Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 9 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Estudo de conceptos para a análise e a aplicación práctica das economías da información e a comunicación.
2. Estudo e aplicación de modelos de negocio, financiamento e redes de valor da comunicación.
3. Análise da tipoloxía empresarial e plans de modelo de negocio de empresa: modelos de negocio das empresas de Internet e para empresas emerxentes no campo da comunicación.
CONTIDOS TEÓRICOS
Tema 1. Introdución á economía dos medios de comunicación e impacto da dixitalización
1.1 Nocións básicas na economía dos medios
1.2 Impacto da dixitalización na economía dos medios
1.3 Economía da atención, da nube e dos datos
Tema 2. Aproximación á empresa de comunicación: grupos de comunicación, importancia do contexto e orientación estratéxica
2.1 Grupos de comunicación e procesos de concentración
2.2 Orientación estratéxica e vantaxe competitiva
2.3 Estratexias para competir no mercado da comunicación
Tema 3. Principais modelos de negocio no campo da comunicación e o xornalismo
3.1 A cadea de valor e o modelo de negocio
3.2 Modelos B2B e modelos B2C
3.3 A publicidade como fonte de financiación
3.4 Reader revenue
3.5 Outras vías de financiamento de proxectos xornalísticos
CONTIDOS PRÁCTICOS
Nas sesións interactivas traballarase arredor das dúas prácticas que se realizarán na materia (unha individual e outra en grupo). A práctica individual consistirá en analizar o modelo de negocio dun medio de comunicación que elixirá cada alumno/a. Nas sesións interactivas veremos como realizar esa análise a partir de exemplos e casos de éxito.
A práctica en grupo consistirá no desenvolvemento do modelo de negocio para un proxecto empresarial innovador e viable.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Cerezo, Pepe (2018): Los medios líquidos. La transformación de los modelos de negocio. Barcelona: Editorial UOC.
Sánchez González, María (2018). Gestión estratégica, innovación y prospectiva en comunicación: bases, técnicas y casos prácticos. Editorial UOC.
Somalo Pecina, Ignacio (2020): Modelos de negocio digitales. Cómo y por qué las startups baten a las empresas tradicionales. Vizcaya: Ediciones Deusto.
Yuste, Bárbara & Cabrera, Marga (2014). Emprender en periodismo. Nuevas oportunidades para el profesional de la información. Editorial UOC.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
European Audiovisual Observatory. (2022): Yearbook. Television, cinema, video and on-demand audiovisual services - the pan European picture. European Audiovisual Observatory.
Galán Gamero, Javier & Aguado, Guadalupe (2014). Periodismo emprendedor. Planificación y desarrollo de empresas informativas. MacGraw-Hill.
García Santamaría, José Vicente (2016). Los grupos multimedia españoles: análisis y estrategias. Editorial UOC.
Küng, Lucy (2016). Strategic management in the media: Theory to practice. SAGE.
Osterwalder, Alexander & Pigneur, Yves (2011). Generación de modelos de negocio. Deusto.
Lowe, Gregory Ferrell & Brown, Charles (2016). Managing Media Firms and Industries. What's so special about media management? Springer.
Srnicek, Nick (2018). Capitalismo de plataformas. Buenos Aires: Caja Negra Editora.
Reuters Institute for the Study of Journalism (2024). Digital News Report. https://reutersinstitute.politics.ox.ac.uk/sites/default/files/2024-06/…
Rohn, U., Rimscha, M. B., & Raats, T. (2024). De Gruyter handbook of media economics. Walter de Gruyter GmbH.
Van Dijck, José, Poell, Thomas & De Waal, Martijn (2018). The Platform Society. Public Values in a Connective World. Oxford University Press.
Wirtz, Bernd W. (2020). Media Management. Strategy, Business Models and Case Studies. Springer.
CON.3 - Identificar estratexias e modelos de innovación aplicados ao xornalismo e á comunicación
HAB.4- Utilizar técnicas de investigación aplicadas á comunicación e ao xornalismo multimedia
HAB.5 - Analizar produtos, estratexias e proxectos xornalísticos en diferentes medios e soportes
COM.3 - Planificar, deseñar, implementar, xestionar e avaliar proxectos xornalísticos en diferentes medios e soportes.
COM.5 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no eido da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
A metodoloxía de ensinanza combina clases maxistrais, nas que se impartirán os contidos teóricos, con clases interactivas, nas que se realizarán estudos de caso sobre modelos de negocio de éxito e se traballará en base a proxectos no desenvolvemento de modelos de negocio para iniciativas emprendendoras traballando en grupos.
a. Actividade de avaliación continua: 50%
- Traballo final en grupo (desenvolvemento do modelo de negocio dunha iniciativa mediática propia): 35%
- Asistencia e participación positiva nas clases: 15%
b. Exercicio práctico: traballo individual (análise do modelo de negocio dunha empresa mediática): 50%
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vencellada cos exercicios prácticos programados. Incluso é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as características e o funcionamento dos exercicios prácticos.
Segunda oportunidade:
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada algunha parte, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
Docencia teórica: 12 horas
Docencia interactiva laboratorio/aula informática: 9 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 48 horas
Recoméndase estar ao día sobre os movementos nos mercados da comunicación, organizar ben a realización das prácticas, ter unha boa comprensión do inglés para afondar na bibliografía e manter un contacto directo co profesorado.
Cibran Tenreiro Uzal
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cibran.tenreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Marta Rodríguez Castro
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816551
- Correo electrónico
- m.rodriguez.castro [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Martes | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Mércores | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Xoves | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Venres | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |