Ir o contido principal

Marcelino Agís, novo presidente da Academia Xacobea

Substitúe a Xesús Palmou, primeiro presidente desta organización desde a súa creación

O catedrático de Filosofía Marcelino Agís Villaverde acaba de asumir a presidencia da Academia Xacobea, nomeamento ratificado pola súa Xunta Plenaria. O profesor Marcelino Agís director de Departamento de Filosofía, decano e vicerreitor de Terceiro Ciclo da USC, tamén é membro da Academia de Ciencias de Lisboa -sección Letras- (Portugal) e da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas de España.

A toma de posesión celebrouse na sesión de apertura do curso 24/25 da Academia e desenvolveuse no Paraninfo da Universidade coa participación do reitor da USC, Antonio López, e o conselleiro Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez. No mesmo acto, o presidente saínte, Xesús Palmou, recibiu o título de presidente de Honra da Academia Xacobea, designación acordada por unanimidade como recoñecemento á súa traxectoria no seu desta organización.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.01.2025.