Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da materia consisten na adquisición e/ou das seguintes competencias:
(1) Dominio dos coñecementos propios da materia, coa capacidade para os explicar, aplicar e incrementar. En particular, comprender adecuadamente de que se ocupa a bioética, e coñecer os problemas básicos da bioética animal
(2) Capacidade para reconstruír e analizar argumentos sobre cuestións morais.
(3) Capacidade para organizar a información e investigar un problema filosófico.
(4) Dominio das ferramentas máis básicas da teoría da decisión racional.
Tema 1. Conceptos básicos en bioética
Tema 2. Razóns impersoais e ética de populacións
2.1. O problema da non-identidade
2.2. Receptores das razóns para actuar. Bioética e populacións
2.3. Éticas centradas no sufrimento
Tema 3. O interese en vivir: conflitos e casos límite
Tema 4. A consideración moral dos animais
4.1. A cuestión do especismo
4.2. O argumento da relevancia e o argumento da superposición de especies
Tema 5. Ética animal aplicada
5.1. O uso de animais
5.2. Desvalor natural. Ética animal vs éticas ambientais
Tema 6. Maximización e impacto marxinal da nosa acción
Tema 7. Perspectivas de futuro
6.1. Teoría da decisión e consideración do futuro
6.2. Traxectorias e importancia do futuro
BÁSICA
Horta, Oscar, Na defensa dos animais, Rianxo: Axóuxere, 2019.
McMahan, Jeff, A Ética no ato de matar: problemas às margens da vida, Porto Alegre: AltMed, 2011.
Parfit, Derek, Razones y personas, Madrid: A. Machado Libros, 2004.
COMPLEMENTARIA
EN GALEGO/PORTUGUÉS
Galvão, Pedro (ed.), Os animais têm direitos?: perspectivas e argumentos, Lisboa: Dinalivro, 2011.
Horta, Oscar, Na defensa dos animais, Rianxo: Axóuxere, 2019.
Hottois, Gilbert & Missa, Jean-Noël (dirs.), Nova enciclopedia de bioética, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 2005.
Singer, Peter, Ética prática, São Paulo: Editora Martins Fontes, 2006.
EN CASTELÁN (INCLÚESE NESTA LISTA A BIBLIOGRAFÍA NON DISPONÍBEL EN GALEGO/PORTUGUÉS)
Nagel, Thomas, La muerte en cuestión: ensayos sobre la vida humana, Ciudad de México: FCE, 1981.
Parfit, Derek, Personas, racionalidad y tiempo, Madrid : Síntesis, 2004.
Rodríguez-Arias Vailhen, David, Una muerte razonable: testamento vital y eutanasia, Bilbao: Desclée de Brouwer, 2005.
Singer, Peter, Liberación Animal, Madrid: Trotta, 1999.
———— (ed.), Compendio de Ética, Madrid: Alianza, 1995.
Singer, Peter & Kuhse, Helga, Desacralizar la vida humana: ensayos sobre ética, Madrid: Cátedra, 2003.
EN INGLÉS (INCLÚESE NESTA LISTA A BIBLIOGRAFÍA NON DISPONÍBEL EN GALEGO/PORTUGUÉS NEN EN CASTELÁN)
Bekoff, Mark & Meaney, Carron A., (eds.), Encyclopedia of animal rights and animal welfare, Chicago: Fitzroy Dearborn Publishers, 1998.
Birke, Lynda, Feminism, animals and science: the naming of the shrew, London: Open University Press, 1994.
Cavalieri, Paola, The death of the animal: a dialogue, New York: Columbia University Press, 2012.
Dunayer, Joan, Speciesism, Derwood: Ryce, 2004.
Francione, Gary, Rain without thunder: the ideology of the animal rights movement, Temple University Press, Philadelphia, 1996.
Pluhar, Evelyn, Beyond prejudice: the moral significance of human and nonhuman animals, Durham: Duke University Press, 1995.
Regan, Tom & Singer, Peter (eds.), Animal Rights and Human Obligations, Englewood Cliffs: Prentice Hall, 1989.
Vinding, Magnus, Suffering-Focused Ethics: Defense and Implications, Copenhagen: Ratio Ethica, 2020.
