Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A Mellora Xenética é a aplicación da Xenética ós rendementos dos animais domésticos. O obxectivo básico é a predición do valor xenético dun individuo a partir dos datos obtidos deste ou dos seus parentes. O propósito da valoración xenética será a de identificar os mellores animais, portadores dunha combinación de xenes apropiada que se espera que transmitirán a os seus descendentes, coa finalidade de aumentar o valor dun carácter determinado na poboación.
Marcadores xenéticos e aplicacións en biotecnoloxía animal. Programas de selección. Valor reprodutivo. Selección masal. Selección familiar. QTL. Selección asistida por marcadores. Valor reproductivo. Control da consanguinidade en programas de mellora. Hibridación e heterosis. Variacións cromosómicas e a mellora en acuicultura. Poboacións monosexo e triploides. Programas de conservación.
A exposición e desenvolvemento destes contidos son feitas a través destes temas:
Tema 1: Introdución
Obxectivo da mellora xenética. Mellora Xenética vs Mellora Ambiental. Concepto de Mellora Xenética. Variabilidade Xenética e Mellora Xenética. 1HP/2HNP
Tema 2: Xenética de Poboacións
Os xenes nas poboacións. Frecuencias xénicas e xenotípicas. Cuantificación da variabilidade xenética. O Equilibrio Hardy-Weinberg. Implicacións do equilibrio H-W. Apareamento no aleatorio. Endogamia. Cambios nas frecuencias xénicas. Mutación. Migración. Selección. Deriva xenética. 4HP/7HNP
Tema 3: O modelo xenético básico
Variación cualitativa vs variación cuantitativa. Análise de caracteres cuantitativos. Herdanza polixénica. Experimentos de Johannsen. Hipótesis multifactorial: experimentos de Nilsson-Ehle, East. O modelo estatístico da X. Cuantitativa. Efecto medio dun alelo. Valor reproductivo. Desviación dominante. 4HP/6HNP
Tema 4: O modelo xenético en termos de varianza
Compoñentes da varianza fenotípica. Heredabilidade en sentido amplo. Métodos de estimación de H2. O significado de H2. Repetibilidade. Descomposición da varianza xenética. Heredabilidade en sentido estrito. 3HP/5HNP
Tema 5. Estima da heredabilidad h2
Semellanza entre parentes. Métodos de estima da heredabilidad h2. Composición da covarianza. Regresión proxenie – proxenitor. Regresión proxenie – proxenitor medio. Correlación entre medios irmáns (HS). Correlación entre irmáns (FS). Valores de h2 para distintos caracteres. 3HP/5HNP
Tema 6. Resposta á selección
Selección artificial. Resposta á selección. Diferencial de selección / Intensidade de selección. Mellora da resposta á selección. Límite á selección. Información de parentes / Métodos de selección. Índices de selección. Depresión consanguínea. Heterosis. QTLs. 3HP/5HNP
BÁSICA:
- PIERCE, B. 2015. “Genética : un enfoque conceptual ”. Editorial Médica Panamericana. Disponible en línea en la web de la Biblioteca Universitaria (https://www.usc.gal/gl/servizos/area/biblioteca-universitaria).
-FRANKHAM, R.; BALLOU, J.D.; BRISCOE, D.A. 2004. A primer of Conservation Genetics. Cambridge University Press
-CABALLERO, A. 2017. Genética Cuantitativa. Ed. Síntesis.
-FALCONER, D.S. y MACKAY, T.F.C. 2006. “Introducción a la Genética Cuantitativa”. Ed. Acribia.
COMPLEMENTARIA:
-GJEDREM, T. (Editor). 2005. Selection and Breeding Programs in Aquaculture. Springer.
-LEGATES, J.E. y WARWICK, E.J. 1992. "Cría y Mejora del Ganado". Ed. Interamericana.
-MARTÍNEZ, P.; FIGUERAS, A. 2007. Genética y Genómica en Acuicultura. Publicaciones científicas y tecnológicas del Observatorio Español de Acuicultura.
-NICHOLAS, FW. 2010. “Introduction to veterinary genetics”. Wiley-Blackwell.
O alumno debe adquirir nesta materia as competencias básicas e xerais, transversais e específicas que están listados abaixo, complementariamente a outras materias da titulación:
Competencias básicas, xerais e transversais:
CB-7 Que os alumnos poidan aplicar os seus coñecementos en ambientes novos ou descoñecidos relacionados co seu campo de estudo.
CT-1 Capacidade de análise e síntese.
CT-2 Capacidade de razoamento e argumentación.
Competencias específicas
CE-13 Coñecementos e aptitudes axeitados para desenvolver e aplicar a súa propia tecnoloxía en investigación e desenvolvemento de novas tecnoloxías aplicadas aos procesos de produción de animais de xestión de proxectos: biotecnoloxía e mellora xenética animal.
Clases expositivas e interactivas de seminario:
As clases expositivas e interactivas de seminario van ser o núcleo básico da metodoloxía docente desta materia e se impartirán ó grupo completo. Nas clases teóricas trataranse os contidos específicos do programa, e a aplicación destes contidos farase nas clases interactivas mediante problemas ou casos prácticos.
Para o desenvolvemento dos contidos usarase calquera material que facilite a comprensión dos conceptos abordados (presentacións en PowerPoint, videos, animacións, etc). No desenvolvemento de cada clase expositiva o profesor pode propoñer cuestións ou problemas para os alumnos e comprobar o seu grado de comprensión.
Boletíns de problemas
Os estudantes disporán de boletíns de problemas e cuestións de complexidade crecente, relacionados cos conceptos tratados ao longo do semestre; a maioría dos problemas resolveranse nas clases. Cada alumno vai resolver un conxunto de cuestións específicas; o resultado será entregado ó profesor responsable da avaliación.
Prácticas de laboratorio
Son tres as prácticas a realizar na materia, cada unha delas conta cun guión específico que o profesor encargado presentará ao grupo de estudantes. Trala finalización da práctica estes contestarán un cuestionario que entregarán ao devandito profesor para a súa avaliación.
Práctica 1.- Estimación de diversidade xenética a través de loci microsatélites mediante o programa GENEPOP. Laboratorio Area de Genética, Pabellón IV, Facultad de Veterinaria.
Práctica 2.- Análise da variación xenética dun rasgo cuantitativo en condicións naturais. Laboratorio Area de Genética, Pabellón IV, Facultad de Veterinaria.
Práctica 3.- Biometría dun carácter métrico de interese comercial e a estimación da súa heredabilidade por regresión lineal. Laboratorio Area de Genética, Pabellón IV, Facultad de Veterinaria.
O sistema de avaliación baséase na avaliación continua. A asistencia ás clases expositivas e interactivas é obrigatoria (>85%) para superar a asignatura. Cando a nota obtida na avaliación continua non é suficiente para aprobar a materia, realizarase un exame final de todo ou parte dos contidos da materia.
A resolución de preguntas e problemas específicos, así como cuestionarios ou calquera outro sistema de avaliación periódica realizado ó longo do curso por cada alumno (habilidades CB-7, CT-2 e CE-13) suporá o 50% da nota final; outro 30% inclúe a interpretación de cada unha das prácticas realizadas por cada alumno (competencias CT-1, CE-13 e CT-2); o 20% restante terá en conta a asistencia as clases expositivas e seminarios de problemas e a súa participación activa neles. (competencia CT-2).
Os alumnos repetidores non terán que realizar as prácticas (conservarase a nota da ano anterior). Os demais aspectos da avaliación serán equiparables ós dos alumnos de nova matrícula.
A exención de asistencia, nos estudantes que cumpran os requisitos oficiais, será completa, sendo o exame final o único método de avaliación que suporá o 100% da nota final.
Os alumnos que unicamente poidan ser evaluados mediante Examen Final so poden acadar unha puntuación máxima de 8,0.
Tal como se recolle no Artigo 16 da Normativa de Avaliación do Rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada en Consello de Goberno de 15 de Xuño de 2011, “...a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente …” e que “…Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.…”
Clases expositivas e interactivas de seminario:
Requirirán un total de 18 horas presenciais; 20 horas de traballo serán por parte do alumno.
Clases prácticas: 6 horas presenciais e de asistencia obrigatoria por parte do alumno na aula de informática e/ou laboratorio de Xenética.
Consideramos que se precisan un total de 15 horas para que o alumno chegue á comprensión de problemas e elabore os resultados das prácticas.
- Preguntar as dúbidas que poidan xurdir durante o desenvolvemento das prácticas, clases expositivas ou interactivas.
- Resolver os boletíns de problemas a medida que avanza o desenvolvemento de conceptos nas clases expositivas.
- Usar as titorías para resolver dúbidas ou preguntas.
- Ler e consultar fontes de información científica (bases de datos, libros, revistas, páxinas web, ...) que estenderá todas as informacións recibidas nas clases teóricas e prácticas.