Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecemento da lingua dos textos latinos do período arcaico, comprendidos entre o inicio dos textos escritos e os comezos do século I a. C.
2. Comprensión e interpretación dos textos máis salientables dese período, atendendo aos seus diferentes aspectos: lingüístico, literario e cultural.
3. Adquisición dun léxico latino que outorgue ao estudante soltura e autonomía na lectura destes textos e doutros similares.
4. Introdución elemental á métrica e aos recursos específicos dos textos latinos do período arcaico.
A. Parte teórica:
1. Características lingüísticas máis salientables da lingua latina no período arcaico.
2. Características literarias principais da lingua latina no período arcaico.
3. Os textos epigráficos latinos do período arcaico.
4. O teatro romano do período arcaico.
B. Parte práctica:
1. Lectura, tradución e comentario do Amphitruo de Plauto.
2. Lectura, tradución e comentario dunha selección de textos de Terencio (traballo individual).
3. Lectura, tradución e comentario dunha selección de textos epigráficos.
4. Esporadicamente poderase propoñer a lectura, tradución e comentario de algún outro texto do período arcaico que se considere oportuno.
A. Bibliografía básica. Edicións:
1. Plauto:
- Ed. A. Ernout, Les Belles Lettres, Paris, 1952-1972/2002
- Ed. G. Goetz-F. Schoell, Teubner, Leipzig, 1921-1924.
- Ed. W. M. Lindsay, Oxford Clarendon Press, Oxford, 1904-1905/1989.
- Ed. P. Nixon, Harvard University Press, Cambridge-Massachusetts, 1980-1992.
2. Terencio:
- Ed. A. Fleckeisen, Teubner, Leipzig, 1921-1924.
- Ed. W. M. Lindsay, Oxford Clarendon Press, Oxford, 1963.
- Ed. J. Marouzeau, Les Belles Lettres, Paris, 1947-1961/1984
- Ed. L. Rubio, CSIC, Madrid, 1991-1992
- Ed. J. Sargeaunt, Harvard University Press, Cambridge-Massachusetts, 1983-1986.
3. Textos epigráficos:
- A. Ernout, Recueil des textes latins archaïques, Klincksieck, Paris, 1957/1973.
- W. M. Lindsay, W. M., Handbook of Latin Inscriptions, Gieben, Amsterdam, 1970.
- V. Pisani, Testi latini arcaici e volgari, Rosenberg, Torino, 1975.
- E. H. Warmington, Remains of Old Latin, vol. 4: Archaic Inscriptions, Harvard University Press, Cambridge-Massachusetts, 1940/1967.
B. Bibliografía complementaria. Estudos:
- A. Augoustakis-A. Traill (eds.), A Companion to Terence, Wiley-Blackwel, Chichester, 2013.
- W. Beare, La Escena romana: una breve historia del drama latino en los tiempos de la República, Eudeba, Buenos Aires, 1972.
- G. F. Franko-D. Dutsch (eds.), A Companion to Plautus, Wiley-Blackwel, Hoboken, 2020.
- P. Monteil, Elementos de fonética y de morfología del latín, Univ. de Sevilla, Sevilla, 1992.
- L. R. Palmer, Introducción al latín, Ariel, Barcelona, 1984.
- C. Questa, La metrica di Plauto e di Terenzio, Quattro Venti, Urbino, 2007.
- M. Weiss, Outline of the Historical and Comparative Grammar of Latin, Beech Stave Press, Ann Arbor/New York, 2009.
1. Destreza na tradución, na análise e no comentario filolóxico de textos latinos representativos da época arcaica.
2. Capacidade de elaborar o comentario filolóxico de textos latinos arcaicos, atendendo aos aspectos lingüísticos, literarios e culturais máis característicos da lingua latina do período preclásico.
3. Dominio instrumental do léxico peculiar dos textos latinos da época arcaica.
1. O curso desenvolverase nas sesións expositivas mediante as explicacións por parte do profesor dos contidos teóricos e dos fundamentos prácticos básicos.
2. Nas sesións de seminario os estudantes terán que participar activamente na lectura, interpretación e comentario dos textos estudados, ata lograr unha comprensión completa deses textos.
3. Cada alumno/-a, de forma individual ou en grupo, deberá preparar de modo especial a tradución e o comentario exhaustivo dalgún texto obxecto do programa. Os resultados serán presentados e debatidos en sesións de seminario.
4. Os estudantes deberán ler pola súa conta o texto de Terencio indicado no apartado “Contidos B.3”.
5. Utilizarase a Aula Virtual da USC para aloxar materiais e para a realización dalgunhas actividades prácticas.
Nas dúas oportunidades de avaliación, os elementos utilizados serán os seguintes:
1. A asistencia e a participación activa nas diferentes actividades presenciais suporán o 20% da cualificación total. Valorarase a asistencia regular ás clases e a participación activa e pertinente en todas aquelas actividades desenvolvidas na aula que así o requiran.
2. O estudantado deberá entregar un exercicio de análise e comentario exhaustivo dun fragmento de Terencio, que suporá un 15% da nota.
3. Un exame final escrito (tradución e comentario dun fragmento de Plauto e/ou dun texto epigráfico) suporá o 65% restante da cualificación.
O estudantado con dispensa oficial de asistencia ás clases será avaliado nas dúas oportunidades mediante os puntos 2 e 3. Nestes casos, o punto 3 suporá un 85% da cualificación.
Este último sistema de avaliación tamén poderá ser acordado a comezo do semestre co estudantado que xustifique ante o profesor algunha causa que lle impida asistir regularmente ás clases.
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións” da USC.
A materia consta de 6 créditos ECTS equivalentes a 150 horas de traballo do estudante: 75 horas (50%) serán de traballo obrigatorio dirixido polo profesor e 75 horas (50%) serán de traballo autónomo do estudante.
As 75 horas de traballo dirixido obrigatorio repartiranse en 49 horas (65%) de actividades presenciais e 26 horas (35%) de actividades non presenciais. A distribución de horas entre as distintas actividades dirixidas previstas será a seguinte:
- Clases expositivas: 14 horas presenciais.
- Clases de seminario: 29 horas presenciais e 6 das horas non presenciais dedicadas á preparación especial dalgún fragmento das obras obxecto do programa de acordo co explicado no punto 3 do apartado “Metodoloxía da ensinanza”.
- Titorías programadas: 3 horas presenciais e 20 non presenciais dedicadas á lectura do texto de Terencio mencionado no apartado de ·"Contidos B.3".
- Avaliación: 3 horas presenciais.
- Recoméndase o manexo sistemático dun dicionario etimolóxico e dalgún manual de lingüística latina.
- É necesaria a aprendizaxe cotiá do léxico novo encontrado na lectura dos textos.
- É conveniente dedicar polo menos 1 hora á preparación do texto co que se vaia traballar en cada hora de clase de seminario presencial.
Lémbrese que é necesario utilizar a conta oficial de correo da USC (@rai.usc.gal), as ferramentas tecnolóxicas institucionais da USC (Campus Virtual, Microsoft Office 365, MSTeams etc.), e que é obrigatorio cumprir a normativa de protección de datos (https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos).
Joel Varela Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- joel.varela.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | B10 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | B10 |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D03 |
26.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D03 |
26.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D03 |
30.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D03 |
30.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D03 |