Zalta, Edward N. (ed.), Stanford Encyclopedia of Philosophy, 1995-2014, http://plato.stanford.edu
Outras referencias bibliográficas poderán ser facilitadas na aula.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñeceren, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver posteriormente esos coñecementos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
TRABALLO NAS AULAS
Nas aulas impartidas pódese distinguir os seguintes dous tipos:
(1) Aulas expositivas. Nestas levarase adiante a explicación dos temas do programa aberta á participación e o debate.
(2) Aulas interactivas. Nestas farase unha presentación por parte do alunado dos temas nas distintas sesións. Estas faranse ao fío dos contidos impartidos previamente nas sesións teóricas anteriores e de textos complementarios disponíbeis no campus virtual. Porén, deixarase lugar á interpretación por parte das alunas ou alunos que leven presentacións a cabo. Tras estas, o resto das e dos estudantes terán que formularlles perguntas e obxeccións, logo do cal abrirase un debate sobre os textos expostos e a materia, orientado en base a varias perguntas que formulará o profesor.
Á súa vez, nas titorías de grupo repasarase con alunado as cuestións das que queiran traballar nas presentacións, orientando sobre a dirección que poida levar esta e sobre a bibliografía a consultar. Tamén se solventarán dúbidas no relativo a composición da recensión do libro. Terán lugar durante os meses de outubro e inicios de novembro.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUNADO
(1) Preparación das presentacións nas sesións prácticas.
(2) Leitura de textos e traballo sobre estes. A cada sesión levaranse resumos do impartido na sesión expositiva correspondente respostando a algunhas perguntas que estarán disponíbeis no campus virtual.
REQUERIMENTOS PARA AS AULAS
Participación activa (que obviamente require asistencia)
A materia require necesariamente da participación activa do alunado. Esta levarase a cabo conforme aos seguintes critérios:
· Non se limitará a un grupo reducido de persoas, todo o mundo terá que participar.
· Non se falará cando outra persoa estexa a facelo.
· Na participación na aula nengunha clase de atitude irrespectuosa, sexista ou dalgun outro xeito discriminatoria que sexa detectada será considerada aceitábel.
· Na aula atenderanse todas as opinións, sexan expostas dun modo ou outro, e potenciarase que todo o mundo poida expresar os seus pontos de vista. As persoas mais asertivas, con maior tendencia a falar en público e expór as súas opinións deberán facer iso limitándose a si proprias para deixaren espazo para que as outras persoas que non teñan esa disposición, e ás que lles resulte menos doado o falar en público e expresar os seus pontos de vista poidan tamén facelo.
· Non serán aceitábeis na discusión na discusión de ideias instrumentos retóricos como un tono de voz alto ou argumentacións ad hominem.
· As opinións que parezan estrañas ou aparentemente moi erradas deverán ser obxecto de consideración e atención tanto como as que estexan mais en liña co que comunmente pensamos ou que parezan correctas de maneira mais aparente.
Para a avaliación continua contarán tres aspectos distintos.
(1) O contido da materia dividirase nas diferentes sesións prácticas nas que o estudantado presentará e discutirá este. Cada persoa deberá facer unha presentación defendendo unha certa tese sobre algunha cuestión e unha resposta ao ensaio doutra persoa. Con isto avaliarase a adquisición dos coñecementos da materia, así como a capacidade de explicalos, aplicalos e incrementalos. Con isto tamén se avaliará a capacidade de leitura e interpretación no que atinxe á comprensión dos textos traballados. Quen non faga isto na aula (incluído quen se atope en situación de dispensa académica) deberá entregar un ensaio moito máis extenso na data fixada para a avaliación final.
(2) Por outra parte, entregarase unha breve reseña das cuestións tratadas na aula, así como dun elenco de textos. Con isto tamén se avaliará a adquisición dos coñecementos da materia, así como a capacidade de explicalos, aplicalos e incrementalos. Esta parte da avaliación tamén considerará a adquisición dos valores de respeito e promoción da igualdade, e os demais vencellados a estes. E tamén a dunha capacidade de, diálogo, debate e decisión razoados e constructivos mediante a discusión na aula. Quen non entregue estas ao longo do curso (incluído quen se atope en situación de dispensa académica) poderá facelo na data fixada para a avaliación final, na que os requerimentos para a avaliación positiva serán notabelmente máis rigorosos.
(3) Por último, entregarase (por todo o estudantado, incluído quen se atope en situación de dispensa académica) un ensaio tratando as cuestións expostas na presentación, así como a resposta ao ensaio doutra persoa. Os ensaios cumprirán os seguintes requisitos:
• Consistirán na presentación dunha liña argumental, defendendo unha tese.
• Terán unha estrutura ordeada. Constarán de resumo inicial; introdución expondo a tese, liña argumental e estrutura do traballo; estruturación conseguinte por seccións e conclusión final.
Haberá duas posíbeis maneiras de facer os ensaios:
(1) Presencial, para o que se adicará un día de clase. Nese caso, o ensaio versará sobre unha cuestión que, entre varias opcións, sairá por sorteo na aula no día adicado á avaliación.
(2) Online, entregándoo dentro dun prazo establecido, un día do mes de novembro, sobre unha cuestión escollida pola ou polo estudante (as persoas que non entreguen o ensaio online no prazo indicado terán que facer o ensaio presencial). Os ensaios que se acollan a esta modalidade deberían cumprir as seguintes condicións:
• Os contidos (de maneira xeral) dos ensaios deberán recibir a aprobación previa por parte do profesor.
• Incluirán as referencias relativas a cada posición ou argumento dalgunha outra autora ou autor ou da información obtida. Para iso seguirase de maneira consistente ao longo do texto algun dos sistemas de citado aceitados pola revista Ágora: Papeles de Filosofía (o que se prefira), que está disponíbel na hemeroteca do centro e tamén na seguinte ligazón: dspace.usc.es/handle/10347/384
• Seguirán o formato de texto académico estándar (Times New Roman tamaño 12, con notas a rodapé tamaño 10, interlineado 1,5, párrafo xustificado, sen portadas).
• Terán unha extensión de 10 páxinas en diante se son o suficientemente densas en contido.
Con isto avaliarase, alén da adquisición de coñecementos, a capacidade de leitura e interpretación no que atinxe á comprensión dos textos traballados.
Cada unha das distintas facetas da avaliación servirá tamén para avaliar a adquisición dun sentido ético que tamén procura a materia.
Todas as tarefas serán entregadas en remoto no campus virtual.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
A presentación e o ensaio contarán o 35% da nota. A resposta a outras presentación contarán o 15% da nota. As recensións dos contidos tratados e dos textos contarán o 50% da nota.
As competencias serán avaliadas nas presentacións e no material entregado do modo seguinte. Valoraranse: (i) a súa calidade (de contido e argumentativa), que amosará o coñecemento do sentido e dos contidos específicos da materia, (ii) o rigor formal, que avaliará capacidade de composición de textos (iii) o esforzo investido nel, e (iv) o uso axeitado de fontes bibliográficas, que amosará a capacidade de comprensión e análise. A experiencia na presentación oral non será avaliada, mas adquirirase nas práticas e nas presentacións.
REQUERIMENTO DE ORIXINALIDADE
De alguén copiar en calqueira momento, suspenderá o curso. Por copiar enténdese (a) o plaxio, tentar facer pasar por texto escrito por unha mesma ou por un mesmo algun texto escrito por outras persoas (en ensaios ou práticas); (b) respostar a cuestións no exame non de memoria senón con apuntamentos, que non están autorizados no exame, ou mediante cambiazos. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 4,5 créditos que ten, é de 112’5 horas:
· Horas presenciais semanais: 2 horas (docencia expositiva e interactiva). Isto é: 38,25 horas no conxunto do semestre.
· Horas de titorías de grupo: 2,25 horas
· Aulas expositivas: 18 horas.
· Aulas interactivas: 18 horas.
· Horas non presenciais: 74 horas no semestre.
(1) Participación nas presentacións
(2) Preparación dos temas/textos marcados seguindo as pautas indicadas
(3) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual agás cando se trate de recuperacións individualizadas, o cal será aclarado polo profesor.
− Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
− É obrigatorio para a comunicación o uso da conta de correo rai.
Óscar Horta Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812529
- Correo electrónico
- oscar.horta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Iria Murado Carballo
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Correo electrónico
- iria.murado.carballo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario Mead (303) |
10.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
10.06.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
17.12.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
17.12.2024 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |