Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Fornecer un coñecimento xeral da produción literaria portuguesa da segunda metade do século XIX até ao século XXI.
-Focar algúns dos autores e das obras que a historiografia literaria considera mais significativos ou importantes na época contemporánea e actual.
-Aproximarse das condicións de produción de textos e autores.
-Coñecer e por em uso instrumentos da Teoria e Crítica Literarias en relación a aspectos da literatura portuguesa.
BLOCO 01: O Realismo e a "Geração de 70"
BLOCO 02: O Realismo-Naturalismo
BLOCO 03: Eça de Queirós
BLOCO 04: Estéticas Finisseculares (1)
BLOCO 05: Estéticas Finisseculares (2)
BLOCO 06: O Modernismo em Portugal
BLOCO 07: Fernando Pessoa
BLOCO 08: Presencismo e Neo-Realismo
BLOCO 09: A Segunda metade do século XX
BLOCO 10: Passagem para o século XXI
BIBLIOGRAFIA ACTIVA
LEITURA OBRIGATÓRIA DE OBRAS COMPLETAS E/OU TRECHOS AMPLOS
-Antologia de textos da “Questão Coimbrã” (fotocópias)
-Antero de Quental: Sonetos (1863)
-Fialho de Almeida: O País das Uvas (1893) e trechos de outras obras.
-Eça de Queirós: A Cidade e as Serras (1901)
-Cesário Verde: O Livro de Cesário Verde (1887)
-Eugénio de Castro, Antologia
-Camilo Pessanha: Clepsidra (1922)
-António Nobre, Só
-Raul Brandão: Húmus (1917)
-Teixeira de Pascoaes, Maranus e outros textos
-Almada Negreiros: A Engomadeira (1917)
-Fernando Pessoa, Antologia Poética e fragmentos do “Livro do Desassossego”
-Vergílio Ferreira: A manhã submersa (1953)
-Agustina Bessa-Luís: A Sibila (1954)
-Bernardo Santareno: O Judeu (1966)
-José Cardoso Pires: O Delfim (1968)
-Mário de Carvalho: A Inaudita guerra da Avenida Gago Coutinho (1983)
-Lídia Jorge: A Costa dos Murmúrios (1988)
- José Saramago: O Ano da Morte de Ricardo Reis (1984)
LEITURA DE TRECHOS CURTOS
Facilitados nas aulas textos COMPLEMENTARES das obras poéticas, narrativas ou dramáticas dos autores focados, artigos diversos de teoria e crítica literária, crónicas de periódico, etc.
BIBLIOGRAFIA PASIVA (básica, de consulta e referencia)
Barreiros, António José (1974). História da literatura portuguesa. Braga. Ed. Pax (8ª ed.).
Coelho, Jacinto Prado (dir.) (1987). Dicionário de literatura. Literatura portuguesa, brasileira, galega e estilística. 5 vol. Porto. Figueirinhas (3ª ed.) e atualização (2002-03).
Lopes, Óscar e Saraiva, José (1986). História da literatura portuguesa. Porto. Porto Editora (15ª ed.).
Coñecer os movimentos, correntes, escolas e autores contemporáneos e actuais da Literatura Portuguesa.
Coñecer e saber interpretar de modo crítico as principais obras e o contributo dos protagonistas deste período.
Ser capaz de por em relación esas obras e autores da Literatura Portuguesa cos doutras Literaturas.
-Tratamento teórico e prático dos blocos temáticos, a partir das lecturas integrais e recomendadas, que se ilustran com comentarios de textos específicos e trabalho continuado na sala de aula.
-Realización de comentarios de textos de ficción e de crítica e historia da literatura portuguesa.
-Propostas de traballos escritos para exposición pública na sala de aula, a incidir nalgún dos aspetos incluídos nos contidos.
-Establecemento de diálogos intertextuais no seo da literatura portuguesa e entre esta e outros espazos literarios.
-Proxeccións da literatura no cinema e noutras artes
Todos os materiais precisos para o seguimento da materia serán pendurados na aula virtual ou, a non ser posíbel, será indicada a forma de conseguilos.
AVALIACIÓN CONTÍNUA. A calificación final será a media ponderada que corresponda à asistencia activa a clase, con realización das tarefas e actividades vinculadas ao desenvolvemento da materia (70%), así como a de un traballo escrito (30%).
Na prova da Primeira Oportunidade, a realizar na data oficialmente marcada, a/o estudante poderá recuperar ou mellorar, mediante prova oral e/ou escrita, todo ou a parte do programa que non conseguiu passr polo sistema de avaliación continua. Esta prova poderá desenvolver-se contendo a exposición de un tema suxerido ou con debate entre vari@s estudantes sobre algunhas vertentes do programa da cadeira.
A/O docente poderá dar a posibilidade de recuperar tarefas ou mellorar o traballo escrito, con un prazo determinado.
Na 2ª Oportunidade, será realizada apenas unha AVALIACIÓN FINAL. Consiste en exame sobre aspectos e/ou obras contidos no programa, na data oficialmente marcada para tal efeito pola Faculdade. Pode ser presencial (preferente) ou telemática, con probas on-line, modalidades Cuestionario e Ensaio, na plataforma Moodle.
Quen por causas legalmente xustificadas non poda asistir a clase, terá ao seu dispor un sistema alternativo de traballo e avaliación, consistente na realización remota de tarefas e un traballo nos moldes antes referidos, con asistencia obrigatoria à unha prova final da Primeira Oportunidade e, no seu caso, Segunda, tal como expostas anteriormente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será aplicada a Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
Actividades presenciais
Sesións teórico-expositivas: 25 Horas
Sesións interactivas: seminario (debates após exposicións teóricas; visualizacións; audicións; confronto de edicións, etc) / visitas à biblioteca / etc. ): 15 Horas
Sesións de atendimento programado: 3 Horas
Sesións de avaliación: 7 Horas
Total de horas de actividade presencial: 50 Horas
Actividades non presenciais
Estudo e preparación de actividades programadas nas aulas: 20 Horas
Realización de traballos de diverso tipo (en grupos de 2/3 alunos e de forma individual, especialmente orientadas ao fortalecimento de unha autoaprendizaxe eficaz e ao estudo das condicións de RECEPCIÓN da literatura portuguesa do século XX): 25 Horas
Leituras das obras indicadas no temario da materia: 45 Horas
Preparación de probas (exames): 4 Horas
Outras actividades (asistência a actos ligados ao temario de literatura portuguesa 3 con entrega de reseña crítica): 6 Horas
Total de horas de actividade non presencial: 100 Horas
Aconséllase tanto a consulta dos materiais de referencia disponibilizados na Aula Virtual da cadeira como manter o contato co profesor esclarecendo dúvidas.
Lingua(s) utilizada(s): Galego/Portugués. Eventualmente, outros materiais e comunicacións poderán ser apresentados noutras linguas, sempre que oportuno.
Jose Carlos Quiroga Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811824
- Correo electrónico
- carlos.quiroga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | C06 |
03.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
03.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D11 |
07.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C07 |
07.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C07 |