Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Comprender o significado da filosofía contemporánea desde a súa conformación no século XIX.
Comprender o sentido filosófico da Historia da filosofía, tal como se configura no século XIX.
Recoñecer o valor de contemporaneidade dos máis destacados autores do século XIX.
Coñecer o modo de articulación da filosofía contemporánea na súa relación coa filosofía moderna que a antecede, traballando particularmente os problemas máis significativos sobre os que podemos falar deste cambio de paradigma.
Aproximarse ás filosofías dalgúns dos autores máis relevantes do século.
Adquirir un léxico básico de termos filosóficos en alemán.
Madurar o criterio académico de discriminación bibliográfica.
0. Sobre o concepto de «Historia da Filosofía Contemporánea: Século XIX»
1. Do encontro Jacobi-Lessing ás aporías do criticismo kantiano (Reinhold, Schulze, Maimon)
2. Fichte: a irrupción do Idealismo
3. A Frühromantik: o círculo de Jena
4. Schelling: entre o Romantismo e o Idealismo
5. Hegel: a Fenomenoloxía do Espírito e o horizonte do Sistema
6. O valor transitivo da filosofía hegeliana
7. A ambivalencia de Schopenhauer: kantismo e irracionalismo
8. Kierkegaard: a revolta da singularidade
9. Marx: a filosofía contra a ideoloxía
10. Nietzsche: da metafísica da Vontade á vontade da metafísica
Básica:
Blackwell, Jeannine; Zantop, Susanne (eds.), Bitter Healing. German Women Writers from 1700 to 1830. An Anthology, Lincoln: University of Nebraska Press, 1990.
Brandes, Georg, Nietzsche, México: Sexto Piso, 2008.
Fichte, Johann Gottlieb, Reseña de Enesidemo, Madrid: Hiperión, 1982.
_____ , La Doctrina de la Ciencia. 1811, Madrid: Akal, 1999.
_____ , Introducciones a la Doctrina de la Ciencia, Madrid: Tecnos, 1987.
_____ , El destino del hombre, Salamanca: Sígueme, 2011.
_____ , Lecciones de Filosofía aplicada, Salamanca: Sígueme, 2017.
Hegel, Georg Friedrich Wilhelm, Fenomenología del Espíritu, Madrid: Abada, 2010.
_____ , Ciencia de la Lógica, 2 vols., Madrid: Abada, 2011; 2015.
_____ , Lecciones sobre la Historia de la Filosofía, México: FCE, 1995.
_____ , Enciclopedia de las ciencias filosóficas, Madrid: Abada, 2017.
Hölderlin, Friedrich, Hiperión, Madrid: Hiperión, 1993.
_____ , Ensayos, Madrid: Hiperión, 2001.
Jacobi, Friedrich Heinrich, Cartas a Mendelssohn. David Hume. Carta a Fichte, Barcelona: Galaxia Gutenberg, 1996.
_____ et alii, El ocaso de la Ilustración. La polémica del Spinozismo, Buenos Aires: Prometeo Libros, 2014.
Kierkegaard, Søren, Prólogos, Vigo: Galaxia, 2008.
_____ , Escritos. vol. 4/1, Madrid: Trotta, 2019.
_____ , Escritos. vol. 4/2, Madrid: Trotta, 2016.
_____ , Pós-escrito às Migalhas filosóficas, 2 vols., Petrópolis: Vozes, 2010; 2016.
Marx, Karl, Manuscritos: economía y filosofía, Madrid: Alianza, 1989.
_____ , La ideología alemana, Madrid: Akal, 2014.
_____ ; Engels, F., Obras escogidas, Granada: Comares: 2012.
Nietzsche, Friedrich, El nacimiento de la tragedia, Madrid: Alianza, 1990.
_____ , Así habló Zarathustra, Madrid: Alianza, 1990.
_____ , La genealogía de la moral, Madrid: Alianza, 1992.
_____ , Sobre verdad y mentira en sentido extramoral, Madrid: Tecnos, 1994.
Novalis, Himnos á noite, A Coruña: Espiral maior, 1997.
_____ , Estudios sobre Fichte y otros escritos, Madrid: Akal, 2007.
Schelling, Friedrich Wilhelm Joseph von, Del Yo como principio de la filosofía, Madrid: Trotta, 2004.
