Elaboración e ensaios in vitro de nanopartículas de protamina para liberación de fármacos e a súa asociación con microcápsulas de pole.Traballo fin de máster
Autoría
I.M.R.
Máster Universitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía

Data da defensa
16.07.2024 10:30
16.07.2024 10:30
Resumo
A tuberculose é unha enfermidade pulmonar que ten unha taxa de mortalidade elevada en todo o mundo. Actualmente, as terapias con antibacterianos teñen dous problemas. Un, ao seren administrados oralmente prodúcense efectos secundarios sistémicos evitables se foran de administración pulmonar. Dous, na actualidade está aumentando o número de bacterias resistentes a antibióticos, sendo o Mycobacterium tuberculosis unha delas. Esta bacteria, responsable da tuberculose, infecta e réplica preferentemente dentro dos macrófagos pulmonares. Como unha posible estratexia antibacteriana, formuláronse nanocápsulas (NCs) de protamina cargadas con rifabutina, un fármaco antituberculoso. Asociando estas NCs a un vehículo adecuado, pódense chegar a administrar por vía pulmonar. O vehículo que se elixiu baséase en grans de pole de camomila (Matricaria chamomilla) purificados, seguindo un protocolo de purificación deseñado polo grupo investigador. Os sistemas de liberación caracterizáronse en canto ás súas propiedades fisicoquímicas e avaliouse a súa interacción co sistema inmunitario. Nestes estudos observouse que non hai activación das células dendríticas cando entran en contacto cos grans de pole purificados e semi-purificados. Ademais, os grans de pole son capaces de aumentar a internalización das nanocápsulas nos macrófagos RAW 264.7, sendo estes grans de pole un bo vehículo que actúa en diferentes etapas da administración e liberación da formulación.

Dirección
CSABA , NOEMI STEFANIA (Titoría)
CSABA , NOEMI STEFANIA (Titoría)
Tribunal
DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
González Fernández, Pío Manuel (Vogal)

Desenvolvemento de sistemas de nanopartículas para a administración de axentes antitumorales mediante ferramentas de Intelixencia Artificial.
Autoría
A.A.L.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
A.A.L.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
Data da defensa
15.07.2024 09:20
15.07.2024 09:20
Resumo
Coa finalidade de obter tratamentos máis eficaces e personalizados, a industria farmacéutica segue apostando polo desenvolvemento de novos fármacos que combinen diferentes áreas de coñecemento como a bioloxía celular e molecular, as ciencias dos materiais, as ciencias farmacéuticas e a medicina. A nanotecnoloxía irrompe neste contexto, ofrecendo a posibilidade de desenvolver sistemas avanzados de administración de fármacos. Os sistemas de nanopartículas son unha tecnoloxía multifuncional polo seu deseño que permite a incorporación de diferentes modalidades terapéuticas, e a posibilidade de ser empregadas do mesmo xeito no diagnóstico e seguimento da resposta aos tratamentos médicos. Para a fabricación dos NLC de portadores lipídicos nanoestruturados, seleccionáronse como compoñentes lipídicos Compritol 888 ATO e Transcutol P, debido á alta solubilidade do fármaco B Lapachona neles, e Tween80 e lecitina como surfactantes. Utilizouse a combinación de redes neuronais artificiais ANN e sistemas de lóxica difusa para obter a lóxica neurodifusa da NFL que permite obter información sinxela sobre grandes conxuntos de datos en forma de linguaxe escrita. O obxectivo deste traballo é explorar o espazo de deseño de NLC, como portadores do antitumoral B Lapachona. O obxectivo é modelizar os efectos das variables que interveñen no proceso de produción de NLC sobre as características dos sistemas, coñecer as posibilidades de encapsular este fármaco e, en definitiva, atopar a combinación máis axeitada para obter NLCs con distribucións homoxéneas. A pesar da variabilidade dos resultados producidos polos NLC formulados en cada variable estudada, permitiron validar a aplicabilidade da NFL no deseño de NLCs cargados con B Lapachona.

LANDIN PEREZ, MARIANA (Titoría)
ROUCO TABOADA, HELENA Cotitoría
LANDIN PEREZ, MARIANA (Titoría)
ROUCO TABOADA, HELENA Cotitoría
Tribunal
Laguna Francia, Mª de los Reyes (Presidente/a)
DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Vogal)

Aeroxeles de metilcelusosa cargados con curcumina para tratamento de feridas
Autoría
C.A.S.F.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
C.A.S.F.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
Data da defensa
15.07.2024 13:20
15.07.2024 13:20
Resumo
Os aeroxeles son materiais porosos e ultralixeiros que se presentan como unha opción prometedora no tratamento de feridas. Os mesmos, especialmente os de base biolóxica como por exemplo os derivados da celulosa, presentan propiedades únicas como alta permeabilidade e biocompatibilidade, creando un contorno ideal para a rexeneración tisular. A preparación de aeroxeles mediante secado con CO2 supercrítico, é un método ecolóxico e seguro que permite desenvolver estruturas tridimensionais con propiedades texturais axeitadas para aplicacións biomédicas. A incorporación nestes aeroxeles de compostos activos como a curcumina, un polifenol con propiedades antioxidantes e antiinflamatorias, ofrece un enfoque innovador para mellorar a rexeneración tisular e reducir as complicacións vinculadas ás feridas. Neste traballo fabricáronse aeroxeles de metilcelulosa cargados con curcumina empregando a técnica de secado con CO2 supercrítico. Á súa vez, explorouse a esterilización dos materiais con CO2 supercrítico, avaliando o seu impacto nas propiedades texturais e a actividade antioxidante da curcumina. Desta maneira estableceuse o protocolo óptimo de preparación considerando a orde dos pasos e o método de esterilización máis axeitado.

GARCIA GONZALEZ, CARLOS ALBERTO (Titoría)
López Iglesias, Clara Cotitoría
Iglesias Mejuto, Ana Cotitoría
GARCIA GONZALEZ, CARLOS ALBERTO (Titoría)
López Iglesias, Clara Cotitoría
Iglesias Mejuto, Ana Cotitoría
Tribunal
Laguna Francia, Mª de los Reyes (Presidente/a)
DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Vogal)
Laguna Francia, Mª de los Reyes (Presidente/a)
DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Vogal)
Nanopartículas lipídicas sólidas e microcápsulas de esporopolenina para administración pulmonar dos antibióticos isoniazida e rifabutina
Autoría
A.E.L.
Máster Universitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía
A.E.L.
Máster Universitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía
Data da defensa
16.07.2024 13:00
16.07.2024 13:00
Resumo
A tuberculose (TB), causada por Mycobacterium tuberculosis, é unha das principais causas de mortalidade a nivel global, o que resalta a urxencia de desenvolver novos tratamentos para esta enfermidade infecciosa. A administración pulmonar de antibióticos anti-TB representa unha alternativa prometedora á administración oral tradicional, xa que permite a súa chegada directamente aos macrófagos alveolares (MA), onde residen principalmente os bacilos de M. tuberculosis. Este estudo centra o seu obxectivo no desenvolvemento de nanopartículas lipídicas sólidas (SLNS) e no uso de microcápsulas de esporopolenina obtidas por purificación do polen de Matricaria chamomilla, cargadas con isoniazida (INH) e rifabutina (RFB), dous antibióticos clave no tratamento da TB, para a administración destes antibióticos anti-TB directamente ao pulmón. Primeiramente, optimizouse o proceso de purificación do polen e preparáronse as SLNS, realizándose unha caracterización fisicoquímica e morfolóxica de ambos os sistemas. Posteriormente, encapsuláronse os fármacos utilizando métodos como a incubación e a rotaevaporación, determinándose a eficiencia de encapsulación (E.E.), a carga de fármaco (D.L.) e o porcentaxe de liberación. Con todas as formulacións elaboradas, obtívose unha liberación inicial rápida e unha liberación lenta e exponencial a partir das 4 horas, ata as 48 horas. Ademais, os porcentaxes de E.E. e D.L. foron altos. Adicionalmente, realizaronse probas en células de macrófagos para avaliar a eficacia do tratamento proposto, comprobándose que ningunha das formulacións deseñadas é tóxica para os macrófagos e que houbo unha alta captación das formulacións por parte destes.

REMUÑAN LOPEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
REMUÑAN LOPEZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Tribunal
DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
González Fernández, Pío Manuel (Vogal)
DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
González Fernández, Pío Manuel (Vogal)
Desenvolvemento de modelos de tumores artificiais de cancro de mama para avaliar a eficacia de fármacos antitumorais
Autoría
U.G.D.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
U.G.D.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
Data da defensa
15.07.2024 10:20
15.07.2024 10:20
Resumo
O papel que xoga a matriz extracelular (MEC) no desenvolvemento de tumores de mama e na resistencia a fármacos motiva a creación de modelos 3D capaces de replicar as súas características. Neste estudo, fabricamos microesferas de hidroxeles con núcleo-cuberta a partir de pre-xeles de alxinato, xelatina e coláxeno I (Col1) por extrusión a través dunha agulla coaxial. As células de cancro de mama (CCMs) foron capaces de proliferar en todos os prototipos deseñados, formando esferoides e agregados de células. A adición de Col1 aos hidroxeles aumenta a expresión de marcadores de malignidade (Col1A1, HAS2, LAMB1, CDH1, YAP1 e WWTR1) en células MCF-7 e potencia a formación de invadopodia (HIF1a, WASL e BACT). Ademais, os hidroxeles deseñados mostraron unha maior resistencia á doxorubicina, converténdoos en bos candidatos como modelos de cancro de mama para o cribado de axentes quimioterápicos e fármacos.

ALVAREZ LORENZO, CARMEN ISABEL (Titoría)
BLANCO FERNANDEZ, BARBARA Cotitoría
ALVAREZ LORENZO, CARMEN ISABEL (Titoría)
BLANCO FERNANDEZ, BARBARA Cotitoría
Tribunal
Laguna Francia, Mª de los Reyes (Presidente/a)
DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Vogal)
Laguna Francia, Mª de los Reyes (Presidente/a)
DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Vogal)
Nanodiagnóstico Molecular Temprano de Tumores Cerebrales usando Inmuno-PET
Autoría
J.R.O.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
J.R.O.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
Data da defensa
15.07.2024 13:00
15.07.2024 13:00
Resumo
O glioblastoma (GBM) é o tumor cerebral máis común e destrutivo, caracterizado por unha supervivencia media de 12 a 15 meses. Os enfoques terapéuticos actuais, que inclúen cirurxía seguida de quimioterapia e radiación, a miúdo son ineficaces debido ao desafío de cruzar a barreira hematoencefálica (BHE), que impide que máis do 98% dos medicamentos quimioterapéuticos cheguen ao cerebro. Esta barreira non só complica o tratamento, senón que tamén dificulta o diagnóstico nas primeiras etapas do GBM. Recentemente, a técnica de inmuno-PET emerxeu como unha ferramenta de imaxe prometedora enfocada na selectividade tumoral dos anticorpos monoclonais (mAbs), medindo de forma directa a expresión destes no tecido tumoral in vivo. Este estudo céntrase no deseño racional de dúas nanoemulsións (NEs) prometedoras como nanovehículos capaces de cruzar a BHE e dirixirse ás células do GBM. Ademais, estas NEs poden ser radiomarcadas para lograr un diagnóstico temperán do GBM mediante inmuno-PET. Tras avaliar as súas propiedades fisicoquímicas, estabilidade e eficiencia do radiomarcaxe, os resultados indican que as NEs deseñadas mostran potencial como vehículos para a entrega dirixida de axentes de diagnóstico e terapéuticos no GBM. Estes achados abren o camiño para unha maior exploración das estratexias baseadas en nanovehículos, que ao combinarse con técnicas avanzadas de imaxe como o inmuno-PET, poderían xerar un tratamento eficiente do GBM.

ALONSO FERNANDEZ, MARIA JOSEFA (Titoría)
Aguiar Fernández, Pablo Cotitoría
ALONSO FERNANDEZ, MARIA JOSEFA (Titoría)
Aguiar Fernández, Pablo Cotitoría
Tribunal
Laguna Francia, Mª de los Reyes (Presidente/a)
DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Vogal)
Laguna Francia, Mª de los Reyes (Presidente/a)
DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Vogal)
Micropartículas con fármacos senolíticos para o tratamento da osteoartrite
Autoría
A.A.L.L.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
A.A.L.L.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
Data da defensa
15.07.2024 12:00
15.07.2024 12:00
Resumo
A osteoartrite (OA) é unha enfermidade dexenerativa da cartilaxe articular que causa dor, inflamación e inmobilidade. Actualmente, o tratamento céntrase en aliviar os síntomas mediante terapia antiinflamatoria, sen abordar as causas subxacentes da patoloxía. Evidencias recentes suxiren que a senescencia celular dos condrocitos, que detén o ciclo celular e libera citocinas destrutivas, podería ser un factor clave na OA. En estudos in vivo descubriuse que o fenofibrato, un fármaco usado para tratar a dislipidemia, reduce a viabilidade dos condrocitos senescentes e mellora a degradación da cartilaxe. Non obstante, a súa baixa biodisponibilidade e a rápida eliminación das articulacións limitan a súa eficacia. Este estudo propón a síntese de micropartículas poliméricas PLGA para liberar fenofibrato de forma sostida na articulación. Preparáronse dúas formulacións de PLGA con diferentes combinacións de peso láctico e glicólico e molecular que encapsularon eficazmente o fenofibrato. Estas formulacións presentaron propiedades fisicoquímicas compatibles coa administración intraarticular. Ademais, avaliouse o impacto da esterilización da radiación gamma nestas formulacións, observando os cambios na estrutura da matriz e a taxa de liberación do fármaco. Finalmente, comprobouse mediante estudos in vitro en condrocitos humanos que as micropartículas mantiñan a actividade farmacolóxica observada co fármaco libre, demostrando o seu potencial terapéutico para a OA.

DIAZ RODRIGUEZ, PATRICIA (Titoría)
DIAZ RODRIGUEZ, PATRICIA (Titoría)
Tribunal
Laguna Francia, Mª de los Reyes (Presidente/a)
DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Vogal)
Laguna Francia, Mª de los Reyes (Presidente/a)
DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Vogal)
Comparación de Dous Métodos de Fabricación de Nanopartículas de PLGA e Evaluación da Eficiencia Fototérmica de Nanoshells de Au e Nanopartículas de PLGA con ICG
Autoría
L.V.C.
Máster Universitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía
L.V.C.
Máster Universitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía
Data da defensa
16.07.2024 12:30
16.07.2024 12:30
Resumo
A nanomedicina é un campo emerxente que combina a nanotecnoloxía e as ciencias biomédicas co fin de aproveitar as propiedades existentes na nanoescala para innovar no coidado da saúde, permitindo a detección precoz e mellorando o tratamento e seguimento de enfermidades complexas como o cancro. Isto débese a que a nanotecnoloxía manipula a materia a nivel atómico, creando nanomateriais con propiedades que non existen na escala macroscópica e/ou dando lugar a fenómenos descoñecidos. Dentro destes, as nanopartículas (NPs) fotoactivables, como as nanoshells de ouro (Au) e as NPs de PLGA que incorporan a sonda verde de indocianina (ICG), son claves nos tratamentos térmicos activados con láser ao converter a enerxía luminosa en enerxía térmica, ademais de ser empregados na liberación controlada de fármacos. Para a súa síntese é de interese a técnica microfluídica, que ofrece uniformidade e precisión, superando as limitacións que presentan os métodos convencionais como a síntese en batch, e destacando pola posibilidade de produción continua e escalabilidade. Estas nanoplataformas permiten o diagnóstico e tratamento de enfermidades mediante fototerapias, como a fototermia e a fotodinámica, e a hipertermia, utilizando luz NIR. O fundamento baséase en que as células tumorais son máis sensibles a temperaturas de 40-45 grados que as células sas, o que permite realizar tratamentos específicos sen danar estas últimas. Este feito, xunto coa integración da microfluídica para a súa obtención, supón un avance significativo de cara a optimizar formulacións e tratamentos.

TABOADA ANTELO, PABLO (Titoría)
TOPETE CAMACHO, ANTONIO Cotitoría
TABOADA ANTELO, PABLO (Titoría)
TOPETE CAMACHO, ANTONIO Cotitoría
Tribunal
DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
González Fernández, Pío Manuel (Vogal)
DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
González Fernández, Pío Manuel (Vogal)
Rápida fabricación de medicamentos personalizados usando unha impresora 3D farmacéutica
Autoría
D.G.G.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
D.G.G.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
Data da defensa
15.07.2024 10:40
15.07.2024 10:40
Resumo
Nas últimas décadas, a medicina personalizada buscou individualizar os tratamentos farmacolóxicos considerando factores como idade, sexo e condicións de saúde dos pacientes. A impresión 3D xorde como ferramenta innovadora para fabricar medicamentos personalizados, axustando doses, formas e perfís de liberación. Este estudo céntrase na tecnoloxía de extrusión de semisólidos (ESS) e a técnica de enchido de moldes (EM) para crear pastillas de melatonina e cannabidiol (CBD). Desenvolvéronse tintas farmacéuticas a base de polietilenglicol (PEG 1450) e outras cunha base comercial (Techna 20SF). Estas tintas foron procesadas nunha impresora 3D farmacéutica para encher moldes e producir pastillas de doses variadas, incluíndo combinacións bicapa de melatonina e CBD. Avaliouse a friabilidade, comportamento térmico, uniformidade de contido en fármaco e perfil de disolución das pastillas producidas. Os resultados indicaron que as pastillas teñen adecuadas propiedades mecánicas durante a manipulación. A análise térmica, respaldada polos resultados de uniformidade de contido, confirmou a estabilidade dos principios activos nas formulacións á temperatura de traballo. A dose de fármaco foi uniforme para as formulacións de melatonina, mentres que para o CBD superou os límites establecidos pola Farmacopea Europea. Os perfís de disolución mostraron unha liberación inmediata dos fármacos, cumprindo cos requirimentos terapéuticos. En conclusión, a técnica de EM combinada con impresoras 3D farmacéuticas e tintas personalizadas permite a produción rápida e automatizada de pastillas con doses precisas e características organolépticas melloradas, contribuíndo á medicina personalizada e á adherencia aos tratamentos farmacolóxicos.

GOYANES GOYANES, ALVARO (Titoría)
GOYANES GOYANES, ALVARO (Titoría)
Tribunal
Laguna Francia, Mª de los Reyes (Presidente/a)
DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Vogal)
Laguna Francia, Mª de los Reyes (Presidente/a)
DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Vogal)
Desenvolvemento dunha plataforma biocompatible para a terapia do cancro
Autoría
Y.H.L.
Máster Universitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía
Y.H.L.
Máster Universitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía
Data da defensa
16.07.2024 10:00
16.07.2024 10:00
Resumo
No presente traballo realizouse a síntese de nanopartículas híbridas para a teragnóstica do cancro. En específico, sintetizáronse e caracterizaron nanopartículas poliméricas de xelatina (GNPs) nas que se encapsuló o fármaco temozolomida, fármaco de primeira xeración utilizado para o tratamento de tumores cerebrais como o glioblastoma, e nanopartículas superparamagnéticas como axente de contraste para bioimagen por resonancia magnética. As nanopartículas superparamagnéticas de óxido de ferro (MNPs) sintetizáronse mediante unha metodoloxía de descomposición térmica de precursores organometálicos. Unha vez realizadas as sínteses das distintas nanopartículas, realizáronse a caracterización estrutural e físicoquímica por distintas técnicas experimentais. Os tamaños hidrodinámicos e a carga superficial determináronse mediante DLS e anenometría láser Doppler, respectivamente. A morfoloxía e o tamaño das partículas analizáronse mediante microscopía electrónica de varrido (SEM) demostrando que teñen un tamaño e estabilidade idónea para aplicacións biomédicas. Ademais, realizouse a análise das propiedades magnetotérmicas como a magnetización de saturación e a temperatura de bloqueo das MNPs encapsuladas en GNPs. Doutra banda, analizouse o perfil de liberación das partículas híbridas creadas empregando unha molécula modelo como é o Vermello de Nilo. Por último, realizáronse estudos biolóxicos in vitro para preliminarmente analizar a viabilidade celular e internalización da plataforma teragnóstica.

VELASCO RODRIGUEZ, BRENDA Cotitoría
TABOADA ANTELO, PABLO (Titoría)
VELASCO RODRIGUEZ, BRENDA Cotitoría
Tribunal
DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
González Fernández, Pío Manuel (Vogal)
DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
González Fernández, Pío Manuel (Vogal)
Impresión 3D de polimprimidos por extrusión directa de po para aumentar a velocidade de disolución de fármacos
Autoría
V.H.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
V.H.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
Data da defensa
15.07.2024 11:20
15.07.2024 11:20
Resumo
A baixa solubilidade de moitos fármacos, especialmente aqueles clasificados como clase II e IV segundo o Sistema de Clasificación Biofarmacéutica (SCB), presenta desafíos significativos na industria farmacéutica debido á súa asociación cunha baixa biodispoñibilidade. O ramipril e a indapamida, ambos de clase II con baixa solubilidade, son exemplos de fármacos que destacan a necesidade de estratexias avanzadas para mellorar a súa eficacia terapéutica. Aínda que se investigaron métodos como a micronización, formación de sales e complexación con ciclodextrinas para aumentar a solubilidade, estes a miúdo presentan problemas de eficacia e custo elevado. Este estudo desenvolveu tintas farmacéuticas que conteñen ramipril e indapamida, impresas cunha impresora 3D farmacéutica usando extrusión directa de po (EDP) para producir polimprimidos. Durante a impresión, formáronse dispersións sólidas amorfas (DSA) dos fármacos a baixas temperaturas para preservar a estabilidade, superando unha limitación clave desta técnica. Análises de difracción de raios X (XRD) e calorimetría diferencial de varrido (DSC) confirmaron a amorfización, mellorando a solubilidade. Ensaios de disolución in vitro demostraron unha liberación bastante rápida e uniforme cun 75% dos fármacos liberados en 45 minutos. Este traballo demostra por primeira vez o potencial da impresión 3D EDP para polimprimidos de liberación inmediata de ramipril e indapamida. Isto podería mellorar tratamentos para pacientes polimedicados, simplificando a administración e aumentando a adherencia. Ademais, a personalización de doses con EDP podería beneficiar especificamente a pacientes con condicións como hipertensión arterial, reducindo riscos de reaccións adversas.

Traballo fin de máster
Autoría
L.O.V.
Máster Universitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía
L.O.V.
Máster Universitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía
Data da defensa
16.07.2024 11:30
16.07.2024 11:30
Resumo
O desenvolvemento de nanopartículas (NPs) que conteñan e imiten estruturas e patróns biolóxicos, actualmente denominadas biomiméticas, ofrece a posbilidade de xerar sistemas que interaccionan específicamente e de forma activa coas células e tecidos. Ditas NPs presentan un gran potencial para dirixirse a dianas biolóxicas onde poderán desempeñar unha función, por exemplo, entrega dun cargo ao interior da célula. Este traballo céntrase no desenvolvemente e estudo de diversas NPs biomiméticas, artificiais (liposomas) ou semi-artificiais directamente derivadas de células (cellsomas[CSMs]) co obxectivo de avaliar a súa capacidade de funcionar como sistemas de entrega celular en base a súa composición biomolecular en comparación con NPs naturais como exosomas. Para isto, estudouse a súa toxicidade e capacidade de internalización en células tumorais de adenocarcinoma (A549). Ademais, foi estudada a encapsulación dunha rede metal-orgánica (MOF) de zirconio (PCN-224) en sistemas biomiméticos como estratexia alternativa de funcionalización. Os resultados mostraron que os sistemas biomiméticos máis exitosis foron aqueles que presentaban unha composición proteica máis parecida ás células diana (exosomas e liposomas enriquecidos con proteínas de membrana). Por últmio, o ensaio de incubación de PCN-224 encapsulado non mostrou diferenzas respecto aos controis máis alá dunha reducción na morte celular. Polo tanto, sería necesario realizar máis experimentos para dterminar os niveis de internalización celular neste caso.

DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Titoría)
Pérez Potti, André Cotitoría
DEL PINO GONZALEZ DE LA HIGUERA, PABLO ALFONSO (Titoría)
Pérez Potti, André Cotitoría
Tribunal
DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
González Fernández, Pío Manuel (Vogal)
DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
González Fernández, Pío Manuel (Vogal)
Nanopartículas lipídicas para el transporte de péptidos a tumores cerebrales
Autoría
M.T.A.B.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
M.T.A.B.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
Data da defensa
23.09.2024 10:00
23.09.2024 10:00
Resumo
O glioblastoma (GB) é un dos tumores cerebrais máis agresivos e invasivos, cunha supervivencia media de aproximadamente un ano na maioría dos casos. A pesar dos recentes avances no seu tratamento, segue sendo unha enfermidade maiormente incurable e cun prognóstico desfavorable. Por esta razón, é crucial desenvolver novas estratexias terapéuticas para combater o GB. Neste estudo, proponse a optimización de nanopartículas (NPs) modificadas cun ligando específico para a barreira hematoencefálica (BHE), co obxectivo de mellorar o seu transporte a través desta barreira. Estas NPs están a ser avaliadas como posibles sistemas de liberación de péptidos con potencial terapéutico para o tratamento do GB. Realizáronse estudos de liberación de péptidos, analizando os tempos de vida media en función da concentración de colesterol ou polietilenglicol (PEG) presentes nas NPs. Ademais, en estudos in vitro, observáronse cambios significativos na captación celular a medida que aumentaba a concentración do ligando dirixido á BHE na formulación das NPs e o tempo de incubación. Estes resultados suxiren que o ligando desempeña un papel crucial na captación por parte das células Neu2A (neuroblastos), C8-D1A (astrocitos) e GL-261 (células de GB), sendo maior a captación nas liñas celulares Neu2A e C8-D1A. Finalmente, nun modelo animal de rato C57BL/6 con GB, estudouse a biodistribución das NPs. Os resultados mostraron que a presenza do ligando nas NPs aumentaba significativamente a súa acumulación no cerebro.

ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Titoría)
Hervella Lorenzo, Pablo Cotitoría
IGLESIAS REY, RAMON Cotitoría
ALVAREZ CASTRO, EZEQUIEL (Titoría)
Hervella Lorenzo, Pablo Cotitoría
IGLESIAS REY, RAMON Cotitoría
Tribunal
Laguna Francia, Mª de los Reyes (Presidente/a)
DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Vogal)
Laguna Francia, Mª de los Reyes (Presidente/a)
DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Vogal)
Desenvolvemento de nanosistemas para a súa aplicación na enfermedade da heteroplasia ósea progresiva.
Autoría
M.E.J.R.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
M.E.J.R.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
Data da defensa
15.07.2024 11:40
15.07.2024 11:40
Resumo
A heteroplasia ósea progresiva é unha enfermedade ósea xenética moi inusual que se describe clinicamente pola formación progresiva de óso extraesquelético, danando o tecido subcutáneo e muscular. Este trastorno é causado por mutacións no xen GNAS, que codifica unha proteína G que xoga un papel fundamental nas diferentes vías de sinalización celular que controlan o desenvolvemento óseo. A deficiencia de dita proteína funcional leva á desregulación na diferenciación das células nai mesenquimais, inducindo unha excesiva osteoindución. Actualmente non existe un tratamento curativo nin paliativo para esta patoloxía, polo que o desenvolvemento de novas formas de tratamento é fundamental para buscar unha solución a esta problemática. Neste proxecto se pretende diseñar nanopartículas híbridas fusoxénicas cargadas cunha proteína para a suplementación coa proteína G. Deste xeito, a liberación intracelular de dita proteína sería capaz de revertir ou diminuír a progresión da enfermedade. Para iso, desenvolvéronse e caracterizáronse as nanopartículas cargadas cunha proteína modelo, de tamaño similar á proteína problema causante da enfermedade, co fin de incubalas en células e caracterizar a súa internalización mediante microscopía. Os resultados mostraron unha correcta internalización das nanopartículas sen producir citotoxicidade, polo que este estudo podería servir como proba de concepto dunha estratexia terapéutica para tratar a heteroplasia ósea progresiva.

Gómez Vaamonde, Rodolfo Cotitoría
DIAZ RODRIGUEZ, PATRICIA (Titoría)
Gómez Vaamonde, Rodolfo Cotitoría
Tribunal
Laguna Francia, Mª de los Reyes (Presidente/a)
DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Vogal)
Laguna Francia, Mª de los Reyes (Presidente/a)
DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Vogal)
Caracterización funcional de moléculas inhibidoras do receptor de coláxeno gpvi en plaquetas
Autoría
M.D.F.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
M.D.F.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
Data da defensa
15.07.2024 09:40
15.07.2024 09:40
Resumo
As enfermidades cardiovasculares son actualmente a principal causa de morte a nivel mundial, provocando a perda de 17,3 millóns de vidas ao ano. No seu desenvolvemento están directamente implicadas as plaquetas; células anucleadas que participan na formación de trombos para manter a hemostase vascular, pero que en circunstancias patolóxicas poden chegar a obstruír os vasos sanguíneos. Debido a que a terapia antitrombótica para a súa prevención e tratamento ten elevados riscos de hemorraxia, é necesaria a investigación de novos fármacos antiagregantes dirixidos a diferentes receptores plaquetarios como, por exepmplo, ao receptor de coláxeno Glicoproteína VI GPVI. Os novos medicamentos poderían previr e tratar a formación patolóxica de trombos de maneira más precisa sen aumentar o risco de sangrado, mellorando a seguridade e eficacia do tratamento antitrombótico e o manexo de enfermidades cardiovasculares graves na clínica. Neste traballo caracterízase a actividade inhibitoria das moléculas SEDN2-22 e SEDN2-28, derivados sintéticos estruturais de SEDN2, molécula identificada previamente polo noso grupo de investigación con capacidade de inhibir GPVI de maneira selectiva. A caracterización será mediante estudos de agregación e spreading de plaquetas e western blot. Os resultados mostran que ambas moléculas son capaces de inhibir a activación plaquetaria mediada por GPVI de forma selectiva. Os resultados obtidos neste traballo son un paso cara a identificación dun novo composto con propiedades farmacolóxicas óptimas capaz de bloquear a activación plaquetaria medida por PGVI, que consiga minimizar os problemas que presenta a terapia antitrombótica actual.

GARCIA ALONSO, ANGEL (Titoría)
GARCIA ALONSO, ANGEL (Titoría)
Tribunal
Laguna Francia, Mª de los Reyes (Presidente/a)
DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Vogal)
Laguna Francia, Mª de los Reyes (Presidente/a)
DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Vogal)
Producción de hidróxeno verde mediante fototermocatálise en fase gaseosa
Autoría
A.C.G.
Máster Universitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía
A.C.G.
Máster Universitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía
Data da defensa
16.07.2024 12:30
16.07.2024 12:30
Resumo
No presente proxecto estúdase a influencia das moléculas metálicas (M-M) de Cu depositadas sobre óxido de cerio (CeO2) para a xeración de H2 a partir da disociación da molécula de auga, mediante water-splitting (WS) fototermocatalítico. Para levar a cabo este traballo vanse estudar diferentes cantidades de Cu M-M depositadas en CeO2, así como dous fluxos de auga diferentes. O H2 producido analízase con cromatografía de gases e espectrometría de masas en liña. Neste estudo obtívose que o catalizador de Cu M-M depositado sobre CeO2 (Cu M-M/CeO2) é 6 veces máis activo para a reacción de WS que o blanco de CeO2, nas mesmas condicións. O catalizador Cu M-M/CeO2 tivo unha producción nas condicións estudadas de 0,340 mg de H2 para o catalizador de menor carga, 0,1%, e de 0,500 mg de H2 para o de maior carga, 1%. Ao diminuír a cantidade de auga, a producción de Cu M-M/CeO2 (carga de 0,1%) descende ata os 0,260 mg de H2. Aínda que o uso das M-M neste tipo de catálise todavía está en desenvolvemento, os resultados deste TFM son un bo indicio de que as melloras que estes novos materiais poden otorgar neste tipo de fotocatálise.

RIVADULLA FERNANDEZ, JOSE FRANCISCO (Titoría)
RIVADULLA FERNANDEZ, JOSE FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
TABOADA ANTELO, PABLO (Presidente/a)
Polavarapu , Lakshminarayana (Secretario/a)
Riveiro Rodríguez, Antonio (Vogal)

Avaliación do uso de cocolitos coma portadores de alendronato en aplicacións óseas
Autoría
G.R.G.V.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
G.R.G.V.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
Data da defensa
23.09.2024 10:20
23.09.2024 10:20
Resumo
A rexeneración do tecido óseo é un proceso complexo que implica múltiples factores celulares e moleculares, e supón un desafío para a medicina rexenerativa. O desenvolvemento de biomateriais implantables con capacidade osteoxénica e incorporando principios activos para a súa liberación local representa unha alternativa axeitada para o manexo de patoloxías óseas como a osteoporose. Neste contexto, os cocolitos, estruturas mineralizadas producidas por organismos mariños como Emiliania huxleyi, compostas principalmente por carbonato de calcio, predentan propiedades favorables para inducir a mineralización ósea. Por outra banda, o alendronato, un fármaco antirresortivo amplamente empregado no tratamento da osteoporose, é coñecido por inhibir a actividade osteoclástica e incrementar a densidade mineral ósea. Este estudo avalía, por primeira vez, o uso de cocolitos como portadores de alendronato, investigando as súas propiedades fisicoquímicas e a súa capacidade para adsorber e liberar o fármaco. Os resultados indican que os cocolitos son capaces de adsorber ata o 70% do alendronato utilizado, aínda que só o 40% do fármaco se libera a tempos curtos, o que suxire unha forte afinidade entre o alendronato e a matriz de carbonato de calcio. Esta afinidade dá lugar a un perfil de liberación controlado que podería ter importantes aplicacións clínicas, facilitando o desenvolvemento de terapias máis efectivas para a rexeneración ósea, ó mellorar a eficiencia dos tratamentos e reducir os efectos secundarios asociados á administración sistémica de bifosfonatos.

DIAZ RODRIGUEZ, PATRICIA Cotitoría
LANDIN PEREZ, MARIANA (Titoría)
DIAZ RODRIGUEZ, PATRICIA Cotitoría
Tribunal
Laguna Francia, Mª de los Reyes (Presidente/a)
DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Vogal)
Laguna Francia, Mª de los Reyes (Presidente/a)
DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Vogal)
Optimización de matrices activadas xeneticamente baseadas en fibrina.
Autoría
C.F.S.
Máster Universitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía
C.F.S.
Máster Universitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía
Data da defensa
16.07.2024 13:30
16.07.2024 13:30
Resumo
As matrices activadas con material xenético (GAMs) xorden como unha mellora ás matrices convencionais. Dentro das GAMs, aquelas baseadas en fibrina son amplamente usadas debido ás súas propiedades viscoelásticas e biocompatibles, pero o seu inconveniente principal é a súa rápida degradación. No presente traballo preténdese comprobar a potencial utilidade da incorporación de quitosano a GAMs baseadas en fibrina, co fin de aumentar a súa resistencia á degradación e a súa perduración no tempo. Incrementando estas propiedades espérase que se favoreza a liberación sostida da proteína recombinante codificada polo material xenético contido na matriz. Probáronse diferentes composicións para a elaboración das matrices e leváronse a cabo nelas un ensaio de viabilidade, un estudo da súa degradación no tempo e, finalmente, analizouse a capacidade transfectiva dos prototipos seleccionados.

GARCIA FUENTES, MARCOS (Titoría)
GARCIA FUENTES, MARCOS (Titoría)
Tribunal
DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
González Fernández, Pío Manuel (Vogal)
DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Presidente/a)
IGLESIAS REY, RAMON (Secretario/a)
González Fernández, Pío Manuel (Vogal)
Hidroxeles a base de péptidos con capacidade de autoensamblaxe para a liberación de fármacos
Autoría
L.G.M.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
L.G.M.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
Data da defensa
15.07.2024 10:00
15.07.2024 10:00
Resumo
Os hidroxeles a base de péptidos están atraendo un interese crecente na área da liberación controlada de fármacos. Especialmente, os péptidos ultracurtos e os anfifílicos, debido a súa versatilidade e biocompatibilidade. Estes péptidos teñen a capacidade de autoensamblarse e co-ensamblarse dando lugar a hidroxeles con estructuras nano-fibrilares. Este traballo céntrase na obtención de hidroxeles a base de dous péptidos con capacidade de autoensamblaxe, un péptido ultracurto, Fmoc-FF e un péptido anfifílico, E3. Estes péptidos combináronse con coláxeno para dar lugar a sistemas de liberación de fármacos antibacterianos útiles no tratamento de infeccións cutáneas. O coensamblaxe entre ambos componentes confirmouse mediante técnicas como DLS, que permite cuantificar cambios no tamaño dos agregados e FTIR, que permite estudar a estructura secundaria das proteínas presentes nos hidroxeles. Os hidroxeles obtidos caracterizáronse tamén en términos de citocompatibilidade, incorporación de coláxeno e capacidade para modular a liberación do antibiótico vancomicina. Os resultados obtidos mostraron que ambas formulacións de hidroxeles incorporan coláxeno de forma eficiente e son capaces de modular a cesión do antibiótico vancomicina. ainda que os hidroxeles de E3/Coláxeno dan lugar a unha cesión máis sostida. En canto a citompatibiidade, a introducción de coláxeno contibúe a incrementar a viabilidade celular das células tratadas cos hidroxeles, obténdose mellores resultados cas formulacións E3/Coláxeno. Finalmente, realizáronse estudos de actividade antibacteriana que demostraron a efectividade dos xeles Fmoc-FF/Coláxeno cargados con vancomicina frente a Staphylococcus aureus. Estes resultados indican a posible utilidade dos sistemas para o tratamento de infeccións producidas por dito patóxeno.

Nanofibras supramoleculares como antimicrobianos de nova xeración
Autoría
A.R.R.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
A.R.R.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
Data da defensa
15.07.2024 12:40
15.07.2024 12:40
Resumo
A resistencia a antimicrobianos convertiuse nunha ameaza global para a saúde pública, cun impacto crecente en morbilidade e mortalidade. Os mecanismos biomoleculares de resistencia aos antibióticos son diversos e complexos, o que dificulta o desenvolvemento de novos fármacos efectivos que superen estas barreiras. Os péptidos antimicrobianos (AMPs) son una alternativa prometedora aos antibióticos tradicionais que presentan un mecanismo de acción sen un target específico o que reduce a probabilidade de desenvolvemento de resistencias. Porén, a aplicación clínica dos AMPs vese limitada pola súa mala estabilidade en medio biolóxico y alta toxicidade. Neste traballo, propoñemos o desenvolvemento de AMPs autoensamblables como una nova estratexia para combater a resistencia a antimicrobianos. Estes AMPs estarían compostos por péptidos inactivos que se autoensamblan en nanofibras supramoleculares con actividade antimicrobiana. Esta estratexia presenta varias vantaxes sobre os AMPs convencionais, incluíndo una maior estabilidade e menor toxicidade. O objetivo principal deste traballo é sintetizar e avaliar preliminarmente secuencias peptídicas con potencial de autoensamblaxe y efecto antimicrobiano. Sintetizaranse péptidos basados en secuencias do péptido beta amiloide e avaliarase a sua actividade antimicrobiana e citocompatibilidade. Este traballo ten o potencial de contribuír ao desenvolvemento de novos AMPs máis efectivos e seguros para combater a resistencia a antimicrobianos.

INSUA LOPEZ, IGNACIO Cotitoría
DIAZ RODRIGUEZ, PATRICIA (Titoría)
INSUA LOPEZ, IGNACIO Cotitoría
Tribunal
Laguna Francia, Mª de los Reyes (Presidente/a)
DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Vogal)
Laguna Francia, Mª de los Reyes (Presidente/a)
DIAZ GOMEZ, LUIS ANTONIO (Secretario/a)
FERNANDEZ RODRIGUEZ, Ma DEL PILAR (Vogal)
Sistemas lipídicos nanoestruturados de cannabixenol para o tratamento da Psoríase
Autoría
M.O.G.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
M.O.G.
Máster Universitario en Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos
Data da defensa
15.07.2024 12:20
15.07.2024 12:20
Resumo
O cannabixenol (CBG), un fitocanabinoide, posúe propiedades terapéuticas potenciais para o tratamento da psoríase debido á súa capacidade para reducir citocinas proinflamatorias e quimiocinas implicadas na patoxénese desta enfermidade. O propósito deste estudo foi desenvolver e caracterizar sistemas lipídicos nanoestruturados (SLN) cargados con CBG para o tratamento tópico da psoríase. Os SLN, como nanosistemas lipídicos innovadores, foron deseñados para mellorar a penetración e a acumulación do CBG na pel. Durante o estudo, os SLN-CBG caracterizáronse estrutural e fisicoquímicamente, incluíndo tamaño de partícula, índice de polidispersidade (PDI), potencial zeta (PZ), estabilidade e eficacia de encapsulación (EE) do CBG. Realizáronse estudos de liberación in vitro para comprender o comportamento de liberación do CBG dende os SLN, ademais de avaliar a permeabilidade cutánea e a retención do CBG na pel. Tamén se levaron a cabo estudos in vitro e in vivo para avaliar a súa seguridade e toxicidade. Os resultados mostraron un tamaño de 179,7 nm, un PDI de 0,20 e un PZ negativo. Os SLN foron estables, cunha EE alta (ata 99%). O estudo de liberación in vitro axustouse ao modelo de Peppas-Korsmeyer con R2 = 0,9734. Os SLN-CBG demostraron eficacia para penetrar ata capas profundas da pel e seguridade en estudos de viabilidade celular e toxicidade aguda. A incorporación de SLN-CBG en hidroxeles mostrou un perfil de liberación do CBG que subliña o seu potencial para o tratamento de enfermidades dermatolóxicas como a psoríase.

OTERO ESPINAR, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
DIAZ TOME, VICTORIA Cotitoría