Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 9 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Estudo da evolución do xornalismo dixital no escenario actual.
2. Análise das etapas do xornalismo dixital.
3. Análise da situación actual e retos do xornalismo no escenario dixital.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. O xornalismo dixital no escenario actual
1.1. I+D+i na comunicación. A innovación como produto.
1.2 Márketing periodístico. Aplicación do mix á comunicación e influencia na produción de contidos xornalísticos. Evolución desde os 4P aos 4C
1.3 Branding xornalístico. O produto como marca. Emprendemento e innovación
1.4 Segmentación de mercado, establecemento de obxectivos e análise DAFO
1.5 ROI e IOR. Avaliación do retorno, métricas e KPI. Modelos para o aumento da calidade periodística e da súa rendibilidade
TEMA 2. Convivencia do xornalismo dixital cos medios sociais
2.1 Medios sociais, comunicación estratéxica e márketing dixital
2.2 PMS e novos perfís profesionais no escenario actual
2.3 Atracción, interacción, conversión e fidelización
2.4 O poder do efémero: contidos autodestruíbles
TEMA 3. Etapas do xornalismo dixital
3.1 Converxencia periodística. Evolución da teoría sobre converxencia periodística: converxencia como produto, como sistema e como proceso
3.2 Converxencia tecnolóxica, concentración empresarial, converxencia profesional e converxencia de contidos
3.3 Novas rutinas de produción informativa. Polivalencia funcional, polivalencia temática e polivalencia mediática. Comunicación organizacional adaptada ao escenario actual
3.4 Novas tendencias, técnicas, ferramentas e plataformas: OSINT, xornalismo hacker, fediverso e metaverso
TEMA 4. Retos para o desenvolvemento do xornalismo dixital
4.1 Innovación no storytelling. Difusión cross-content e crossmedia. Elevator pitch
4.2 Innovación na distribución: a promoción cruzada
4.3 Innovación na recepción. O papel dos públicos. Métodos para a creación de engagement. Implicación e transmedia
4.4 Novos modelos para a creación, o financiamento e o desenvolvemento de produtos xornalísticos. Externalización de fontes e recursos. Cocreación
4.5 Innovación na comercialización e na organización empresarial
4.6 Competencias profesionais necesarias. O hackathon
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos prácticos están directamente relacionados cos contidos teóricos, de tal xeito que se realizarán actividades e exercicios na aula que supoñan a adquisición dos resultados de aprendizaxe. Estipúlase a avaliación de debilidades e fortalezas dos medios sociais para o xornalismo dixital e o establecemento dun simulacro de redacción dixital e converxente para a cobertura de acontecementos en tempo real.
Os exercicios prácticos consistirán na realización dun proxecto final que terá que ver co desenvolvemento dun produto periodístico dixital de carácter innovador. A calidade do produto e a transferencia de resultados que implica para a sociedade serán presentadas mediante o modelo ‘elevator pitch’ e, posteriormente, testarase o produto nun laboratorio de innovación periodística composto polo propio alumnado.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Cabrera, M. Á. (ed.) (2013). Evolución de los cibermedios. De la convergencia digital a la distribución multiplataforma. Editorial Fragua.
Legorburu, J. (ed.) (2013). Modelos de convergencia de medios en España I. Digitalización, concentración y nuevos soportes. CEU Ediciones.
López, X. & Pereira, X. (eds.) (2010). Convergencia Digital. Reconfiguración de los Medios de Comunicación en España. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela.
López, X., Rodríguez, A. I. & Pereira, X. (2017). Competencias tecnológicas y nuevos perfiles profesionales: desafíos del periodismo actual. Comunicar, 53(4), 81-90. https://doi.org/10.3916/C53-2017-08
Salaverría, R. & Negredo, S. (2008). Periodismo integrado: convergencia de medios y reorganización de redacciones. Editorial Sol 90.
Salaverría, R. (2016). Redefinir al comunicador. El profesional de la información, 2(25), 163-167. https://doi.org/10.3145/epi.2016.mar.02
Salaverría, R. (2022). Veinticinco años de evolución del ecosistema periodístico digital en España. En R. Salaverría & M. P. Martínez-Costa (eds.), Medios nativos digitales en España (pp. 21-31). Comunicación Social.
Sixto-García, J. & López-García, X. (2023). Innovative innovation in journalism. Journalism, 0(0). https://doi.org/10.1177/14648849231219359
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aitamurto, T. (2013). Balancing Between Open and Closed: Co–creation in Magazine Journalism. Digital Journalism, 1(2), 229-251. https://doi.org/10.1080/21670811.2012.750150
Sixto-García, J. (2018). Gestión profesional de redes sociales. Rutinas y estrategias de Community Management. Comunicación Social.
Sixto-García, J., López-García, X. & Toural-Bran, C. (2020). Oportunidades para la cocreación de contenidos en los diarios nativos digitales. Profesional de la información, 29(4), e290426. https://doi.org/10.3145/epi.2020.jul.26
Sixto-García, J., Rodríguez-Vázquez, A. I., & López-García, X. (2023). News Sharing Using Self-destructive Content in Digital Native Media from an International Perspective. Journalism Practice, 17(7), 1341–1356. https://doi.org/10.1080/17512786.2021.2000883
Sixto-García, J., Rodríguez-Vázquez, A. I., & Soengas-Pérez, X. (2022). Co-creation in North American and European digital native media: Web, social networks and offline spaces. Journalism, 23(9), 1955-1974. https://doi.org/10.1177/1464884920984698
CON.1 - Comprender as características do xornalismo multimedia e os seus retos actuais.
CON.3 - Identificar estratexias e modelos de innovación aplicados ao xornalismo e á comunicación.
HAB.5 - Analizar produtos, estratexias e proxectos xornalísticos do ecosistema comunicativo dixital.
COM.1 - Seleccionar, xerarquizar e aplicar coñecementos sobre xornalismo multimedia e as súas innovacións no ámbito profesional para elaborar argumentos sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
COM.5 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Nas clases expositivas utilizaranse as seguintes metodoloxías:
- Clase maxistral: sesión expositiva impartida polo docente.
- Estudos de casos: análise e exposición de medios, produtos, estratexias ou proxectos de referencia no contexto da materia.
- Debate: discusión organizada sobre un tema ou pregunta.
Nas clases interactivas empregaranse as seguintes metodoloxías:
- Prácticas aula informática: sesión interactiva e grupal nunha contorna equipada con ordenadores.
- Aprendizaxe baseada en proxectos: programación deseñada a partir de tarefas sucesivas nun proceso que conclúe cun produto final.
- Presentación na aula: exposición baseada no estudo dun caso, problema ou situación contextualizada.
- Design thinking: metodoloxía para xerar solucións innovadoras.
- Gamificación na aula: emprego de elementos propios do xogo no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
- Proba de coñecementos: 25 %
- Actividades de avaliación continua: 25 %
- Exercicios prácticos: 50 %
• No caso do alumnado non apto na primeira oportunidade, na segunda establecerase unha proba final (100 %). En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
• Réxime para o alumnado con exención de docencia:
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vencellada cos exercicios prácticos programados. Incluso é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as características e o funcionamento dos exercicios prácticos.
• Docencia teórica: 12 horas
• Docencia interactiva: 9 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 48 horas
A recomendación xeral para o aproveitamento da materia é realizar un traballo continuo ao longo de todo o curso, posto que non se trata só da adquisición de coñecementos, senón tamén de habilidades e actitudes que unicamente se poden alcanzar cun seguimento constante e permanente.
De igual xeito, tamén é recomendable que o alumnado interiorice os conceptos teóricos conforme se vaian explicando para poder aplicalos nas sesións interactivas.
Finalmente, recoméndase o seguimento da actualidade nos medios de comunicación, dominar as redes sociais e facer uso das horas de titorías.
Jose Sixto Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816540
- Correo electrónico
- jose.sixto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alberto Quian Pampin
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alberto.quian [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Martes | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Mércores | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Xoves | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Venres | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
20.05.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 0 |
20.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 0 |