_____ , Cartas filosóficas sobre dogmatismo y criticismo, Madrid: Abada, 2009.
_____ , Sistema del Idealismo trascendental, Barcelona: Anthropos, 2005.
_____ , Escritos sobre filosofía de la naturaleza, Madrid: Alianza, 1996.
Schlegel, Friedrich, Fragmentos, Barcelona: Marbot, 2009.
_____ , Lucinde, Valencia: Natan, 1997.
Schopenhauer, Arthur, El mundo como voluntad y representación (2 vols.), Madrid: Trotta, 2003-2004.
_____ , Parerga y paralipomena, 2 vols., Madrid: Trotta, 2009.
Complementaria:
Adorno, Theodor W., Tres estudios sobre Hegel, Madrid: Taurus, 1991.
Ameriks, Karl (ed.), The Cambridge Companion to German Idealism, Cambridge: Cambridge University Press, 2000.
Behler, Ernst, German Romantic Literary Theory, Cambridge: Cambridge University Press, 1993.
Beiser, Frederick C., German Idealism. The Struggle Against Subjectivism. 1781-1801, Cambridge: Harvard University Press, 2002.
_____ , The Romantic Imperative. The Concept of Early German Romanticism, Cambridge: Harvard University Press, 2003.
Duque, Félix, Hegel: la especulación de la indigencia, Barcelona: Granítica, 1990.
_____ , Historia de la filosofía moderna. La era de la crítica, Madrid: Akal, 1998.
_____ , La estrella errante. Estudios sobre la apoteosis romántica de la historia, Madrid: Akal, 1997.
_____ , Historia de la filosofía moderna. La era de la crítica, Madrid: Akal, 1998.
_____ , La restauración: la escuela hegeliana y sus adversarios, Madrid: Akal, 1999.
Fink, Eugen, La filosofía de Nietzsche, Madrid: Alianza, 1997.
Hannay, Alastair; Marino, Gordon, The Cambridge Companion to Kierkegaard, Cambridge: Cambridge University Press, 1998.
Hyppolite, Jean, Génesis y estructura de la Fenomenología del espíritu de Hegel, Barcelona: Península, 1974.
Inwood, Michael, A Hegel Dictionary, Oxford: Blackwell, 1999.
Jacobs, Wilhelm G., Leer a Schelling, Barcelona: Herder, 2018.
Kaufmann, Walter, Hegel, Madrid: Alianza, 1972.
Lacoue-Labarthe, Philippe.; Nancy, Jean-Luc, El absoluto literario, Buenos Aires: Eterna Cadencia, 2012.
Leopold, David, El joven Karl Marx, Madrid: Akal, 2012.
Leyte Coello, Arturo, Las épocas de Schelling, Madrid: Akal, 1998.
Maceiras Fafián, Manuel, Schopenhauer y Kierkegaard. Sentimiento y pasión, Madrid: Cincel, 1992.
Martínez Marzoa, Felipe, De Kant a Hölderlin, Madrid: Visor, 1992.
Nancy, Jean-Luc, Hegel. La inquietud de lo negativo, Madrid: Arena, 2005.
Parcero Oubiña, Oscar, Søren Kierkegaard, A Coruña: Baía, 2009.
Pérez-Borbujo, Fernando, Schelling. El sistema de la libertad, Barcelona: Herder, 2016.
Pinkard, Terry, German Philosophy 1760-1860. The Legacy of Idealism, Cambridge: Cambridge University Press, 2002.
Riobó González, Manuel, Fichte: filósofo de la intersubjetividad, Barcelona: Herder, 1988.
Ripalda, José María, La nación dividida. Raíces de un pensador burgués: G.W.F. Hegel, Madrid: F.C.E., 1978.
Spierling, Volker, Arthur Schopenhauer, Barcelona: Herder, 2010.
Stewart, Jon, The Unity of Hegel’s Phenomenology of Spirit, Evanston: Northwestern, 2000.
Turró, Salvi, Fichte: de la consciència a l’absolut, Barcelona: Omicron, 2012.
Valls Plana, Ramón, Del Yo al Nosotros. Lectura de la Fenomenología del Espíritu de Hegel, Barcelona: Laia, 1979.
_____ , Comentario integral a la Enciclopedia de las Ciencias Filosóficas de G.W.F. Hegel (1830), Madrid: Abada, 2018.
Vattimo, Gianni, Introducción a Nietzsche, Barcelona: Península, 1996.
Villacañas, José Luis, La filosofía del Idealismo alemán, Madrid: Síntesis, 2001.
_____ , La quiebra de la razón ilustrada. Idealismo y romanticismo, Madrid: Cincel, 1997.
Xerais e básicas:
CX1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións planteadas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estean capacitados/as para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita encontrarse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Específicas:
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, plantear e resolver problemas.
Transversais:
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade medioambientais.
Traballo presencial nas aulas:
Distínguense dous tipos de sesións de traballo presencial:
Sesións expositivas, nas que se levará a cabo unha presentación, por parte do profesor, dos contidos que estruturan a materia. Nestas sesións, o papel do alumnado consiste en ir seguindo a presentación dos contidos, intervindo sempre que sexa preciso para garantir un bo acompañamento do proceso, sexa por iniciativa propia, sexa por iniciativa do profesor. Quere isto dicir, con outras palabras, que o expositivo non debe ser entendido como monolóxico.
Sesións interactivas, nas que, a partir da lectura previa de textos anticipadamente facilitados polo profesor, o grupo, en dinámica de seminario, afondará nos principais problemas presentados previamente nas sesións expositivas a través da lectura e análise dos propios autores protagonistas dos mesmos. O papel do alumnado nestas sesións será máis visibelmente activo, sendo o ritmo da sesión marcado de maneira colectiva, a través da interrogación e discusión dos textos previamente lidos.
Actividades titoriais:
Desenvolveranse en dous momentos sesións de titorías de grupo:
- No medio do semestre, aproximadamente, coa finalidade principal de supervisar e complementar o traballo autónomo do alumnado, nomeadamente no que respecta á elaboración de comentarios / ensaios parte da avaliación continua.
- Unha vez rematado o período lectivo, para a resolución de dúbidas de cara ao exame final.
Traballo autónomo do alumnado:
- Lectura dos textos encomendados para cada sesión interactiva.
- Traballo de documentación complementaria sobre algunhas das referencias bibliográficas (fontes, manuais, estudos, introducións, dicionarios) dadas polo profesor, tanto xenericamente no propio programa da materia, a través da súa bibliografía, como de maneira máis específica nas propias aulas. Estas lecturas adicionais deben servir de apoio e complemento ao traballado polo grupo de maneira presencial. Na medida en que o programa da materia é, inevitabelmente, de considerábel densidade, e o número de horas de traballo presencial claramente limitado, sublíñase que este traballo complementario de documentación ten especial relevancia no conxunto da materia.
A avaliación final será o resultado de conxuntar os seguintes elementos de avaliación, da maneira en que se indica:
1. Avaliación continua:
- Actitude de traballo e participación activa nas sesións: 20%
- Resolución e entrega de exercicios: 30% (inclúe a elaboración dun traballo individual sobre unha obra, previamente consensuada co profesor. Optativo).
2. Exame final: 50%
Para poder ser recoñecida a avaliación continua, é requisito unha asistencia mínima fixada nun 80% do total das sesións do semestre, así como a entrega dos exercicios encomendados. De non satisfacerse este requisito, decaerá o 50% correspondente á avaliación continua, pasando o exame final a adquirir un peso porcentual do 100%.
É necesario, en calquera caso, presentarse ao exame final e obter unha cualificación mínima de 5 (sobre 10) para aprobar a materia.
O alumnado que estea en situación de exención de docencia, consonte a normativa da USC, deberá contactar co profesor ao inicio do semestre para que lle sexan asignadas unha serie de tarefas que substitúan o traballo presencial. Estas tarefas constituirán un 20% da cualificación final, elevando o exame final o seu valor ao 80%.
Terase en conta a participación en eventuais actividades formativas complemetarias organizadas na facultade (conferencias, mesas redondas, etc.), cando teñan relación coa materia
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 6 créditos que ten é de 150 horas, distribuídas da seguinte maneira:
- 48 horas de docencia presencial (ou telemática)
- 3 horas de titorías de grupo
- 2 horas semanais recomendadas para a lectura de textos.
- 6 horas semanais recomendadas para o estudo, preparación de traballos, etc.
- Participar nas sesións expositivas e interactivas.
- Traballar cos textos encomendados seguindo as pautas indicadas.
- Utilizar o recurso das titorías para consulta de dúbidas, explicacións adicionais, etc.
Será de rigorosa aplicación a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011:
Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Oscar Parcero Oubiña
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812519
- Correo electrónico
- oscar.parcero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martina Garea Albarran
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- martina.garea.albarran [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
29.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
29.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
29.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
26.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
26.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
26.06.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |