Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Desenvolver habilidades directivas na organización dun grupo de estudantes de grao encargado da elaboración dun proxecto ingenieril.
-Incentivar a realización dun liderado efectivo, cun compromiso ético, aplicando ferramentas básicas de xestión e dirección.
-Capacitar ao alumnado na valorización do capital humano a través da comunicación eficaz, detección de debilidades e fortalezas, motivación profesional e resolución de conflitos.
-Xerar aptitudes para a adquisición de responsabilidades, xestión do tempo, visión crítica e toma de decisións.
-Mellorar a capacidade de transmisión de termos científico-técnicos.
- Achegar ao alumnado ao manexo de ferramentas útiles no seguimento técnico e temporal de proxectos.
Métodos de seguimento de proxectos: elaboración de cronogramas, ferramentas informáticas. Aplicación dos conceptos teóricos introducidos nas restantes materias do módulo á dirección dun proxecto vinculado á enxeñaría química a realizar por alumnado do Grao en Enxeñaría Química, así como doutras titulacións con contidos relacionados coa elaboración de proxectos de procesos químicos.
BÁSICA
• Project Management Institute (2008). A Guide to the project management body of knowledge: PMBOK guide. 4ª Ed. PMI. Pennsylvania.
COMPLEMENTARIA
• UNE-ISO 21500:2013 – Directrices para a dirección e xestión de proxectos
• UNE-ISO 10006:2018 - Xestión da calidade. Directrices para a xestión da calidade nos proxectos.
As competencias a desenvolver, de acordo á memoria do máster son:
Básicas e Xerais: CB8, CG4, CG11, CG12, CG13, CG15.
Específicas: CE1, CE5, CE6, CE9, CE12.
Transversais: CT1, CT3, CT4, CT5, CT6.
Traballarase con maior incidencia nas competencias: CG4, CG12, CE5, CE9, CT3, CT6.
O alumnado matriculado nesta materia será emparellado co obxectivo de ter equipos de dirección con dous perfís claramente diferenciados: director/a técnico e director/a de planificación. Cada equipo realizará labores de dirección con grupos de estudantes do Grao en Enxeñaría Química (preferentemente de 2º curso e matriculados na actividade de 5 créditos ECTS que se oferta como materia de créditos recoñecibles) ou con grupos de estudantes do Grao en Química (matriculados na materia obrigatoria de 4º curso: Proxectos Profesionais en Química), no desenvolvemento dun proxecto.
A docencia expositiva da materia céntrase na formulación de obxectivos e exposición de conceptos, aplicados á dirección de proxectos de enxeñaría. (CB8, CE5, CE9).
Así mesmo, daranse a coñecer en seminarios en aula informática os obxectivos a conseguir cos programas informáticos que se empregarán para levar a cabo a dirección do proxecto. (CT3, CT4, CE5, CE12).
O alumnado da materia definirá un proceso de selección para formar os equipos dirixidos. Definirase o proceso a desenvolver e dirixirán a realización do proxecto (aplicación de balances de materia e enerxía a un proceso coa consideración de aspectos termodinámicos, reacción química, seguridade, económicos, ambiental…). Os seminarios realizaranse baixo a supervisión do profesorado da materia (corroboración da actuación dos directores de proxecto) ou sen ela (grupos de grao baixo a dirección do alumnado de máster). (CE6, CG11, CG12, CG13, CG15, CT1, CT3, CT4, CT5, CT6 CT6). A titoría grupal ten como obxectivo a detección de fortalezas e corrección de debilidades dos directores de proxecto.
O alumnado poderá ademais facer as consultas que desexe en titorías individualizadas no horario establecido para ese efecto.
Utilizarase o Campus Virtual como ferramenta de apoio á docencia.
- Descrición temporal das actividades:
Expositivas (3 h): Presentación da materia. Dirección de proxectos. Funcións da dirección.
Seminarios (22,5 h): Seguimento do desenvolvemento de proxectos.
Aula informática (6 h): Ferramentas informáticas.
Tutoría Grupal: A fixar entre a 3ª e a 4ª semana da materia.
A entrega da memoria do proxecto realizado polo equipo de grao é requisito para poder presentarse a avaliación.
A avaliación na primeira oportunidade basearase en:
- Avaliación oral consistente na presentación das actividades realizadas e logros conseguidos: 40%
- Traballos/actividades (50%) consistente na suma de varios elementos:
- Memoria do proxecto realizado polo equipo grao dirixido: 10%
- Documento de avaliación técnica da memoria do proxecto: 20 %
- Diagrama de Gantt final, revisado y comparado con la versión inicial: 20 %
- Informe do profesorado sobre a calidade da dirección en base ao desenvolvemento dos seminarios: 10 %
En caso de non superar a materia na primeira oportunidade, na segunda solicitarase unha memoria adicional que incluirá polo menos un diagrama de actividades e de recursos do proxecto construído a partir da experiencia desenvolvida.
O alumnado repetidor terá que realizar integramente as actividades planificadas.
A avaliación das competencias indicadas no apartado de metodoloxía para as clases expositivas e de seminario de informática realizarase principalmente a través do exame oral e a avaliación do proxecto presentado. (CB8, CE5, CE9, CE12, CT3, CT4). As competencias transversais, fundamentalmente, avaliaranse mediante a supervisión dos seminarios dos equipos de traballo apoiada na valoración dos alumnos de grao a través dun cuestionario deseñado a tal fin (CE6, CG11, CG12, CG13, CG15, CT1, CT3, CT4, CT5, CT6).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia é de 4.5 ECTS
Actividade Presencial (h) – Traballo Personal (h)
Clases maxistrais: 3 - 4
Seminarios: 22.5 - 43.5
Áula Informática: 6 - 6
Titorías Grupo: 1 - 3
Titorías individuais: 1 - 4
Examen e revisión: 0.5 - 6
Total: 34 - 67.5
O idioma de impartición da materia é castelán.
No caso de discrepancias entre as diferentes versións desta guía, prevalecerá a versión en castelán.
Almudena Hospido Quintana
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816797
- Correo electrónico
- almudena.hospido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Mauricio Iglesias
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816800
- Correo electrónico
- miguel.mauricio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A6 |
13.05.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |
13.05.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |
13.05.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
08.07.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A6 |
08.07.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A6 |
08.07.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A6 |