Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva Seminario: 5 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable
Xeral: Promover e facilitar a integración e participación nos procesos formativos da aprendizaxe emocional que respondan aos intereses e expectativas do colectivo do IV Ciclo.
Específicos:
Adquirir competencia conceptual empregando unha linguaxe técnica.
Identificar as nosas propias emocións e as dos demais.
Desenvolver as competencias (habilidades, destrezas...) emocionais.
Adoptar unha actitude positiva ante a vida.
Tomar conciencia dos factores que inducen ao benestar subxectivo
0. Introdución: O sentido da materia no Plan de Estudos
1. Marco conceptual e clasificación das emocións
2. Conciencia emocional: Coñecer e recoñecer
3. Control e xestión das emocións
4. Benestar emocional e calidade de vida
5. Cine e emocións
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
ARASA, D. y ALMACELLAS, Mª Á. (2011). I Congreso Cine y Educación. Más allá del entretenimiento. El foco en el corazón. La educación de la afectividad a través del cine.Asociación CinemaNet.
ASENSIO, J. M.; GARCÍA CARRASCO, J.; NUÑEZ CUBERO, L. y LARROSA, J. (Coords.) (2004): La vida emocional. Las emociones y la formación de la identidad humana. Ariel [Libro y CD].
BISQUERRA, R. y PÉREZ, N. (2007). Las competencias emocionales. Educación XXI, (10), 61-82.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
DIOS, M. (2001): Cine para convivir. ToxoSoutos.
GARDNER, H. (2001): La inteligencia reformulada: Las inteligencias múltiples en el siglo XXI. Paidós.
GARDNER, H. (2011): Verdad, belleza y bondad reformuladas. Barcelona: Paidós.
GOLEMAN. D. (1997): Inteligencia emocional. Ed. Círculo de Lectores.
GUTIÉRREZ, Mª C. (2019a). Construir el ámbito de la afectividad. Educando la dimensión afectivo-emocional. En Vera Vila, J. (Coord.) Formar para Transformar. Cambio social y profesiones educativas (pp. 89-93). GEU Editores
GUTIÉRREZ MOAR, M. C. (2021). (Re)Configuración de la persona desde la pedagogía gerontológica y los programas universitarios de mayores (PUM).: El aprendizaje emocional en el IV Ciclo de la USC. En J. M. Touriñán López y M. E. Olveira Olveira (Coords.). Pedagogía mesoaxiológica y construcción de ámbitos de educación: La función de educar. (pp.355-368). Red Internacional de Pedagogía Mesoaxiológica (RIPEME)
SABER: Metacoñecementos e contextualización do saber APTITUDES, COÑECEMENTO TÉCNICO sobre o mundo afectivo-emocional, a educación emocional e o proceso de ensinanza-aprendizaje que se deseña para lograr o benestar emocional.
SABER FACER: SABERES PRÁCTICOS: Como proceder, metodoloxías, xestión do tempo e modos de intervención. HABILIDADES E DESTREZAS adquiridas a partir de aplicar os coñecementos técnicos para si mesmos e para os demais.
SABER SER E ESTAR: SER: Proxecto vital: Imaxen propia e persoal, actitudes, VALORES e CREENZAS para a organización e interacción (intrapersoal). ESTAR: COMPORTAMENTO INDIVIDUAL E GRUPAL. Grado de autonomía, participación e fiabilidade. Competencias de desenvolvemento socio-persoal e emocional (persoal e interpersoal) como por exemplo: Motivación, autoconfianza, autocontrol, paciencia, autocrítica, autonomía, asertividade, responsabilidade, capacidade de toma de decisións, empatía, capacidade de prevención e solución de conflitos, espírito e traballo de equipo…
A metodoloxía docente está adaptada ao modelo do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) con sesións de aula expositivas (teóricas) e interactivas (realización das Prácticas de Aula) coa finalidade de que o alumnado asuma o protagonismo e a implicación no proceso de ensinanza-aprendizaxe onde a motivación e a participación activa son elementos fundamentais. A metodoloxía identifícase coma o conxunto de oportunidades e condicións que se ofrecen aos estudantes para promover a súa aprendizaxe. Caracterizase por ser activa, participativa, colaborativa, cooperativa segundo o requiran as actividades.
Para desenvolver axeitadamente a relación teoría-práctica contamos coa creación dunha e-aula no Campus Virtual da USC co mesmo nome que a materia. Onde está ao dispor do estudantado os contidos dos temas e material complementario. Creamos ademais o espazo miscelánea que se constrúe entre o profesorado e os discentes e outro espazo de información xeral onde se da conta de actividades, eventos e acontecementos da comunidade universitaria que forma parte da Facultade de Ciencias da Educación, para que o alumnado do IV Ciclo participe co noso estudantado dos Graos e Másters.
En correspondencia coas actividades programadas e co plan de traballo proposto, e en harmonía cos obxectivos, os contidos, a metodoloxía e os recursos dispoñibles, la avaliación dos estudantes estará baseada nas cualificacións que obterán nas contribucións escritas que realicen, participación e calidade das aportacións nas sesións de clase teóricas e prácticas que se programen e nos traballos que se presenten.
O alumnado elixirá entre a elaboración dun traballo baixo a temática referida á «DIMENSIÓN EMOCIONAL» ou realizar un exame tipo test de resposta única. (30% = 3 puntos como máximo). As Prácticas de Aula terán un valor complementario tanto a nivel de contido como de rendemento persoal e/o grupal do 45% = 4,5 puntos como máximo) e a asistencia e participación activa nas clases terase en conta na nota final da materia (25% = 2,5 punto como máximo) O alumnado debe acreditar a asistencia de, polo menos, o 80% das actividades presenciais programadas.
Tod@s l@s alumn@s teñen dereito a revisaros seus traballos, prácticas de aula e exames colas profesoras da materia.
3 créditos ECTS
Materiacuatrimemestral-semestral 2h de clase á semana: Clases expositivas e/ou Clases interactivas (Prácticas de Aula)
Realización do traballo individual/exame
Títorías 6 h á semana
• Asistencia e participación en clase
• Realización dun traballo constante ao longo do cuadrimestre-semestre para acometer, segundo as normas da acción formativa, e entregar todas as actividades discentes nos prazos que se fixen.
• Solventar as dúbidas na aula e nas titorías.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES)
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia a clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de Xénero no ámbito universitario, recoméndase facer un uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotián da aula como nos traballos académicos encomendados. Pódese obter información respecto diso na ligazón: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
LINGUAXE INCLUSIVA
Uso da Guía para o emprego dunha linguaxe inclusiva da USC (2018). https://xornalistas.gal/web/uploads/novas_adxuntos/adxunto/fa5/5c013549…
COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL NA USC
- A necesidade de que o alumnado empregue necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado.
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA aula
"Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado do mesmo".
OUTRAS RECOMENDACIÓNS
- Obrigatoriedade de empregar as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras facilitadas pola facultade e autorizadas como institucionais pola universidade (Lifesize etc.)/ etc.).
- Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases e titorías) é un proceso privado, enténdese por privado un proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Entrega de traballos realizados polo alumnado será preferentemente a través da aula virtual.
Protección de datos: Seguirase a normativa de referencia que pode ser consultada en: https://www.usc.gal/es/politica-privacidade-proteccion-datos.
- #Ante a realización fraudulenta de exercicios/traballos ou probas (exames) indicar que “Para vos casos de realización fraudulenta de exercicios/traballos ou probas (exames) será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.