Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Tras cursar esta materia, o alumno será capaz de:
- Deseñar un traballo de investigación en xestión de empresas turísticas.
- Explicar os requisitos que deben cumprir as escalas de medida dos constructos utilizados na investigación.
- Deseñar unha enquisa e tratar dos datos utilizando diversos programas estatísticos de aplicación na investigación en xestión de empresas turísticas.
- Interpretar os resultados e extraer conclusións relevantes.
- Listar e utilizar as principais bases de datos para a investigación en xestión de empresas turísticas.
- Describir a estrutura que ten que ter un traballo de investigación para ser publicado nunha revista de impacto (JCR).
- Nomear as revistas de impacto en xestión de empresas turísticas.
- Explicar o proceso de publicación en revistas de impacto en xestión de empresas turísticas.
Os contidos que se desenvolverán durante o curso aparecen reflectidos no descriptor da materia do plan de estudos do Master.
O programa da materia está dividido en 4 temas básicos, que se indican a continuación:
TEMA 1. MÉTODO CIENTÍFICO: Técnicas para a investigación en dirección de empresas
TEMA 2. BASES DE DATOS: Recollida de datos.
TEMA 3. TRATAMENTO: Análise de datos.
TEMA 4. DIVULGACIÓN: Revistas cientificas en dirección de empresas
SARABIA, F.J. (1999) "Metodología para la investigación en marketing y dirección de empresas". Ed. Pirámide.
URIEL, E. y ALDÁS, J. (2005) “Análisis multivariante aplicado”. Ed. Thomson
BYRNE, B.M. (1994) “Structural equation modeling with EQS and EQS/Windows”. Ed. Sage
MALHOTRA, N. (2008) "Investigación de mercados" 5ª Edición Prentice-Hall.
AEDEMO (2000) "La investigación en marketing".
FERNÁNDEZ, A. (1999) "Investigación de mercados: obtención de la información" ed. Civitas
CG3-Resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidas.
CG5-Comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a públicos especializados e non especializados.
CG6-Integrar coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas.
CE15-Utilizar técnicas de recollida e análise de datos.
CE16-Aplicar metodoloxías científicas adecuadas.
CT2-Demostrar razoamento crítico.
CT3-Analizar e sintetizar a información.
Nas clases expositivas a profesora desenvolverá o programa da materia, explicando conceptos e temas. Empregarase o ordenador e o canón proxector como soportes principais da materia, proxectando transparencias e diferente material que serve de guía ás explicacións realizadas. Nas clases expositivas empregarase tamén a pizarra, artigos impresos ou calquera outra información necesaria para ampliar coñecementos e aclarar dúbidas. As sesións interactivas poden implicar análise de lecturas sobre temas relacionados coa materia, a resolución de exercicios e casos prácticos, e a elaboración de material de investigación. A interacción co alumno é esencial para lograr a aprendizaxe desexada. As titorías poderán ser presencias ou por vía telemática (a través do email ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
Esta materia conta con Aula Virtual.
A avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado por encargo da profesora.
A puntuación correspondente a esta avaliación continua suporá un 50% da cualificación final e manterase para a convocatoria de xullo pero non para os repetidores. O exame final suporá o 50% restante da cualificación. Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no suposto de que a cualificación acadada fose superior.
Para superar a materia, o alumnado deberá asistir como mínimo ao 80% das actividades docentes presenciais programadas.
O desenvolvemento da avaliación realizarase do seguinte xeito:
- Proba final teórica e práctica: presencial nas datas e horarios fixados no calendario de probas finais.
- Avaliación continua: entrega non presencial por vía telemática (a través do campus virtual da USC) e resolución presencial.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS:
Avaliación continua: CG5, CG6, CT2
Exame final: CG3, CE15, CE16, CT3
A materia ten unha carga de traballo de 3 ECTS.
Horas presenciais : 27 horas
Horas non presenciais: 48 horas
Para a preparación da materia recoméndase que o alumno traballe ao longo de todo o curso, que leven ao día os conceptos teóricos, que utilicen o material de apoio facilitado nas clases e que manteñan a comunicación contínua co profesor a través das tutorías persoais.
Maria De La Concepcion Varela Neira
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 881811711
- Correo electrónico
- conchi.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula de Informática 3 |
11:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula de Informática 3 |
28.05.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula 18 |
28.05.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |
11.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula 18 |
11.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |