Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
(1) Dominio dos coñecementos propios da materia, coa capacidade para explicalos, aplicalos e incrementalos.
(2) Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
(3) Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
(4) Capacidade para organizar a información, tomar decisións, e presentar e resolver problemas.
(5) Dominio do razoamento crítico e o compromiso ético.
PRIMEIRA PARTE
I. FILOSOFÍA POLÍTICA CARA UNHA INTRODUCIÓN
1. Cuestións preliminares
1.1. Filosofía, política e Filosofía política
1.1.1. A reflexión, a acción e a ciencia práctica
1.1.2. A verdade da política. O obxecto de reflexións normativas
1.2. Ciencia política, ideoloxía e Filosofía política
1.2.1. Cuestionando os principios xerais. De metodoloxías e “continxencias”
1.3. Ética e Filosofía Política
1.3.1. Máis alá da razón
1.4. Dereito e Filosofía Política
1.4.1. Máis alá das leis. Os outros fenómenos
1.5. Enfoques
1.5.1. Realista, normativo e crítico
SEGUNDA PARTE
II. CONCEPTOS FUNDAMENTAIS
2. Coñecemento e acción política ou do bo goberno e a súa elección
2.1. O poder
2.1.1. Goberno e autoridade. Lexitimidade política
2.1.2. Estado e soberanía
2.1.3. Sociedade civil
2.2. A violencia
2.2.1. O monopolio da forza lexítima. Guerra e paz
2.3. A liberdade
2.3.1. Dos antigos e dos modernos
2.3.2. Liberdade individual
2.3.3. Positiva e negativa
2.4. A igualdade
2.4.1. Privado-público
2.4.2. Xénero e política
2.4.2. Redistribución e recoñecemento
2.5. A cidadanía: historia conceptual, problemas e modelos.
2.5.1. Rasgos e dimensións do concepto de cidadanía.
2.5.2. A constitución histórica da idea de cidadanía.
2.5.3. Cidadanía e xustiza. A cidadanía social.
2.5.4. Cidadanía, pluralidade e identidade.
2.5.5. As fronteiras da cidadanía: políticas de inclusión e apertura da cidadanía.
2.5.6. Modelos de cidadanía.
2.6. A democracia: historia conceptual, problemas e modelos.
2.6.1. Teoría da democracia: principios básicos.
2.6.2. A democracia na súa historia conceptual.
2.6.3. Democracia e representación.
2.6.4. Participación, deliberación e decisión.
2.6.5. Modelos de democracia.
1.Bibliografía básica (lecturas obrigatorias).
(01) Strauss, L.: ¿Qué es filosofía política?, en ¿Qué es filosofía política? y otros ensayos, Madrid, Alianza, 2014, pp. 77-153
(02) Platón, Carta VII, Madrid, Cátedra, 2014 (ed.bilingüe grego-castelán).
(03) La Boétie, E. de: A servidume voluntaria, Trifolium, 2013
(04) Berlin, I.: Dos conceptos de libertad, en Cuatro ensayos sobre la libertad; Madrid, Alianza, 1988, pp.187-243.
(05) Rousseau, J.J.: Discurso sobre el origen de la desigualdad entre los hombres, en Discurso sobre las ciencias y las artes. Discurso sobre el origen de la desigualdad entre los hombres, Madrid, Alianza, 2012, pp. 109-209
2. Bibliografía complementaria de carácter xeral.
(01) Agra, María X. (2002), “Ciudadanía: el debate feminista”, en Quesada (dir.), Naturaleza y sentido de la ciudadanía hoy, Madrid: Estudios UNED, páxs. 129-160.
(02) Agra, María X. (2020), “Sin perder el rastro: pensando políticamente la igualdad”, en Las Torres de Lucca: Revista Internacional de Filosofía Política, nº 17, vol. 9, xullo-decembro, páxs. 19-42.
(03) Amorós, Celia (2008), “El feminismo como proyecto filosófico-político”, en Quesada Ciudad y Ciudadanía. Senderos contemporáneos de la filosofía política, Madrid: Editorial Trotta, páxs. 69-87.
(04) Francisco, Javier de (2003), “Teorías y modelos de democracia”, en Arteta, García Guitián & Máiz (eds.), Teoría Política: poder, moral, democracia, Madrid: Alianza Editorial, páxs. 246-269.
(05) García Guitián, Elena (2003), “Problemas de la representación política”, en Arteta, García Guitián & Máiz (eds.), Teoría Política: poder, moral, democracia, Madrid: Alianza Editorial, páxs. 387-401.
(06) Kymlicka, Will (1995), “Feminismo”, en Kymlicka Filosofía política contemporánea: una introducción, Barcelona: Ariel Ciencia Política, páxs. 259-315.
(07) Lois, Marta (2009), “Ernesto Laclau y Chantal Mouffe: hacia una teoría radical de la democracia”, en Máiz (comp.), Teorías políticas contemporáneas, Valencia: Tirant Lo Blanch, páxs. 433-454.
(08) Merril, Roberto & Bourdeau, Vincent (2008), “Republicanismo”, en Cardoso Rosas (org.), Manual de Filosofía Política, Coimbra: Edições Almedina, páxs. 109-127.
(09) Peña, Javier (2003), “La sociedad civil”, en Arteta, García Guitián & Máiz (eds.), Teoría Política: poder, moral, democracia, Madrid: Alianza Editorial, páxs. 196-214.
(10) Peña, Javier (2003), “La ciudadanía”, en Arteta, García Guitián & Máiz (eds.), Teoría Política: poder, moral, democracia, Madrid: Alianza Editorial, páxs. 215-245.
(11) Peña, Javier (2008), “Nuevas perspectivas de la ciudadanía”, en Quesada Ciudad y Ciudadanía. Senderos contemporáneos de la filosofía política, Madrid: Editorial Trotta, páxs. 231-251.
(12) Rodríguez, Roberto (2008), “La tradición liberal”, en Quesada Ciudad y Ciudadanía. Senderos contemporáneos de la filosofía política, Madrid: Editorial Trotta, páxs. 07-30.
1.Xerais e básicas
CX1 - Que os/os graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filo-sofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recen-tes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver pro-blemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solu-cións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estexan capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/ou nou-tros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CX5 - Que teñan habilidades para recoñeceren, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de seren abordados e resoltos desde a Filosofía.
CX6 - Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que impli-can coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou voca-ción dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha refle-xión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
2.Transversais
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Reso-lución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capa-cidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capaci-dade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibi-lidade cara a problemas de igualdade ambientais.
3. Específicas
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver posteriormente esos coñecimientos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deli-berar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver pro-blemas. CE8 - Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
CE9 - Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
CE10 - Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creati-vidade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
Nas aulas impartidas pódese distinguir os seguintes tipos:
(1) Aulas expositivas. Nestas levarase adiante a explicación dos temas do programa, mediante exposición maxistral aberta á participación e ao debate.
(2) Aulas interactivas. Nestas farase unha presentación por parte do alumnado dos temas/textos nas distintas sesións. Isto require, ademais, a presentación por parte deste das reseñas persoais dos temas da parte teórica do programa, co obxecto de debatelos nas aulas de docencia práctica, así como a lectura dialóxica e o comentario conxunto das obras de filosofía política consignadas na bibliografía básica (lecturas obrigatorias).
As presentacións faranse ao fío dos contidos impartidos previamente nas sesións teóricas anteriores e dos textos de lectura obrigatoria. Porén, deixarase lugar á interpretación por parte das alumnas ou alumnos que leven presentacións a cabo. Tras estas, o resto das e dos estudantes terán que formularlles preguntas e obxeccións, logo do cal abrirase un debate sobre os textos expostos e a materia, orientado en base a varias preguntas que formulará a/o profesor/a.
TITORÍAS DE GRUPO
Para a preparación dos ensaios e dos exames terán lugar titorías de grupo, onde se explicarán todas as cuestións sobre as que haxa dúbidas, se explicará a metodoloxía práctica a seguir para superar a materia e se exporá a bibliografía que se pode empregar para a preparación dos exames. Estas terán lugar o comezo e na metade do curso.
Hai dúas maneiras de superar a materia. A primeira, no transcurso do curso, a segunda no exame final. No transcurso do curso, a materia terá unha parte teórica e unha parte práctica. Para superar a materia no transcurso do curso hai que aprobar ambas partes.
PARTE TEÓRICA
Cada unha das partes será avaliada cun exame parcial programado na finalización da impartición dos seus contidos.
(1) O exame parcial consistirá en dúas preguntas (3 puntos cada unha) e un comentario de texto (4 puntos).
Competencias avaliadas: CX1, CX2, CX4, CX5, CX6, CB1, CB2, CB5, CT01, CE1, CE4, CE5, CE10.
PARTE PRÁTICA
Para superar a materia, en réxime de avaliación continua, será preciso
(1) ter asistido a un 80% das clases interactivas e (2) ter entregado os correspondentes comentarios/tarefas (un por clase interactiva) que se indicarán ao longo do curso. A entrega dos comentarios/resumos/recensións/tarefas farase pola plataforma no día de asistencia á interactiva correspondente (cando non se realicen na aula). Para que os comentarios/tarefas de cada interactiva e a nota da participación oral sexan tidas en conta é requisito cumprir coas dúas condicións: asistencia á clase interactiva e entrega da tarefa correspondente en tempo e forma.
Competencias avaliadas: CX3, CB3, CB4, CT01, CT02, CT03, CE2, CE6, CE7, CE8, CE9.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
Desta maneira, a distribución da nota fica como segue:
Parte teórica (60%)+ Parte práctica (40%).
Cada unha das partes será avaliada sobre 10. Con respecto ás partes a distribución porcentual da nota será: primeira parte (25%) e segunda parte (75%).
Primeira parte en porcentaxes: Exame 60% + Prácticas 40%. Primeira parte en puntos: Exame 1,5+ Prácticas 1 (0,28 por práctica).
Segunda parte: Exame 60% + Prácticas 40%. Segunda parte en puntos: Exame 4,5 + Prácticas 3 (0,28 por práctica).
En ambos casos para superar o curso resulta obrigatorio ter aprobado as prácticas.
Tendo en conta que a programación da materia, en particular no seus aspectos metodolóxicos e avaliativos, ten sido concibida para o perfil do alumnado asistente regularmente ás aulas (e, na medida do posible, comprometido cunha participación activa no desenvolvemento das mesmas, que cómpre incentivar e promover, especialmente nas prácticas), a avaliación continua dos/as estudantes representa o camiño mais axeitado para valorar o seu traballo e aprendizaxe dos contidos fundamentais da disciplina. Neste senso, incentívase a elaboración de resumos (dos temas), preparación dos comentarios de texto e reseñas (dos textos de lectura obrigatoria) que, xunto as presentacións e intervencións orais nas aulas interactivas, constitúen instrumentos de avaliación regular e periódica do traballo persoal de cada un/ha dos/as estudantes. Por iso, todas estas ferramentas, en conxunto, permiten a avaliación continuada do seus coñecementos, avaliados periodicamente. No límite, dende a perspectiva porcentual, a avaliación continua debe representar, no mellor dos casos, unha porcentaxe tendente ao 40% da cualificación final.
Con carácter xeral, os contidos desta materia contribúen a adquisición das competencias anteriormente consignadas propias do título.
Nos resumos, comentarios e resto de tarefas prácticas avaliaranse as seguintes dimensións: (i) a súa calidade (de contido e argumentativa), que amosará o coñecemento do sentido e dos contidos específicos da materia, (ii) o rigor formal, que avaliará capacidade de composición de textos (iii) o esforzo investido nel, e (iv) o uso axeitado de fontes bibliográficas, que amosará a capacidade de comprensión e análise.
Nos exames valorarase a exactitude e amplitude en coñecementos das respostas, avaliándose o coñecemento do sentido e dos contidos específicos da materia, mais tamén a capacidade de comprensión das fontes lidas e a capacidade de composición de textos.
O alumnado exento de asistencia ás clases presenciais será avaliado, no que atinxe aos contidos da materia, no exame final programado polo Centro.
EXAME FINAL
As persoas que non superen a materia consonte ao establecido para a avaliación continua poderán concorrer ao exame final. A superación da materia deste xeito carreta unha dificultade notable considerando que nela entra o conxunto da materia impartida no curso e dos textos de apoio empregados. Así, require un traballo que non é menor ao empregado na participación nas aulas e o traballo persoal para a superación da materia no transcurso do curso.
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
Quen teña dispensa de asistencia a clase será avaliado/a mediante un exame final na data oficial, no que se dará conta dos textos de lectura obrigatoria (comentario de texto dun deles; ate 4 puntos) e das lecturas sobre os temas do programa que serán sinaladas nunha primeira titoría, ao comezo do curso, co/a alumno/a (dúas cuestión; ate 3 puntos cada una delas).
REQUERIMENTO DE ORIXINALIDADE
De alguén copiar en calquera momento, suspenderá o curso. Por copiar enténdese (a) o plaxio, tentar facer pasar por texto escrito por unha mesma ou por un mesmo algún texto escrito por outras persoas (en ensaios ou prácticas); (b) responder a cuestións no exame non de memoria senón con apuntamentos, que non están autorizados no exame, ou mediante cambiazos ou estratexias similares que vulneren o principio de honestidade.
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 6 créditos que ten é de 150 horas, distribuidas do seguinte modo:
-Aulas expositivas: 24 horas
- Aulas interactivas: 24 horas
- Actividades titoriales de grupo: 3 horas
(Total: 51 horas)
- Traballo persoal alumno: 99 horas
1) Asistencia diaria e parcipativa nas clases. Participación nas presentación
2) Preparación dos temas/textos marcados seguindo as pautas indicadas
3) Estudo sistemático e periódico dos contidos do programa da materia
4) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías
- Faise notar que para os casos de realización fraudulenta dos exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
-Para a interacción co profesorado é obrigatorio o uso da conta de correo rai.
Yolanda Martinez Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- Ext 12527
- Correo electrónico
- yolanda.martinez.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Alberto Jose Franco Barrera
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Correo electrónico
- albertojose.franco.barrera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
Xoves | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 4 |
29.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
29.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
29.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
29.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |
29.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 5 |
29.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 5 |
29.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 5 |
29.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
03.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
03.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
03.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
03.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 4 |