Matemáticas recoñece o labor desenvolvido polo persoal xubilado do centro nos últimos cursos
Alfredo Bermúdez de Castro López-Varela (Matemática Aplicada), Luis Coladas Uría (Estatística e Investigación Operativa), José Ángel Docobo Durántez (Astronomía e Astrofísica), Leoncio Franco Fernández (Álxebra), Purificación López López (Álxebra), Pilar Mato Eiroa (Matemática Aplicada), José Antonio Oubiña Galiñanes (Xeometría e Topoloxía), Celso Rodríguez Fernández (Álxebra) e María Jesús Vale Gonsalves (Álxebra) recibiron este xoves 13 a homenaxe dos seus compañeiros e compañeiras nun acto institucional de recoñecemento ao labor desenvolvido nos últimos cursos na Facultade de Matemáticas.
A sesión, presidida polo decana Elena Vázquez Cendón, contou coa participación de docentes do centro xubilados e xa recoñecidos en eventos anteriores á pandemia e PDI do eido das Matemáticas procedente das tres universidades públicas galegas. Acompañaron á decana na mesa presidencial, Rosa María Crujeiras Casais, directora científica do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia; Antonio Gómez Tato, director do departamento de Matemáticas; Pedro Faraldo Roca, director do departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización; e Patricia Barral Rodiño, directora do departamento de Matemática Aplicada.