A soidade como problema contemporáneo: unha revisión dende o existencialismo
Autoría
A.A.G.
Grao en Filosofía
A.A.G.
Grao en Filosofía
Data da defensa
17.07.2025 12:00
17.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo ten por obxectivo discutir o status problemático da soidade no mundo contemporáneo. Os diferentes enfoques que se achegaron a investigar sobre este obxecto estudo dende mediados do século XX sitúano comunmente como un estado ‘non desexado’ e circunscríbeno a un discurso medicalizado, entendendo desta maneira a soidade como unha patoloxía. O traballo propón un xiro na comprensión da soidade dende a crítica e discusión á súa concepción na sociedade contemporánea. A partir da obra de filósofos existencialistas como Sarte e Camus, que describen a soidade como un fenómeno inherente á existencia humana, este traballo propón unha relectura da soidade. O obxectivo é, desta maneira, facer unha resignificación do concepto cara a súa reivindicación como espazo de creación e autenticidade considerándoa como unha oportunidade para cuestionar o sentido da vida. Finalmente exponse a necesidade de seguir investigando sobre a experiencia da soidade dende un enfoque interdisciplinario onde se tome en consideración os enfoques e miradas que propón, entre outras, a disciplina filosófica.

Dirección
RIVERO JIMENEZ, BORJA (Titoría)
RIVERO JIMENEZ, BORJA (Titoría)
Tribunal
Herrero Pérez, Maria Nieves (Presidente/a)
Jiménez Esquinas, Guadalupe (Secretario/a)
POSE VARELA, CARLOS ALBERTO (Vogal)

Leonardo José Coimbra, filósofo.
Autoría
S.J.A.D.S.
Grao en Filosofía
S.J.A.D.S.
Grao en Filosofía
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Neste traballo pretendemos describir e dar coñecemento sobre a vida e obra do filósofo felgueirense Leonardo José Coimbra. Sobre todo, o noso obxectivo é mostrar a evolución deste autor desde unha perspectiva inicialmente creacionista ata un intelectualismo esencialista e idealista, recoñecendo a necesidade de reintegrar o coñecemento das disciplinas espirituais máis elevadas, como a metafísica e a relixión.

POSE VARELA, CARLOS ALBERTO (Titoría)
POSE VARELA, CARLOS ALBERTO (Titoría)
Tribunal
POSE VARELA, CARLOS ALBERTO (Titor do alumno)

Sobre a posibilidade de experimentar a morte: unha comparación entre Martin Heidegger e Paul Ludwig Landsberg
Autoría
M.A.R.
Grao en Filosofía
M.A.R.
Grao en Filosofía
Data da defensa
16.07.2025 16:30
16.07.2025 16:30
Resumo
O actual tabú arredor da morte remite ao profundo enigma que esta representa para a humanidade. Aínda que descoñecemos que ocorre tras a vida humana, reflexionar sobre isto foi unha tarefa central para numerosos filósofos, entre eles Martin Heidegger e Paul Ludwig Landsberg. Nesta tese abordaremos de forma comparativa as respectivas perspectivas. Para iso consideraremos, por un lado, a analítica da morte de Heidegger en Ser e tempo e por outro lado, o Ensaio sobre a experiencia da Morte de Landsberg. Este dobre enfoque permitiranos cuestionarnos polas implicacións que ten a nosa comprensión da morte na forma en que vivimos: ¿Que distingue a quen evita pensar nela no seu día a día de quen se angustia ao meditar sobre ela? Examinaremos o significado profundo dos conceptos de morte e morrer, e ata que punto é posible falar dunha experiencia de da morte. Fronte ao aparente consolo que ofrece saber que estamos vivos, mentres outros morren, preguntarémonos por que a perda dun ser querido ten un impacto tan profundo. Con Landsberg cuestionarémonos finalmente se a promesa dunha vida eterna pode converterse nunha fonte de esperanza na vida eterna.

RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Titoría)
RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Presidente/a)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
PEREIRA FARIÑA, MARTIN (Vogal)

Cuestións filosóficas sobre a orixe e natureza da linguaxe
Autoría
J.B.B.
Grao en Filosofía
J.B.B.
Grao en Filosofía
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Ao longo deste ensaio trataremos de expoñer as chaves das cuestións filosóficas intrincadas no paradigma biolingüístico a propósito dunha discusión sobre a orixe e a natureza da linguaxe. Investigar sobre a orixe e a natureza da linguaxe implica unha asunción clave: a natureza desta é fundamentalmente biolóxica. Non obstante, esta afirmación non debe facerse en vano, polo que daremos conta diso sobre tres piares: o innatismo lingüístico, a dimensión interna da linguaxe e o seu carácter cognitivo. Como máximo, esta caracterización permitiranos discernir entre tipos de teorías e conxecturas relativas á orixe da mesma. En concreto, aquelas relativas aos debates sobre a súa continuidade ou discontinuidad con diferentes sistemas de comunicación animal, á súa aparición abrupta ou gradual e ao recente debate sobre se a linguaxe é froito da selección natural ou de factores estocásticos. Afondar neste tipo de cuestións terá profundas implicacións filosóficas, as cales serán abordadas atendendo a como a caracterización da linguaxe que levamos a cabo modifica as ideas do suxeito e, consecuentemente, do coñecemento e do mundo.

SOBRINO CERDEIRIÑA, ALEJANDRO (Titoría)
SOBRINO CERDEIRIÑA, ALEJANDRO (Titoría)
Tribunal
SOBRINO CERDEIRIÑA, ALEJANDRO (Titor do alumno)

O paradoxo da soidade nunha sociedade hiperconectada: reflexións en torno ao fenómeno do FOMO
Autoría
N.B.M.
Grao en Filosofía
N.B.M.
Grao en Filosofía
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Nos últimos anos, diversas enquisas apuntan un aumento crecente da soidade non desexada, recoñecida como un dos principais desafíos globais. Este traballo analiza o paradoxo contemporáneo de vivir en sociedades hiperconectadas que, con todo, reportan niveis crecentes de soidade. O obxectivo é reflexionar sobre este feito desde unha perspectiva crítica, tomando como punto de partida a análise do fenómeno FOMO (Fear of Missing Out), para explorar a crise identitaria, social e existencial do suxeito contemporáneo. Fronte aos enfoques hexemónicos que abordan a soidade como un problema psicolóxico individual, exponse a súa dimensión estrutural, vinculada a lóxicas sociais e culturais que privilexian a conexión dixital sobre o vínculo e a visibilidade sobre a intimidade. Neste contexto, a soidade non debe entenderse unicamente como illamento, senón como experiencia construída sobre a comparación constante e a perda de sentido. Proponse resignificar a soidade desde unha perspectiva ética e existencial, que a entenda como espazo potencial de silencio, introspección e responsabilidade, capaz de contrarrestar as lóxicas do presente.

RIVERO JIMENEZ, BORJA (Titor do alumno)
RIVERO JIMENEZ, BORJA (Titor do alumno)
Epistemoloxía cyborg: re-definindo suxeito e obxecto na obra de Donna Haraway
Autoría
N.B.M.
Grao en Filosofía
N.B.M.
Grao en Filosofía
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
Donna Haraway, autora materialista e feminista posmoderna, propón unha ontoloxía que rexeita os dualismos que acompañan ao pensamento occidental dende as súas orixes, o que trae consecuencias irremediables na súa epistemoloxía. Neste traballo afondamos en ditas consecuencias: o suxeito de coñecemento epistemolóxico é un ser ontolóxicamente ambiguo, o obxecto de coñecemento deixa de ser unha natureza pasiva e a relación entre ambos é unha problemática que se abre ante nós e nos plantexa novos retos para o noso futuro como sociedade e como especie. Neste traballo contrástase a Donna Haraway non só coas concepcións epistemolóxicas tradicionais senon tamén con propostas materialistas e feministas coetáneas a autora, amosando como a peculiar ontoloxía de Haraway nos leva a unhas conclusións únicas na súa época, e de actual relevancia.

LATORRE RUIZ, ENRIQUE (Titoría)
LATORRE RUIZ, ENRIQUE (Titoría)
Tribunal
LATORRE RUIZ, ENRIQUE (Titor do alumno)
LATORRE RUIZ, ENRIQUE (Titor do alumno)
Existencia, sacrificio e amor en Kierkegaard
Autoría
S.B.M.
Grao en Filosofía
S.B.M.
Grao en Filosofía
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
O presente traballo explora a relación entre existencia, sacrificio e amor no pensamento de Søren Kierkegaard, a través da análise de Temor e tremor e As obras do amor. Desde a noción de individuo singular (Den Enkelte), examínanse as implicacións éticas da asunción de responsabilidade ante a propia existencia: en relación cun mesmo a través do sacrificio e en relación co outro a través do amor. O primeiro apartado expón a comprensión kierkegaardiana da existencia a través da crítica á filosofía especulativa, a categoría de individuo singular e a concepción da verdade como subxectividade. O segundo capítulo aborda o sacrificio en Temor e tremor como reivindicación da singularidade, tratando cuestións como o límite da razón, a suspensión teleolóxica do ético e o silencio de Abraham. O terceiro capítulo céntrase no amor como deber ético desde a categoría do próximo, abordando a concepción do amor como abnegación e como relación triádica. En última instancia, a continuidade establecida entre sacrificio e amor revela un sentido ético enraizado no silencio da interioridade, desde onde o individuo asume plenamente a responsabilidade tanto ante si mesmo como ante o outro, como singularidade.

PARCERO OUBIÑA, OSCAR (Titoría)
PARCERO OUBIÑA, OSCAR (Titoría)
Tribunal
CONDE SOTO, FRANCISCO (Presidente/a)
RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)

Os límites da miña linguaxe son os límites do meu mundo: Defende Wittgenstein un solipsismo epistemolóxico no Tractatus logico-philosophicus?
Autoría
D.B.B.
Grao en Filosofía
D.B.B.
Grao en Filosofía
Data da defensa
16.07.2025 17:30
16.07.2025 17:30
Resumo
Este traballo analiza a cuestión dos límites da linguaxe baseándose nas ideas do Tractatus Logico-Philosophicus de Wittgenstein. A partir do estudo que realiza o autor sobre o mundo e a linguaxe, amosarase como ambos conforman unha estrutura lóxica común. Nesa estrutura contense todo o que pode ser dito con sentido, e todo o que quede fóra dela será simplemente absurdo. Isto é o que denominamos un solipsismo epistemolóxico, segundo o cal os límites da linguaxe coinciden cos límites do mundo.
Este traballo analiza a cuestión dos límites da linguaxe baseándose nas ideas do Tractatus Logico-Philosophicus de Wittgenstein. A partir do estudo que realiza o autor sobre o mundo e a linguaxe, amosarase como ambos conforman unha estrutura lóxica común. Nesa estrutura contense todo o que pode ser dito con sentido, e todo o que quede fóra dela será simplemente absurdo. Isto é o que denominamos un solipsismo epistemolóxico, segundo o cal os límites da linguaxe coinciden cos límites do mundo.
Dirección
RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Titoría)
RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Presidente/a)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
PEREIRA FARIÑA, MARTIN (Vogal)
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Presidente/a)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
PEREIRA FARIÑA, MARTIN (Vogal)
A beleza insurxente: Unha análise do capital erótico dende a anarquía relacional
Autoría
O.C.L.
Grao en Filosofía
O.C.L.
Grao en Filosofía
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
O presente texto ten como obxectivo analizar o capital erótico dende unha perspectiva anarquista relacional, incorporando unha lectura crítica das lóxicas de poder que articulan o desexo e a beleza en sociedades atravesadas polo cisheteropatriarcado e o neoliberalismo. O capital erótico, neste marco político, é entendido non como un recurso individual nin como unha posibilidade emancipadora, senón como un mecanismo simbólico de xerarquización e exclusión que opera sobre os corpos e os afectos. A anarquía relacional, máis alá da súa crítica á monogamia normativa, é abordada como unha proposta política que permite desnaturalizar as estruturas que regulan o desexo, promovendo vínculos horizontais, non xerárquicos e baseados nos coidados. A partir dunha revisión teórica interdisciplinar, interprétase que tanto o desexo como a erótica están construídos, e polo tanto condicionados, por unhas hexemonías socio-culturais e que tamén poden ser obxecto de transformación política. A análise sitúase neste marco co propósito de transversalizar o capital erótico e propor unha reconfiguración crítica dos criterios de recoñecemento e valor corporal.

O papel da ecoloxía na crítica marxista ao capitalismo: dende autores como Manuel Sacristán ou John Bellamy Foster.
Autoría
S.C.S.
Grao en Filosofía
S.C.S.
Grao en Filosofía
Data da defensa
16.07.2025 18:30
16.07.2025 18:30
Resumo
A través da análise de obras como A natureza contra o capital: O ecosocialismo de Karl Marx de Kohei Saito, A ecoloxía de Marx de John Bellamy Foster e O capitalismo na trama da vida: Ecoloxía e acumulación de capital de Jason Moore, poñerase de manifesto como o pensamento e a obra de Karl Marx, tradicionalmente interpretada como antiecolóxica, en realidade contén elementos fundamentais para unha crítica ecolóxica do capitalismo. Ao reexaminar os textos de Marx a través dunha lente contemporánea, arguméntase que a crise ecolóxica global é unha consecuencia directa da dinámica expansiva do capitalismo, e que o marxismo ofrece un marco teórico crucial para desenvolver unha perspectiva ecosocialista que poida enfrontar os desafíos ambientais do século XXI.

CONDE SOTO, FRANCISCO (Titoría)
CONDE SOTO, FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Presidente/a)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
PEREIRA FARIÑA, MARTIN (Vogal)
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Presidente/a)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Secretario/a)
PEREIRA FARIÑA, MARTIN (Vogal)
O paradoxo do mentireiro: unha análise comparativa entre a solución xerárquica de Tarski e enfoques paraconsistentes.
Autoría
P.D.P.A.
Grao en Filosofía
P.D.P.A.
Grao en Filosofía
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo ofrece unha análise comparativa de dous enfoques contemporáneos para abordar o paradoxo do mentireiro: a solución xerárquica de Alfred Tarski e a proposta dialeteísta e paraconsistente de Graham Priest. Mentres que Tarski propón unha xerarquía de linguaxes para evitar a autorreferencia semántica, Priest defende a existencia dalgunhas contradicións verdadeiras, como sería o caso do mentireiro, apoiándose na súa lóxica LP para demostrar que aceptar este resultado non implica trivializar o sistema. A partir desta comparación, explóranse as fortalezas e limitacións de ambos enfoques, particularmente en relación coa noción de verdade. Finalmente, argumentase que o debate revela a insuficiencia dunha concepción única e universal da verdade, ofrecéndonos razóns para defender un pluralismo alético, segundo o cal distintas concepcións de verdade coexistirían e resultarían adecuadas en diferentes dominios epistemolóxicos.

MARTINEZ VIDAL, MARIA DE LA CONCEPCION (Titoría)
MARTINEZ VIDAL, MARIA DE LA CONCEPCION (Titoría)
Tribunal
Donato Rodríguez, Javier de (Presidente/a)
PEREZ NAVARRO, EDUARDO (Secretario/a)
HORTA ALVAREZ, Óscar (Vogal)

A máquina e o pensamento: a controversa entre Turing e Searle
Autoría
I.D.M.
Grao en Filosofía
I.D.M.
Grao en Filosofía
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
A través da análise e comparación das dúas posturas con maior relevancia acerca de se unha máquina pode pensar, atopámonos coas seguintes concepcións enfrontadas. En primeiro lugar, o Conductismo, a cal responderá a esta cuestión con optimismo e será a acollida por Alan Turing. Por outra banda, a postura contraria que se sostén de forma negativa ante tal pregunta é a denominada como Naturalismo Biolóxico, a cal será abordada por John Searle. Aínda que esta cuestión dá lugar a unha infinita ramificación de dúbidas e preguntas sen unha resposta segura, ao longo deste traballo buscarase comparar ambas as posturas e examinar cada unha das obxeccións ás que estas deben de facer fronte. Desta forma, dende a exposición e comparación destas posturas e a través da perspectiva do pensamento crítico e persoal, tratarase de construír unha vía clarificadora que nos mostre a controversia entre ambos os pensamentos e a tensión que xorde ante a pregunta acerca de se, en efecto, unha máquina pode ter pensamento.

Unha reflexión sobre o absurdo e o suicidio no contexto cultural do século XXII
Autoría
P.F.F.
Grao en Filosofía
P.F.F.
Grao en Filosofía
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
No presente traballo porase de manifestoo o problema actual relacionado co suicidio, sendo unha das pricipais causas de morte no mundo actual e, concretamente, en España. Tratarase este tema a través da filosofía existencialista de Albert Camus, principalmente, pero tamén apoiándonos noutros autores máis actuais que nos permitan ter una visión máis actualizada. A través do modelo existencial-contextual tratarase de dar unha boa definición do suicidio, para non caer na simplificación do enfoque médico de morte como autolesión. Tras estas explicación contextuais, trataremos de entender a situación na que se atopa o mundo actualmente, principalmente dende un punto de vista filosófico. Tras este traballo veremos cómo o absurdismo camusiano sería capaz de dar resposta a este problema

O silencio do absimo: Traxedia, existencia e nihilismo na filosofía contemporánea.
Autoría
R.F.V.
Grao en Filosofía
R.F.V.
Grao en Filosofía
Data da defensa
16.07.2025 10:00
16.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo ten como propósito analizar como a traxedia actúa como un medio para comprender as tensións fundamentais da existencia humana. A fin de desenvolver esta reflexión, baseareime nas propostas filosóficas de autores e autoras como Heidegger, Nietzsche, Luís Sáez e Remedios Ávila co propósito de desentrañar a cuestión fundamental: como a traxedia funciona como unha ferramenta filosófica para abordar a crise existencial e o nihilismo. A análise estará dividido en tres seccións interrelacionadas entre si. Abordarase, nun primeiro momento, a visión romántica da traxedia, pois é onde se mira reflectida a unidade entre o Ser e a traxedia. Seguidamente, tratarase a cuestión do carácter abismático que ten o Ser, e como isto inflúe na existencia, pois a traxedia é concibida neste sentido como unha tensión de dinámica de opostos pola que sen ela non habería procura de sentido. Finalmente, analizarase o nihilismo contemporáneo e como a traxedia pode interpretarse como unha resposta á crise de sentido que enfronta a filosofía contemporánea.

ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Titor do alumno)

Saber amar. A relación entre o amor e o saber en Platón e en Fromm.
Autoría
Y.F.R.
Grao en Filosofía
Y.F.R.
Grao en Filosofía
Data da defensa
17.07.2025 11:00
17.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo parte da idea de que amar é algo sinxelo que non necesita unha aprendizaxe. Crese que o amor e o coñecemento son cousas distintas. O amor relaciónase cos sentimentos, mentres que o coñecemento relaciónase coa razón. Con todo, esta separación resulta problemática. O amor podería aceptar algún tipo de aprendizaxe, en tanto que existe a posibilidade de non saber amar. É posible que tamén podamos aprender a amar, igual que aprendemos outras cousas? Para resolver esta pregunta, en leste traballou analizaremos dous enfoques diferentes: o de Platón, no diálogo do Fedro, e o de Erich Fromm, na arte de amar. Platón conecta o amor coa procura do coñecemento e a verdade, mentres que Fromm enténdeo como unha habilidade que se pode desenvolver con práctica e reflexión. Aínda que ambos os autores pertencen a épocas distintas, as súas ideas permiten reflexionar sobre se o amor está relacionado co saber e se é algo que se pode ensinar e perfeccionar. Non é posible dar unha resposta definitiva, xa que a forma en que entendemos o amor varía segundo o contexto histórico, cultural e persoal. O obxectivo é comparar ambas as perspectivas para identificar tanto coincidencias como diferenzas sobre o vínculo entre amar e saber.

RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Titor do alumno)

Migracions: Unha ollada politica dende o marxismo.
Autoría
S.G.R.
Grao en Filosofía
S.G.R.
Grao en Filosofía
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
O presente traballo examina o fenomeno migratorio dende unha perspectiva marxista-historica, situándoo como elemento estrutural do capitalismo global, tanto como anomalia como consecuencia fortuita. A investigación se centrara nunha analise das contradicions inherentes ao sistema capitalista asi como no propio concepto de contradicion, tratando de concluir a propia consistencia disto. A metodoloxia empregada se apoia nun analise marxista fundamentalmente clasico, complementado con algunhas perspectivas teoricas mais actuais, incluindo as teorias Push-pull e a teoria do sistema-mundo de Wallerstein. O estudo trata de amosar que o sistema economico actual non solo expulsa poboacións mediante guerra, saqueo ou destrucion territorial, senon que se require desa man de obra migrante para manter baixos os costes de produción e disciplinar a clase traballadora. Simultaneamente a isto se emprega o racismo estrutural como ferramenta ideoloxica que impide unha organización conxunta da clase traballadora mundial. E deste xeito que o capitalismo se nutre das suas propias contradicions, non sendo contraditorias para o mesmo, sen embargo, na sua utilidade de contención revolucionaria. Alen disto, non podemos deixar de lado todo o entramado ideoloxico que recobre isto, o uso do inmigrante como chibo expiatorio, e as ferramentas ideolóxicas e simbolicas de estigmatizacion e marxinalidade da figura do inmigrante. Apuntamos a necesidade dunha politica radicalmente critica, que parta dunha analise estrutural de clase, recuperando a solidariedade internacional e articulando respostas colectivas que cuestionen fundamentalmente ao sistema capitalista, xa que toda politica que non o faga contribuira a sua reproducion.

FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE (Titoría)
FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE (Titoría)
Tribunal
FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE (Titor do alumno)

O significado dos slurs
Autoría
M.G.D.
Grao en Filosofía
M.G.D.
Grao en Filosofía
Data da defensa
16.07.2025 13:00
16.07.2025 13:00
Resumo
Este traballo parte da tese de que os slurs son termos que denigran identidades grupais, a diferenza dos meros insultos os slurs teñen un caracter estrutural que conecta o seu uso con dinamicas de discriminacion e opresion. Abordo dúas cuestions fundamentais: onde se atopa a orixe do contido derrogatorio e como se dá fenómeno de reapropiación para estes termos. Para dar resposta a primeira cuestion revisamos o enfoque que nos ofrecen a teoría semantica, a teoria pragmatica e a teoria deflacionaria. Para resolver a segunda cuestion situamonos no marco teorico proposto por Jeshion, onde combino a proposta que da acerca das etapas da reapropiacion coa teoria de usos ecoicos proposta por Bianchi. Para ilustrar as etapas de reapropiacion abordo un estudo de casos dentro do panorama musical español, delimitado desde os anos oitenta con Vulpess, ata a actualidade con artistas como Bad Gyal e Rigoberta Bandini, entre outras. Concluese que os procesos de reapropiacion conforman manifestacions leixitimas de resistencia cultural e linguistica, e que o seu exito necesita de condicions contextuais específicas. Fronte a propostas silenciadoras como a de Anderson e Lepore, proponse rexeitalas para tomar unha actitude activa facia os usos reapropiados desde os outgroups, sempre respectando limítelos establecidos polos ingroups.

PEREZ NAVARRO, EDUARDO (Titoría)
MORENO ZURITA, ALBA Cotitoría
PEREZ NAVARRO, EDUARDO (Titoría)
MORENO ZURITA, ALBA Cotitoría
Tribunal
Donato Rodríguez, Javier de (Presidente/a)
SOBRINO CERDEIRIÑA, ALEJANDRO (Secretario/a)
HORTA ALVAREZ, Óscar (Vogal)
Donato Rodríguez, Javier de (Presidente/a)
SOBRINO CERDEIRIÑA, ALEJANDRO (Secretario/a)
HORTA ALVAREZ, Óscar (Vogal)
A técnica: do pesimismo heideggeriano á construción de mundo de Ortega
Autoría
G.G.H.
Grao en Filosofía
G.G.H.
Grao en Filosofía
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
A tecnoloxía ocupa un lugar central no mapa das nosas sociedades contemporáneas, así como na nosa existencia individual. Neste traballo afóndase nas temperás reflexións de Heidegger e Ortega y Gasset ao respecto da cuestión técnica, analizando as coincidencias e desacordos principais entre ambos. Por unha banda, Heidegger mostra a técnica coma un camiño do desvelar, que na técnica moderna difire da antiga. Pola outra banda, Ortega identifica a técnica como a capacidade humana de creación dunha sobrenatureza, que permitiría a este acadar un determinado proxecto vital. Mediante a referencia a filosofías da técnica máis próximas aos nosos días, analizaranse as achegas de Heidegger e Ortega coa fin de defender a actualidade das súas propostas e a necesidade de articulalas. Concluirase a maior necesidade da aproximación de Ortega sobre a técnica debido á posibilidade que ofrece de dar unha resposta activa aos retos tecnolóxicos actuais e futuros das nosas sociedades, aínda que tamén sexa imprescindible ter presente a profunda crítica heideggeriana ao respecto da técnica moderna.
A tecnoloxía ocupa un lugar central no mapa das nosas sociedades contemporáneas, así como na nosa existencia individual. Neste traballo afóndase nas temperás reflexións de Heidegger e Ortega y Gasset ao respecto da cuestión técnica, analizando as coincidencias e desacordos principais entre ambos. Por unha banda, Heidegger mostra a técnica coma un camiño do desvelar, que na técnica moderna difire da antiga. Pola outra banda, Ortega identifica a técnica como a capacidade humana de creación dunha sobrenatureza, que permitiría a este acadar un determinado proxecto vital. Mediante a referencia a filosofías da técnica máis próximas aos nosos días, analizaranse as achegas de Heidegger e Ortega coa fin de defender a actualidade das súas propostas e a necesidade de articulalas. Concluirase a maior necesidade da aproximación de Ortega sobre a técnica debido á posibilidade que ofrece de dar unha resposta activa aos retos tecnolóxicos actuais e futuros das nosas sociedades, aínda que tamén sexa imprescindible ter presente a profunda crítica heideggeriana ao respecto da técnica moderna.
Dirección
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
ALCALA RODRIGUEZ, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
CONDE SOTO, FRANCISCO (Presidente/a)
RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)
CONDE SOTO, FRANCISCO (Presidente/a)
RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)
Modos de precariedade nunha cidade turistificada: a problemática da vivenda entre os estudantes universitarios en Santiago de Compostela.
Autoría
C.G.P.
Grao en Filosofía
C.G.P.
Grao en Filosofía
Data da defensa
17.07.2025 13:00
17.07.2025 13:00
Resumo
Unha cidade turistificada caracterízase por supeditar as súas actividades económicas principais ao sector terciario e paralelamente presentar varias formas de precariedade no cotiá dos cidadáns locais. Para esta investigación o tema centrarase na realidade dos universitarios en Santiago de Compostela como suxeitos afectados pola masificación turística da capital, particularmente de cara ao acceso á vivenda. Pártese da premisa da residencia na cidade como requisito para os educandos. Tanto a proliferación do aluguer turístico como a acusada estacionalización de da demanda alteran a oferta en función da temporada, trastornando o arrendamento universitario e as condicións da vivenda a eles dirixida. Con base na información recadada na revisión bibliográfica, contraste con fontes oficiais e entrevistas a universitarios esta investigación de tipo etnográfico pretende desentrañar ás formas de convivencia dos estudantes co turismo e os seus efectos, mecanismos de adaptación e impacto na súa experiencia nun momento vital de contacto coa realidade, descubrimento e creación de expectativas de futuro.

ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Titoría)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Titoría)
Tribunal
Herrero Pérez, Maria Nieves (Presidente/a)
RIVERO JIMENEZ, BORJA (Secretario/a)
POSE VARELA, CARLOS ALBERTO (Vogal)
Herrero Pérez, Maria Nieves (Presidente/a)
RIVERO JIMENEZ, BORJA (Secretario/a)
POSE VARELA, CARLOS ALBERTO (Vogal)
Aproximación crítica feminista á problemática da prostitución
Autoría
I.G.S.
Grao en Filosofía
I.G.S.
Grao en Filosofía
Data da defensa
17.07.2025 09:30
17.07.2025 09:30
Resumo
Neste traballo analizarei a problemática da prostitución desde unha perspectiva crítica feminista, co obxectivo de identificar os principais argumentos que a sustentan e as críticas formuladas desde distintas correntes do feminismo contemporáneo. A través da análise de diversas autoras, explorarei os grandes eixos do debate: a consideración da prostitución como traballo ou como forma de violencia, a súa relación co patriarcado e cas lóxicas do capitalismo neoliberal e do neocolonialismo, e o papel do consentimento. Examinarei tamén os discursos que naturalizan esta práctica e os termos utilizados para nomeala, salientando o seu valor político e simbólico. Prestarei especial atención á confrontación entre abolicionismo e regulacionismo, visibilizando coincidencias, diverxencias e interrogantes ético políticos. O propósito deste traballo será ofrecer unha visión matizada dun fenómeno complexo, atravesado por múltiples eixos de desigualdade (xénero, clase, raza, sexualidade), e contribuír a unha reflexión crítica que evite simplificacións e afonde nas condicións materiais e simbólicas que o fan posible.

MARTINEZ SUAREZ, YOLANDA (Titoría)
MARTINEZ SUAREZ, YOLANDA (Titoría)
Tribunal
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Presidente/a)
FRANCO BARRERA, ALBERTO JOSE (Secretario/a)
MARTINEZ VIDAL, MARIA DE LA CONCEPCION (Vogal)

Beleza: do xuízo á vida. O dandi como culminación da subxectividade estética
Autoría
A.G.V.
Grao en Filosofía
A.G.V.
Grao en Filosofía
Data da defensa
17.07.2025 10:00
17.07.2025 10:00
Resumo
Este traballo analiza a transformación do concepto de beleza dende o século XVIII ata finais do século XIX, atendendo ao xigo que se realiza dende unha estética ilustrada, universalista e ligada á natureza, cara unha concepción radicalmente subxectiva, performativa e vitalista. A figura do dandi aparece como síntesis desta evolución: un suxeto que non só contempla a beleza, senón que a encarna. O dandi preséntase como obra viva, resultado da ruptura coa normatividade estética da ilustración e o auxe de novas formas de subxectividade modernas, onde o estilo, o artificio e a resistencia simbólica frente aos valores burgueses resonan en todo seu ser. O dandismo manifesta a culminación da subxectividade estética do século XIX: o dandi non busca imitación nin aprobación, senón afirmación singular. Súa figura marca un antes e un despois na forma moderna de concebir o belo e o artístico, non só como representación, senón como forma de existencia radicalmente estética.

BARCIA GONZALEZ, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
BARCIA GONZALEZ, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
BARCIA GONZALEZ, FRANCISCO JAVIER (Titor do alumno)

A noción kantiana do a priori como expresión da Ilustración
Autoría
A.M.M.P.
Grao en Filosofía
A.M.M.P.
Grao en Filosofía
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo está dedicado á caracterización do a priori kantiano como unha das expresións fundamentais do movemento ilustrado. En primeiro lugar, se introducirá a noción do a priori no marco da teoría kantiana, distinguíndoo de toda connotación anterior. A concepción kantiana do a priori está ligada á teoría da acquisitio originaria das representacións puras, que aparece por primeira vez na Dissertatio de 1770 e pode ser considerada como a raíz do xiro copernicano. O suxeito trascendental que xurdirá da Deducción dos conceptos puros do entendemento disolverase na res cogitans cartesiana, para representar o entendemento na súa relación coa sensibilidade como condición de posibilidade da experiencia. Os principios a priori da sensibilidade, o entendemento e a razón son o núcleo do criticismo kantiano e un punto de inflexión na filosofía ilustrada, pois a investigación kantiana fixo posible o descubrimento da finitude humana e o arraigo do suxeito no ámbito da experiencia.

VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Titoría)
VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS (Titoría)
Tribunal
CONDE SOTO, FRANCISCO (Presidente/a)
RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)
CONDE SOTO, FRANCISCO (Presidente/a)
RABE , ANA MARIA DE LA CONCEPCION (Secretario/a)
ALLEN-PERKINS AVENDAÑO, DIEGO (Vogal)
A sexualidade pensada filosóficamente: o respeto e o coidado do outro
Autoría
A.M.P.
Grao en Filosofía
A.M.P.
Grao en Filosofía
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
Este traballo propón unha reflexión filosófica sobre a sexualidade desde a ética da responsabilidade cara ao outro. A través do diálogo con autores como Lévinas, Kant, Kierkegaard, Schlegel, Zambrano, Foucault e Butler, problematízase a forma en que o desexo, o corpo e o consentimento foron concibidos desde marcos racionalistas, normativos ou mercantilizados. Sostense que a sexualidade non pode reducirse a un impulso natural nin a un contrato entre suxeitos autónomos, senón que debe ser pensada como un espazo atravesado por relacións de poder, vulnerabilidade e recoñecemento. Fronte á lóxica da instrumentalización do corpo alleo —visible en prácticas como o abuso sexual ou a mercantilización do desexo—, proponse unha ética relacional, situada e deliberativa. Desde esta perspectiva, o respecto e o coidado do outro configúranse como eixos fundamentais para repensar a responsabilidade nos vínculos íntimos. O obxectivo é abrir un horizonte de pensamento crítico que permita imaxinar formas de relación sexual máis xustas, afectivas e humanas, ancoradas nunha ética do coidado e nunha vixilancia crítica sobre o desexo.

Conciencia, corporalidade e tecnoloxía. A posibilidade de conciencia na tecnoloxía e o seu vencello coa corporalidade.
Autoría
P.N.A.
Grao en Filosofía
P.N.A.
Grao en Filosofía
Data da defensa
16.07.2025 11:00
16.07.2025 11:00
Resumo
Este traballo tentará ofrecer un marco que conteña as respostas ás dúas preguntas seguintes: ¿é posible que a tecnoloxía chegue a ter conciencia? e ¿ten o corpo algunha importancia á hora do xurdimento da conciencia? Con dito fin, primeiro presentarase unha introdución onde se exporá a importancia que estas cuestións teñen no marco da Intelixencia Artificial e da nosa relación coas máquinas, ademais de realizar breves aclaracións terminolóxicas. A continuación, mostraranse argumentos que foron esbozados por autores que negan que a tecnoloxía poida ter conciencia e, seguidamente, argumentos de autores que afirman dita posibilidade. Posteriormente, afondarase no vencello que existe entre conciencia e corporalidade atendendo tanto a razoamentos que afirman que o corpo non garda relación coa conciencia como a aqueles que sosteñen unha postura contraria. Por último, rematarase o traballo cunhas conclusións que recollan de maneira breve o anteriormente exposto.
Este traballo tentará ofrecer un marco que conteña as respostas ás dúas preguntas seguintes: ¿é posible que a tecnoloxía chegue a ter conciencia? e ¿ten o corpo algunha importancia á hora do xurdimento da conciencia? Con dito fin, primeiro presentarase unha introdución onde se exporá a importancia que estas cuestións teñen no marco da Intelixencia Artificial e da nosa relación coas máquinas, ademais de realizar breves aclaracións terminolóxicas. A continuación, mostraranse argumentos que foron esbozados por autores que negan que a tecnoloxía poida ter conciencia e, seguidamente, argumentos de autores que afirman dita posibilidade. Posteriormente, afondarase no vencello que existe entre conciencia e corporalidade atendendo tanto a razoamentos que afirman que o corpo non garda relación coa conciencia como a aqueles que sosteñen unha postura contraria. Por último, rematarase o traballo cunhas conclusións que recollan de maneira breve o anteriormente exposto.
Dirección
SOBRINO CERDEIRIÑA, ALEJANDRO (Titoría)
SOBRINO CERDEIRIÑA, ALEJANDRO (Titoría)
Tribunal
Donato Rodríguez, Javier de (Presidente/a)
PEREZ NAVARRO, EDUARDO (Secretario/a)
HORTA ALVAREZ, Óscar (Vogal)
Donato Rodríguez, Javier de (Presidente/a)
PEREZ NAVARRO, EDUARDO (Secretario/a)
HORTA ALVAREZ, Óscar (Vogal)
O impacto da Intelixencia Artificial na nosa relación co traballo
Autoría
S.A.O.R.
Grao en Filosofía
S.A.O.R.
Grao en Filosofía
Data da defensa
16.07.2025 12:00
16.07.2025 12:00
Resumo
O seguinte traballo aborda o impacto da Intelixencia Artificial (IA) na nosa relación co traballo, desde unha perspectiva filosófica e crítica. A análise estrutúrase en tres bloques temporais: pasado, presente e futuro. Primeiro, revísanse momentos clave da automatización, entre os que se atopan o ludismo, a produción en cadea e a dixitalización, para evidenciar a longa historia de medo á substitución laboral por máquinas. No presente, estúdanse dúas manifestacións actuais: o Ghost Work, que oculta o labor humano detrás de suposta automatización, e o capitalismo da vixilancia, baseado na extracción de datos persoais para beneficio económico. Ao mesmo tempo, recoñécese o potencial positivo da IA en áreas como a medicina, a educación ou a inclusión laboral. En canto ao futuro, preséntanse tres escenarios posibles: un distópico, un de transición xusta e un máis utópico onde o traballo perde centralidade na vida. Finalmente, deféndese a necesidade dunha resposta colectiva que 3 combine regulación ética, educación crítica, equidade social e sostibilidade ambiental. Débese comprender que a tecnoloxía non é neutral e que depende de nós, como sociedade, garantir que a súa evolución respecte os dereitos humanos e promova unha transformación laboral xusta e inclusiva.

PEREIRA FARIÑA, MARTIN (Titoría)
PEREIRA FARIÑA, MARTIN (Titoría)
Tribunal
Donato Rodríguez, Javier de (Presidente/a)
PEREZ NAVARRO, EDUARDO (Secretario/a)
HORTA ALVAREZ, Óscar (Vogal)
Donato Rodríguez, Javier de (Presidente/a)
PEREZ NAVARRO, EDUARDO (Secretario/a)
HORTA ALVAREZ, Óscar (Vogal)
En defensa do pluralismo lóxico: al lóxicas paraconsistentes
Autoría
A.P.B.
Grao en Filosofía
A.P.B.
Grao en Filosofía
Data da defensa
16.07.2025 17:00
16.07.2025 17:00
Resumo
Este traballo defende un pluralismo lóxico contextual fronte ao monismo lóxico, cuestionando a idea de que exista un único sistema lóxico axeitado para modelar o razoamento que subxace á linguaxe natural. A partir da observación de algúns casos concretos (o pensamento mapuche e a escola budista madhyamaka), amósase que certos supostos ontolóxicos e epistemolóxicos destas tradicións entran en conflito con principios fundamentais da lóxica clásica, como o principio de non contradición ou o principio de bivalencia. Isto permite argumentar que outros sistemas lóxicos, como a lóxica paraconsistente ou a lóxica difusa, poden modelar mellor as súas prácticas inferenciais. A tese principal é que o sistema lóxico que se emprega para analizar un razoamento non pode determinarse á marxe do contexto cultural no que dito razoamento se produce. Adoptar unha postura monista pode levar a unha exclusión epistémica de discursos que non encaixan na lóxica dominante, incorrendo así, en termos de Fricker, nunha inxustiza hermenéutica. Por iso, proponse un pluralismo lóxico restritivo, que non acepta calquera sistema, senón só aqueles que cumpran certos requisitos formais. Finalmente, deféndese que a lóxica, lonxe de ser neutral, pode cumprir unha función política, na medida en que pode favorecer ou impedir o recoñecemento racional de determinadas formas de pensamento.

Da natureza a cidade, encamiñase o peito a liberdade
Autoría
M.R.O.
Grao en Filosofía
M.R.O.
Grao en Filosofía
Data da defensa
17.07.2025 10:30
17.07.2025 10:30
Resumo
Spinoza planteanos unha filosofía netemente inmanente, mostrando a expresividade coma unha pegada trasversal a todo o seu pensamento. A causa disto é que parte das propiedades das cousas, da causa eficiente como a única causa que realmente ten realidade, atopando no método xeométrico a maneira de demostrar a sua filosofía. Na Ética encontramos unha constante reforma do entendemento. Desta meneira, en De Deo vai considerar a natureza da sustancia como abslutamente infinita, expresando a sua esencia nunha infinitude de atributos. Destes concebimos a extensión e o pensamento de forma en que toda cousa existente terá unha expresión na extensión e no pensamento. Nesta medida, nos somos corpo e mente, os cales segue o mesmo orde sen que un se poida impoñer ó outro. Sobre este paralelismo, a conducta humana é incapaz de ordearse pola voluntade da mente, senon que esta necesitará atopar as causas das cousas comprendendo as leis da natureza, as cales operan dentro do propio individuo, formando as suas ideas e dando lugar aos efectos que padece. A reforma do entendemento atopa o fundamento da liberdade na potencia e impotencia do individuo, seguidas da sua natureza.

PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Secretario/a)
MARTINEZ VIDAL, MARIA DE LA CONCEPCION (Vogal)
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO (Presidente/a)
PASTORIZA ROZAS, JOSE LUIS (Secretario/a)
MARTINEZ VIDAL, MARIA DE LA CONCEPCION (Vogal)
Xogar como medio: comprendendo a linguaxe e a comunicación videolúdica
Autoría
A.T.P.
Grao en Filosofía
A.T.P.
Grao en Filosofía
Data da defensa
16.07.2025 18:00
16.07.2025 18:00
Resumo
Este traballo propón analizar o videoxogo como un medio comunicativo a partir dun enfoque pragmático da comunicación e a teoría dos xogos da linguaxe. Isto débese a que os videoxogos non só transmiten contidos, senón que producen sentido. O marco teórico empregado combina autores coma Wittgenstein, McLuhan, Eco, Aarsth e Martín Rodríguez para pensar o videoxogo como un medio cunha linguaxe propia: a videolúdica. Tras establecer un modelo alternativo de comunicación non baseado na codificación de información, examínanse as peculiaridades comunicativas do medio videolúdico dende o seu carácter cibertextual ata mecanismos como a xogabilidade, a retronarración e os labirintos cibertextuais. A través do análise de casos concretos ilústrase como o videoxogo constrúe un xogador modelo, capaz de producir sentido dende a súa participación no videoxogo.
Este traballo propón analizar o videoxogo como un medio comunicativo a partir dun enfoque pragmático da comunicación e a teoría dos xogos da linguaxe. Isto débese a que os videoxogos non só transmiten contidos, senón que producen sentido. O marco teórico empregado combina autores coma Wittgenstein, McLuhan, Eco, Aarsth e Martín Rodríguez para pensar o videoxogo como un medio cunha linguaxe propia: a videolúdica. Tras establecer un modelo alternativo de comunicación non baseado na codificación de información, examínanse as peculiaridades comunicativas do medio videolúdico dende o seu carácter cibertextual ata mecanismos como a xogabilidade, a retronarración e os labirintos cibertextuais. A través do análise de casos concretos ilústrase como o videoxogo constrúe un xogador modelo, capaz de producir sentido dende a súa participación no videoxogo.
Dirección
PEREIRA FARIÑA, MARTIN (Titoría)
PEREIRA FARIÑA, MARTIN (Titoría)
Tribunal
Donato Rodríguez, Javier de (Presidente/a)
PEREZ NAVARRO, EDUARDO (Secretario/a)
HORTA ALVAREZ, Óscar (Vogal)
Donato Rodríguez, Javier de (Presidente/a)
PEREZ NAVARRO, EDUARDO (Secretario/a)
HORTA ALVAREZ, Óscar (Vogal)
A comparación entre a linguaxe oral e a linguaxe musical a través das teorías gramaticais de Chomsky.
Autoría
A.U.D.R.
Grao en Filosofía
A.U.D.R.
Grao en Filosofía
Data da defensa
17.07.2025 12:00
17.07.2025 12:00
Resumo
Neste traballo realízase unha investigación sobre a posibilidade de que a música e a lingua estean relacionadas. Non obstante, en realidade non se trata de demostrar que unha disciplina nace ou parte da outra para formarse, ou para “nacer”, senón que o que realmente ocorre é que ambas se complementan. Para xustificar esta tese, é necesario observar as diferencias e similitudes que ambas presentan, así como é necesario atender a como se foron orixinando na sociedade e nos individuos, e como foi a súa evolución en ambas. Ademais, neste traballo utilizaranse as teorías chomskianas para argumentar que tanto a gramática lingüística como a gramática musical son similares, así como ambas posúen a propiedade da recursividade e en ambas funciona da mesma maneira. Por último, usarase o sentimentalismo para mostrar como a lingua e a música posúen a capacidade de transmitir sentimentos e por iso os dous se poden combinar para lograr que se xere unha emoción no receptor.