas metalosupramoleculares de prata(I) tipo helicato clúster. Para iso, empregouse unha familia de catro ligandos bistiosemicarbazona que difiren nos substituíntes das súas ramas. Os complexos de Ag(I) sintetizáronse mediante síntese química tradicional utilizando sales con anións voluminosos pouco coordinantes (hexafluorofostato e tetrafluoroborato) e cun anión con carácter de base moderada (acetato). Tanto os ligandos coma os complexos foron caracterizados mediante diversas técnicas en estado sólido e en disolución, incluíndo análise elemental, IR, espectrometría de masas, RMN de 1H e, nos casos posibles, difracción de raios X. Obtivéronse complexos de Ag(I) tetranucleares catiónicos cos anións hexafluorofostato e tetrafluoroborato, mentres que a partir de acetato se estabilizan helicatos clúster tetranucleares neutros.

GONZALEZ NOYA, ANA MARIA (Titoría)
BARREIRO SISTO, UXIA Cotitoría
GONZALEZ NOYA, ANA MARIA (Titoría)
BARREIRO SISTO, UXIA Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ BELLO, CONCEPCION (Presidente/a)
SECO CASTRO, JOSÉ MANUEL (Secretario/a)
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Vogal)
GONZALEZ BELLO, CONCEPCION (Presidente/a)
SECO CASTRO, JOSÉ MANUEL (Secretario/a)
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Vogal)
Hidroxeles de alquilbisamidas bolaanfifílicas derivadas do ácido (-)-shikímico con espaciador hidrocarbonado de lonxitude par: Novos materiais nanoestructurados para o transporte de fármacos
Autoría
L.S.M.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
L.S.M.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
15.07.2025 09:00
15.07.2025 09:00
Resumo
A identificación dos xeles supuxo a apertura dun novo e prometedor campo de investigación dentro da química, debido a súa elevada versatilidade. A ampla diversidade estrutural que poden presentar, xunto coa súa capacidade de reter substancias no seu interior, así como a súa a flexibilidade, biodegradabilidade e biocompatibilidade, converten estes materiais en candidatos de gran interese para o desenvolvemento de aplicacións en sectores tan diversos como a industria alimentaria, cosmética, farmacéutica, biomédica e medioambiental. Este Traballo de Fin de Grao céntrase no estudo de xelantes orgánicos de baixo peso molecular (LMWOGs). En particular, lévase a cabo a síntese dunha molécula bolaanfifílica derivada do ácido (-)-shikímico cunha cadea alquílica intermedia de 12 átomos de carbono de lonxitude. Avalíase a súa capacidade xelante en diferentes disolventes mediante o cálculo da concentración mínima de xelificación nos casos en se forme xel de maneira estable. Ademais, estúdase o potencial dos hidroxeles desta molécula como sistema de liberación controlada de fármacos, mediante a formación de coxeles con dous antibióticos de amplo espectro (ampicilina e ácido nalidíxico) incorporados na súa rede tridimensional.
A identificación dos xeles supuxo a apertura dun novo e prometedor campo de investigación dentro da química, debido a súa elevada versatilidade. A ampla diversidade estrutural que poden presentar, xunto coa súa capacidade de reter substancias no seu interior, así como a súa a flexibilidade, biodegradabilidade e biocompatibilidade, converten estes materiais en candidatos de gran interese para o desenvolvemento de aplicacións en sectores tan diversos como a industria alimentaria, cosmética, farmacéutica, biomédica e medioambiental. Este Traballo de Fin de Grao céntrase no estudo de xelantes orgánicos de baixo peso molecular (LMWOGs). En particular, lévase a cabo a síntese dunha molécula bolaanfifílica derivada do ácido (-)-shikímico cunha cadea alquílica intermedia de 12 átomos de carbono de lonxitude. Avalíase a súa capacidade xelante en diferentes disolventes mediante o cálculo da concentración mínima de xelificación nos casos en se forme xel de maneira estable. Ademais, estúdase o potencial dos hidroxeles desta molécula como sistema de liberación controlada de fármacos, mediante a formación de coxeles con dous antibióticos de amplo espectro (ampicilina e ácido nalidíxico) incorporados na súa rede tridimensional.
Dirección
Estévez Cabanas, Juan Carlos (Titoría)
QUIÑOA CABANA, EMILIO Cotitoría
Estévez Cabanas, Juan Carlos (Titoría)
QUIÑOA CABANA, EMILIO Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ BELLO, CONCEPCION (Presidente/a)
SECO CASTRO, JOSÉ MANUEL (Secretario/a)
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Vogal)
GONZALEZ BELLO, CONCEPCION (Presidente/a)
SECO CASTRO, JOSÉ MANUEL (Secretario/a)
VAZQUEZ LOPEZ, MIGUEL (Vogal)
Avaliación da actividade antibacteriana de hidroxeles baseados en bisamidas alquílicas con antibióticos encapsulados
Autoría
L.S.M.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
L.S.M.
Dobre Grao en Química e en Bioloxía
Data da defensa
16.07.2025 15:30
16.07.2025 15:30
Resumo
A resistencia antibiótica é unha problemática actual que afecta a todas as rexións e niveis socioeconómicos. Un do novos procedementos que se está a estudar para a administración controlada destes fármacos é o uso de hidroxeles orgánics, debido a propiedades como a súa biocompatibilidade, biodegradabilidade e capacidade de atrapar diferentes antibióticos. Este Traballo de Fin de Grado ten por obxectivo o estudo da capacidade bactericida dun xel formado a partir dun derivado do ácido shikímico. Realizouse a encapsulación de dous grupos diferentes de antibióticos: beta-lactámicos (ampicilina) e quinolonas (ácido nalidíxico) e, analizáronse diferentes variables para caracterizar o potencial liberador dos xeles; así como a capacidade bactericida do propio xel. Observouse a liberación controlada do fármaco atrapado mediante ensaios de difusión en placa cas dúas especies bacterianas a avaliar (Escherichia coli e Staphylococcus epidermidis). Outra variable a analizar foi o posible efecto do tempe e temperatura de incubación sobre a liberación do antibiótico atrapado. Concluíse que os xeles formados por shock térmico e sonicación non presentan actividade bactericida propia e, comprobouse a capacidade liberadora dos coxeles formados. Foi detectado un efecto do tempo e temperatura de incubación no efecto inhibitorio, concluíndose que unha incubación previa a quince grados centígrados durante doce horas permite ao coxel posuír un maior efecto bactericida. Os resultados globais mostraron unha maior sensibilidade de E. coli aos antibióticos empregados.
A resistencia antibiótica é unha problemática actual que afecta a todas as rexións e niveis socioeconómicos. Un do novos procedementos que se está a estudar para a administración controlada destes fármacos é o uso de hidroxeles orgánics, debido a propiedades como a súa biocompatibilidade, biodegradabilidade e capacidade de atrapar diferentes antibióticos. Este Traballo de Fin de Grado ten por obxectivo o estudo da capacidade bactericida dun xel formado a partir dun derivado do ácido shikímico. Realizouse a encapsulación de dous grupos diferentes de antibióticos: beta-lactámicos (ampicilina) e quinolonas (ácido nalidíxico) e, analizáronse diferentes variables para caracterizar o potencial liberador dos xeles; así como a capacidade bactericida do propio xel. Observouse a liberación controlada do fármaco atrapado mediante ensaios de difusión en placa cas dúas especies bacterianas a avaliar (Escherichia coli e Staphylococcus epidermidis). Outra variable a analizar foi o posible efecto do tempe e temperatura de incubación sobre a liberación do antibiótico atrapado. Concluíse que os xeles formados por shock térmico e sonicación non presentan actividade bactericida propia e, comprobouse a capacidade liberadora dos coxeles formados. Foi detectado un efecto do tempo e temperatura de incubación no efecto inhibitorio, concluíndose que unha incubación previa a quince grados centígrados durante doce horas permite ao coxel posuír un maior efecto bactericida. Os resultados globais mostraron unha maior sensibilidade de E. coli aos antibióticos empregados.
Dirección
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Titoría)
AFONSO LAGES, MARTA CAROLINA Cotitoría
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Titoría)
AFONSO LAGES, MARTA CAROLINA Cotitoría
Tribunal
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
ESTEVEZ TORANZO, MARIA ALICIA CAROLINA (Presidente/a)
COVELO ARTOS, GUILLERMO (Secretario/a)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Vogal)
Transformación de vide para inducción de embrioxénese somática
Autoría
P.D.S.P.
Grao en Bioloxía (3ªed)
P.D.S.P.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
A transformación da vide é unha vía prometedora para a mellora xenética, dificultada pola baixa eficiencia da organoxénese e a embrioxénese. Este estudo explorou a posibilidade de activar estes procesos mediante a expresión de reguladores do desenvolvemento, como WUSCHEL2 e LEAFY COTYLEDON2, xa que estes demostraron ter éxito noutras especies. A expresión destes xenes conseguiuse mediante o ensamblaxe de construcións GreenGate e o uso dun protocolo de transformación con Agrobacterium tumefaciens tanto en vide coma en tabaco. Ademais, o promotor do xene OLEOSIN4 utilizouse como marcador da embrioxénese somática debido ao seu alto nivel de expresión nos calos embrioxénicos. Os resultados indicaron que, nas condicións probadas, a expresión de LEAFY COTYLEDON2 non foi suficiente para activar a embrioxénese somática e que WUSCHEL2 non induciu a organoxénese directa na vide. Estes achados subliñan a dificultade da rexeneración nas variedades 'Thompson Seedless' e 'Albariño' e a necesidade de axustar factores como o tipo de tecido, a fase de desenvolvemento e a forza dos promotores utilizados. Aínda así, o estudo senta as bases para o deseño de protocolos de transformación xenética máis eficaces nas vides, esenciais para a súa mellora biotecnolóxica.
A transformación da vide é unha vía prometedora para a mellora xenética, dificultada pola baixa eficiencia da organoxénese e a embrioxénese. Este estudo explorou a posibilidade de activar estes procesos mediante a expresión de reguladores do desenvolvemento, como WUSCHEL2 e LEAFY COTYLEDON2, xa que estes demostraron ter éxito noutras especies. A expresión destes xenes conseguiuse mediante o ensamblaxe de construcións GreenGate e o uso dun protocolo de transformación con Agrobacterium tumefaciens tanto en vide coma en tabaco. Ademais, o promotor do xene OLEOSIN4 utilizouse como marcador da embrioxénese somática debido ao seu alto nivel de expresión nos calos embrioxénicos. Os resultados indicaron que, nas condicións probadas, a expresión de LEAFY COTYLEDON2 non foi suficiente para activar a embrioxénese somática e que WUSCHEL2 non induciu a organoxénese directa na vide. Estes achados subliñan a dificultade da rexeneración nas variedades 'Thompson Seedless' e 'Albariño' e a necesidade de axustar factores como o tipo de tecido, a fase de desenvolvemento e a forza dos promotores utilizados. Aínda así, o estudo senta as bases para o deseño de protocolos de transformación xenética máis eficaces nas vides, esenciais para a súa mellora biotecnolóxica.
Dirección
SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER (Titoría)
SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
GONZALEZ GONZALEZ, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
TABOADA RODRIGUEZ, TERESA MARIA (Secretario/a)
ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA (Vogal)
Cetáceos das Costas de Galicia: saúde das poboacións, posibles ameazas e estratexias de conservación
Autoría
A.S.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
A.S.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Os cetáceos cumpren un papel esencial nos ecosistemas mariños como bioindicadores do estado ambiental e reguladores tróficos. A costa galega, destacada pola súa elevada biodiversidade, alberga unha notable diversidade de especies actualmente ameazadas por distintas presións antrópicas. Este traballo constitúe unha revisión do coñecemento histórico e científico sobre as poboacións de cetáceos en Galicia, identificando as principais ameazas que afrontan e avaliando as estratexias de conservación existentes ou potenciais. Entre os factores de risco máis relevantes destacan a captura accidental, o aumento do tráfico marítimo, a contaminación (acústica e química) e os efectos derivados do cambio climático. Como medidas prioritarias propóñense a mellora na xestión das Áreas Mariñas Protexidas, o desenvolvemento de tecnoloxías de mitigación e a aplicación efectiva de marcos normativos específicos. Tamén se subliña a necesidade de programas de seguimento sistemático e do fomento da educación ambiental e a implicación social. Este estudo ofrece unha síntese actualizada que pode servir de base para o deseño de políticas de conservación adaptadas ao contexto galego e aliñadas cos compromisos internacionais en materia de biodiversidade mariña.

BASELGA FRAGA, ANDRES Cotitoría
GOMEZ RODRIGUEZ, CAROLA (Titoría)
BASELGA FRAGA, ANDRES Cotitoría
Tribunal
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Presidente/a)
LORENZO CARBALLA, MARÍA OLALLA (Secretario/a)
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
RETUERTO FRANCO, JOSE CARLOS RUBÉN (Presidente/a)
LORENZO CARBALLA, MARÍA OLALLA (Secretario/a)
MONTERROSO MARTINEZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Impacto da integración somática de LINE-1 sobre a estrutura do ARN en tumores humanos
Autoría
L.S.P.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
L.S.P.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
Os elementos transpoñibles (TEs) son secuencias de ADN capaces de cambiar a súa localización dentro do xenoma que os contén, nun proceso coñecido como transposición. Os TEs clasifícanse en dous tipos segundo o seu mecanismo de transposición: transposóns de ADN e transposóns de ARN, tamén chamados retrotransposóns. Nos mamíferos, adoitan representar arredor do 50 % do xenoma. Como consecuencia final da transposición, a integración destas secuencias pode provocar mutacións xenéticas, influíndo tanto na evolución das especies como no desenvolvemento de enfermidades como o cancro. De feito, estudos recentes demostraron que a retrotransposición está moi activa nalgúns tumores humanos. A nivel transcricional, observouse que a integración de retrotransposóns pode alterar o empalme do ARN ou favorecer o inicio ou a finalización alternativa da transcrición. Non obstante, os mecanismos mutacionais a nivel do ARN foron pouco estudados debido ás limitacións das tecnoloxías de secuenciación de lectura curta (as máis empregadas ata o momento). Este estudo ten como obxectivo avaliar o impacto da integración de retrotransposóns, principalmente de elementos LINE-1 (L1), na estrutura dos transcritos en tumores humanos. Para iso, empregamos secuenciación directa de ARN mediante tecnoloxía de lectura longa, co fin de obter os transcriptomas de tres tumores humanos con altas taxas de mobilización de retrotransposóns. Despois, analizamos os datos con técnicas bioinformáticas para detectar posibles alteracións no procesamento do ARN. A nosa análise identificou integracións somáticas de LINE-1 asociadas con estruturas aberrantes de ARN, incluíndo exonización de retrotransposóns e finalización prematura da transcrición. Estas observacións poñen de manifesto o potencial da integración somática de retrotransposóns para impactar na expresión e función xénica no cancro, abrindo o camiño a futuros estudos que afonden nestes mecanismos mutacionais e na súa posible contribución ao desenvolvemento tumoral.

CASTRO TUBIO, JOSE MANUEL (Titoría)
RODRIGUEZ CASTRO, JORGE Cotitoría
CASTRO TUBIO, JOSE MANUEL (Titoría)
RODRIGUEZ CASTRO, JORGE Cotitoría
Tribunal
CID FERNANDEZ, MARIA MAGDALENA (Presidente/a)
LÓPEZ FABAL, ADOLFO (Secretario/a)
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Vogal)
CID FERNANDEZ, MARIA MAGDALENA (Presidente/a)
LÓPEZ FABAL, ADOLFO (Secretario/a)
HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA (Vogal)
Búsqueda de lncRNAs implicados no desenvolvemento da enfermidade hepática.
Autoría
P.S.G.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
P.S.G.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 09:00
18.07.2025 09:00
Resumo
A fibrose hepática é un proceso cicatricial progresivo que altera a arquitectura e función do fígado. As células estreladas hepáticas (CEH) e o factor de crecemento transformante-beta (TGF-ß) son protagonistas clave nesta progresión. Baixo a hipótese de que certos ARN longos non codificantes poderían modular dita activación, neste traballo plantexouse a análise dos cambios transcripcionais inducidos por TGF-ß mediante RNA-Seq a partir de librerías xeradas por ribodepleción na liña celular de CEH LX-2. A análise de control de calidade revelou un problema técnico na creación das librerías, o que conlevou ao desenvolvemento dun método de filtrado máis exhaustivo e personalizado ao contexto dos datos, que foi posible grazas á existencia de datos equivalentes obtidos a partir de librerías xeradas por selección de transcritos poliadenilados. Finalmente, identificáronse 2651 xenes con expresión diferencial, dos cuales 521 corresponden a ARN longos non codificantes. Destacan, a sobreexpresión do xen mitocondrial MT-ND6 y do regulador GPRACR, asociado á sintese de coláxeno. Tamén destaca a regulación á baixa de xenes codificantes de histonas, implicados na organización da cromatina. Estes resultados amplían o coñecemento dos mecanismos que dirixen a fibrose hepática e sinalan novas dianas diagnósticas e terapéuticas.

VARELA REY, MARTA MARIA (Titoría)
ESQUINAS ROMAN, EVA MARIA Cotitoría
VARELA REY, MARTA MARIA (Titoría)
ESQUINAS ROMAN, EVA MARIA Cotitoría
Tribunal
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Presidente/a)
CASTRO TUBIO, JOSE MANUEL (Secretario/a)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Vogal)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Presidente/a)
CASTRO TUBIO, JOSE MANUEL (Secretario/a)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Vogal)
Tecnoloxía Organ-on-a-chip e as súas aplicacións en enfermidades neurodexenerativas
Autoría
A.T.G.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
A.T.G.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 12:30
17.07.2025 12:30
Resumo
As enfermidades neurodexenerativas teñen unha elevada incidencia e prevalencia na poboación. O seu crecemento é exponencial, debido ao aumento da esperanza de vida, xa que, o envellecemento é o principal factor de risco para desenvolver este tipo de patoloxías. Por iso, a investigación e o desenvolvemento de novas metodoloxías para tratar de comprender a etioloxía e os mecanismos destas enfermidades ou a mellora de estratexias farmacolóxicas para os pacientes supón un desafío para a comunidade científica. Unha das cuestións máis relevantes é o perfeccionamento dos modelos de enfermidade tanto os modelos in vitro ou in vivo. Neste contexto, hai aproximadamente 15 anos, nacen os organ-on-a-chip, como ferramenta metodolóxica innovadora que ofrece novas posibilidades para abordar as devanditas enfermidades e exporse como método complementario aos xa existentes. Este traballo ten como obxectivo describir en profundidade a tecnoloxía organ-on-a-chip, determinar a súa aplicabilidade no campo da neurociencia e contrastar a información cun investigador referente no campo. Para iso realizouse unha revisión bibliográfica apoiándose en publicacións recollidas nas bases de datos PubMed e Google Scholar entre os anos 2015-2025 e unha entrevista ao Prof. Josep M. Canals Coll. Os resultados obtidos indican que os organ-on-a-chip son dispositivos tridimensionais que combinan microfluídica cunha gran variedade de tipos celulares. Son modelos versátiles, dinámicos, reproducibles e estandarizables para o replicado de enfermidades neurodegenerativas uni/multifactoriais. Actualmente, pódense considerar unha ferramenta complementaria en estudos de biotoxicidade e seguridade farmacolóxica xunto aos modelos animais, aínda que, sen dúbida son unha perspectiva de futuro moi prometedora, para a industria farmacéutica aínda presentan importantes limitacións para esta abordaxe.

DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
LOPEZ LOPEZ, ANDREA Cotitoría
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
LOPEZ LOPEZ, ANDREA Cotitoría
Tribunal
FIGUEIRAS GUZMAN, ADOLFO (Presidente/a)
Pozo Míguez, Iago (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
FIGUEIRAS GUZMAN, ADOLFO (Presidente/a)
Pozo Míguez, Iago (Secretario/a)
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Vogal)
Expresión de proteínas asociadas a seipina en fibroblastos primarios de pacientes con PELD
Autoría
G.V.A.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
G.V.A.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 12:30
17.07.2025 12:30
Resumo
As lipodistrofias constitúen un conxunto de enfermidades raras, caracterizadas pola perda anormal e progresiva de tecido adiposo. A lipodistrofia conxénita xeneralizada de tipo 2 está causada por variantes no xene BSCL2, responsable de codificar a proteína seipina, e está estreitamente asociada coa encefalopatía de Celia, unha enfermidade neurodexenerativa infantil. A expresión e detección precisas da seipina son tecnicamente complexas. O obxectivo principal deste traballo é desenvolver un método eficaz e fiable para avaliar a expresión e detección da seipina en fibroblastos primarios derivados de pacientes con encefalopatía de Celia, co fin de afondar na súa función e papel patolóxico. Para este propósito, establecéronse cultivos primarios de fibroblastos de tres pacientes e un suxeito de control. Posteriormente, realizouse a extracción e cuantificación de proteínas, así como a comparación de dous sistemas de transferencia de Western blot: o método tradicional e o sistema Bis-Tris. Ademais, avaliáronse varios anticorpos comerciais, xunto con dous anticorpos personalizados, para determinar cal permitiría cuantificar de forma fiable a seipina. Os resultados indicaron que o sistema Bis-Tris proporciona unha maior eficiencia e que só un dos anticorpos (LI International Short Antigen, específico para a isoforma mutada) permitiu a identificación das bandas proteicas esperadas.

Epixenética do estrés: mecanismos e evidencia de transmisión xeracional
Autoría
J.V.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
J.V.C.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
Os factores ambientais poden inducir modificacións epixenéticas que alteran a expresión xénica sen cambiar a secuencia do ADN, destacando o estrés polo seu impacto actual na saúde mental. Sempre que escapen aos dous procesos de reprogramación na liña xerminal en cada xeración, as modificacións poden afectar tanto interxeracional como transxeracionalmente, o que podería contribuír á predisposición a trastornos psicolóxicos en xeracións futuras. Desta forma, explórase a aceptación xeralizada de que o estrés deixa unha pegada epixenética que afecta ás xeracións posteriores, analizando a evidencia dispoñible, os mecanismos moleculares implicados (metilación do ADN, modificación de histonas e ARN non codificante) e o seu funcionamento, así como os factores que condicionan a súa aparición e transmisión. A revisión bibliográfica mostra que a exposición a factores ambientais durante xanelas de vulnerabilidade, onde o epixenoma é especialmente sensible, incrementa a probabilidade de que as modificación epixenéticas afecten á liña xerminal. Con todo, mentres que os estudos revisados fundamentan a herdanza epixenética interxeracional tanto en modelos animais como en humanos, só un experimento en ratas achega probas moleculares directas dunha transmisión epixenética transxeracional provocada polo estrés.

Análise in silico da expresión de reguladores epitranscriptómicos na proxeria (HGPS) e xeración dunha ferramenta molecular para o seu estudo in vitro
Autoría
P.V.I.
Grao en Bioloxía (3ªed)
P.V.I.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
O Síndrome de Proxeria de Hutchinson-Guilford (HGPS), unha enfermidade rara de envellecemento prematuro, posicionouse como un prometedor modelo para o estudio do envellecemento fisiolóxico durante as últimas décadas. Ó mesmo tempo, durante os últimos anos, avances tecnolóxicos impulsaron o estudio das modificacións químicas do ARN no transcriptoma (epitranscriptómica), demostrándose a súa relación con moitas patoloxías. Así pois, neste traballo, analizáronse as diferencias na expresión global e de reguladores epitranscriptómicos entre fibroblastos de pacientes con HGPS e pacientes novos e sans. Para isto, realizouse unha análise bioinformática empregando datos de secuenciación masiva de ARN previamente publicados. Atopouse unha expresión diferencial significativa nos modificadores de ARN ADARB1, THUMPD2 e TRMT9B, que se propoñen como candidatos con potencial para o estudo da proxeria e o envellecemento. Para facilitar posteriores estudos in vitro, a parte final deste traballo centrouse na xeración dunha ferramenta molecular de expresión transitoria de proxerina: a isoforma aberrante da lámina A causante da HGPS.

FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Titoría)
GUALLAR ARTAL, DIANA Cotitoría
FIDALGO PEREZ, MIGUEL ANGEL (Titoría)
GUALLAR ARTAL, DIANA Cotitoría
Tribunal
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Presidente/a)
PORTEIRO COUTO, BEGOÑA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Presidente/a)
PORTEIRO COUTO, BEGOÑA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
Xeracion dun mutante por delecion do xene tssM2 do sistema de secrecion tipo VI T6SS en Vibrio europaeus mediante mutaxenese dirixida para o estudo funcional do sistema
Autoría
J.V.L.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
J.V.L.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
16.07.2025 10:30
16.07.2025 10:30
Resumo
Actualmente, os criadeiros de bivalvos constitúen unha das principais actividades acuicolas, fundamentais para satisfacer a crecente demanda de alimentos. Sen embargo, o desenvolvemento deste sector vese comprometido pola aparicion de brotes infecciosos como son vibrioses, provocadas por bacterias do xenero Vibrio que causan elevadas taxas de mortalidade nos cultivos larvarios, como o patoxeno emerxente Vibrio europaeus. Describiuse previamente que o seu xenoma inclue dous tipos de sistemas de secrecion de tipo VI, T6SS1 e T6SS2, implicados na competencia interbacteriana e na citotoxicidade, respectivamente, ainda que o seu papel funcional non esta caracterizado. Polo tanto, o presente traballo propón a xeracion dun mutante xenetico por delecion do xene tssM2, codificante dunha proteina estrutural esencial para o funcionamento do T6SS2, mediante unha tecnica de intercambio alelico en duas etapas baseada nunha dobre recombinacion homologa. Para iso, construise un plasmido suicida recombinante chamado pSW7848T PC19 mediante ensamblaxe Gibson, portador dos flancos homologos ao xene diana. O constructo foi validado mediante PCR, dixestion con BamH1 e secuenciacion Sanger, transformado e amplificado en Escherichia coli pi 3813 e posteriormente mobilizado a Vibrio europaeus mediante conxugacion coa cepa doadora Escherichia coli beta 3914. Realizouse a seleccion dos merodiploides con cloranfenicol, primeira recombinacion homologa, e a resolucion final empregando arabinosa para inducir a excision e perda do plasmido, segunda recombinacion homologa, xerando mutantes knock out por delecion limpos. A delecion do xene confirmouse mediante analise fenotipica, PCR con cebadores externos e secuenciacion Sanger do xenoma do mutante. O mutante delta tssM2 xerado constitúe unha ferramenta molecular clave que serve como base para a realizacion de futuros estudos funcionais sobre o papel do T6SS2 na virulencia, patoxenicidade e competencia interbacteriana en Vibrio europaeus, contribuindo ao desenvolvemento de estratexias preventivas fronte as vibrioses na acuicultura.

DUBERT PEREZ, JAVIER (Titoría)
VENCES LORENZO, ANA Cotitoría
DUBERT PEREZ, JAVIER (Titoría)
VENCES LORENZO, ANA Cotitoría
Tribunal
López Romalde, Jesús Ángel (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
GARCIA JARES, CARMEN MARIA (Vogal)
López Romalde, Jesús Ángel (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
GARCIA JARES, CARMEN MARIA (Vogal)
Estudo de protozoos entéricos na perdiz de patas vermellas (Alectoris rufa Linnaeus, 1758)
Autoría
L.V.M.
Grao en Bioloxía
L.V.M.
Grao en Bioloxía
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Investigouse a presenza de Eimeria, Cryptosporidium e Giardia no contido intestinal de 22 exemplares de perdiz vermella (Alectoris rufa Linnaeus, 1758) procedentes de dous coutos de caza en Galicia. As mostras homoxeneizáronse individualmente nun morteiro, filtráronse e concentráronse por centrifugación en tampón fosfato saíno 0,04 M pH 7,2/éter dietílico (2:1). Alícuotas de 10 microL dos sedimentos obtidos observáronse baixo microscopía de campo claro. Paralelamente, 50 microL dos sedimentos sometéronse a unha técnica de inmunofluorescencia directa para detectar oo/quistes de Cryptosporidium e Giardia. Ademais, a partir de 200 microL dos sedimentos estraxéronse ácidos nucleicos e aplicouse unha técnica de reacción en cadea da policía (PCR) para amplificar fragmentos do xenio SSU-rRNA de Eimeria (420 pb), Cryptosporidium (587 pb) e Giardia (175 pb). Así, nas 22 mostras analizadas, detectouse Eimeria en 14 (63,6%), identificando Eimeria chapmani, Eimeria hargisi, Eimeria kofoidi, Eimeria lexionensis e unha especie de Eimeria similar a Eimeria maxima. Cryptosporidium parvum atopouse en tres mostras (13,6%) e o posterior análise por PCR e secuenciación dun fragmento do xenio que codifica a GP60 permitiu a identificación dos subtipos zoonósicos IIaA15G2R1 e IIaA16G3R1. Todos os intentos de amplificar Xiarda nas mostras resultaron infrutuosos. Este estudo contribúe ao coñecemento sobre Eimeria e Cryptosporidium en especies galiformes silvestres, caracterizando molecularmente por primeira vez varias especies de Eimeria e C. parvum en A. rufa en España. Por outra parte, a presenza dos subtipos zoonósicos de C. parvum na perdiz vermella demostra a ampla distribución deste apicomplexo en animais en liberdade e pon de manifesto o posible papel desta ave na transmisión da cryptosporidiosis.

ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Titoría)
COUSO PEREZ, SEILA Cotitoría
ARES MAZAS, MARIA ELVIRA (Titoría)
COUSO PEREZ, SEILA Cotitoría
Tribunal
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Presidente/a)
PORTEIRO COUTO, BEGOÑA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
LEMOS RAMOS, MANUEL LUIS (Presidente/a)
PORTEIRO COUTO, BEGOÑA (Secretario/a)
Rodriguez Diaz, Miguel Angel (Vogal)
Alteracións na barreira hematoencefálica (BHE) na caquexia asociada ao cancro.
Autoría
L.V.V.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
L.V.V.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
A caquexia asociada ao cancro é un síndrome multifactorial que altera o estado metabólico do paciente. A resposta inflamatoria sistémica inducida polo tumor pode afectar á integridade da barreira hematoencefálica (BHE) orixinando unha desregulación do sistema nervioso central que contribúe á progresión da caquexia. Comprender a relación entre a caquexia asociada ao cancro e a BHE podería contribuír a mellorar o seu manexo clínico e reducir as súas posibles complicacións neurolóxicas. A hipótese do traballo expón que un modelo in vitro sinxelo de BHE permite estudar as alteracións inducidas polos factores circulantes presentes no soro de ratos con caquexia inducida por cancro. O obxectivo deste traballo foi avaliar o efecto destes soros sobre a estrutura da BHE. Para isto, utilizouse un modelo in vitro de BHE baseado en células bEnd.3 que foron tratadas con soros de ratos con carcinoma pulmonar de Lewis ou soros de ratos control. Avaliouse a viabilidade celular empregando 3-(4,5-dimetiltiazol-2-il)-2,5-difeniltetrazol (MTT), a produción de especies reactivas de osíxeno (ERO) mediante citometría de fluxo, as alteracións na estrutura da barreira endotelial mediante a determinación da resistencia eléctrica transendotelial (TEER) e a expresión de proteínas de unións estreitas (TJs) mediante Western blot. Os principais resultados indican que, á concentración utilizada, os soros procedentes de ratos con caquexia non inducen unha diminución significativa da viabilidade celular e non provocan un aumento significativo na produción ERO, aínda que tenden a reducir a TEER tras exposicións prolongadas das células endoteliais, pero sen xerar cambios significativos na expresión de proteínas de unión estreita. Por tanto, a hipóteses non puido validarse de forma definitiva, senón que se precisan estudos con maior potencia estatística empregando diferentes concentracións de soro para obter resultados máis concluíntes.

VIÑA CASTELAO, MARÍA DOLORES (Titoría)
SEÑARIS RODRIGUEZ, ROSA MARIA Cotitoría
VIÑA CASTELAO, MARÍA DOLORES (Titoría)
SEÑARIS RODRIGUEZ, ROSA MARIA Cotitoría
Tribunal
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
CSABA , NOEMI STEFANIA (Vogal)
MARTINEZ COSTAS, JOSE MANUEL (Presidente/a)
GARCIA FANDIÑO, REBECA (Secretario/a)
CSABA , NOEMI STEFANIA (Vogal)
Avaliación da actividade antiviral dos distintos líquidos iónicos fronte ao virus da necrose nerviosa viral (NNV) e ao virus da viremia primaveral da carpa (VVPC)
Autoría
M.M.V.B.
Grao en Bioloxía (3ªed)
M.M.V.B.
Grao en Bioloxía (3ªed)
Data da defensa
18.07.2025 10:00
18.07.2025 10:00
Resumo
Os líquidos iónicos (ILs) son compostos formados exclusivamente por ións, con propiedades fisicoquímicas que os fan potencialmente útiles en aplicacións biomédicas. Neste traballo avaliouse a actividade antiviral de dous líquidos iónicos, Betaína TFSI e AMIM Cl, fronte a dous virus relevantes na acuicultura: o virus da necrose nerviosa viral (NNV), sen envoltura, e o virus da viremia primaveral da carpa (VVPC), un virus con envoltura. Realizáronse ensaios de citotoxicidade en liñas celulares específicas, así como probas de inhibición da adsorción e da replicación viral. Os achados demostran que algúns líquidos iónicos teñen capacidade para interferir no ciclo replicativo viral, o que suxire o seu potencial como ferramentas innovadoras para o control de enfermidades infecciosas no ámbito acuícola.

SOUTO PEREIRA, SANDRA Cotitoría
BANDIN MATOS, MARIA ISABEL (Titoría)
SOUTO PEREIRA, SANDRA Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
González Blanco, Miguel (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
DUBERT PEREZ, JAVIER (Secretario/a)
González Blanco, Miguel (Vogal)
Multimerización de epítopos da glicoproteína de HIV xeradores de anticorpos amplamente neutralizantes con IC-Tagging
Autoría
N.V.A.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
N.V.A.
Grao en Biotecnoloxía (2ªed)
Data da defensa
17.07.2025 12:30
17.07.2025 12:30
Resumo
O virus da inmunodeficiencia humana (HIV) continúa sendo un dos principais retos no ámbito da saúde pública mundial, debido á súa alta variabilidade xenética e á dificultade para desenvolver unha vacina eficaz. Un dos enfoques máis prometedores céntrase na indución de anticorpos amplamente neutralizantes (BNAs), capaces de recoñecer epítopos conservados da glicoproteína da envoltura do virus. Porén, estes epítopos presentan unha baixa inmunoxenicidade que limita a súa capacidade de indución dunha resposta inmune efectiva. Neste traballo desenvolveuse un sistema baseado na tecnoloxía IC-Tagging, adaptada para favorecer a multimerización dos epítopos e mellorar a súa presentación ao sistema inmunitario. Para ilo, deseñáronse dúas construcións que conteñen epítopos do HIV recoñecidos por BNAs, que se expresaron empregando o sistema de expresión de baculovirus en células de insecto e que se encapsularon nas esferas formadas polo sistema. A produción dos baculovirus recombinantes realizouse a partir de bácmidos verificados por PCR e a expresión das proteínas foi confirmada mediante SDS-PAGE, Western Blot e inmunofluorescencia. A análise dos resultados confirmou a correcta expresión das proteínas de interese e a súa encapsulación eficiente nas esferas formadas pola proteína muNS-Mi e sec-muNS-Mi. Estes resultados validan o sistema IC-Tagging como unha plataforma eficaz para a multimerización de epítopos, establecendo así as bases para futuros desenvolvementos de inmunóxenos máis potentes fronte ao virus da inmunodeficiencia humana.