Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Obxectivos xerais:
- Que os estudantes posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía da Ciencia, con referencia a aportacións investigadoras recentes.
- Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía da Ciencia.
- Que coñezan as concepcións, os métodos propios da Filosofía da Ciencia, seguindo a súa historia e as súas formulacións contemporáneas.
2. De maneira específica:
- Que os estudantes alcancen una comprensión de problemas epistémicos, semánticos, ontolóxicos e de estrutura dos produtos cognoscitivos da ciencia.
- Que os estudantes sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións tomadas en consideración, tanto a un público xeral como a aquel interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
1. Descritores da materia no Plano de Estudos
Estudo dos principais fitos na historia da Filosofía da Ciencia desde Kuhn (2ª fase da súa obra e ss.) ata os desenvolvementos máis próximos (incluindo a lo menos os teórico-modelistas de van Fraassen e da metateoría estructuralista, e as propostas da epistemoloxía naturalizada).
2. Estrutura dos bloques de contidos (continuación da Filosofía da Ciencia I)
NOTA: Os temas 9 a 14 non se traballarán nas aulas. Son propostos aquí para coñecemento do alumnado dos contidos que dan continuidade á materia.
BLOQUE IV: Enfoques historicistas..
Tema 6: A concepción kuhniana da ciencia.
6.1. Introducción ao historicismo: Filosofía da ciencia e historia da ciencia
6.2. A estrutura das revolucións científicas.
6.2.1. Paradigmas, ciencia normal, crisis e revoluciónscientíficas.
6.2.2. Tipos de inconmensurabiliadade na “Estructura ...”.
6.3. As matrices disciplinares.
6.4. Inconmensurabilidade local e holismo local.
6.5. Taxonomía e xéneros [kinds] constituidos
Tema 7: Feyerabend e o anarquismo metodolóxico.
7.1. Anarquismo metodolóxico.
7.2. Desenvolvemento científico e variación de significado e de referencia. Inconmensurabilidade.
7.3. A noción de interpretación natural.
7.4. Contrainducción: teorías e feitos.
7.5. Relativismo epistémico.
Tema 8: Lakatos e os programas de investigación científica.
8.1. O problema da racionalidade na ciencia.
8.2. Falsacionismos: dogmático, metodolóxico inxenuo e metodolóxico sofisticado.
8.3. Programas de investigación, progreso científico e racionalidade.
8.4. A historia da ciencia e as súas reconstruccións racionais.
Os seguintes temas non se traballarán nas aulas:
Tema 9. Laudan: das tradicións de investigación ao naturalismo normativo.
9.1. O progreso científico como resolución de problemas.
9.2. O modelo reticular.
9.3. O naturalismo normativo como alternativa ao relativismo epistemolóxico.
9.4. O argumento antirrealista da meta-inducción pesimista.
BLOQUE V: Enfoques modelo-teóricos.
Tema 10. Os inicios modelo-teóricos: A proposta da Escola de Stanford.
10.1. Dos enfoques enunciativistas das teorías empíricas a os modelistas.
10.2. A Escola de Stanford: caracterización das teorías de P. Suppes e E.W. Adams.
Tema 11: As concepcións semanticistas.
11.1. A concepción de espazos de estado de B.C. van Fraassen. O seu empirismo constructivo. Adecuación empírica. Observación e observabilidade.
11.2. O cuasi-realismo de F. Suppe.
11.3. O realismo constructivo de R. Giere.
Tema 12. A metateoría estructuralista.
12.1. Elemento teórico e os seus componentes.
12.2. Aserción empírica dunha teoría.
12.3. Nocións intuitivas de “rede teórica”, “arbore teórico” e “evolución teórica”.
BLOQUE VI: Outros enfoques.
Tema 13. As propostas de Hacking e de Cartwright.
13.1. O problema do realismo científico consonte a I. Hacking
13.2. Experimento e observación. A súa relación coas teorías.
13.3. Representación científica vs. intervención. O experimentalismo de Hacking.
13.4. “Cómo minten as leis da física”: N. Cartwright.
Tema 14: A epistemoloxía evolucionista.
14.1. Os modelos evolucionistas de Popper e Toulmin.
14.2. La epistemoloxía evolucionista de D. Campbell.
14.3. A noción de evolución e os modelos historiográficos da ciencia.
14.4. Críticas ás propostas evolucionistas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- DÍEZ, J. e MOULINES, C.U. (1997): Fundamentos de Filosofía de la Ciencia, Barcelona, Ariel.
- FEYERABEND, P. (1974): Contra el método, Barcelona, Ariel.
- KUHN, T.S. (2004): La estructura de las revoluciones científicas, trad. Carlos Solís, Ciudad de México, Fondo de Cultura Económica, 2ª ed.
- KUHN, T. S. (2002): “Conmensurabilidad, comparabilidad y comunicabilidad”, en El camino desde la estructura, Barcelona, Paidós, cap. 2, pp. 47-75.
- LAKATOS, I. (1978): “La falsación y la metodología de los programas de investigación científica”, en Lakatos, I.: La metodología de los programas de invetigación científica, Madrid, Alianza.
- LAUDAN, L. (1986): El progreso y sus problemas, Madrid, Encuentro (partes).
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- BIRD, A. (1998): Philosophy of Science. Londres, UCL Press.
- ECHEVERRIA, J. (1999): Introducción a la metodología de la ciencia. La filosofía de la ciencia del siglo XX, Madrid, Cátedra.
- ESTANY, A. (1993): Introducción a la filosofía de la ciencia, Barcelona, Crítica.
- GODFREY-SMITH, P. (2003): Theory and Reality: An Introduction to the Philosophy of Science, Chicago, The University of Chicago Press.
- HEMPEL, C. G. (1966): Philosophy of Natural Science, Englewood Cliffs, Prentice Hall (vers. cast.: Filosofía de la ciencia natural, Madrid, Alianza, 1973).
- LOSEE, J. (1972): A Historical Introduction to the Philosophy of Science, Oxford, Oxford University Press (vers. cast.: Introducción histórica a la filosofía de la ciencia, Madrid, Alianza, 1976).
- MOULINES, C.U. (2011): El desarrollo moderno de la Filosofía de la Ciencia, Ciudad de México, UNAM.
- RIVADULLA, A.: (1984): Filosofía actual de la ciencia, Madrid, Ed. Nacional (2a. ed., Madrid, Tecnos, 1986).
BÁSICAS
CG1 - Que os/as graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CG2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CG3 - Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/o entendido en temáticas filosóficas.
CG4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en Filosofía e/o noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
CG5 - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análises e sínteses, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta #ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas. Estes coñecementos indícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
OBTENCIÓN DE COMPETENCIAS
As lecturas obrigatorias, así como a contestación dos cuestionarios dispoñibles na Aula Virtual permitirán desenvolver as anteriores competencias. Tamén a través da participación nas sesións de aulas interactivas e nas titorías de grupo. Finalmente reflectirase nas probas, e no seu caso no exame final (en calquera das oportunidades).
O profesor responsable da materia fará unha presentación xeral inicial de cada tema. Nas clases expositivas expoñerá as distintas temáticas, mentres nas clases interactivas se analizarán e discutirán os textos de lectura obrigatoria propiciando o debate argumentado con e entre os/as estudantes. Ademais, o profesor vai poñer a disposición dos/as estudantes información sobre a materia e sobre cada un dos temas, así como cuestionarios para facilitar o traballo sobre os textos de lectura obrigatoria. Para iso fará uso da plataforma do Campus Virtual da USC. Os/as estudantes deberán complementar os comentarios do profesor co traballo personalizado dos textos de lectura obrigatoria e a contestación nos prazos establecidos dos cuestionarios correspondentes aos diferentes temas. Nas clases interactivas se comentarán conxuntamente os textos, analizando criticamente os argumentos e as teses defendidas neles. Ao análise dos textos de lecturas obrigatorias nas clases interactivas deben servir para que os/as estudantes detecten erros nas súas respostas aos cuestionarios e os corrixan. Se dedicarán as titorías en grupo a aclarar dúbidas e a analizar algunhas das preguntas dos cuestionarios dispoñibles no Campus Virtual da USC.
Para seguir a avaliación continua requírese facer cada unha das tarefas (cuestionarios) nos prazos previstos, e asistir regularmente ás aulas expositivas e interactivas. Máis de catro faltas de asistencia a aulas expositivas o interactivas sen xustificar supoñen a perda do dereito á avaliación continua. A avaliación continua consistirá en 3 probas parciais presenciais (eliminatorias, se son superadas) de materia para o exame final, xa sexa na 1ª ou na 2ª convocatoria). Completan a avaliación continua a realización como tarefas dos cuestionarios, a asistencia a aulas e a participación nas aulas en forma de preguntas ou comentarios acerca dos contidos que esteemos traballando.
As respostas aos cuestionarios non serán obxecto dunha corrección pormenorizada, pero si servirán para unha estimación do esforzo realizado. A valoración global dada as respostas de cada cuestionario servirá ao/á alumno/a de maneira indicativa para que teña constancia do traballo realizado. O/a alumno/a convén que revise as súas respostas luz do analizado nas aulas (especialmente nas interactivas).
Ao longo do curso haberá tres probas parciais presenciais. Para aprobar a materia mediante avaliación continua se deberá obter un mínimo de 5 puntos en cada unha das probas parciais. De non aprobar algunha proba parcial, pódese superar esa parte na data do exame final (1ª ou 2ª convocatoria), debendo obterse un mínimo de 5 puntos en cada unha das partes a superar nesa ocasión para aprobar a materia.
Exame final (en 1ª y 2ª convocatoria):
- Conforme ao xa indicado quen non supere algunha das probas parciais da avaliación continua, poderá superar esa(s) parte(s) na data do exame final (1ª o 2ª convocatoria), debendo obter un mínimo de 5 puntos para cada parte previamente non superada para poder aprobar a materia.
- Quen non siga a avaliación continua, deberá superar a materia no exame final. Para elo no exame final se diferenciarán tres partes (correspondente cada parte aos contidos de cada unha das probas parciais contempladas para quen fan avaliación continua). Se deberá superar cada unha das tres partes do exame final cun mínimo de 5 puntos para aprobar a materia.
Dimensións da avaliación:
VARIABLE 1: Adquisición dos conceptos da materia
CRITERIOS: (i) Dominio dos conceptos, (ii) relación con outros conceptos vistos en outras materias; (iii) actitude crítica, (iv) aportacións persoais, reflexivas e creativas
INSTRUMENTO: (a) Tres probas presenciais parciais. Quen non supere con 5 puntos algunha das probas deberá intentar superar esa(s) parte(s) da materia na data do exame final (1ª o 2ª convocatoria) cun mínimo de 5 puntos para aprobar. (b) Quen non siga avaliación continua (xa sexa por non cumprir os requisitos previstos ou por estar exento de asistencia ás aulas presenciais), deberá superar cada unha das tres partes da materia cun mínimo de 5 puntos para aprobar.
PESO: 85% (no caso de superar cada parte da materia cun mínimo de 5 puntos xa sexa nas probas parciais ou a na súa recuperación na data do exame final, xa no exame final; no caso contrario se suspenderá a materia).
VARIABLE 2: Asistencia e participación
CRITERIOS: (i) Participación activa en la clase; (ii) Participación nos debates e discusións; (iii) Lectura dos materiais (textos obrigatorios); (iv) Asistencia a titorías
INSTRUMENTO: Constancias tomadas polo profesor.
PESO: 10% (so no caso de superar cada unha das partes da materia cun mínimo de 5 puntos, xa sexa nas probas parciais ou na súa recuperación na data do exame final, xa no exame final).
VARIABLE 3: Contestación e presentación dos cuestionarios nos prazos establecidos.
CRITERIOS: A contestación e presentación dos cuestionarios sobre as lecturas nos prazos establecidos. .
INSTRUMENTO: Cuestionarios periódicos, fundamentalmente sobre textos de lectura obrigatoria.
PESO: 5% (so no caso de superar cada unha das partes da materia cun mínimo de 5 puntos, xa sexa nas probas parciais ou na súa recuperación na data do exame final, xa no exame final).
AVALIACIÓN DE ALUMNOS/AS EXENTOS DE ASISTENCIA A AULAS PRESENCIAIS:
Estes/as estudantes deberán superar a materia nas convocatorias previstas de exame final. A superación da materia requirirá obter no exame final unha cualificación mínima de 5 puntos en cada unha das tres partes do exame final
TRABALLO PRESENCIAL: Horas do/a estudante
Clases expositivas 24
Participación activa en clase (clases interactivas) 24
Titorías de grupo 3
TOTAL (parcial) 51
TRABALLO NON PRESENCIAL: Horas do/a estudante
Seguimento (Estudo persoal, lecturas, documentación, indagación, tarefas, probas, traballos, etc.) 99
TOTAL (parcial) 99
TRABALLO DO/A ESTUDANTE:
TOTAL GLOBAL 150
É imprescindible unha asistencia regular e a entrega das tarefas nos prazos indicados para unha avaliación continua. Polo tanto, para superar a materia por esta vía resulta imprescindible un traballo constante da materia e, concretamente, das lecturas obrigatorias e das tarefas previstas ao longo do cuatrimestre. Os/as estudantes que non procedan a traballar dese xeito deberán superar a materia mediante un exame final.
- Tarefas: As tarefas realizadas polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da Aula Virtual.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego da conta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
- Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
- O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado. Máis información no email sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos teléfonos 881 812 859/ 881 812 858
José Luis Falguera López
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812536
- Correo electrónico
- joseluis.falguera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
19.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
19.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
19.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
13.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 3 |
13.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
13.07.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |