Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Adquirir conceptos e distincións fundamentais en filosofía da linguaxe que resultan imprescindibles para a lectura de obras filosóficas contemporáneas e a discusión dentro e fóra da disciplina.
• Coñecer as principais posicións que se atopan nas discusións contemporáneas en filosofía da linguaxe.
Tema 1. Introdución á filosofía da linguaxe
1.1. As preguntas da filosofía da linguaxe
1.2. Actos de fala
1.3. Oracións, enunciados e proposicións
1.4. Máis alá do que se di: presuposición e implicatura
Tema 2. O significado dos termos singulares
2.1. Sentido e referencia dos termos singulares
2.2. A teoría das descricións
2.3. Contra a teoría das descricións
2.4. Referencia directa
Tema 3. Dos termos singulares ás oracións
3.1. Composicionalidade
3.2. Obxecto e función
3.3. A teoría figurativa da linguaxe
3.4. Condicións de verdade
Tema 4. A fonte do significado
4.1. O ideacionismo e o argumento contra a linguaxe privada
4.2. Significado como uso
4.3. A teoría psicoloxista do significado
(Nota: Algúns apartados poden quedar excluídos de acordo co desenvolvemento da materia.)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
• Frápolli, M. J. & Romero, E. (1998). Una aproximación a la filosofía del lenguaje. Madrid: Síntesis.
• García-Carpintero, M. (1996). Las palabras, las ideas y las cosas. Una presentación de la filosofía del
• lenguaje. Barcelona: Ariel.
• García Suárez, A. (2011). Modos de significar. Una introducción temática a la filosofía del lenguaje. 2ª edición. Madrid: Tecnos.
• Vicario, I. (ed.) (2025). Filosofía del lenguaje. Madrid: Tecnos.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
(i) Textos para discutir nas clases interactivas
• Brandom, R. (2001/2002). El inferencialismo semántico y el expresivismo lógico. En La articulación de las razones (pp. 57-96). Madrid: Siglo XXI.
• Davidson, D. (1967/2005). Verdad y significado. En L. M. Valdés Villanueva (ed.), La búsqueda del significado. Lecturas de filosofía del lenguaje, 4ª edición (pp. 336-355). Madrid: Tecnos.
• Frege, G. (1892/2005). Sobre sentido y referencia. En L. M. Valdés Villanueva (ed.), La búsqueda del significado. Lecturas de filosofía del lenguaje, 4ª edición (pp. 29-49). Madrid: Tecnos.
• Grice, P. (1957/2005). Significado. En L. M. Valdés Villanueva (ed.), La búsqueda del significado. Lecturas de filosofía del lenguaje, 4ª edición (pp. 481-490). Madrid: Tecnos.
• Grice, P. (1975/2005). Lógica y conversación. En L. M. Valdés Villanueva (ed.), La búsqueda del significado. Lecturas de filosofía del lenguaje, 4ª edición (pp. 520-538). Madrid: Tecnos.
• Kripke, S. (1972/2005). Primera conferencia. En El nombrar y la necesidad (pp. 27-72). Ciudad de México: Instituto de Investigaciones Filosóficas.
• Kukla, Q. (2014). Fuerza realizativa, convención e injusticia discursiva. Traducción propia.
• Locke, J. (1690/1980). Libro III, capítulos 1 y 2. En Ensayo sobre el entendimiento humano (pp. 605-614). Madrid: Editora Nacional.
• Mill, J. S. (1843/1917). De los nombres. En Sistema de lógica inductiva y deductiva (pp. 30-54). Madrid: Daniel Jorro.
• Russell, B. (1919/2005). Descripciones. En L. M. Valdés Villanueva (ed.), La búsqueda del significado. Lecturas de filosofía del lenguaje, 4ª edición (pp. 50-60). Madrid: Tecnos.
• Wittgenstein, L. (1922/2011). Tractatus Logico-Philosophicus. Madrid: Tecnos, §§2.1-4.001.
• Wittgenstein, L. (1953/2010). Investigaciones filosóficas. Barcelona: Crítica, §§243-271.
(ii) Outros textos e manuais
• Austin, J. L. (1962/2004). Conferencia VIII. En Cómo hacer cosas con palabras (pp. 138-152). Barcelona: Paidós.
• De Bustos Guadaño, E. (1999). Filosofía del lenguaje. Madrid: UNED.
• Corredor, C. (1999). Filosofía del lenguaje. Una aproximación a las teorías del significado del siglo XX. Madrid: Antonio Machado.
• Donnellan, K. (1966/2005). Referencia y descripciones definidas. En L. M. Valdés Villanueva (ed.), La búsqueda del significado. Lecturas de filosofía del lenguaje, 4ª edición (pp. 85-104). Madrid: Tecnos.
• Frege, G. (1891/1984). Función y concepto. En M. M. Valdés (ed.), Estudios sobre lógica, semántica y filosofía de las matemáticas (pp. 225-248). Ciudad de México: Instituto de Investigaciones filosóficas.
• Lycan, W. G. (2019). Philosophy of Language: A Contemporary Introduction. 3ª edición. Londres: Routledge.
• Miller, A. (2018). Philosophy of Language. 3ª edición. Londres: Routledge.
• Strawson, P. F. (1950/2005). Sobre el referir. En L. M. Valdés Villanueva (ed.), La búsqueda del significado. Lecturas de filosofía del lenguaje, 4ª edición (pp. 61-84). Madrid: Tecnos.
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CX1 - Que os/os graduados/as posúan e comprendan os coñecementos propios da filosofía como saber, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, ao nivel proporcionado polos textos académicos, con referencia a achegas investigadoras recentes.
CX2 - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
CX3 - Que sexan quen de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
CX4 - Que estean capacitados para continuar a súa formación, en filosofía e/ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT01 - De tipo Instrumental: Capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
CT02 - Persoais: Curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
CT03 - Sistémicas: Capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade ambientais.
ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da dilosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas.
CE2 - Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
CE3 - Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
CE6 - Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
CE7 - Capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.
O traballo presencial do alumnado nesta materia desenvolverase en clases expositivas, aínda que abertas á intervención e debate pola súa parte, e clases interactivas. Haberá dous tipos distintos de clases interactivas. Algunhas delas estarán dedicadas á lectura conxunta e discusión de textos guiadas por cuestionarios, mentres que durante outras correxiranse exercicios nos que se poñerán en práctica as
ferramentas conceptuais presentadas durante as clases expositivas.
En canto ao traballo autónomo por parte do alumnado, é necesario levar ao día o estudo dos contidos tratados nas clases expositivas, realizar os exercicios para entregalos antes das clases interactivas correspondentes e asistir ás dedicadas á lectura e discusión de textos após ao menos tentar contestar os cuestionarios. O alumnado terá tamén que reunirse fóra do horario de clase para realizar unha serie de tarefas grupais. Por último, existirán un glosario e un foro da materia en Campus Virtual nos que o alumnado deberá participar ao menos unha vez ao longo do curso.
A asistencia a clase é obrigatoria para todo o alumnado que non conte con dispensa de asistencia a clase. O alumnado que conte con ela, pola súa banda, substituirá a participación en clase pola entrega de exercicios correspondentes aos distintos textos tratados.
Dúas modalidades:
(i) Avaliación continua
A avaliación continua levarase a cabo tendo en conta (i) os exercicios corrixidos durante certas clases interactivas, (ii) as tarefas grupais, (iii) a participación tanto en clase como en Campus Virtual e (iv) unha proba final. O desempeño do alumnado en cada un destes aspectos terá o seguinte peso na nota final da materia:
• Exercicios: 30%
• Tarefas grupais: 20%
• Participación: 10%
• Proba final: 40%
A asistencia a clase, a entrega dos exercicios e tarefas grupais e a contribución ao menos unha vez ao glosario ou o foro da materia son prerrequisitos para a realización da proba final para todo o alumnado que non conte con dispensa de asistencia a clase. O alumnado que conte con dispensa de asistencia poderá gozar da avaliación continua sen cumprir o primeiro prerrequisito, pero substituirá a participación en clase pola entrega de exercicios correspondentes aos distintos textos tratados.
(ii) Avaliación única
A avaliación única levarase a cabo a través dun único exame cuxa calificación suporá 100% da nota final.
• Horas presenciais: 51 h
* Clases expositivas: 24 h
* Clases interactivas: 24 h
* Titorías: 3 h
• Horas non presenciais: 99 h
Traballo total do estudantado: 150 h
É moi importante levar ao día o estudo dos contidos tratados nas clases expositivas e asistir ás clases interactivas dedicadas á lectura e discusión de textos após ao menos tentar contestar os cuestionarios.
• Recoméndase facer uso da linguaxe inclusiva tanto no traballo cotiá en clase como nos traballos académicos encomendados segundo as recomendacións da USC.
• Non se poderán empregar teléfonos mobis, ordenadores, tabletas ou aparellos similares salvo cando se usen como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente.
• É obrigatorio o emprego da conta de correo electrónico @rai.usc.es. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Microsoft Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se contestará ningunha comunicación procedente dunha conta de correo electrónico allea á USC.
• Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor, polo que non se poden divulgar sen autorización do seu autor.
• Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
• O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na páxina web do SEPIU ou na súa secretaría virtual. Máis información no enderezo de correo electrónico sepiu.santiago [at] usc.gal (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]gal) ou nos números de teléfono 881 812 859 e 881 812 858.
Eduardo Perez Navarro
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812537
- Correo electrónico
- eduardo.perez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
22.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
22.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
22.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
29.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
29.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
29.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |