Ir o contido principal

Programa de Doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Enxeñaría e Arquitectura
Centro(s)
Escola de Doutoramento Internacional da USC
Avenida das Ciencias, 6, 15782
Santiago de Compostela
Campus
Santiago de Compostela
Contacto
pd.simulacionnumerica [at] usc.es

Na actualidade, coa rápida evolución da enxeñaría e as ciencias aplicadas, ponse de manifesto a necesidade de formar especialistas no modelado e a simulación numérica de procesos que proveñen do ámbito industrial ou empresarial, de maneira que, neses ámbitos se impulse desde a Universidade a transferencia do coñecemento e a incorporación de doutores aos departamentos de I+D+i, cunha formación encamiñada a optimizar procesos, diminuír custos, mellorar a calidade dos produtos, deseñar novas tecnoloxías, aumentar a seguridade, diminuír a contaminación medioambiental, etc.

Duración: 3 anos académicos
Código RUCT: 5600847
Número prazas: 9

Coordinador-a do título:
Peregrina Quintela Estevez
peregrina.quintela [at] usc.es

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
05/12/2013

Data de publicación no BOE:
11/03/2014

Data da última acreditación:
25/09/2013

Códigos ISCED:
(520) Ingeniería y profesiones afines
(461) Matemáticas
(0719) Ingeniería y profesiones afines (otros estudios)

Na actualidade, coa rápida evolución da enxeñaría e as ciencias aplicadas, ponse de manifesto a necesidade de formar especialistas no modelado e a simulación numérica de procesos que proveñen do ámbito industrial ou empresarial, de maneira que, neses ámbitos se impulse desde a Universidade a transferencia do coñecemento e a incorporación de doutores aos departamentos de I+D+i, cunha formación encamiñada a optimizar procesos, diminuír custos, mellorar a calidade dos produtos, deseñar novas tecnoloxías, aumentar a seguridade, diminuír a contaminación medioambiental, etc. Este programa pretender cubrir esas necesidades.

A relevancia das liñas de investigación nas que se centra o programa ponse de manifesto na produtividade científica dos grupos de investigación responsables, valorable, por exemplo, en términos de sexenios de investigación, teses dirixidas e publicacións en revistas do JCR.

A oferta proposta adecúase á actuación consistente na conformación dunha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto á contorna universitaria, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao.

Coa oferta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC. Se promoverá a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva. Así mesmo, a proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso dos mesmos, mediante fórmulas de colaboración internas e externas. Consideramos que a oferta formativa que propoñemos aporta á contorna local unha especialización única desde a educación pública.

A relevancia das liñas de investigación nas que se centra o programa ponse de manifesto na produtividade científica dos grupos de investigación responsables, valorable, por exemplo, en termos de sexenios de investigación, teses dirixidas e publicacións en revistas do JCR. A oferta proposta adecúase á actuación consistente na conformación dunha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto á contorna universitaria, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao. Coa oferta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora dos grupos que lideran o programa nas tres universidades galegas. Promoverase a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva. Así mesmo, a proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso dos mesmos, mediante fórmulas de colaboración internas e externas.

Sen complementos de formación:

• Máster en Enxeñaría Matemática ofertado pola USC, UDC e Uvigo, ou aquel que o substitúa.

• Estudantes co título de DEA obtido a través do programa “Programa de Doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas” na USC, UDC e Uvigo

Outros perfis:

• A Comisión Académica avaliará de forma individualizada cada caso. Considerarase a posibilidade de esixir complementos de formación de materias do Máster en Enxeñaría Matemática ofertado pola USC, UDC e Uvigo, ou no que este continúe (como máximo ata 15 ECTS).

• No caso doutros perfís que non realicen un máster necesitarase unha equivalencia de formación en créditos de investigación, en número non inferior aos do máster que dá acceso directo, é dicir, 60 ECTS.

• Os estudantes con título estranxeiro sen homologar poderán solicitar a admisión nos estudos de doutoramento sempre que se acredite un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que ademais faculte no país expedidor do título para o acceso aos estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo nin o recoñecemento a outros efectos que os de acceso a estes ensinos.

Acceso

1. Con carácter xeral, para o acceso a un programa oficial de doutoramento será necesario estar en posesión dos títulos oficiais españois de Grao, ou equivalente, e de Máster universitario, ou equivalente, sempre que se teñan cursado, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.

2. Así mesmo, poderá acceder quen se atope nalgún dos seguintes supostos:

a) Estar en posesión dun título universitario oficial español ou doutro país integrante do Espazo Europeo de Educación Superior, que habilite para o acceso ao máster de acordo co establecido no artigo 16 do RD 1393/2007, e superar un mínimo de 300 créditos ECTS no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales polo menos 60 deberán ser de nivel de máster.

b) Estar en posesión dun título oficial español de graduado ou graduada, cuxa duración, conforme normas de dereito comunitario, sexa de polo menos 300 créditos ECTS. Ditos titulados deberán cursar con carácter obrigatorio os complementos de formación requiridos polo programa, agás que o plan de estudos do correspondente título de grao inclúa créditos de formación en investigación equivalentes en valor formativo aos créditos en investigación procedentes de estudos de máster.

c) Os titulados universitarios que, logo da obteren praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superen con avaliación positiva polo menos dous anos de formación dun programa para a obtención do título oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde.

d) Estar en posesión dun título obtido conforme sistemas educativos estranxeiros, sen necesidade da súa homologación, logo da comprobación pola Universidade de que este acredita un nivel de formación equivalente á do título oficial español de máster universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de doutoramento. Esta admisión non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo do cal estea en posesión o interesado nin o seu recoñecemento para outros efectos que o do acceso a ensinos de doutoramento.

e) Estar en posesión doutro título español de doutor obtido conforme anteriores ordenacións universitarias.

f) Estar en posesión dun título universitario oficial que obtivera a correspondencia ao nivel 3 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, de acordo co procedemento establecido no Real Decreto 967/2014, de 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de Educación Superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior dos títulos oficiais de Arquitecto, Enxeñeiro, Licenciado, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico e Diplomado.

3. Os doutorandos que iniciasen o seu programa de doutoramento conforme anteriores ordenacións universitarias poderán acceder ao ensino de doutoramento, logo da súa admisión de acordo co establecido no Regulamento de estudos de doutoramento da USC. En todo caso deberán reunir os requisitos establecidos con carácter xeral no citado Regulamento para acceder aos estudos de doutoramento.

4. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan o diploma de estudos avanzados obtido de acordo co disposto no Real decreto 778/1998, do 30 de abril, ou alcancen a suficiencia investigadora regulada no Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro.

5. Poderán acceder aos estudos de doutoramento os licenciados, arquitectos ou enxeñeiros que posúan un título de máster oficial conforme o Real decreto 56/2005 ou o Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, ou teñan superados 60 ECTS de estudos de máster oficial.

6. Tamén poderán acceder os diplomados, enxeñeiros técnicos ou arquitectos técnicos que acrediten ter 300 créditos ECTS superados no conxunto de estudos universitarios oficiais, dos cales, polo menos 60, deberán ser de nivel de máster.

No momento de solicitar a admisión, o alumno debe presentar un anteproxecto de tese avalado por un doutor que cumpra os requisitos para ser director. Con este fin, daranse facilidades aos solicitantes para que se poñan en contacto cos profesores do programa. Este anteproxecto de tese será analizado pola Comisión Académica do programa, que deberá dar o seu visto bo para a admisión en función desa análise e do currículum vítae do alumno, tendo presente en todo caso o seu expediente académico.

Os estudantes que reúnan os requisitos de acceso poderán solicitar a admisión no Programa de Doutoramento, para o que se establecerá un prazo de preinscrición. Dita solicitude presentarase de acordo co procedemento que sinale a convocatoria.

Finalizado este prazo, a CAPD publicará a relación provisional de alumnos admitidos, coa súa correspondente lista da espera, de acordo cos criterios de selección establecidos.

O programa de doutoramento poderá extinguirse por algunha das seguintes causas:

• Que non supere o proceso de renovación da acreditación establecido no artigo 10 do RD 99/2011.

• Que non acredite o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa estatal ou autonómica vixente.

• Que se formule unha proposta de extinción do programa ao abeiro dos procesos de revisión e mellora do título de acordo co procedemento aprobado pola universidade.

• Que concorra calquera situación excepcional que impida o correcto desenvolvemento do programa de doutoramento.

A extinción producirá os seguintes efectos:

• Comportará a perda do seu carácter oficial e a baixa no RUCT.

• Non se poderá matricular novo alumnado no programa de doutoramento.

• En calquera caso todo o alumnado afectado deberá ser informado da extinción e das consecuencias desta no relativo ao desenvolvemento dos seus estudos.

A Universidade adoptará as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do alumnado que estea cursando os ditos estudos nos termos establecidos na resolución de extinción do plan de estudo, e aprobará o procedemento de extinción dos programas de doutoramento no seo da universidade.

Curso avanzado de ecuacións en derivadas parciais

  • E4061A01

Curso avanzado de elementos finitos

  • E4061A02

Temas avanzados de matemática aplicada I, II, III e IV

  • E4061A03

Computación paralela

  • E4061A04

Cursos do máster en enxeñaría matemática ou de másters equivalentes

  • E4061A05

Cursos avanzados externos ao programa e recoñecidos pola CAPD

  • E4061A06

Estancias de investigación

  • E4061A07

Asistencia e participación en congresos

  • E4061A08

Elaboración de artigos científicos

  • E4061A09
Profesores Área
Jose Antonio Alvarez Dios
Matemática Aplicada
Patricia Barral Rodiño
Matemática Aplicada
Óscar López Pouso
Matemática Aplicada
Rafael Muñoz Sola
Matemática Aplicada
Maria Luisa Seoane Martinez
Matemática Aplicada
María Del Carmen Muñiz Castiñeira
Matemática Aplicada
Peregrina Quintela Estevez
Matemática Aplicada
Rafael Vazquez Hernandez
Matemática Aplicada
Generosa Fernández Manin
Escola de Doutoramento Internacional
Guillermo García Lomba
Escola de Doutoramento Internacional
Jeronimo Rodriguez Garcia
Matemática Aplicada
José Jesús Cendán Verdes
Escola de Doutoramento Internacional
Maria Gonzalez Taboada
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Miguel Ernesto Vazquez Mendez
Matemática Aplicada
Juan Manuel Viaño Rey
Matemática Aplicada
Maria Elena Vazquez Cendon
Matemática Aplicada
José Ramón Fernández García
Escola de Doutoramento Internacional
Angel Daniel Rodriguez Aros
Escola de Doutoramento Internacional
José Manuel Rodríguez Seijo
Escola de Doutoramento Internacional
Áurea María Martínez Varela
Escola de Doutoramento Internacional
Lino José Álvarez Vázquez
Escola de Doutoramento Internacional
Profesores Área
Francisco Jose Pena Brage
Matemática Aplicada
Maria Dolores Gomez Pedreira
Matemática Aplicada
Duarte Santamarina Rios
Matemática Aplicada
José Luis Ferrín González
Matemática Aplicada
Maria Del Pilar Salgado Rodriguez
Matemática Aplicada
Andres Prieto Aneiros
Escola de Doutoramento Internacional
Jose Antonio Garcia Rodriguez
Escola de Doutoramento Internacional
Carlos Vázquez Cendón
Escola de Doutoramento Internacional
Ana María Ferreiro Ferreiro
Escola de Doutoramento Internacional
Luís María Hervella Nieto
Escola de Doutoramento Internacional
Marta Benitez Garcia
Escola de Doutoramento Internacional
José Durany Castrillo
Escola de Doutoramento Internacional
Iñigo Arregui Alvarez
Escola de Doutoramento Internacional
Elena Beatriz Martin Ortega
Escola de Doutoramento Internacional
Leandro Alejano Monge
Escola de Doutoramento Internacional
Javier Taboada Castro
Escola de Doutoramento Internacional

Coa oferta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC. Promoverase a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva. Así mesmo, a proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso dos mesmos, mediante fórmulas de colaboración internas e externas. Consideramos que a oferta formativa que propoñemos aporta á contorna local unha especialización única desde a educación pública.

Na actualidade, coa rápida evolución da enxeñaría e as ciencias aplicadas, ponse de manifesto a necesidade de formar especialistas no modelado e a simulación numérica de procesos que proveñen do ámbito industrial ou empresarial, de maneira que, neses ámbitos se impulse desde a Universidade a transferencia do coñecemento e a incorporación de doutores aos departamentos de I+D+i, cunha formación encamiñada a optimizar procesos, diminuír custos, mellorar a calidade dos produtos, deseñar novas tecnoloxías, aumentar a seguridade, diminuír a contaminación medioambiental, etc. Este programa pretender cubrir esas necesidades.

A relevancia das liñas de investigación nas que se centra o programa ponse de manifesto na produtividade científica dos grupos de investigación responsables, valorable, por exemplo, en términos de sexenios de investigación, teses dirixidas e publicacións en revistas do JCR.

A oferta proposta adecúase á actuación consistente na conformación dunha oferta de posgrao especializada e competitiva respecto á contorna universitaria, nacional e internacional, incrementando o prestixio social dos estudos de posgrao.

Coa oferta proposta preténdese reforzar o prestixio da traxectoria investigadora da USC. Se promoverá a incorporación de doutores e doutoras ás empresas co fin de estender a súa capacidade máis aló da docencia e a investigación, co fin de impulsar a actividade produtiva. Así mesmo, a proposta é consecuente coa necesaria modificación dos patróns de xestión de recursos, buscando a optimización do uso dos mesmos, mediante fórmulas de colaboración internas e externas. Consideramos que a oferta formativa que propoñemos aporta á contorna local unha especialización única desde a educación pública.

• Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo

• Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación

• Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal

• Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas

• Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional

• Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento

  • Capacidade de desenvolver a actividade investigadora con responsabilidade social e integridade científica
  • Capacidade de modelar procesos industriais no ámbito da Matemática Aplicada
  • Capacidade de analizar matematicamente os modelos do ámbito da Matemática Aplicada, estudando a existencia, unicidade e propiedades da solución
  • Capacidade de analizar os resultados obtidos mediante simulación numérica e os métodos numéricos empregados, coas ferramentas proporcionadas pola análise numérico
  • Capacidade de resolver numericamente problemas industriais, susceptibles de ser formulados matematicamente, nos ámbitos da enxeñaría, as finanzas, as ciencias da saúde e o medio ambiente
  • Capacidade de seleccionar un conxunto de técnicas numéricas, linguaxes e ferramentas informáticas, adecuadas para resolver un modelo matemático
  • Capacidade de adaptar, modificar e implementar ferramentas de software de simulación numérica
  • Capacidade de interaccionar cos profesionais da industria para construír solucións innovadoras aos problemas formulados e contribuír á transferencia de devandito coñecemento.

• Capacidade de desenvolver a actividade investigadora con responsabilidade social e integridade científica

• Capacidade de modelar procesos industriais no ámbito da Matemática Aplicada

• Capacidade de analizar matematicamente os modelos do ámbito da Matemática Aplicada, estudando a existencia, unicidade e propiedades da solución

• Capacidade de analizar os resultados obtidos mediante simulación numérica e os métodos numéricos empregados, coas ferramentas proporcionadas pola análise numérico

• Capacidade de resolver numericamente problemas industriais, susceptibles de ser formulados matematicamente, nos ámbitos da enxeñaría, as finanzas, as ciencias da saúde e o medio ambiente

• Capacidade de seleccionar un conxunto de técnicas numéricas, linguaxes e ferramentas informáticas, adecuadas para resolver un modelo matemático

• Capacidade de adaptar, modificar e implementar ferramentas de software de simulación numérica

• Capacidade de interaccionar cos profesionais da industria para construír solucións innovadoras aos problemas formulados e contribuír á transferencia de devandito coñecemento.

Para dar cobertura a todos os requirimentos da actividade investigadora, ademais dos recursos propios dos centros nos que desenvolven a súa actividade os doutorandos, a USC conta con unidades de carácter centralizado que prestan os seus servizos a departamentos e grupos de investigación entre os que cabe sinalar:

A Biblioteca Universitaria que é unha unidade funcional concibida como un centro de recursos bibliográficos para a docencia, a investigación, o estudo e a aprendizaxe, ofrece servizos como os seguintes:

• Bases de datos reunidas

• Revistas electrónicas

• Sumarios electrónicos

• Servizo de préstamo interbibliotecario

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. Está constituído por fondos documentais propios ou en depósito.

A Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e ao Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT) é a estrutura organizativa que integra as infraestruturas instrumentais de uso común que prestan servizos de apoio á investigación da USC. O obxectivo da RIAIDT é darlle unha meirande unidade e operatividade aos recursos de apoio á investigación cos que conta a USC.

A Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC) da USC ten a misión de deseñar, planificar, xestionar, administrar e asegurar as infraestruturas e servizos baseados en tecnoloxías da información e comunicación (TIC) prestados á comunidade universitaria nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión administrativa.

O respecto á diversidade e o desenvolvemento de políticas activas de incorporación e integración de estudantes con necesidades especiais son dous principios e liñas de actuación recollidos na Memoria de Responsabilidade Social da USC. A tal efecto, o Servizo de Participación e Integración Universitaria encárgase da coordinación, en colaboración cos distintos centros e entidades, e posta en marcha das actuacións necesarias para favorecer a igualdade entre todos os membros da comunidade universitaria.

Outros recursos:

Centro de tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)

Redes de aulas de informática

Área de xestión de infraestruturas

Servizo de medios audiovisuais

Servizo de prevención de riscos

Unha descrición máis detallada dos recursos materiais está dispoñible no apartado sete da Memoria do Título

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Coordinador/a
Peregrina Quintela Estevez

Secretario/a
Jeronimo Rodriguez Garcia

Vogais
Rafael Muñoz Sola

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-01
Prazas Ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Achega información sobre a evolución da oferta de prazas asociada a ese programa

Info da escala: Número enteiro

9,0

9,0

9,0

9,0

9,0

9,0

ID-02
Demanda

Relación porcentual das solicitudes presentadas sobre a oferta de prazas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

55,56

22,22

22,22

33,33

33,33

66,67

ID-03
Matrícula de novo ingreso

Número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Número enteiro

1,0

2,0

2,0

3,0

2,0

2,0

ID-06
Matrícula total de estudantes

Número total de estudantes matriculados en réxime de matrícula ordinaria

Info da escala: Número enteiro

17,0

16,0

14,0

14,0

12,0

11,0

ID-07
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster.

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso procedentes de estudos de máster e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

50,0

100,0

100,0

100,0

100,0

ID-08
Porcentaxe de estudantes procedentes de outras universidades

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso con mestrados de acceso doutras universidades e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

50,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-09
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades nacionais, fóra do SUG e o número total de estudantes matriculados

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-10
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso doutras universidade do SUG

Relación porcentual entre o número de estudantes de novo ingreso doutras universidades do SUG e o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

50,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-11
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre o total de matriculados

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros (de fora de España) sobre o total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

5,88

12,50

14,29

14,29

16,67

9,09

ID-12
Porcentaxe de estudantes estranxeiros do EEES

Relación porcentual do número de estudantes estranxeiros do EEES sobre o número total de matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

5,88

12,5

14,29

14,29

16,67

9,09

ID-22
Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Porcentaxe de estudantes segundo perfil de ingreso

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-13
Porcentaxe de estudantes de novo ingreso que requiren complementos formativos

Relación porcentual do número de estudantes de novo ingreso que precisan complementos formativos sobre o número de estudantes matriculados/as de novo ingreso, unha vez descontado o número de estudantes de novo ingreso por adaptación.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-14
Porcentaxe de estudantes a tempo completo

Relación porcentual do número de estudantes a tempo completo sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo completo aqueles que teñan a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

29,41

25,0

28,57

35,71

50,0

54,55

ID-15
Porcentaxe de estudantes a tempo parcial

Relación porcentual do número de estudantes a tempo parcial sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos a tempo parcial aqueles que teñen a mesma dedicación durante todo o curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

23,53

18,75

14,29

7,14

8,33

18,18

ID-16
Porcentaxe de estudantes con dedicación mixta

Relación porcentual do número de estudantes con dedicación mixta sobre o número total de matriculados. Nota: Considéranse alumnos con dedicación mixta aqueles que alternan entre dedicación a tempo completo e parcial durante o mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

47,06

56,25

57,14

57,14

41,67

27,27

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-17
Porcentaxe de estudantes que realizan estadías de investigación (saíntes) autorizadas pola CAPD

Relación porcentual do número de estudantes que realizan estadías de investigación sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

20,0

50,0

0,0

20,0

16,67

0,0

ID-19
Porcentaxe de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes)

Relación porcentual do número de estudantes que participan en programas de mobilidade (entrantes) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

25,0

0,0

50,0

0,0

ID-21
Porcentaxe de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...)

Relación porcentual do número de estudantes con bolsa ou contrato predoutoral (FPI, FPU, Xunta,...) sobre o número de estudantes matriculados a tempo completo.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

75,0

100,0

75,0

20,0

20,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-24
Ratio de teses defendidas en réxime de codirección

Relación porcentual do número de teses defendidas en réxime de codirección sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

1,0

1,0

-

1,0

1,0

ID-25
Número total de sexenios

Número total de sexenios.

Info da escala: Número enteiro

50,0

54,0

64,0

58,0

55,0

55,0

ID-26
Número medio de sexenios por PDI

Número medio de sexenios por PDI.

Info da escala: Número racional con dous decimais

2,7778

3,0

3,5556

3,2222

3,2353

3,2353

ID-27
Porcentaxe de PDI con sexenios

Relación porcentual do número de PDI con sexenios sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

ID-28
Porcentaxe de PDI con sexenios vivos.

Relación porcentual do número de PDI con sexenios vivos sobre o número de PDI con opción a sexenios.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

66,67

66,67

72,22

77,78

76,47

70,59

ID-29
Porcentaxe de profesorado estranxeiro sobre o profesorado total do programa

Relación porcentual do número de directores de tese estranxeiros sobre o número total de directores de tese

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

14,29

17,39

17,39

16,67

15,38

8,33

ID-30
Porcentaxe de expertos internacionais nos tribunais de tese

Relación porcentual do número de membros estranxeiros dos tribunais sobre o número total de membros dos tribunais

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

16,67

16,67

0,0

-

0,0

17,08

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

ID-31
Número de teses defendidas

Número de teses defendidas

Info da escala: Número enteiro

4,0

2,0

1,0

0,0

2,0

2,0

ID-32
Porcentaxe de teses realizadas a tempo completo

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo completo sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

-

100,0

100,0

ID-33
Porcentaxe de teses realizadas  a tempo parcial

Relación porcentual do número de teses realizadas a tempo parcial sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

-

0,0

0,0

ID-34
Porcentaxe de teses realizadas con dedicación mixta

Relación porcentual do número de teses realizadas con dedicación mixta sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

-

0,0

0,0

ID-35
Número de teses presentadas en galego

Número de teses presentadas en galego

Info da escala: Número enteiro

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

ID-36
Número de teses presentadas en castelán

Número de teses presentadas en castelán

Info da escala: Número enteiro

0,0

1,0

0,0

0,0

1,0

0,0

ID-37
Número de teses presentadas noutro idioma

Número de teses presentadas noutro idioma

Info da escala: Número enteiro

4,0

1,0

1,0

0,0

1,0

2,0

ID-38
Duración media dos estudos a tempo completo

Duración media (en anos) dos estudos a tempo completo

Info da escala: Número enteiro

2,6363

4,9315

4,9315

-

-

3,5425

ID-39
Duración media dos estudos a  tempo parcial

Duración media (en anos) dos estudos a tempo parcial.

Info da escala: Número enteiro

-

4,2658

-

-

5,1658

5,1288

ID-40
Porcentaxe de doutorandos que defenden a súa tese sen pedir prórroga

Relación porcentual do número de estudantes que defenden a tese sen prórroga sobre o número total de teses defendidas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

0,0

0,0

-

0,0

0,0

ID-43
Porcentaxe de teses coa cualificación de “cum laude”

Relación porcentual do número de teses que acadan a cualificación de “cum laude” sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

-

100,0

100,0

ID-44
Porcentaxe de teses con mención internacional

Relación porcentual do número de teses con mención internacional sobre o número total de teses defendidas

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

75,0

50,0

100,0

-

0,0

50,0

ID-45
Porcentaxe de abandono do programa

Relación porcentual do número de estudantes que non se matricularon nin defenderon a tese no curso académico sobre o número total de estudantes matriculados no curso anteriror, unha vez descontados o número de alumnos que defenderon a tese no curso académico e os alumnos que teñen concedida unha baixa temporal

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

20,0

53,33

14,29

27,27

12,5

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.11.2023.