Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva Seminario: 5 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
O desenvolvemento e a expansión da arte románica en Europa está intimamente ligada ás vías de peregrinación que atravesaban o territorio e que actuaron como verdadeiros eixes integradores da sociedade medieval e como camiños para a difusión de artistas e modelos figurativos e arquitectónicos.
Deste xeito, vías de peregrinación como o Camiño de Santiago enchéronse de santuarios con importantes reliquias que eran á súa vez obxecto de veneración polos peregrinos. Estes edificios son os grandes expoñentes da arte dos séculos XI e XII en Europa no só pola súa arquitectura senón tamén polos seus portais esculpidos, os seus claustros e a os obxectos suntuarios que atesouraban.
Polo tanto os obxectivos da materia son:
• Coñecer as claves da arquitectura e da escultura románicas.
• Entender os procesos de intercambio artístico entre os focos creadores da arte románica europea.
• Descubrir a produción artística ligada ás vías de peregrinación europeas tanto na arquitectura como nas artes figurativas.
- Románico e romance
- Artes figurativas e artes literarias
- La escultura románica: focos creadores, categorías descritivas. A policromía da escultura monumental.
- A escultura hispano tolosana e a recuperación da Antigüidade.
- A portada monumental no Camiño de Santiago: Conques, Toulouse, Moissac, Pamplona, León e Jaca.
- Santiago, La Europa del Peregrinaje, P. Caucci, Von Saucken (ed.), Barcelona, 1993.
- Santiago, Camino de Europa. Culto y cultura de la peregrinación a Compostela, S. Moralejo Álvarez (ed.), Santiago de Compostela, 1993.
- Durliat, M., Sculpture romane de la route de Saint-Jacques. De Conques à Compostelle, Mont-de-Marsan, 1991.
Comprender os procesos que se desenvolven en diversas escalas espazo-temporais e en diversos contextos socio-culturais
Conciencia crítica das coordenadas espazo-temporais da Historia da Arte no Camiño de Santiago.
Coñecemento das distintas metodoloxías da aproximación á Arte dos Camiños de Peregrinación.
Coñecemento sistemático e integrado do feito artístico: distintas linguaxes e técnicas da produción artística ao longo da historia.
Coñecementos básicos de iconografía como clave para a interpretación de imaxes.
Capacidade de análise e síntese.
Capacidade de xestión da información e o coñecemento.
A metodoloxía a seguir neste curso será de tipo expositiva, mediante unha explicación teórica dos contidos.
A parte práctica consistirá en comentarios de obras artísticas na aula por parte do alumnado e nunha saída de estudos.
A avaliación será continua. Os resultados da aprendizaxe avaliaranse diariamente durante as sesións prácticas na aula e con unha proba final escrita.
O estudantado deberá adicar polo menos vinte horas de traballo persoal para superar a materia.
Ao longo do curso entregarase documentación detallada sobre o desenvolvemento das actividades. Esta información será ofrecida a través dos cursos da aula virtual, polo que todos os alumnos/as deben estar dados de alta na plataforma e ter cubertos os seus datos de perfil.
A lo largo del curso se entregará documentación detallada sobre el desarrollo de las actividades. Esta información será ofrecida a través del curso del aula virtual, por lo que todos los alumnos/as deben estar dados de alta en la plataforma y tener cubiertos sus datos de perfil.
Victoriano Ramón Nodar Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- victorianoramon.nodar.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Venres | |||
---|---|---|---|
16:30-18:30 | CLE_01 | Galego | 5512 Sede Ribeira |