Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Familiarizar aos estudantes coas principais correntes, escolas e autores da filosofía contemporánea.
• Dar a coñecer as fontes da Filosofía contemporánea e a bibliografía recente.
• Adestrar na capacidade para ler as obras dos autores máis sobranceiros do período contemporáneo.
• Dar a coñecer o pensamento e a obra de autores clásicos do século XX pertencentes ás seguintes correntes filosóficas contemporáneas:
- Fenomenoloxía
- Existencialismo
- Estruturalismo e Posestruturalismo
- Teoría Crítica
- Correntes filosóficas do século XXI
• Mellorar as destrezas na comunicación oral e escrita.
Tema 1. Husserl e o movemento fenomenolóxico.
Tema 2. Da fenomenoloxía ao “existencialismo”: M. Heidegger.
Tema 3: Estruturalismo filosófico e posestructuralismo: Gilles Deleuze e Michel Foucault.
Tema 4. Teoría crítica: Max Horkheimer.
Tema 5. Xénero en disputa: Judith Butler.
Tema 6. Realismo especulativo: Quentin Meillassoux.
Tema 7. Antropoloxía simétrica e filosofía terrestre: Bruno Latour.
BÁSICA*
1. Husserl, E.: La idea de la Fenomenología, FCE Madrid 1982.
2. Heidegger, M.: El ser y el tiempo, Ed. Trotta, Madrid 2003.
3. Deleuze, G. Diferencia y repetición. Buenos Aires: Amorrortu, 2002.
4. Foucault, M. Las palabras y las cosas. Buenos Aires: Siglo XIX, 1968.
5. Horkheimer, M.: Teoría crítica, Ed. Seix Barral, Barcelona 1973.
6. Butler, J. El género en disputa: El feminismo y la subversión de la identidad (1990).
7. Meillassoux, Q. Después de la finitud. Ensayo sobre la necesidad de la contingencia.
8. Latour, Bruno. ¿Dónde estoy? Una guía para habitar el planeta. Barcelona: Taurus, 2021.
9. Sáez Rueda, Luis. Movimientos filosóficos actuales. Madrid: Trotta, 2001.
10. Wark, McKenzie, Intelectos colectivos. Pensadores para el siglo XXI. Valencia: La Caja Books, 2023.
COMPLEMENTARIA
1. Agís Villaverde, M.: Camiñantes: Un itinerario filosófico, Ed. Galaxia, Vigo 2009 (trad. esp. Caminantes. Un itinerario Filosófico, Ed. Fundación E. Mounier, Madrid 2011).
2. __________: Introducción a la historia de la filosofía: autores y textos, UNED, Pontevedra 2018.
3. __________: Historia de la hermenéutica. Devenir y actualidad de la filosofía de la interpretación, Editorial Sindéresis 2020.
4. Alder, Laure: Hannah Arendt, Destino, Barcelona, 2006.
5. Bengoa Ruíz de Azúa: De Heidegger a Habermas. Ed. Herder, Barcelona.
6. Feldmann, Ch.: Edith Stein: judía, filósofa y carmelita, Herder, Barcelona, 2009.
7. Hernández Pacheco, J.: Corrientes actuales de la filosofía. La escuela de Fráncfort. La filosofía hermenéutica, Tecnos, Madrid 1996.
8. Lyotard, J.-F.: La Fenomenología, Paidós, Barcelona 1989.
9. Rodríguez, Ramón: Heidegger y la crisis de la modernidad, Ed. Síntesis Madrid 2006.
10. San Martín, J.: La estructura del método fenomenológico, UNED, Madrid 1986.
11. Peretti, C.: Jacques Derrida: Texto y deconstrucción; Ed. Anthropos, Barcelona.
12. Bolívar Botia, A.: El estructuralismo: de Levi-Strauss a Derrida, Ed. Cincel, Madrid.
13. De Mauro Rucovsky, Mauro A. Materialidad y cuerpo sexuado en Judith Butler y Paul B. Preciado, Egales, Madrid/Barcelona, 2016.
14. Femenías, Mª Luisa Judith Butler: Introducción a su lectura, Catálogos, Buenos Aires, 2003.
15. Kirby, Vicki Judith Butler: Pensamiento en Acción, Bellaterra, Barcelona, 2011.
16. Lapopujade, D. Deleuze: Los movimientos aberrantes. Buenos Aires: Cactus, 2016.
17. Alcalá, F. J. (2021). La inversión del platonismo en Gilles Deleuze, herencia renovada de Nietzsche. Anales del Seminario de Historia de la Filosofía, 38(1), 135-149.
18. Alcalá, F. J. Of the Processes of Subjectivation as a Subspecies of the Event: the Deleuzian Reading of the Later Foucault. CLCWeb: Comparative Literature and Culture 20.4 (2018).
19. Alcalá, F. J. (2024). The Politicization of the Event in Deleuze’s Thought. Philosophies, 9(3), 82.
20. Zaragoza Bernal, J. M. Componer un mundo en común. ¿Por qué necesitamos a Bruno Latour?. Madrid: Lengua de Trapo y Círculo de Bellas Artes, 2024.
21. Castro, E. (2020). Realismo Poscontinental [Ontología y Epistemología para el siglo XXI]. Segovia: Materia Oscura Editorial.
*Estudarase unha selección de fragmentos dos libros incluídos na bibliografía básica.
XERAIS E BÁSICAS
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas
doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas
investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel
xeral e non especializado.
CG3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía,
tanto a un público xeral como interesado e/o entendido en temáticas filosóficas.
CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/o noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e
sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información.
Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos
culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo.
Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta #ante novas situacións.
Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial
sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais..
ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia
e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
A) Clases expositivas: Lección impartida polo profesor. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos aínda que os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do programa, construídos a partir da bibliografía seleccionada para cada tema. A asistencia a estas clases é básica para ter unha visión panorámica dos temas tratados, polo que é conveniente o seguimento destas por parte dos estudantes.
B) Seminarios: Clases interactivas na que analizan e traballan en grupo textos e documentos, entregados previamente polo profesor cunha guía de lectura. O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor, posta en común de comentarios de texto na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais aínda que os estudantes non os manexarán en clase. A participación nestas clases será avaliada, polo que é conveniente a asistencia regular dos estudantes.
C) Titorías: É o tempo que se reserva para que o/a estudante poida solicitar documentación e información bibliográfica ao profesor. Tamén están pensadas para a resolución de dúbidas, tanto sobre ou contido das sesións como sobre outros aspectos da materia (metodoloxía, avaliación, etc.).
- Esta materia avaliarase mediante avaliación continua*, con posibilidade de realizar un exame final se o alumno non asiste a clase, non segue as pautas de avaliación continua ou non supera.
- O alumnado que estea exento de asistir ás clases presenciais será avaliado mediante un exame final (100% da nota).
- A avaliación continua farase mediante a avaliación da asistencia e participación nas clases presenciais e titorías. Non obstante, a avaliación basearase principalmente na realización dun traballo de curso, na exposición en clase dos textos estudados e nun exame final.
TIPO DE ACTIVIDADE: Asistencia a sesións interactivas, lectura e presentación en grupo dun dos textos.
COMPETENCIAS AVALIADAS: CX1, CX2, CX5, CE6, CE7, CE8, CT3, CT4.
PORCENTAXE NA NOTA FINAL 20%
TIPO DE ACTIVIDADE: Traballos do curso elaborados individualmente polo alumno, entregados por escrito.
COMPETENCIA HOMOLOGADA: CX1, CX2, CX5, CX6, CE1, CE2, CE3, CE6, CT1, CT2, CT4.
PORCENTAXE NA NOTA FINAL 40%
TIPO DE ACTIVIDADE: Exame final.
COMPETENCIAS AVALIADAS: CX1, CX2, CX5, CX6, CE1, CE2, CE3, CE6, CT1, CT2, CT4.
PORCENTAXE NA NOTA FINAL 40%
* De acordo co punto 2.a) da normativa, a asistencia valórase como un factor máis na avaliación continua. Para optar á avaliación continua, o alumnado deberá asistir como mínimo ao 80% das sesións do curso (clases expositivas e interactivas).
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases teóricas (con participación dos estudantes) ...... 24 h.
Clases interactivas ................................................. 24 h.
Titorías ................................................................ 3 h.
TOTAL ................................................................... 51 horas
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
Seguimento do curso (Lecturas, prácticas, etc.) .......... 49 h.
Traballo escrito ...................................................... 25 h.
Estudo ................................................................... 25 h.
TOTAL ................................................................... 99 h.
a) É moi importante asistir ás clases expositivas, aos seminarios e ás titorías.
b) Para establecer un primeiro contacto cos contidos dos temas recoméndase ler algunha das obras propostas na bibliografía básica.
c) Unha vez finalizado un tema, é útil facer un resumo dos puntos importantes dos libros/artigos manexados, asegurándose de coñecer e comprender o significado dos conceptos explicados.
d) A resolución de problemas é clave para a aprendizaxe desta materia. É importante resolver os problemas formulados polo profesor antes da súa resolución nas clases de seminario e nas titorías.
e) A asistencia aos seminarios e titorías debe ser activa, é dicir, é moi importante participar e discutir co profesor e outros alumnos sobre a materia presentada nas clases expositivas.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo asrecomendacións da USC.
- Ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego da conta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858.
Francisco Javier Alcala Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- franciscojavier.alcala [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 5 |
25.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
25.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
25.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
30.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
30.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
30.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |