Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
- Iniciación ao coñecemento da Paleografía e da Diplomática como ciencias xunto cos seus presupostos teóricos e metodolóxicos.
- Iniciación á transcripción documental
- Realización de comentarios diplomáticos identificando de que tipo documental se trata en cada caso e distinguindo as partes que o integran.
- Posibilitar que o alumno chegue a coñecer os distintos tipos de escritura, de documentos e o seu valor en diferentes ámbitos (pericial, histórico, artístico, paisaxístico etc.)
Bloque I: A Paleografía e a Diplomática: orixe, desenrolo e principios.
Tema 1: A Paleografía: concepto, obxeto e método.
Tema 2: Historia da Paleografía.
Tema 3: A Diplomática: concepto, obxeto e método.
Tema 4: Historia da Diplomática
Bloque II: As fontes escritas
Tema 5: O sistema abreviativo
Tema 6: Caracteres extrínsecos do documento: materias, instrumentos escriptorios, tipo de escritura etc.
Tema 7: Caracteres intrínsecos: a estructura documental.
Tema 8: A xénese documental.
Tema 9: A tradición documental.
Tema 10: A elaboración dos documentos.
Tema 11: Criterios para a clasificación dos documentos.
Bloque III: Os ciclos escriturarios e tipoloxía documental en época moderna e contemporánea.
Tema 12: A escritura cortesana e procesal. A tipoloxía documental en época trastámara e habsbúrgica (último tercio do século XIV-s. XVII).
Tema 13: A escritura humanística. A tipoloxía documental en época borbónica.
Tema 14: A escritura e o documento en época contemporánea.
Paleografía e Diplomática
Manuais e outros traballos:
- Floriano Cumbreño, Antonio C.: Curso general de Paleografía y Paleografía y Diplomática españolas. Oviedo, 1946
- García Rodríguez, Antonio: Diplomática del documento administrativo actual: tradición e innovación. Carmona, 2001
- Marín Martínez, Tomás y otros: Paleografía y Diplomática. Madrid, 2002
- Morterero y Simón, Conrado: Apuntes de iniciación a la paleografía española de los siglos XII a XVII. Madrid, 1979
- Núñez Contreras, Luis: Manual de Paleografía: fundamentos e historia de la escritura latina hasta el siglo VIII. Madrid, 1994
- Pino Rebolledo, Fernando: Tipología de los documentos municipales. Vallladolid, 1991
- Riesco Terrero, Ángel y otros: Introduccción a la Paleografía y la Diplomática general. Madrid, 1999
- Romero Tallafigo, Manuel; Rodríguez Liañez, Laureano; Sánchez González, Antonio: Arte de leer escrituras antiguas. Paleografía de lectura. Huelva, 1996
- Romero Tallafigo, Manuel: Diplomática del documento contemporáneo: sus aportaciones para la valoración y selección en los archivos.” En: Primeras Jornadas sobre metodología para la identificación y valoración de fondos documentales de las administraciones públicas. Madrid, 1992, p. 51-59
- Idem: “Historia del documento en la Edad Contemporánea: la comunicación y la representación del poder central de la nación. Carmona, 2002
- Rubio Merino, Pedro: "Tipología documental en los archivos parroquiales." En: Archivística: estudios básicos. Sevilla, 1981, pp. 209-236
- Tamayo, Alberto: Archivística, diplomática y sigilografía. Madrid, 1996
. Madrid, 2000
Coleccións de láminas:
- Arribas Arranz, Filemón: Paleografía documental hispánica. Valladolid, 1965, 2v.
- Colomera y Rodríguez, Venancio: Paleografía castellana. Valladolid, 2002
- Costa, Avelino Jesús da: Album de paleografia e diplomática portuguesas: estampas. Coimbra, 1997
- Millares Carlo, Agustín: Album de paleografía hispanoamericana de los siglos XVI y XVII. Barcelona, 1975, 2v.
- Idem: Tratado de paleografía española. Madrid, 1983, 3v.
- Morterero y Simón, Conrado: Apuntes de inciación a la paleografía española de los siglos XII a XVII. Madrid, 1979
- Riesco Terrero, Ángel y otros: Aproximación a la cultura escrita: material de apoyo. Madrid, 1995
- Romero Tallafigo, Manuel; Rodríguez Liañez, Laureano; Sánchez González, Antonio: Arte de leer escrituras antiguas. Paleografía de lectura. Huelva, 1996
- Universidad Nacional de Educación a Distancia (ed.): Láminas de la Cátedra de Paleografía y Diplomática. Madrid, 2000
Diccionarios:
- Riesco Terrero, Ángel: Diccionario de abreviaturas hispanas de los siglos XIII al XVIII, con un apéndice de expresiones y fórmulas jurídico-diplomáticas de uso corriente. Salamanca, 1983
Normas de transcripción paleográfica:
- CSIC: Normas de transcripción y edición de textos y documentos. Madrid, 1944
- Comission Internationale de Diplomatique: Diplomatique et Sigillographica: …. Zaragoza, 1984
- Costa, Avelino Jesus da: Normas gerais de transcriçao e publicaçao de documentos e textos medievais e modernos. Coimbra, 1994
- López Villalba, José Miguel: “Normas españolas para la transcripción y edición de colecciones diplomáticas.” Espacio, Tiempo y Forma. Serie III, Historia Medieval, T. 11, 1998, pp. 285-306
- Lucas Álvarez, Manuel: “Para unas normas complementarias de transcripción de documentos gallegos.” Cuadernos de Estudios Gallegos, 12 (1949),
Dentro das competencias xerais, sería desexable que os/as alumnos/-as tiveran uns coñecementos nas áreas de Humanidades adquiridos na súa educación secundaria e que fosen capaces de amplialos mediante o contacto con textos especializados e determinadas achegas; que saiban aplicar estes mesmos coñecementos de forma profesional ás tarefas que se desenrolarán na materia e posúan competencias para a elaboración e defensa de argumentos e a resolución das cuestións que se lle plantexen; e, finalmente, tamén resulta recomendable que desenrolen habilidades de aprendizaxe que lles permitan emprender estudos cun alto grado de autonomía.
Aparte destas competencias xerais, os/as alumnos/-as que cursan esta materia desenrolan unhas competencias tanto transversais como específicas. Transversais porque a elaboración de determinados tarefas prácticas obrigaralles a unha redacción axeitada dos textos e á súa presentación dacordo cuns parámetros. E específicas porque o programa que se presenta permitirá aos/ás alumnos/-as adquirir uns coñecementos sobre o eido da Paleografía e a Diplomática en época moderna e contemporánea e posibilitar que no futuro poidan completar a súa formación coa realización dun traballo de investigación dirixido e incluso, combinado cos coñecementos adquiridos noutras ensinanzas, poder abordar a creación e progreso de proxectos culturais, educativos, comunicativos etc.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
As recomendacións para a superación da materia baséanse na propia experiencia persoal do docente e resúmense no seguinte:
- uso do campus virtual regular.
- repaso diario dos temas a fin de afrontar con garantías as actividades prácticas e os controis sobre os contidos de materia.
- practicar constantemente como o método máis eficaz para adquirir os obxetivos da materia.
- plantexar todas as dúbidas que poidan xurdir a traverso do campus virtual ou ben acudir a titorías presenciais se se prefire.
1.1 Descripción da materia.
A asignatura á que se refire o presente programa, denominada “Escritura e Documento no mundo moderno e contemporáneo”, é unha materia optativa de duración catrimestral que se cursa no segundo ciclo (4º curso) no segundo cuatrimestre no Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural impartido na Facultade de Humanidades da USC sita no campus de Lugo. O número de créditos dos que consta é de 4,5 ECTS
1.2 Prerrequisitos
Dado que esta materia impártese no 4º curso do citado grao, soe ser tamén a primeira vez que os alumnos entran en contacto coa Paleografía e Diplomática. Como prerrequisito básico e esencial, establécese o saber leer e escribir pois calquera persoa pode chegar a entender os principios básicos destas disciplinas. Polo que se refire ós prerrequisitos aconsellables, a súa aplicación na nosa materia queda moi minimizada, limitándose unicamente á denominación de certos elementos dentro de ambas ciencias. Pese a isto insistiremos nestes termos para que o alumno os coñeza, empregue e saiba a que nos estamos referindo.
1.3 Profesor que imparte a materia e lingua na que vai ser impartida.
A docencia desta materia será impartida polo Profesor Dr. Gonzalo Francisco Fernández Suárez, na actualidade Profesor Contratado Doutor LOU do Departamento de Historia , Área de Ciencias e Técnicas Historiográficas, da USC. A lingua empregada nas súas intervencións na clase será o galego.
1.4 Horario e lugar das titorías.
Dado que se trata dunha opción semipresencial, as titorías realizaranse a traverso do campus virtual mediante o foro habilitado na aula da materia e no que poderá formular as súas preguntas ou dúbidas. Ademais este método de atención das tutorías a traverso do foro habilitado tamén ofrece a avantaxe de que, en casos, ao tratarse de dúbidas compartidas por varios alumnos, a resposta do docente queda no foro a disposición de todos e constitue outro material de apoio para resolver estas cuestións en calquera momento. Polo que se refire ás titorías presenciais, estas desenvolveranse no seu despacho da Facultade de Humanidades, sito no primeiro andar do edificio, co número 129, os mércores de 9h a 11h e os xoves de 9h a 10h e de 11:30h a 13:30h. Fóra deste horario, o docente tamén poderá atender as consultas do alumnado, sempre e cando as súas obrigas ocupacionais e a súa disposición llelo permitan. Neste caso será recomendable que o alumno se poña en contacto mediante teléfono, e-mail, teams ou entrevista directa a fin de acordar o día e a hora para unha cita. Do mesmo xeito o alumno poderá plantexar as súas dúbidas a traverso do foro habilitado na aula da materia habilitada no Campus Virtual.
No tocante á avaliación da aprendizaxe, cómpre sinalar o seguinte:
1º A correcta resolución dos exercicios subidos á aula da materia no Campus Virtutal suporá o 30% da nota global, sendo necesario que o alumno obteña unha puntuación dun 1,5 puntos para darse como superada.
2º Polo que respecta á probal global, esta equivalerá ao 70% da nota global e tanto na primeira como na segunda oportunidade constará de dúas partes: unha parte práctica na que se plantexará algún exercicio parecido aos vistos na clase e que será valorada cun máximo de 5 puntos e unha parte teórica valorada con 2 puntos e que consistirá en preguntas de resposta curta entorno á teoría vista na materia. Tales preguntas consistirán en cuestións que fagan que o alumno teña que razoar para responder e, en consecuencia, amosar así se entendeu a teoría. A proba global contabilizará un total de 7 puntos, pero será necesario que o alumno acade unha puntuación mínima de 5 puntos para darse por superada e para poder contabilizar a correcta resolución dos exercicios.
Aqueles outros alumnos repetidores desta materia ao ano seguinte de tela cursado, se teñen superada a correcta resolución dos exercicios no curso anterior, soamente terán que examinarse da proba global. Este criterio só se lles aplicará ao ano seguinte de tela cursado, pois se repiten por segunda vez, deberán aterse aos criterios de evaluación da materia como se a cursaran por primeira vez.
En canto ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas cómpre advertir o seguinte: "Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións."
Gonzalo Francisco Fernandez Suarez
- Departamento
- Historia
- Área
- Ciencias e Técnicas Historiográficas
- Correo electrónico
- gonzalofrancisco.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
28.05.2025 12:30-14:00 | Grupo de exame | Aula 12 |
03.07.2025 12:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 12 |