Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia consisten en proporcionar unha formación sólida no uso de ferramentas argumentativas e lóxicas elementais para poder analizar, avaliar críticamente e elaborar calquera discurso argumentativo. O obxectivo básico é proporcionar aos/as alumnos/ as os coñecementos elementais acerca da argumentación deductiva e inductiva, os distintos tipos de argumentos e falacias, así como o uso da argumentación e a retórica en distintos ámbitos, incluído o filosófico. Con iso espérase xerar no/a estudante o interese e as capacidades propias dunha mente crítica e analítica, algo fundamental nos estudos de filosofía e cara á súa futura.
DOCENCIA EXPOSITIVA
Tema 1. Introdución á Teoría da Argumentación
1.1. Nocións fundamentais: argumento, argumentación, inferencia, razoamento
1.2. Teoría da mente argumentativa
1.3. Lóxica, dialéctica e retórica
Tema 2. Perspectiva lóxica
2.1. Nocións fundamentais: premisa, conclusión, razóns, tese
2.2. Tipos de argumentos: dedución, indución e probabilidade, abdución
2.4. Esquemas argumentativos
Tema 3. Perspectiva dialéctica e retórica
4.1. Principios xerais da retórica: auditorio e persuasión
4.2. Convencer e persuadir
3.2. Pragma-dialéctica e discusión racional
Tema 4. Falacias
5.1. Concepto de falacia: non argumento vs. argumento falaz
5.2. Tipos e categorización de falacias
Tema 5. Argumentación e retórica na sociedade actual
5.1 Maniobras argumentativas
5.2 Argumentación nos medios de comunicación
5.3 Controversias
DOCENCIA INTERACTIVA
Tema 1. Introdución á Teoría da Argumentación
1.1 Identificación de argumentos na linguaxe natural
1.2 Diagramación de argumentos
Tema 2. Perspectiva lóxica
2.1. Lóxica aristotélica e diagramas de Venn
2.2 Nocións de lóxica formal
2.3. Nocións de probabilidade
2.4. Analizar esquemas argumentativos e preguntas críticas
Tema 3. Perspectiva dialéctica e retórica
3.1. Análise de debates
3.2. A erística e os bos debates
Tema 4. Falacias
4.1 Avaliación de argumentos e identificación de falacias
4.2. Elaboración de contra-argumentos
Tema 5. Argumentación e retórica na sociedade actual
5.1. Pensamento crítico
5.2. Identificación de fake news e desinformación
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Bermejo Luque, L. (2013). Falacias y argumentación (1st ed.). Plaza y Valdés.
- Copi, l. M. (2019). Introducción a la lógica. Eudeba.
- Govier, T. (2005). A practical study of argument (7th ed.). Thomson/Wadsworth.
- Marraud, H. (2013). ¿Es lógic@? Análisis y evaluación de argumentos (1. ed. ed.). Cátedra.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Fontes orixinais
- Aristóteles (1971): Retórica, ed. Antonio Tobar. Instituto de Estudios Políticos.
- Cicerón, M. T. (1991): El orador. Madrid: Alianza.
- Hamblin, C.L. (1970): Fallacies, Newport News, VI: Vale Press.
- Johnson, R.H. and J.A. Blair (1994): Logical Self-Defense, N.Y.: McGraw Hill.
- Perelman, Ch. y L. Olbrechts-Tyteca (1989): Tratado de la argumentación, Madrid: Gredos.
- Toulmin, S. (2007): Los usos de la argumentación, Barcelona: Península.
- Van Eemeren, F.H. and R. Grootendorst (2004): A Systematic Theory of Argumentation, Cambridge: C.U.P.
- Walton, D. (2008): Informal Logic: A Pragmatic Approach, Cambridge, C.U.P.
- Garrido, M. (2001). Lógica simbólica (4th ed.). Tecnos.
OUTRAS MONOGRAFÍAS E ARTIGOS
- Cialdini, R. B. (2021). Influence: The Psychology of Persuasion (New and expanded ed.). Harper Business.
- De Donato Rodríguez, X. (2013): “La noción de argumento y el problema de Mill”, Revista Iberoamericana de Argumentación nº 6, 1-13.
- Kneale, W., & Kneale, M. (1972). El Desarrollo de la lógica. Tecnos.
- Mercier, H. (2020). Not born yesterday : the science of who we trust and what we believe. Princeton University Press.
- Mercier, H., & Sperber, D. (2018). The enigma of reason. Penguin Books.
- Van Eemeren, F.H. (2012): Maniobras estratégicas en el discurso argumentativo, Madrid: Plaza y Valdés.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a aportacións investigadores recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX4 - Que estean capacitados por continuar coa súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, con un elevado grao de autonomía.
CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional ou posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 – Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 – Que os/as estudantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores con un alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSALES
CT01 – De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas e toma de decisións.
CT02 – Persoais: curiosidade e actividades intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 – Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante as novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara problemas de igualdade medioambientais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 – Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE4 – Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5 – Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 – Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 – Capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.
CE8 – Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
TRABALLO PRESENCIAL NAS CLASES
(1) Aulas expositivas. Clases a cargo do profesor con interacción mediante preguntas e debate ao final da exposición.
(2) Aulas interactivas. Nestas espérase a intervención dos estudantes que participarán facendo exposicións ou presentando e discutindo os exercicios e tarefas propostos polo profesor.
(3) Titorías de grupo programadas. Programaranse titorías de grupo co fin de resolver dúbidas e realizar e corrixir exercicios de clase.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ESTUDANTE
(1) Preparación dos temas presentados.
(2) Lecturas de textos sinalados e elaboración de exercicios periódicos.
REQUIRIMENTOS PARA AS CLASES
Participación activa durante as sesións expositivas e interactivas. Esta participación desenvólvese de acordo aos seguintes criterios:
- Todo estudante debe interactuar e participar.
· Seguirase un código elemental de boas prácticas: empezando por aprender a escoitar e non interromper as quendas de palabra.
· Fomento de actitudes respectuosas, eliminando calquera indicio de formas sexistas ou discriminatorias.
· O estudo da materia require unha actitude constante de traballo na realización dos exercicios destinados a obter as destrezas e competencias do curso.
· É esencial un traballo regular durante todo o semestre.
Exame (70% da cualificación final da materia). Exame final a realizar na data indicada no calendario académico da facultade. O exame estará composto por preguntas de resposta curta, resposta larga e exercicios análogos aos realizados nas sesións interactivas. A nota mínima que se debe alcanzar no exame para que se considere unha actividade avaliable é de un 4 sobre 10 puntos.
Avaliación continua (30% da cualificación final da materia):
- 20% da cualificación: Realización e entrega de exercicios periódicos a realizar na casa e na aula e, eventualmente, realización de traballos en grupo. Os exercicios corrixiranse durante as clases interactivas. (20 %)
- 10% da cualificación: Participación nas actividades que se realicen nas clases, tales como a resolución de xercicios, actvidades a través do campus virutal, etc.
As competencias específicas avaliaranse a través do exame final; as competencias xerais, básicas e transversais avaliaranse mediante os boletíns de exercicios, da realización de traballos en grupo e da participación na clase.
DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASES PRESENCIAIS:
Para os/ as alumnos/ as que dispoñan de dispensa académica de asistencia a clase, terán que realizar tanto os exercicios propostos para as sesións interactivas, que se entregarán nas datas acordadas co profesor da materia, como o exame final, que será na data oficial.
En calquera caso recoméndase que alumnado que se encontre nesta situación de dispensa académica de asistencia a clases se poña previamente en contacto co profesor da materia.
Lémbrase ao alumnado a penalización por plaxio na realización de traballos, recollida na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións", aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 no artigo 16, que di: "A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes".
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos seus 6 créditos é:
Prevense catro horas semanais aproximadas de lecturas, reflexión e redacción e práctica oral.
Máis especificamente:
6 créditos ECTS. Traballo total do estudante: 150 horas.
Horas presenciais: 51 h.
Horas de Titorías 3 h.
Clases Expositivas 24 h.
Clase Interactiva 24 h.
Horas non presenciais: 99 h.
(1) Participación nas presentacións.
(2) Preparación de témalos/textos marcados seguindo as pautas indicadas.
(3) Consulta de dúbidas en clase ou en titorías.
(4) Asistencia regular a clase.
(5) Entrega regular das tarefas asignadas.
(6) Seguimento da axenda do curso.
(7) Actitude receptiva para ler textos en inglés.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través do Campus Virtual da materia.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
Martin Pereira Fariña
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812525
- Correo electrónico
- martin.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Enrique Latorre Ruiz
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881813822
- Correo electrónico
- enrique.latorre.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Julio Ostale Garcia
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812510
- Correo electrónico
- julio.ostale [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
Xoves | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
16.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
16.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
16.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
16.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
16.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
16.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
16.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
16.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
09.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
09.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
09.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
09.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
09.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
09.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
09.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
09.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |