Ir o contido principal

Aberto o prazo de inscrición para a 2ª edición do curso de posgrao Introdución á Psicanálese

O curso, impartido pola psicanalista e membro da Escola Lacaniana de Psicánalise Rosa Vázquez e polo profesor da filosofía, psicanalista e socio da Escola Lacaniana de Psicanálise Fran Conde, terá lugar entre os meses de outubro e xuño, durante oito venres de 17 a 20h.

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela organiza por segundo ano consecutivo un curso de posgrao de Introdución á Psicanálise. O curso, impartido pola psicanalista e membro da Escola Lacaniana de Psicánalise Rosa Vázquez e polo profesor da filosofía, psicanalista e socio da Escola Lacaniana de Psicanálise Fran Conde, terá lugar entre os meses de outubro e xuño, durante oito venres de 17 a 20h.

Na súa primeira edición tratáronse algúns dos principais síntomas contemporáneos (ansiedade, obsesións, compulsións, TDAH, depresión, adicións...) dende a perspectiva da psicanálise. Nesta segunda edición o curso levará a cabo unha introdución aos conceptos fundamentais da psicanálise freudiana e lacaniana Así, inconsciente, transferencia, pulsión de morte, supereu e goce, obxecto a, fantasma e síntoma serán explicados na súas vertentes teórica e aplicadas á clínica.

O curso está aberto a calquera persoa interesada na psicanálise independentemente do seu nivel previo de coñecementos, previa inscrición e matrícula.

Máis información no link https://www.usc.gal/gl/estudos/propios/posgrao/curso-formacion-especifi… e no mail: francisco.conde [at] usc.es (francisco[dot]conde[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.09.2024.