Ir o contido principal

TFG

Os Graos conclúen coa elaboración e defensa dun Traballo de fin de grao (TFG) que deberá realizarse na fase final dos estudos e estará orientado á avaliación das competencias asociadas ao título.

O TFG consistirá na elaboración dun traballo académico orixinal no que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados nas titulacións de grao e incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, redacción, presentación e defensa.

O Traballo de fin de grao en Dereito ten unha carga lectiva de 6 ECTS e o TFG en Criminoloxía unha de 9 ECTS.

TFG Dobre Grao en Dereito e en Relacións Laborais e Recursos Humanos

Traballos de Fin de Grao do centro
Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.10.2024.