Ir o contido principal

A USC participa no II Congreso Nacional de Proxectos Fin de Grao de Farmacia

Cartel do congreso
Cartel do congreso
Desenvolverase os días 17 e 18 de xullo en Zaragoza
Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela forma parte do comité científico do II Congreso Nacional de Proxectos Fin de Grao de Farmacia que terá lugar os días 17 e 18 de xullo en Zaragoza organizado pola Cátedra TEVA da Universidade San Jorge.

Este encontro científico pretende dar difusión ás investigacións do estudantado nas diferentes áreas do grao en Farmacia nas Universidades españolas, públicas ou privadas. O prazo para o envío de resumes comeza o 12 de maio e finaliza o 15 de xuño. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.05.2025.