Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Reflexionar sobre as particularidades da filosofía analítica e a súa relación coa filosofía en xeral.
• Ler e discutir algúns textos clásicos da filosofía analítica, así como algúns traballos más recientes que contribúen a discusións contemporáneas inauguradas por eses textos.
• Como exemplo concreto, familiarizarse co debate sobre a normatividade do contido e, en concreto, coas distintas respostas que se ofreciron ás dúas preguntas en torno as cales está articulado. A primeira é a pregunta concernente á natureza da normatividade, que desemboca na discusión sobre o seguimento de regras aberta polas “Investigacións filosóficas” de Wittgenstein. A segunda é se o contido, sexa lingüístico ou mental, é normativo.
Tema 1. Que é a filosofía analítica?
Tema 2. Seguimento de regras
2.1. O paradoxo escéptico de Wittgenstein
2.2. A solución escéptica de Kripke
2.3. O debate entre Wright e McDowell
2.4. A solución naturalista de Millikan
Tema 3. A normatividade do contido
3.1. O mito do dado segundo Sellars
3.2. A proposta coherentista de Davidson
3.3. A solución kantiana de McDowell
3.4. Contra a normatividade do contido
(Nota: Algúns apartados poden quedar excluídos de acordo co desenvolvemento da materia.)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
• Davidson, D. (1986/1992). Verdad y conocimiento. Una teoría de la coherencia. En Mente, mundo y acción. Claves para una interpretación (pp. 73-97). Barcelona: Paidós.
• Glüer, K. & Wikforss, K. (2009). Against content normativity. Mind, 118(469), 31-70.
• Kripke, S. (1982/2006). Wittgenstein a propósito de reglas y lenguaje privado. Madrid: Tecnos.
• McDowell, J. (1984). Wittgenstein of following a rule. Synthese, 58(3), 325-363.
• McDowell, J. (1994/2003). Mente y mundo. Salamanca: Sígueme.
• Millikan, R. G. (1990). Truth rules, hoverflies, and the Kripke-Wittgenstein paradox. The Philosophical Review, 99(3), 323-353.
• Sellars, W. (1956/1997). Empiricism and the Philosophy of Mind. Cambridge (Mass.): Harvard University Press.
• Wittgenstein, L. (1953/2010). Investigaciones filosóficas. Barcelona: Crítica, §§185-242.
• Wright, C. (1984). Kripke’s account of the argument against private language. The Journal of Philosophy, 81(12), 759-778.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
• Evans, G. (1982). The Varieties of Reference. Oxford: Clarendon, capítulos 5-7.
• García-Carpintero, M. (1996). Las palabras, las ideas y las cosas. Una presentación de la filosofía del lenguaje. Barcelona: Ariel, capítulo 11.
• García Suárez, A. (2011). Modos de significar. Una introducción temática a l* a filosofía del lenguaje, 2ª edición. Madrid: Tecnos, capítulo 11.
• Gibbard, A. (2012). Meaning and Normativity. Oxford: Oxford University Press.
• Glüer, K., Wikforss, Å. & Ganapini, M. (2024). The normativity of meaning and content. Stanford Encyclopedia of Philosophy, edición de outono de 2024. Dispoñible en https://plato.stanford.edu/archives/fall2024/entries/meaning-normativit….
• González de Prado, J. (2025). Lenguaje y normatividad. En I. Vicario (ed.), Filosofía del lenguaje (pp. 377-398). Madrid: Tecnos.
• Miller, A. (2007). Philosophy of Language, 2ª edición. Londres: Routledge, capítulos 5 e 6.
• Miller, A. & Sultanescu, O. (2022). Rule-following and intentionality. Stanford Encyclopedia of Philosophy, edición de verán de 2022. Dispoñible en https://plato.stanford.edu/archives/sum2022/entries/rule-following/.
• Strawson, P. F. (1966/2019). Los límites del sentido. Ensayo sobre la Crítica de la razón pura de Kant. Cidade de México: Instituto de Investigaciones Filosóficas.
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CX1 - Que os/os graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da dilosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar lóxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.
O traballo presencial do alumnado nesta materia desenvolverase en clases expositivas, aínda que abertas á intervención e debate pola súa parte, e clases interactivas dedicadas á lectura conxunta e discusión de textos que serán presentados brevemente polo alumnado ao principio de cada sesión. En canto ao traballo autónomo por parte do alumnado, é necesario levar ao día o estudo dos contidos tratados nas clases expositivas, asistir ás clases interactivas cos textos leídos cun nivel de detalle suficiente para poder presentalos e discutir sobre eles e facer ao menos unha contribución por tema ao foro da materia en Campus Virtual.
A asistencia a clase é obrigatoria para todo o alumnado que non conte con dispensa de asistencia a clase. O alumnado que conte con ela, pola súa banda, substituirá a participación en clase pola entrega de exercicios correspondentes aos distintos textos tratados.
Dúas modalidades:
(i) Avaliación continua
A avaliación continua levarase a cabo a través de (i) un exame final, (ii) a participación en clase e (iii) a participación no foro da materia en Campus Virtual. O desempeño do alumnado en cada un destes aspectos terá o seguinte peso na nota final da materia:
• Exame final: 50%
• Participación en clase: 30%
• Participación en foro: 20%
A asistencia a clase é un prerrequisito para a realización do exame final e a avaliación da participación no foro para todo o alumnado que non conte con dispensa de asistencia a clase. O alumnado que conte con dispensa de asistencia poderá gozar da avaliación continua sen cumprir este prerrequisito, pero substituirá a participación en clase pola entrega de exercicios correspondentes aos distintos textos tratados.
(ii) Avaliación única
A avaliación única levarase a cabo a través dun único exame cuxa calificación suporá 100% da nota final.
• Horas presenciais: 51 h
* Clases expositivas: 24 h
* Clases interactivas: 24 h
* Titorías: 3 h
• Horas non presenciais: 99 h
Traballo total do estudantado: 150 h
É moi importante levar ao día o estudo dos contidos tratados nas clases expositivas e asistir ás clases interactivas cos textos leídos cun nivel de detalle suficiente para poder presentalos e discutir sobre eles. Aínda que se ofrecerán traducións ao castelán dalgúns dos textos tratados, noutros casos a única opción será ler o orixinal, polo que é importante ter un nivel suficientemente alto de lectura de inglés académico.
• Recoméndase facer uso da linguaxe inclusiva tanto no traballo cotiá en clase como nos traballos académicos encomendados segundo as recomendacións da USC.
• Non se poderán empregar teléfonos mobis, ordenadores, tabletas ou aparellos similares salvo cando se usen como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente.
• É obrigatorio o emprego da conta de correo electrónico @rai.usc.es. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Microsoft Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se contestará ningunha comunicación procedente dunha conta de correo electrónico allea á USC.
• Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor, polo que non se poden divulgar sen autorización do seu autor.
• Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
• O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na páxina web do SEPIU ou na súa secretaría virtual. Máis información no enderezo de correo electrónico sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos números de teléfono 881 812 859 e 881 812 858.
Eduardo Perez Navarro
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812537
- Correo electrónico
- eduardo.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Venres | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario Anscombe (330) |
04.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
04.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
10.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
10.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |