Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
01. Achegar os conceptos e categorías teóricas coas que se artellan as distintas visións sobre a xustiza e a democracia.
02. Resaltar o papel dos debates sobre a Xustiza como elemento sobre o cal xira a Filosofía Política contemporánea.
03. Coñecer as liñas xerais dos debates sobre a Xustiza.
04. Coñecer as liñas xerais dos debates sobre Democracia.
05. Afondar nas características dos distintos modelos de Democracia.
PRIMEIRA PARTE.
1. TEORÍA(S) DA XUSTIZA.
1.1. Liberal Igualitaria.
1.2. Libertarista.
1.3. Comunitarista.
1.4. Republicanismo.
SEGUNDA PARTE.
2. DEMOCRACIA(S).
2.1. Representativa.
2.2. Participativa.
2.3. Deliberativa.
2.4. Radical.
1. Bibliografía básica.
AGRA ROMERO, María X. (2016), ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad, Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela.
GARGARELLA, Roberto (1999), Las teorías de la justicia después de Rawls: un breve manual de filosofía política, Barcelona: Paidós.
KYMLICKA, Will (1995), Filosofía política contemporánea: una introducción, Barcelona: Ariel Ciencia Política.
LAFONT, Cristina (2021), Democracia sin atajos. Una concepción participativa de la democracia deliberativa, Madrid: Editorial Trotta.
ROSAS, João C. (2008), Manual de Filosofía Política, Coímbra: Edições Almedina S.A.
2. Bibliografía complementaria.
AGRA, María X. (2002), “Ciudadanía: el debate feminista”, en QUESADA (dir.), Naturaleza y sentido de la ciudadanía hoy, Madrid: Estudios UNED, páxs. 129-160.
AGRA, María X. (2020), “Sin perder el rastro: pensando políticamente la igualdad”, en Las Torres de Lucca: Revista Internacional de Filosofía Política, nº 17, vol. 9, xullo-decembro, páxs. 19-42.
DAVIS, Mike (2010), “¿Quién construirá el arca?” en Este País, nº 230, junio, pp. 18-28.
FRANCISCO, Javier de (2003), “Teorías y modelos de democracia”, en ARTETA, GARCÍA GUITIÁN & MÁIZ (eds.), Teoría Política: poder, moral, democracia, Madrid: Alianza Editorial, páxs. 246-269.
GARCÍA GUITIÁN, Elena (2003), “Problemas de la representación política”, en ARTETA, GARCÍA GUITIÁN & MÁIZ (eds.), Teoría Política: poder, moral, democracia, Madrid: Alianza Editorial, páxs. 387-401.
GRAEBER, David (2021), El Estado contra la Democracia, Madrid: Errata Naturae.
HARAWAY, Donna J. (2019), Seguir con el problema. Generar parentesco en el Chthuluceno, Bilbao: Consonni.
LOIS, Marta (2009), “Ernesto Laclau y Chantal Mouffe: hacia una teoría radical de la democracia”, en MÁIZ (comp.), Teorías políticas contemporáneas, Valencia: Tirant Lo Blanch, páxs. 433-454.
MANSBRIDGE, Jane (2021), Democracia: Amistad y pugna, Barcelona: Gedisa.
MESA, Sara (2019), Silencio administrativo. La pobreza en el laberinto burocrático, Barcelona: Anagrama.
PEIRANO, Marta (2019), O inimigo coñece o sistema, Pontevedra: Kalandraka Editora.
PEÑA, Javier (2003), “La sociedad civil”, en ARTETA, GARCÍA GUITIÁN & MÁIZ (eds.), Teoría Política: poder, moral, democracia, Madrid: Alianza Editorial, páxs. 196-214.
PEÑA, Javier (2003), “La ciudadanía”, en ARTETA, GARCÍA GUITIÁN & MÁIZ (eds.), Teoría Política: poder, moral, democracia, Madrid: Alianza Editorial, páxs. 215-245.
PEÑA, Javier (2008), “Nuevas perspectivas de la ciudadanía”, en QUESADA Ciudad y Ciudadanía. Senderos contemporáneos de la filosofía política, Madrid: Editorial Trotta, páxs. 231-251.
PUERTAS, Naiara (2019), Al menos tienes trabajo, Valencia: Antipersona.
Os obxectivos da materia consisten na adquisición e/ou práctica da seguintes competencias:
A. COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS.
CX1. Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2. Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3. Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4. Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5. Que teñan habilidades para recoñeceren, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6. Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
B. COMPETENCIAS BÁSICAS.
CB1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
C. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS.
CT01. De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02. Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03. Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
D. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS.
CE1. Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE2. Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3. Saber ampliar e poder desenvolver posteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE4. Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5. Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6. Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7. Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
CE8. Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9. Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10. Capacidade de reacción e espírito construtivo: pro-actividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
Nas aulas impartidas pódese distinguir os seguintes tipos:
(1) Aulas expositivas. Nestas levarase adiante a explicación dos temas do programa, mediante exposición maxistral aberta á participación e ao debate.
(2) Aulas interactivas. Nestas farase unha presentación por parte do alumnado dos temas/textos nas distintas sesións. Isto require, ademais, a presentación por parte deste das reseñas persoais dos temas da parte teórica do programa, co obxecto de debatelos nas aulas de docencia práctica, así como a lectura dialóxica e o comentario conxunto das obras de filosofía política consignadas na bibliografía básica (lecturas obrigatorias).
As presentacións faranse ao fío dos contidos impartidos previamente nas sesións teóricas anteriores e dos textos de lectura obrigatoria. Porén, deixarase lugar á interpretación por parte das alumnas ou alumnos que leven presentacións a cabo. Tras estas, o resto das e dos estudantes terán que formularlles preguntas e obxeccións, logo do cal abrirase un debate sobre os textos expostos e a materia, orientado en base a varias preguntas que formulará a/o profesor/a.
(3) Actividade tutorial: O profesor atoparase a disposición dos alumnos no seu despacho, no horario de tutorías (que se consignará na páxina do campus virtual da USC), con obxecto de clarificar dun modo personalizado todas as cuestións referentes aos contidos da materia, e supervisará periodicamente o traballo persoal dos alumnos, en orde a maximizar os seus esforzos de aprendizaxe e dispor dun mellor e máis amplo (xunto ás probas obxectivas realizadas nas clases teóricas e nas aulas interactivas) coñecemento dos seus progresos. Ademáis, organizará actividades tutorias en grupos (en particular, nas primeiras semanas de clase), en orde a explicar convenientemente todos os aspectos relativos aos modos (formais) de composición dos ensaios e a preparación dos exámes, así como á organización das actividades propias das clases interactivas, estructurando metodolóxicamente o desenvolvemento das mesmas.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUMNADO.
(1) Preparación das presentacións nas sesións prácticas.
(2) Lectura de textos e traballo sobre estes. A cada sesión levaranse resumos do impartido na sesión expositiva correspondente.
REQUIRIMENTOS PARA AS AULAS.
Participación activa (que obviamente require asistencia).
A materia require necesariamente da participación activa do alumnado. Esta levarase a cabo conforme aos seguintes criterios:
Non se limitará a un grupo reducido de persoas, todo o mundo terá que participar.
Non se falará cando outra persoa estea a facelo.
Na aula atenderanse todas as opinións, sexan expostas dun modo ou outro, e potenciarase que todo o mundo poida expresar os seus puntos de vista.
Hai dúas maneiras de superar a materia. A primeira, no transcurso do curso, a segunda no exame final. No transcurso do curso, a materia terá unha parte teórica e unha parte práctica. Para superar a materia no transcurso do curso hai que aprobar ambas partes.
PARTE TEÓRICA.
Para superar a parte teórica será necesario facer entrega dun ensaio, de xeito grupal, sobre o contido impartido no curso.
O ensaio cumprirá cos seguintes requisitos:
Consistirán na presentación dunha liña argumental, defendendo unha tese.
Terán unha estrutura ordenada. Constarán de resumo inicial, introdución expondo a tese, liña argumental e estrutura do traballo, estruturación conseguinte por seccións e conclusión final.
Incluirán as referencias relativas a cada posición ou argumento dalgunha outra autora ou autor ou da información obtida. Para iso seguirase de maneira consistente ao longo do texto algún dos sistemas de citado aceitados pola revista Ágora: Papeles de Filosofía (o que se prefira), que está dispoñíbel na hemeroteca do centro e tamén na seguinte ligazón: dspace.usc.es/handle/10347/384
Seguirán o formato de texto académico estándar (Times New Roman tamaño 12, con notas a rodapé tamaño 10, entreliñado 1,5, parágrafo xustificado, sen portadas).
Terán unha extensión de 10 páxinas en diante se son o suficientemente densas en contido.
PARTE PRÁCTICA.
Neste parte avaliaranse cuestionarios de lectura baseados nos textos traballados nas interactivas. Para superar a materia, en réxime de avaliación continua, será preciso
(1) ter asistido a un 80% das clases interactivas e (2) ter entregado os correspondentes comentarios/tarefas (un por clase interactiva) que se indicarán ao longo do curso. Cada práctica á que non se asiste reduce puntuación. Competencias avaliadas: CX3, CB3, CB4, CT01, CT02, CT03, CE2, CE6, CE7, CE8, CE9 C2 e C3.
DIMENSIÓN DA AVALIACIÓN.
Desta maneira, a distribución da nota fica como segue: Parte teórica (60%) + Parte práctica (40%). Cada unha das partes será avaliada sobre 10.
O 60% da parte teórica estará dividido nun 40% do traballo en si mesmo e nun 20% na defensa e explicación do mesmo nunha aula interactiva. O 40% da parte práctica estará dividido en dous cuestionarios de lecturas cun valor de 20% cada un.
Nos cuestionarios de lectura e ensaios avaliaranse as seguintes dimensións: (i) a súa calidade (de contido e de argumentación), que amosará o coñecemento do sentido e dos contidos específicos da materia, (ii) o rigor formal, que avaliará capacidade de composición de textos (iii) o esforzo investido nel, e (iv) o uso axeitado de fontes bibliográficas, que amosará a capacidade de comprensión e análise.
Con carácter xeral, os contidos desta materia contribúen a adquisición das competencias anteriormente consignadas propias do título.
Sobre a avaliación das competencias dos alumnos, cómpre consignar, en primeiro lugar, que a experiencia na presentación oral, desenrolada en particular nas aulas interactivas, permitirán avaliar a adquisición desta competencia xeral.
EXAME FINAL.
As persoas que non superen a materia consonte ao establecido para a avaliación continua poderán concorrer ao exame final. A superación da materia deste xeito carreta unha dificultade notable considerando que nela entra o conxunto da materia impartida no curso e dos textos de apoio empregados. Así, require un traballo que non é menor ao empregado na participación nas aulas e o traballo persoal para a superación da materia no transcurso do curso.
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE.
Quen teña dispensa de asistencia a clase será avaliado mediante un exame final na data oficial, no que se dará conta dos textos de lectura obrigatoria (comentario de texto dun deles; ate 4 puntos) e das lecturas sobre os temas do programa que serán sinaladas nunha primeira titoría, ao comezo do curso, co/a alumno/a (dúas cuestión; ate 3 puntos cada una delas).
REQUIRIMENTO DE ORIXINALIDADE.
De alguén copiar en calquera momento, suspenderá o curso. Por copiar enténdese (a) o plaxio, tentar facer pasar por texto escrito por unha mesma ou por un mesmo algún texto escrito por outras persoas (en ensaios ou prácticas); (b) responder a cuestións no exame non de memoria senón con apuntamentos, que non están autorizados no exame, ou mediante cambiazos ou estratexias similares que vulneren o principio de honestidade.
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 6 créditos que ten é de 150 horas, distribuídas do seguinte modo:
Aulas expositivas: 24 horas.
Aulas interactivas: 24 horas.
Actividades de titorías en grupo: 3 horas (Total: 51 horas).
Traballo persoal do alumnado: 99 horas.
Faise notar que para os casos de realización fraudulenta dos exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá da aula como nos traballos académicos a realizar.
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais.
Alberto Jose Franco Barrera
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Correo electrónico
- albertojose.franco.barrera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
Mércores | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
16.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 2 |
16.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 2 |
16.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
03.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 2 |
03.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 2 |
03.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |