Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia ten por obxectivo presentar a problemática asociada á aplicación da hermenéutica en canto interpretación e comprensión de textos filosóficos. Esta materia facilita a iniciación do alumnado no traballo de comprensión dos textos e xéneros filosóficos, na análise formal do discurso filosófico así como das estratexias e recursos para a escritura, creación e investigación filosófica que se desenvolverán de xeito transversal ao longo do Grao. Ao tempo, tamén ofrece unha introdución á Filosofía como disciplina.
Os obxectivos de aprendizaxe da materia son:
OA 1.- Coñecer o ámbito e contidos da interpretación e comprensión dos textos filosóficos.
OA 2.- Dominar a linguaxe específica da interpretación e comprensión dos textos filosóficos.
OA 3.- Coñecer a metodoloxía da investigación e creación filosófica.
OA 4.- Adquirir destreza na lectura e interpretación dos textos filosóficos.
OA 5.- Familiarizarse cos principais xéneros filosóficos.
A materia divídese en dous bloques. O primeiro bloque fomenta que o alumnado adquira habilidades e competencias nos seguintes eidos: investigación en Filosofía, lectura crítica e interpretación de textos filosófico e competencias para a escrita filosófica. O segundo bloque opera como unha introdución á Filosofía: características, historia, competencias e habilidades e métodos.
Bloque I: Introdución á investigación en Filosofía e á escritura e lectura de textos filosóficos
Tema 1: Fontes de información para a investigación en Filosofía.
Tema 2: Os xéneros filosóficos na Historia da Filosofía.
Tema 3: Lectura crítica e interpretación de textos filosóficos. A Hermenéutica Filosófica.
Tema 4: A escrita filosófica. O ensaio ou disertación filosófica.
Bloque II: Introdución á Filosofía
Tema 5: Principais características da Filosofía.
Tema 6: As preguntas da Filosofía e as súas disciplinas.
Tema 7: Unha visión sintética da Historia da Filosofía.
Tema 8: Actitudes, competencias e habilidades para a Filosofía.
Tema 9: Filosofía e método.
Bibliografía básica
BONTEMPO, C. J., & ODELL, S. J. (Dirs.). (1979). La Lechuza de Minerva: ¿Qué es filosofía? Cátedra.
GARCÍA NORRO, J.J., (Coord.) (2012). Convirtiéndose en filósofo. Estudiar filosofía en el siglo XXI. Síntesis
GONZÁLEZ, M. (1987). Introducción al pensamiento filosófico: filosofía y modernidad. Tecnos.
TENNANT, N. (2015). Introducing philosophy: God, mind, world, and logic. Routledge.
Bibliografía complementaria
Bibliografía Bloque I
AGÍS VILLAVERDE, M. (2020). Anatomía do pensar: O discurso filosófico e a súa interpretación. Vol. II. Historia da interpretación filosófica. Galaxia.
BECHOT, M., e ARENAS-DOLZ, F. (Dirs.) (2006). 10 palabras clave en Hermenéutica Filosófica. Verbo Divino.
CERVERA RODRÍGUEZ, A. (2019): Cómo elaborar trabajos académicos y científicos: TFG, TFM, tesis y artículos, Madrid: Alianza Editorial, 504 pp.
FERRARIS, M. (2004). La hermenéutica. Cristiandad.
GRONDIN, J. (2008) ¿Qué es la hermenéutica? Herder.
MACEIRAS, M. e TREBOLLE, J. (1995). La hermenéutica contemporánea. Cincel.
VV.AA. (2006). Diccionario de Hermenéutica. Universidad de Deusto.
Bibliografía Bloque II
BEEBEE, H. & RUSH, M. (2021). Filosofía: ¿Por qué importa? Alianza
CRAIG, E. (2002). Philosophy. A very short introduction. Oxford University Press.
DANTO, A. C., (1976). Qué es filosofía. Alianza Editorial.
DELEUZE, G., & GUATTARI, F. (1994). ¿Qué es la filosofía? Anagrama.
GARCÉS, M. (2020). Nueva ilustración radical. Anagrama.
MOULINES, C. U. (2009). “¿Es la filosofía una ciencia?”. Ágora: Papeles de Filosofía. 28 (2), 21-36
ONFRAY, M. (2011). Antimanual de filosofía: lecciones socráticas y alternativas. Edaf.
ORDINE, N. (2013). La utilidad de lo inútil: manifiesto. Acantilado.
ORTEGA Y GASSET, J. (1981). ¿Qué es filosofía? Espasa-Calpe.
RAFIN, F. (2011). Pequeña introducción a la filosofía. Alianza.
RUSSELL, B. (1981). Los Problemas de la filosofía. Labor.
Os contidos da materia contribúen á adquisición das seguintes competencias propias do título:
Competencias básicas e xerais
CX1.- Que as persoas estudantes as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2.- Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3.- Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4.- Que estean capacitadas para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CB1.- Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2.- Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4.- Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5.- Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias específicas
CE2.- Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE4.- Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5.- Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos filosóficos.
CE6. - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
CE8.- Desenvolvemento do razoamento crítico.
Competencias transversais
CT1.- De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT2.- Persoais: Boa disposición para o traballo cooperativo. Razoamento crítico.
CT3.- Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Creatividade.
Esta materia está orientada á formación teórico-práctica do alumnado na metodoloxía da investigación, lectura crítica e escritura filosófica a través do traballo activo individual e grupal de lectura e interpretación de textos filosóficos nos seus diversos xéneros e a través da realización de prácticas de investigación e escrita filosófica.
A didáctica da materia baséase na facilitación dunha aprendizaxe cooperativa entre iguais e está orientada á capacitación para a análise e desenvolvemento de problemas filosóficos a través da escrita de ensaios/disertacións filosóficas.
1. Nas aulas expositivas, o docente desenvolverá os contidos do programa.
2. Nas aulas interactivas realizaranse traballos prácticos individuais e grupais de lectura crítica e análise dunha selección de textos filosóficos que servirán de base para a elaboración dos ensaios/disertacións avaliables. Nas aulas interactivas tamén se presentarán publicamente ao estudantado aqueles ensaios/disertacións que seleccione o docente. Tras a presentación fomentarase o debate entre o alumnado con base nos ensaios/disertacións presentados.
3. Nas titorías individuais e grupal o alumnado poderá realizar consultas e resolver dúbidas co docente sobre o contido das aulas teóricas, sobre os problemas analizados e a bibliografía das aulas interactivas, sobre a elaboración dos ensaios/disertacións filosóficas, e sobre calquera outro aspecto da materia (metodoloxía, avaliación, bibliografía, etc.).
Aula da materia no Campus Virtual do USC
O material didáctico elaborado polo docente estará dispoñible na aula virtual da materia, onde tamén se poderán consultar e descargar os textos de lectura das sesións interactivas.
Na aula virtual tamén estarán dispoñibles o resto de documentación precisa para o seguimento da materia: modelo de lectura critica de textos, instrutivo do ensaio/disertación, rúbrica de avaliación do ensaio/disertación, plantilla para os ensaios/disertacións, plantilla de formato académico para os ensaios; documento sobre sistema APA, etc.
A entrega dos ensaios/disertacións realizarase obrigatoriamente a través da aula virtual da materia nas datas que estableza o docente en diálogo co alumnado para evitar coincidencias coas entregas de traballos noutras materias do mesmo curso.
A cualificación final da materia obterase ponderando as seguintes actividades:
1.- Asistencia e participación. Valorarase a participación activa nas sesións expositivas e interactivas. Porcentaxe na cualificación final: 10 %
2.- Ensaios/disertacións filosóficas. Elaboración de 3 ensaios/disertacións filosóficas cunha extensión de entre 1.000 e 1.500 palabras sobre un problema filosófico seleccionado polo docente. Valorarase a orixinalidade, a capacidade de análise do problema, o rigor argumentativo e a aplicación práctica dos contidos do bloque I e II do temario. Porcentaxe na cualificación final: 90 % (30 % cada ensaio/disertación).
3.- Entrega final: Consistirá na entrega única e conxunta na data da correspondente convocatoria dos 3 ensaios/disertacións que integran a avaliación da materia. Porcentaxe na cualificación final: 100%
Complementariamente, o alumnado que realice e supere coa cualificación de apto o curso de competencias informacións (básico) ofrecido pola Biblioteca da Facultade sumará 0,75 puntos á media da materia. O engadido destes 0,75 puntos fica condicionado a que a nota media da materia sexa de aprobado e sen que sirva para a superación da misma.
Os ensaios/disertacións serán entregados obrigatoriamente a través do Campus Virtual nas datas que indique o docente e que serán establecidas en diálogo co alumnado.
Na avaliación continua non se permitirá a entrega conxunta e nunha única entrega dos ensaios/disertacións que integran a avaliación continua, agás no caso do alumnado con dispensa de asistencia.
Para a realización dos ensaios/disertacións, establécense as seguintes tarefas:
a) Cada estudante enviará obrigatoriamente por correo electrónico e na data que se estableza a súa proposta de tese para cada ensaio ao docente responsable para que sexa revisada. O docente enviará un correo de resposta valorando a tese e se é precisa unha reelaboración da mesma.
b) Con carácter previo á preparación do borrador do ensaio/disertación, o alumnado da materia de cursos anteriores e que obtivo sobresaliente no ensaio/disertación, presentarán en aula o seu ensaio/disertación ao alumnado actual, ofrecerá consellos e responderá ás preguntas que se formulen en relación ao ensaio/disertación.
c) Constituiranse grupos de lectura de 3 persoas do mesmo grupo de interactivas que lerán e revisarán cadanseu borrador do ensaio/disertación do resto de persoas integrantes do grupo. Cadanseu borrador do ensaio/disertación deberá estar preparado na data que estableza o docente e enviarase ao resto de integrantes do grupo de lectura. A revisión grupal farase empregando a rúbrica de valoración do ensaio/disertación que estará dispoñible no Campus Virtual. O obxectivo é que a versión definitiva do ensaio/disertación teña sido revisada e mellorada grupalmente antes da súa entrega para avaliación.
d) Antes de entregar ao docente a versión definitiva do ensaio/disertación a través do Campus Virtual, esta ten que ter sido revisada grupalmente obrigatoriamente.
e) O docente correspondente devolverá corrixida o ensaio/disertación xunto coa rúbrica de valoración do ensaio/disertación.
f) O alumnado poderá ser convidado polo docente a presentar en aula o seu ensaio/disertación nas datas que se establezan. Tras a presentación fomentarase o debate entre o alumnado con base nos ensaios/disertacións presentados.
Para superar a avaliación continua deberase aprobar cada un dos 3 ensaios/disertacións que a integran. Non se fará media cun dos ensaios/disertacións suspenso.
En caso de non aprobar a materia pola avaliación continua, o alumno/a deberá realizar unha nova entrega dos ensaios/disertacións suspensos nas datas oficiais dos exames de 1ª ou 2ª oportunidade. A nota dos ensaios/disertacións aprobados conservarase.
O alumno/a que non estea exento de docencia e non asista regularmente ás sesións expositivas e interactivas e non entregue en prazo as tarefas vinculadas á avaliación continua deberá examinarse a través da entrega final que consistirá na entrega única e conxunta dos 3 ensaios/disertacións que integran a avaliación continua na data do exame final de 1ª ou 2ª convocatoria. Para superar esta entrega final deberase aprobar cada un dos 3 ensaios/disertacións que a integran. Non se fará media cun dos ensaios/disertacións suspenso.
A avaliación das competencias a través de cada unha das actividades distribúese do seguinte xeito:
- Asistencia e participación: CX1; CX2; CX3 // CB1; CB4; CE2; CE5; CE6; CE8
- Ensaio/disertación filosófica: CX1; CX2; CX3; CX4; CB1; CB2; CB4; CB5; CE2;
CE4; CE5; CE6; CE7; CE8
- Exame final: CX1; CX2; CX3; CX4; CB1; CB2; CB4; CB5; CE2; CE4; CE5; CE6; CE7; CE8
Estudantes con dispensa de asistencia ás aulas
O alumnado poderá solicitar, ao principio de curso nas datas establecidas pola Facultade de Filosofía ou, posteriormente, de concorrer causas imprevisibles e sobrevindas, a dispensa de asistencia á clase, mediante solicitude motivada e acreditada formulada ao Decanato segundo o disposto na Instrución nº1/2017 da Secretaría Xeral da USC.
O alumnado que conte con dispensa de asistencia a aulas deberá asistir a unha titoría individual co docente responsable da materia. Este alumnado poderá concorrer á avaliación continua mediante a entrega dos 3 ensaios/disertacións que a integran ou ben será avaliado a través da entrega conxunta e única nas datas dos exames de 1ª ou 2ª convocatoria dos 3 ensaios/disertacións que integran a avaliación continua. Para superar esta entrega final deberase aprobar cada un dos 3 ensaios/disertacións que a integran. Non se fará media cun dos ensaios/disertacións suspenso.
Para o seguimento do curso, terá os materiais empregados nas aulas expositivas e interactivas dispoñibles na aula virtual da materia. O alumnado deberá comunicar ao docente responsable da materia por que modalidade de avaliación opta. Ao alumnado dispensado de aulas permitirase a entrega única e conxunta das actividades que integran a avaliación continua até o último día de aulas do semestre. De todos os xeitos, recoméndase o cumprimento dos prazos de entrega fixados para o alumnado sen dispensa de asistencia co fin de facilitar a efectiva avaliación continua do alumnado que goce da dispensa.
O tempo de traballo estimado para esta materia é de 150 horas en correspondencia cos 6 ECTS e coa seguinte distribución:
Traballo presencial do alumnado: 51 horas.
• Clases teóricas: 24 horas
• Clases interactivas: 24 horas
• Titoría individual e grupal: 3 horas.
Traballo persoal do alumnado: 99 horas.
• Seguimento (lecturas, documentación, ampliación, etc.): 14 horas.
• Elaboración de ensaios/disertacións: 85 horas.
1. É imprescindible unha asistencia regular e entrega de tarefas nos prazos indicados para gozar dunha avaliación continua. O control de asistencia servirá de medición do interese pola materia. Por tanto, resulta imprescindible un traballo constante da materia, e concretamente das lecturas obrigatorias e tarefas previstas, ao longo do semestre. Os estudantes que non procedan a traballar deste xeito non poderán superar a materia pola avaliación continua.
2. Participar activamente na lectura dos textos e nos debates que se susciten durante as aulas expositivas e interactivas.
3. Realizar exercicios de lectura crítica de textos filosóficos con base no modelo que facilitará o docente.
4. Realizar exercicios de práctica de escritura de ensaio/disertación filosófica conforme ás indicacións do docente.
5. Realizar exercicios de autoavaliación conforme á rúbrica de valoración do ensaio/disertación filosófica que será facilitada ao alumnado.
6. O alumnado deberá entregar xunto co ensaio/disertación filosófica unha declaración persoal de ausencia de plaxio e orixinalidade que será facilitada polo docente e que se integra no modelo de ensaio/disertación dispoñible na aula virtual. Este requisito cumpre coa “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, aprobada no Consello de Goberno da USC do 15 de xuño de 2011: Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
− Para calquera comunicación do docente da materia, esta realizarase por correo electrónico empregando obrigatoriamente a conta de correo rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada desde unha conta de correo electrónico alleo á USC.
− O alumnado e profesorado está obrigado ao emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse a través da aula virtual da materia no Campus Virtual. Tan só se permitirán entregas por correo electrónico en casos de incidencias non previstas e previa comunicación ao docente da materia que debe autorizalo.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
− Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC para a introdución da perspectiva de xénero na docencia.
− Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado ou legal do mesmo.
− Non está permitida a gravación de imaxes, son, etc, nas aulas sen autorización previa. O alumnado e profesorado está obrigado ao cumprimento da Normativa de protección de datos preservando o dereito á intimidade e á propia imaxe do alumnado e profesorado de tal xeito que non se poden divulgar por ningún medio, incluídas redes sociais, sen autorización.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
Jose Luis Pastoriza Rozas
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812522
- Correo electrónico
- jl.pastoriza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Francisco Javier Alcala Rodriguez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- franciscojavier.alcala [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 4 |
Venres | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 4 |
23.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
23.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
23.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
23.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
23.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
23.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
23.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
23.01.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
19.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
19.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
19.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
19.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
19.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
19.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
19.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
19.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |