Ir o contido principal

Acto de apertura do curso do IV Ciclo Universitario da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo

Acto de apertura do curso do IV Ciclo Universitario da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo

A directora do IV Ciclo Universitario da USC, un programa formativo orientado á participación de maiores de 50 anos, Esther Olveira Olveira, presentará este xoves 6 de setembro, a partir das 17.00 horas, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo, o curso 2017-2018 do IV Ciclo Universitario na sede universitaria luguesa.

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e a coordinadora deste programa de formación sénior da USC sede universitaria luguesa, a profesora Teresa Rodríguez López, tamén intervirán, xunto cun representante do alumnado, neste acto de apertura do novo curso o IV Ciclo, para o que xa permanece aberto o prazo de matrícula ata o vindeiro 26 de setembro.

O profesor da USC na EPS de Enxeñaría de Lugo Emilio Carral Vilariño, que tamén é docente no programa de formación de maiores do IV Ciclo Universitario da USC, ofrecerá unha conferencia baixo o título impartirá unha conferencia baixo o título ‘Incerteza e entropía nas aulas: o cuarto ciclo universitario’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.10.2024.