Ir o contido principal

Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.comunicacion [at] usc.es

O Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea ofrece unha formación universitaria cun alto nivel de especialización para atender as necesidades académicas e científicas que se derivan das diferentes liñas de investigación vinculadas ao Xornalismo e á Comunicación Audiovisual.

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5600691
Número prazas: 15

Coordinador-a do título:
Jose Soengas Perez
jose.soengas [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
21/01/2014

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
01/03/2022

Códigos ISCED:
(321) Periodismo
(310) Ciencias sociales y del comportamiento
(0321) Periodismo y comunicación

O Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea ofrece unha formación universitaria cun alto nivel de especialización para atender as necesidades académicas e científicas que se derivan das diferentes liñas de investigación vinculadas ó Xornalismo e á Comunicación Audiovisual. A principal finalidade deste Doutoramento é garantir unha aprendizaxe que satisfaga as exixencias dos alumnos que realizaron o grao en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual, e tamén noutras titulacións, principalmente de Ciencias Sociais, e que desexan continuar a súa formación investigadora. Trátase dun programa que ofrece múltiples opcións de especialización a través de liñas de traballo xa consolidadas, explorando as linguaxes e as posibilidades informativas e comunicativas dos diferentes formatos e soportes.

Apóstase por unha formación altamente cualificada e por un coñecemento vencellado ó intercambio científico permanente a través dos convenios que existen con universidades de referencia europeas e americanas, que xa colaboran cos grupos de investigación que participan no programa de Doutoramento.

A principal finalidade deste Doutoramento é garantir unha aprendizaxe que satisfaga as exixencias dos alumnos que realizaron o grao en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual, e tamén noutras titulacións, principalmente de Ciencias Sociais, e que desexan continuar a súa formación investigadora. Trátase dun programa que ofrece múltiples opcións de especialización a través de liñas de traballo xa consolidadas, explorando as linguaxes e as posibilidades informativas e comunicativas dos diferentes formatos e soportes. Apóstase por unha formación altamente cualificada e por un coñecemento vinculado ao intercambio científico permanente a través dos convenios que existen con universidades de referencia europeas e americanas, que xa colaboran cos grupos de investigación que participan no programa de Doutoramento.

Requisitos de acceso específicos:

É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación por parte do/a estudante dunha carta de referencia dun(ha) profesor(a) do programa que avale a viabilidade da futura tese no marco da liña de investigación á que se vincule. Ademais, dadas as características e o nivel científico do programa de doutoramento, os/as alumnos/as que procedan de países cuxo idioma oficial non sexa o español, excepto os alumnos que procedan de países cuxo idioma oficial sexa o portugués, deberán acreditar un nivel de coñecemento B2 de español.

Perfil de ingreso sen complementos de formación:

De forma xeral, poderán acceder ao Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea, sen necesidade de realizar complementos de formación, os alumnos que cursasen algún máster oficial adscrito á/s rama/s de coñecemento de xornalismo, comunicación audiovisual e publicidade, e relacións públicas, e ó/ós ámbito/s de coñecemento de xornalismo, comunicación, publicidade e relacións públicas. Tamén terán acceso ao programa sen cursar complementos os estudantes co título de DEA obtido a través dos programas específicos de xornalismo, comunicación audiovisual e publicidade, e relacións públicas. No caso doutros perfís que non realizasen máster necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, iguais polo menos aos do máster que dá acceso directo.

Perfil de ingreso de alumnos procedentes de titulacións afíns:

Considerarase titulación afín todos os másteres oficiais da gran área de Ciencias Sociais, exceptuando os específicos de xornalismo, comunicación audiovisual e publicidade, e relacións públicas. A comisión académica avaliará de forma individualizada cada caso para determinar a obrigatoriedade de cursar un itinerario de formación complementaria a través da superación de materias específicas de comunicación (como máximo ata 15 ECTS).

Outros perfís:

No caso doutro tipo de perfís diferentes dos anteriores, a comisión académica establecerá a esixencia da superación de complementos de formación específicos de comunicación. Para calquera outro perfil a CAPD estudará os casos individualmente, podendo admitir ou non ós/ás alumnos/as e establecendo complementos formativos en caso de ser necesario. No caso de que o alumnado careza da formación previa esixida no programa, a admisión poderá quedar condicionada á superación dos complementos de formación que estableza a Comisión Académica. Estes complementos non poderán superar os 15 ECTS.

Acceso

1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster universitario, ou equivalente, sempre que se teñan cursado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.

2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao máster de acordo co establecido no artigo 16 do RD 1393/2007, e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales polo menos 60 deberán ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Ditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, logo da obteren praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, logo da comprobación pola Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do cal estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario oficial que obtivera a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo co procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3. Os doutorandos que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento, logo da súa admisión de acordo co establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral no citado Regulamento para acceder aos estudos de doutoramento.

4. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan o diploma de estudos avanzados obtido de acordo co disposto no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcancen a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan un título de máster oficial conforme o Real decreto 56/2005 ou o Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, ou teñan superados 60 ECTS de estudos de máster oficial.

6. Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS superados no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales, polo menos 60, deberán ser de nivel de máster.

A selección de estudantes para a súa admisión no programa de doutoramento realizarase en función dos seguintes criterios:
- Expediente académico: valorarase un 50% sobre o 100% da nota de acceso final. O criterio será as cualificacións obtidas no máster (ou DEA ou suficiencia investigadora).
- Curriculum: valorarase un 25% sobre o 100% da nota de acceso final. No currículo valoraranse os méritos da experiencia investigadora (publicacións, contribucións científicas a congresos, estancias e idiomas) e da experiencia profesional. Só se valorarán os méritos relacionados co ámbito da comunicación, sempre que estean debidamente acreditados.
- Entrevista persoal: valorarase un 25% sobre o 100% da nota de acceso final. Na entrevista valorarase a motivación, a implicación, o grao de coñecemento do tema que se quere investigar e a capacidade de comunicación e de argumentación.
Aplicaranse os mesmos criterios para admitir a todos/as os/as estudantes, independentemente de que a súa dedicación sexa a tempo completo ou parcial

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Seminario métodos de investigación cualitativos

  • E3021A01

Seminario métodos de investigación cuantitativos

  • E3021A02

Seminario métodos de investigación aplicados á comunicación

  • E3021A03

Divulgación de resultados científicos

  • E3021A05

Análise e Visualización de Datos

  • E3021A06

A CAPD do programa de doutoramento avaliará de forma individualizada aos/ás candidatos/as e a aqueles con perfís que non se axusten aos indicados para o acceso directo ao programa de doutoramento propoñeralles uns complementos de formación específicos adecuados ao seu perfil. Os complementos de formación que deberán cursar estableceranse en función da formación previa do/a alumno/a e serán tales que lle permitan alcanzar as competencias necesarias para o bo desenvolvemento da súa tese doutoral dentro do programa de doutoramento. Devanditos complementos de formación poderán ser de materias ou módulos de máster e grao e terán, a efectos de prezos públicos e de concesión de bolsas e axudas ao estudo, a consideración de formación de nivel de doutoramento. No caso de realizarse con carácter previo, o seu desenvolvemento non computará a efectos do límite temporal establecido para a realización da tese. Estes créditos non computarán para os efectos dos requisitos comúns de acceso ao programa de doutoramento. No caso específico do Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea, considerarase a posibilidade de esixir complementos de formación (como máximo ata 15 ECTS) a aqueles perfís que non acrediten formación en másteres oficiais con contidos exclusivos de xornalismo, de comunicación, de comunicación audiovisual ou de publicidade e relacións públicas. A realización dos complementos será previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa. No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa. No caso de ser previa só se matriculará destes complementos, non se asinará o Compromiso de Supervisión nin se abrirá o Documento de Actividades do doutorando ata a súa superación, e a súa realización non computará para os efectos dos prazos mínimos e máximos marcados para a realización dos estudos de doutoramento. Os complementos son valorados pola CAPD durante o proceso de admisión, antes de formalizar a matrícula. A cada alumno/a asígnanselle uns diferentes (máis ou menos materias), segundo a proximidade que teña coas Ciencias da Comunicación (maior ou menor) a titulación coa que accede ao doutoramento. Os complementos de formación deberán superarse no prazo máximo de catro cuadrimestres consecutivos (durante o primeiro ano de matrícula). De non facelo así, o alumno causará baixa no programa.

Profesores Área
Antia Maria Lopez Gomez
Comunicación Audiovisual e Publicidade
Ana Isabel Rodriguez Vazquez
Comunicación Audiovisual e Publicidade
Enrique Castello Mayo
Comunicación Audiovisual e Publicidade
Fernando Redondo Neira
Comunicación Audiovisual e Publicidade
Roi Mendez Fernandez
Comunicación Audiovisual e Publicidade
Marta Perez Pereiro
Comunicación Audiovisual e Publicidade
Maria Soliña Barreiro Gonzalez
Comunicación Audiovisual e Publicidade
Jose Luis Castro De Paz
Comunicación Audiovisual e Publicidade
Profesores Área
Xose Lopez Garcia
Xornalismo
Jose Miguel Tuñez Lopez
Xornalismo
Fermin Galindo Arranz
Xornalismo
Xose Antonio Neira Cruz
Xornalismo
Jose Soengas Perez
Comunicación Audiovisual e Publicidade
Berta Garcia Orosa
Xornalismo
Carlos Toural Bran
Xornalismo
Jose Sixto Garcia
Xornalismo
Alba Silva Rodriguez
Xornalismo
Maria Cruz Negreira Rey
Comunicación Audiovisual e Publicidade
Jorge Vázquez Herrero
Xornalismo

A principal finalidade deste Doutoramento é garantir unha aprendizaxe que satisfaga as exixencias dos alumnos que realizaron o grao en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual, e tamén noutras titulacións, principalmente de Ciencias Sociais, e que desexan continuar a súa formación investigadora.

O Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea ofrece unha formación universitaria cun alto nivel de especialización para atender as necesidades académicas e científicas que se derivan das diferentes liñas de investigación vinculadas ó Xornalismo e á Comunicación Audiovisual. A principal finalidade deste Doutoramento é garantir unha aprendizaxe que satisfaga as exixencias dos alumnos que realizaron o grao en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual, e tamén noutras titulacións, principalmente de Ciencias Sociais, e que desexan continuar a súa formación investigadora. Trátase dun programa que ofrece múltiples opcións de especialización a través de liñas de traballo xa consolidadas, explorando as linguaxes e as posibilidades informativas e comunicativas dos diferentes formatos e soportes.

Apóstase por unha formación altamente cualificada e por un coñecemento vencellado ó intercambio científico permanente a través dos convenios que existen con universidades de referencia europeas e americanas, que xa colaboran cos grupos de investigación que participan no programa de Doutoramento.

• Desenvolverse en contextos en los que hay poca información específica

• Encontrar las preguntas claves que hay que responder para resolver un problema complejo

• Diseñar, crear, desarrollar y emprender proyectos novedosos e innovadores en su ámbito de conocimiento

• Trabajar tanto en equipo como de manera autónoma en un contexto internacional o multidisciplinar

• Integrar conocimientos, enfrentarse a la complejidad y formular juicios con información limitada

• La crítica y defensa intelectual de soluciones.

  • Obter o dominio das distintas metodoloxías, sistemáticas e instrumentais da investigación (xa no campo da investigación básica ou aplicada, xa cun sesgo cuantitativo ou cualitativo) a través do estudo de diversos modelos de análises e interpretación, autores de referencia, escolas epistemolóxicas, etc
  • Adquirir o potencial creativo e de xeración de ideas orixinais de cara á superación de e/ou resolución de problemas vinculados á praxe académica e profesional nos ámbitos da Comunicación e Información, primando o recurso a aquelas habilidades de tipo disrutivo
  • Capacidade emprendedora e innovadora aplicable a diversos medios e soportes informativos e comunicativos, tanto a partir da reflexión teórica como do desenvolvemento de obxectos de estudo aplicado de carácter innovador
  • Adaptación do perfil do candidato (bagaxe sociocultural, habilidades innatas e adquiridas, et
  • c), como garante da súa imbricación no tornadizo ámbito da comunicación multimediática en diversos contornos socioculturais ou tecnoeconómicos
  • Obter a capacidade analítica e crítica no seguimento das rutinas profesionais e académicas nos diversos campos disciplinares que integran a Comunicación e a Información Contemporánea
  • Competencia técnica e profesional para a investigación cunha actitude decididamente coalescente entre o ámbito académico e as demandas da sociedade na que se inscribe, asumindo dinámicas de innovación e transferencia tecnolóxica e de coñecemento
  • Coñecemento das estruturas, tecnoloxías e procesos comunicativos nas diferentes fases da cadea de valor das industrias culturais e nas interaccións entre os axentes comunicativos: autores, institucións, empresas, medios, soportes e receptores
  • Xestión de principios toraeles na investigación no campo da comunicación, principalmente no concernente á análise e a xestión de recursos tecnolóxicos e humanos entre as institucións e empresas do sector
  • Coñecemento epistemolóxico e metodolóxico das diversas ramas da investigación, desenvolvemento e innovación da comunicación audiovisual, do xornalismo e dos contornos tecnolóxicos emerxentes

• Obter o dominio das distintas metodoloxías, sistemáticas e instrumentais da investigación (xa no campo da investigación básica ou aplicada, xa cun sesgo cuantitativo ou cualitativo) a través do estudo de diversos modelos de análises e interpretación, autores de referencia, escolas epistemolóxicas, etc

• Adquirir o potencial creativo e de xeración de ideas orixinais de cara á superación de e/ou resolución de problemas vinculados á praxe académica e profesional nos ámbitos da Comunicación e Información, primando o recurso a aquelas habilidades de tipo disrutivo

• Capacidade emprendedora e innovadora aplicable a diversos medios e soportes informativos e comunicativos, tanto a partir da reflexión teórica como do desenvolvemento de obxectos de estudo aplicado de carácter innovador

• Adaptación do perfil do candidato (bagaxe sociocultural, habilidades innatas e adquiridas, etc), como garante da súa imbricación no tornadizo ámbito da comunicación multimediática en diversos contornos socioculturais ou tecnoeconómicos

• Obter a capacidade analítica e crítica no seguimento das rutinas profesionais e académicas nos diversos campos disciplinares que integran a Comunicación e a Información Contemporánea

• Competencia técnica e profesional para a investigación cunha actitude decididamente coalescente entre o ámbito académico e as demandas da sociedade na que se inscribe, asumindo dinámicas de innovación e transferencia tecnolóxica e de coñecemento

• Coñecemento das estruturas, tecnoloxías e procesos comunicativos nas diferentes fases da cadea de valor das industrias culturais e nas interaccións entre os axentes comunicativos: autores, institucións, empresas, medios, soportes e receptores

• Xestión de principios toraeles na investigación no campo da comunicación, principalmente no concernente á análise e a xestión de recursos tecnolóxicos e humanos entre as institucións e empresas do sector

• Coñecemento epistemolóxico e metodolóxico das diversas ramas da investigación, desenvolvemento e innovación da comunicación audiovisual, do xornalismo e dos contornos tecnolóxicos emerxentes

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

Título Data de lectura Autoría Dirección
Intelixencia artificial, innovación e novas tecnoloxías en medios de comunicación públicos e privados Mención doutoramento internacional, Tese por compendio de publicacións 08/11/2024 César Fieiras Ceide Jose Miguel Tuñez Lopez

Coordinador/a
Jose Soengas Perez

Secretario/a
Jose Sixto Garcia

Vogais
Berta Garcia Orosa
Enrique Castello Mayo
Antia Maria Lopez Gomez
Ana Isabel Rodriguez Vazquez
Marta Perez Pereiro
Jose Miguel Tuñez Lopez
Xose Lopez Garcia
Alba Silva Rodriguez
Jorge Vázquez Herrero

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

17,0

20,0

20,0

20,0

20,0

15,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta de prazas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

176,47

110,0

140,0

130,0

175,0

233,33

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

17,0

14,0

18,0

11,0

19,0

15,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de estudantes matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

85,0

87,0

94,0

91,0

75,0

70,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster.

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

58,82

42,86

22,22

45,45

42,11

46,67

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes de outras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

23,53

21,43

0,0

27,27

21,05

20,0

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

11,76

21,43

0,0

18,18

15,79

20,0

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

11,76

0,0

0,0

9,09

5,26

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

41,18

43,68

45,74

40,66

41,33

42,86

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

3,53

4,6

6,38

6,59

5,33

2,86

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

5,88

71,43

55,56

18,18

0,0

20,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

38,82

32,18

38,3

36,26

40,0

40,0

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual do número de estudantes a tempo parcial sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo parcial aqueles que teñen a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

24,71

22,99

26,6

19,78

22,67

21,43

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

36,47

44,83

35,11

43,96

37,33

38,57

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

15,15

28,57

19,44

6,06

20,0

0,0

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

6,06

0,0

3,57

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

21,43

16,67

15,15

13,33

28,57

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

0,3333

0,1667

0,1333

0,1429

0,2

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

31,0

30,0

36,0

34,0

32,0

33,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,8235

1,875

2,1176

2,125

2,1333

2,0625

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

82,35

81,25

82,35

81,25

80,0

87,5

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

70,59

81,25

76,47

81,25

80,0

81,25

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

7,69

11,11

13,79

8,33

4,35

4,0

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

16,67

0,0

5,88

21,88

10,0

17,08

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

4,0

6,0

6,0

15,0

7,0

10,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

50,0

100,0

93,33

100,0

80,0

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas  a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo parcial sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

50,0

0,0

6,67

0,0

20,0

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

3,0

1,0

1,0

6,0

0,0

1,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

0,0

5,0

5,0

3,0

4,0

8,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

1,0

0,0

0,0

6,0

3,0

1,0

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

2,9589

-

3,7215

4,674

3,8822

3,6164

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

-

3,1758

4,0301

4,5628

5,1397

4,6407

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

66,67

0,0

0,0

14,29

20,0

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de “cum laude”

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación de “cum laude” sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

83,33

93,33

85,71

100,0

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

25,0

0,0

16,67

40,0

14,29

40,0

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

22,78

40,74

92,41

29,51

29,63

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.09.2023.