As prácticas favorecen a adquisición de competencias que preparan para o exercicio de actividades profesionais, facilitan a empregabilidade e fomentan a capacidade de emprendemento.
Poderán obterse 9 ECTS por recoñecemento académico pola realización de prácticas externas relacionadas coa titulación.
Para configurar a oferta das prácticas adaptáronse ao vixente plan de estudos da licenciatura en Dereito os convenios que a Universidade de Santiago de Compostela ten subscritos na actualidade para desenvolver o Prácticum externo en empresas e outras entidades.
O plan de estudos do Grao en Criminoloxía contempla a realización dun Prácticum obrigatorio de 16,5 créditos.
O obxectivo fundamental é que o alumnado desenvolva as competencias adquiridas en materias do Grao a través da súa inmersión nun contorno laboral representativo do seu contexto profesional futuro.