Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obxectivos Xerais:
1- Coñecer e comprender as achegas das principais teorías antropolóxicas.
2- Adquirir os coñecementos propios da antropoloxía aplicada, así como achegarse a contextos de aplicación.
3- Adquirir coñecementos básicos do traballo de campo etnográfico e competencias para levar a cabo unha primeira aproximación á práctica.
4- Producir coñecemento antropolóxico a través dos datos empíricos obtidos do traballo de campo.
5- Xerar un coñecemento que sexa de aplicabilidade: pensar na devolución á sociedade e na intervención e transformación social.
Na materia traballarase para que o estudantado:
- Comprenda e recoñeza o valor da igualdade e a diversidade, exercitando a crítica ao etnocentrismo, androcentrismo, occidentalocentrismo, etc. na teoría e na práctica.
- Aborde dunha forma crítica as desigualdades sociais e de poder e recoñecer os mecanismos de discriminación, especialmente os derivados das relacións étnicas e culturais, de xénero, sexo, sexualidade e identidade, por motivos da idade, clase social, relixiosidade ou procedencia.
- Desenvolva a capacidade de coordinar, desenvolver, comprometerse e gozar do traballo en equipo.
- Aplique os principios de respecto, promoción dos dereitos fundamentais e os valores democráticos na súa actividade profesional.
- Desenvolva o razoamento crítico, o compromiso ético e o respecto aos códigos deontolóxicos.
- Desenvolva o sentido do servizo social, fomentando a cooperación, a mediación e a intervención sociocultural para mudar as problemáticas, de cara a un cambio social democratizante.
- Desenvolva a capacidade de reacción e o espírito construtivo fronte as desigualdades.
Tema 1. Introdución á antropoloxía e á antropoloxía aplicada. Percorrido histórico e conceptos básicos.
Tema 2. Ética e deontoloxía na antropoloxía.
Tema 3. Áreas de aplicación da antropoloxía: antropoloxía e desenvolvemento, antropoloxía para o conflito, marketing, empresa e tecnoantropoloxía, antropoloxía feminista, antropoloxía e patrimonio, etc.
Tema 4. Achegas á aplicación da antropoloxía e metodoloxías participativas: IAP.
Tema 5. Introdución á metodoloxía do traballo de campo etnográfico.
Básica:
-Escobar, Arturo (1997) Anthropology and development. International Social Science Journal, 49: 497-515.
https://doi.org/10.1111/j.1468-2451.1997.tb00040.x http://www.biblioteca.org.ar/libros/escobar.pdf
-Greenwood, Davydd (2000) De la observación a la investigación-acción participativa: una visión crítica de las prácticas antropológicas. Revista de Antropología Social, 9: 27-49. http://revistas.ucm.es/index.php/raso/article/download/raso0000110027a/…
Complementaria:
-Bartoli, Laura (2002) Antropología aplicada. Historia y perspectivas desde América Latina. Quito: Abya Yala.
-Bullen, Margaret (2012) Antropología feminista, antropología aplicada. Encuentros y desencuentros. Revista de antropología experimental, 12: 91-102. http://revistaselectronicas.ujaen.es/index.php/rae/article/view/1906/16…
-Cadenas Ramos, Hugo (2005) La antropología aplicada en una sociedad compleja. Revista Mad, 13: 1-8. http://www.revistamad.uchile.cl/13/paper05.pdf
-CIMAS (2009) Metodologías participativas. Manual. Madrid: Observatorio Internacional de Ciudadanía y Medio Ambiente Sostenible (CIMAS).
-CIMAS (2015) Metodologías participativas. Sociopraxis para la creatividad social. Madrid: Dextra Editorial.
-Colectivo Ioé (2003) Investigación Acción participativa: propuesta para un ejercicio activo de la ciudadanía. Córdoba: Encuentro de la Consejería de Juventud. http://colectivoioe.org/uploads/89050a31b85b9e19068a9beb6db3dec13688501…
-Colectivo Ioé (2014) Investigación-acción participativa y perspectiva dialéctica, Arxius: 31: 57-58. http://colectivoioe.org/uploads/a68b0f7504e0dc6aab40ec911447eb5ec819ed6…
-Díaz de Rada, Ángel (2011) El taller del etnógrafo. Materiales y herramientas de investigación etnográfica. Madrid: UNED.
-Escalera Reyes, Javier; Coca Pérez, Agustín (2013) “Teoría y práctica de la participación” En. J. Escalera Reyes y A. Coca Pérez (coords.) Movimientos sociales, participación y ciudadanía en Andalucía. Sevilla: Aconcagua libros.
-Espina Barrio, Ángel B. (ed.) (2008) Antropología aplicada en Iberoamérica. Recife: Fundación Joaquim Nabuco y Sociedad Iberoamericana de Antropología Aplicada. http://www.revistamad.uchile.cl/17/perez_01.pdf
-Fals Borda, Orlando (1993) Conocimiento y poder popular. Bogotá: S.XIX.
-Gabarrón, Luis R.; Hernández, Libertad (1994) Investigación participativa. Madrid: CIS.
-Ferrándiz, Francisco (2011) Etnografías contemporáneas: Anclajes, métodos y claves para el futuro. Barcelona: Anthropos.
-Francisco Amat, Andrea; Lozano Estivalis, María y Traver Martí, Joan (2015) Paradojas epistemológicas de una investigación participativa feminista. Asparkía, 26: 155-169.
-Galtung, Johan (1968) Después del proyecto Camelot. Revista Mexicana de Sociología, 30 (1): 115-141. http://www.jstor.org/stable/3539024
-Gondar Portasany, Marcial (2003) Que é a antropoloxía aplicada? Santiago de Compostela: Dpto. filosofía e antropoloxía social.
-Giménez Romero, Carlos (2012) Teoría y práctica en la historia de las ideas. Implicaciones para la antropología aplicada. Gazeta de Antropología, 28 (3), art. 15. http://hdl.handle.net/10481/25174
-Gimeno Martín, Juan Carlos (2008) “Antropología(s) de orientación pública: ‘Asomarse unos centímetros más allá del borde, ahí donde la perspectiva se amplía ligeramente’”. En
-M. Jabardo, P. Monreal, P. Palenzuela (coords.) Antropología de orientación pública: visibilización y compromiso de la antropología. Donostia: Ankulegi antropologia elkartea- FAAEE.
-Greenwood, Davydd J.; Morten, Levin (2007) Introduction to Action Research. Social research for social change. London: Sage.
-Guasch, Óscar (2002) Observación participante. Cuadernos Metodológicos. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas. (pp. 9-14; 35-46; 71-78; 89-96)
-Guerrero, Patricio (compilador) (1997) Antropología Aplicada. Quito: Abya-Yala y UPS
-Pérez L., Marisol (2007) Las perspectivas y Retos de la Antropología Aplicada en el Siglo XXI. Revista Mad, 17: 1-9. http://www.revistamad.uchile.cl/17/perez_01.pdf
-Hammersley, Martyn y Atkinson, Paul (1994) Etnografía. Métodos de investigación. Barcelona: Paidós.
-Montañés Serrano, Manuel (2009) Metodología y Técnica participativa: Teoría y práctica de una estrategia de investigación participativa. BCN: UOC.
-Low, Setha M.; Merry, Sally E. (2010) “Engaged Anthropology: Diversity and Dilemmas”, Current Anthropology, 51 (S2): 203–S226. www.jstor.org/stable/10.1086/653837
-Moreno Pestaña, José Luis y Espadas Alcázar, Mª Ángeles (2002) “Investigación-acción participativa”. En R. Reyes (dir.) Diccionario Crítico de Ciencias Sociales. Madrid: UCM.
-Orobitg Canal, Gemma (2011) “Fotografía y etnografía. Algunos ejemplos del uso de la fotografía en el trabajo de campo”. En E. Fernández de Paz y J. Agudo Torrico (comp.) Mario -Fuentes. Medio siglo de fotografía etnográfica. Sevilla: ASANA.
-Martí, Joel (2000) “La investigación – acción - participativa. Estructura y fases”. En T.Villasante, M. Montañés, J. Martí (eds.) La investigación social participativa: construyendo ciudadanía. Barcelona: El Viejo Topo.
-Restrepo, Eduardo (2016) Etnografía: alcances, técnicas y éticas. Bogotá: Envión eds.
-Risler, Julia; Ares, Pablo (2015) Talleres de mapeo. Recursos lúdicos y visuales para la construcción del conocimiento colectivo. Ecología Política, 48 Cartografía y conflictos: 28- 32.
-Rodriges Brandao, Carlos (2005) “Participatory research and participation in research: a look between times and spaces from Latin America” International Journal of Action Research, 1(1): 43-68. https://nbn-resolving.org/urn:nbn:de:0168-ssoar-356774
-Salazar, María Cristina (ed.) (1993) La investigación Acción Participativa. Inicios y Desarrollos. Madrid: Popular.
-San Román, Teresa (1984) Antropología aplicada y relaciones étnicas. REIS, 27: 175-183. http://reis.cis.es/REIS/PDF/REIS_027_09.pdf
-San Román, Teresa; Sanjuán, Lucía; Casado, Irina; et. al. (2012) Reflexiones en torno a la antropología aplicada. Experiencias al hilo de una investigación en antropología de la salud. Revista de antropología experimental, 12: 115-135.
http://revistaselectronicas.ujaen.es/index.php/rae/article/view/1908/16…
-Scheper-Hughes, Nancy (1995) The primacy of the ethical. Propositions for a militant anthropology. Current Anthropology, 36 (3): 409-440. http://www.jstor.org/stable/2744051
-Tax, Sol (1975) Action Anthropology. Current Anthropology, 16 (4): 514-517.
http://www.jstor.org/stable
-Velasco, H. y Díaz de Rada, Á (2009) La lógica de la investigación etnográfica. Un modelo de trabajo para etnógrafos de escuela. Editorial Trotta.
-Wadsworth, Y. (1998). What is Participatory Action Research? Action Research Internarional, Paper 2. http://www.scu.edu.au/schools/gcm/ar/ari/p-ywadsworth98.html
Xerais:
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Antropoloxía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a aportacións investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no eido da antropoloxía, a un nivel xeneral e non especializado.
CG3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións formuladas e ofrecidas pola antropoloxía, tanto a un público xeneral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas e antropolóxicas.
CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos dende a Filosofía e la antropoloxía.
Básicas:
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversais:
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta #ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
Específicas:
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente os coñecementos adquiridos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar esas coñecementos dentro e fóra de eido filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proatividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS
Nas aulas impartidas pódese distinguir os seguintes tipos:
(1) Aulas expositivas. Presentación por parte da docente dos contidos teóricos da materia. O obxectivo das sesións expositivas é a presentación dos temas incluídos no programa do curso. Estes temas complementaranse, exemplificaranse e serán discutidos nas sesións interactivas.
(2) Aulas interactivas. O obxectivo das sesións interactivas é complementar, exemplificar e discutir algúns aspectos da materia a través da realización do traballo de campo, principalmente.
2.1. Sesións de metodoloxía: presentación das principais ferramentas de investigación.
2.2 Sesións de desenvolvemento dun traballo de investigación, seguimento, análise e corrección das tarefas propostas.
(3) Actividade titorial. Titorizacións para o seguimento dos contidos teóricos e apoio as lecturas. Titorización de apoio ao traballo de campo desenvolvido ao longo do semestre. Titorización das presentacións finais e recomendación de bibliografía de apoio.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUMNADO
Durante todo o curso o alumnado levará un portafolios con distintas entregas avaliables que mostrarán os avances na investigación desenvolvida (obxectivos, diarios de campo, entrevistas, bibliografía...) e que serán indicadas pola docente ao comezo do curso.
1. Avaliación continua formativa
É a modalidade preferente. O carácter práctico e aplicado da materia e da propia Antropoloxía Aplicada implican a participación activa na aula e ao compromiso coa entrega puntual dos distintos traballos propostos.
a) Traballo grupal: 70%
Entregas do traballo de investigación: 50%
Presentación oral do traballo: 20%
Entrega do Portafolio final: 10%
b) Traballo individual: 30%
Dúas entregas individuais (15% cada unha)
Total da avaliación continua: 100% da nota final
A avaliación das presentacións orais farase cunha Rúbrica, previamente accesible no campus virtual, na que se especificarán os criterios de avaliación da mesma e a súa valoración. Os ítems avaliables serán: uso dos conceptos expostos en clase; argumentación claridade e coherencia; presenza dos materiais xerados no traballo de campo etnográfico; presentación oral; creatividade e orixinalidade da presentación; uso de recursos audiovisuais; traballo en grupo e consenso e resolución de dúbidas das compañeiras
A asistencia é obrigatoria e O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao EEES http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…. A asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos e alumnas poderán solicitar exención oficial de docencia ou ben matricularse na modalidade de dedicación parcial aos seus estudos para facilitar a conciliación. Polo tanto, o incumprimento da citada porcentaxe sen xustificar as súas faltas, suporá a perda do dereito á avaliación continua e a necesidade de realizar un exame final na data oficial fixada.
2. Avaliación non continua.
O alumnado que perda o dereito á avaliación continua, ademais do exame final, deberá facer un traballo individual, de varias entregas, seguindo as características previamente descritas e pautada pola docente. Será preciso aprobar cada unha destas partes para facer a media.
Traballo individual: 40% da nota final
Exame: 60% da nota final
3. Avaliación de alumnos con dispensa da súa asistencia.
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia a clase (segundo a instrución 1/2017 da Secretaría Xeral) terá que informar á coordinadora da materia, segundo o indicado na normativa, e será informado individualmente daqueles traballos e avaliables que compensen a súa falta de asistencia a clase mantendo o seu dereito á avaliación continua segundo as porcentaxes establecidas.
En caso de desexar optar pola avaliación continua, os requisitos de avaliación de alumnado con dispensa serán os seguintes:
Traballo de investigación individual: 70%
Outras entregas individuais: 30%
O traballo de investigación individual requirirá traballo de campo e perspectiva aplicada e é recomendable establecer comunicación coa profesora, ao inicio do semestre, a través da titoría para poder orientalo, tanto teórica metodoloxicamente.
En caso de optar pola modalidade de avaliación non continua, a avaliación seguirá os criterios e ponderacións establecidos en dito modelo. Traballo individual: 40%, exame 60%. Será preciso aprobar cada unha destas partes para facer a media.
Avaliación de competencias:
- A avaliación continua permitirá avaliar as competencias xerais 1-5, as competencias básicas 1-5, as competencias transversais, aas competencias específicas 3, 4, 5, 6, 7 e 10 e máis manexar as distintas ferramentas propostas e poñer e práctica as actitudes e valores da materia.
- A presentación oral do traballo final permitirá avaliar principalmente a competencia xeral 4, aínda que tamén precisa manexar as outras competencias xerais. Tamén permitirá avaliaras competencias básicas e transversais, as específicas 3, 4, 5, 6, 7 e 10, ademais de poñer en práctica as actitudes e valores da materia.
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 4.5 créditos que ten é de 112.5 h:
· Horas presenciais semanais: 3 horas (docencia expositiva e interactiva) x 12 semanas lectivas = 38,25 semestrais..
· Horas de titorías de grupo: 2,25 horas
· Clases expositivas: 18 horas.
· Clases interactivas: 18 horas.
· Horas non presenciais: 74 horas.
1. É obrigatoria a asistencia, participación e implicación nas aulas.
2. Precísase dun compromiso coa entrega puntual dos distintos traballos propostos.
3. É imprescindible seguir as pautas indicadas no traballo de campo etnográfico. Ao traballar con persoas o alumnado terá que seguir escrupulosamente os compromisos éticos marcados. Non serán aceptadas actitudes irrespectuosas ou discriminatorias de ningún tipo.
4. Toda a materia está organizada para o traballo en grupo, polo que se requiren habilidades sociais de cooperación, respecto e espírito construtivo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dous estudantes e de revisión de cualificacións.
Responsabilidade ambiental:
- Nos traballos persoais ou en grupo empregaranse preferentemente as ferramentas do Campus Virtual para evitar un gasto innecesario en papel ou outros materiais.
- Para encadernar os seus traballos non utilice tapas nin cartafoles de plástico; en caso de ser necesario empregue grampas. Imprima só a dobre cara e en calidade de “aforro de tinta”.
- Non utilice folios en branco como separadores ou imaxes innecesarias.
- Evite incorporar anexos que non garden relación cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero: en atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer un uso dunha linguaxe non sexista, tanto na aula cotiá como nos traballos solicitados.
Uso do teléfono móbil na aula: queda restrinxido o seu uso; unicamente utilizarase como instrumento de traballo, seguindo as indicacións que dea o docente. E alumnado será responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso inadecuado do mesmo.
Obrigatoriedade de uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: todas as comunicacións realizaranse a través do correo electrónico institucional e usaranse as ferramentas institucionais dispoñibles (Campus Virtual, Microsoft Office 365 etc.)/ etc.). Será responsabilidade do alumnado seguir estas canles de comunicación.
O proceso de ensino-aprendizaxe (clase, titorías, correo, comunicacións…) é un proceso privado de comunicación e intercambio entre os docentes e o alumnado matriculado na materia.
É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidade-proteccion-datos.
Diego Allen-Perkins Avendaño
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Correo electrónico
- diego.allen-perkins [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario Butler (108) |
29.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |
29.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
08.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
08.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |