Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecemento das diferentes etapas da Historia do pensamento filosófico do medievo
-Familiarización con traballos de investigación e exposición oral dos resultados dos mesmos.
-Dominio do léxico filosófico da época.
-Coñecemento das fontes, impresas e electrónicas, do pensamento deste período.
-Amais do seu contexto cultural e histórico: ciencia, arte e literatura.
1.-Neoplatonismo. A Biblia e a súa mensaxe.
2.- Patrística grega.
3.- Patrística latina.
4.- Da patrística a escolástica: de Boecio a Isidoro de Sevilla.
5.- A filosofía do século XI: Escoto Eriúxena, Anselmo de Aosta, as escolas de Chartres e San Víctor.
6.- A filosofía do século XII: o problema dos universais e Pedro Abelardo, Pedro Lombardo e Xoán de Salísbury.
7.- As filosofías xudea e árabe: Avicena, Averroes, Maimónides e outros..
8.- Alberto Magno e Tomás de Aquino.
9.- Buenaventura de Bagnoregio e Xoán Duns Escoto.
10.- Siger de Bravante e o averroismo latino.
11.-El siglo XIV: Ockham, Marsilio de Padua, Wycliff e Huss, filosofía experimental, a ciencia ockhamista, e a lóxica na Idade Media.
12. Filósofas cristiás da Idade Media: Eloisa, Hildegard von Bingen, Mechthild von Magdeburg, Marguerite Porréte, Catalina de Siena, Christine de Pizan.
--BIBLIOGRAFÍA FUNDAMENTAL:
-Étienne Gilson: La filosofía en la Edad Media: desde los orígenes patrísticos hasta el fin del siglo XIV. Madrid: Gredos, versión española de Arsenio Pacios y Salvador Caballero, 1958 (1ª ed.). Un clásico imperecedoiro.
—REALE, G. e D. ANTISERI: Historia del pensamiento filosófico y científico. Barcelona, Herder, 1991. T. I (Filosofía medieval).
--BIBLIOGRAFÍA SECUNDARIA:
A indicada polx profesorx en aula, según autor o tema
Seguindo a actualización de Memoria de Grao en Filosofía: Filosofia_modif_2015.pdf (usc.gal)
Competencias de tipo xeral:
CG1; CG2; CG4.
Competencias básicas:
CB1; CB2; CB3; CB4.
Competencias transversais:
CTO1; CT02, CT03.
Competencias de tipo específico:
CE1; CE3; CE6; CE7.
1.-Nas aulas expositivas, explícanse os 4 autores, que entran en exame; aínda que iremos redondeado con outros temas, que teñan algún vencello con eles.
2.-Nas aulas interactivas, explícanse os 4 textos que entran no exame aínda que iremos redondeado con outros temas, que teñan algún vencello con eles.
3.- Préstase moito atención a análise do léxico.
4.- Trabállase basicamente sobre problemas concretos de época.
Para xs alumnxs dispensados de aulas: deberán examinarse do Temario, ben por parciais (cos demais), ben no exame final, ben acordando cx profesorx outro día para facelo (neste punto x profesorx será flexible); os comentarios poderá entregalos mensualmente ou en bloque o día do exame, ao igual que a exposición do traballo.
Avaliación continua: asistencia e participación, actividades realizadas (exposicións, debates, comentarios, exercicios, traballos, etc.), controis escritos.
1.-Tres comentarios xerais de 7 páxinas mínimo (Agostiño, Tomás e Ockham) =3 puntos (1 por cada, cun mínimo de 0,5 por autor), formato tfg.
2.-Exame, con parte teórica (ate 2,5, máximo; mínimo, 1,25) e práctica (ate 2,5, máximo; 1,25, mínimo).
2.1. Parte teórica: Plotino, Pedro Abelardo e o problema dos universais, Averroes, Juan Duns Escoto. Saen dous temas a sorteo a elexir 1 (=ate 2,5 puntos, mínimo 1,25 punto)
2.2. Parte práctica: Boecio (Consolación da Filosofía), Anselmo de Aosta, Bec ou Canterbury (Proslogio: o argumento ontolóxico), Juan Escoto Eriúgena (Peri Physeos; introdución) e Avicena (Comentario al De Anima de Aristóteles e “philosophia orientalis”). Saen dous textos a sorteo a elixir un (ate 2,5 puntos, mínimo 1,25 punto).
A asistencia a aulas valórase cun máximo de 2 puntos (para garantir a participación activa do alumnado na materia: preguntas, dúbidas, intervencións espontáneas, suxestións ao profesox sobre os temas, aportacións individuais) (empézase a contar a partir do 75%, e a metade equivalerá a 1 punto: ou sexa, 50 % asistencia): 3+5+2 =10; mínimo: 1,5+2,5+1 = 5, aprobado.
A revisión de exames farase ante testemuñas, enviaranse xs alumnxs en caso de reclamación escaneados os seus exames, con comentarios do profesor, aos que o alumno pode contraargumentar. A nota sairá deste intercambio. Sempre se porá contrastar co orixinal, garantizado polx profesorx.
Para xs alumnxs dispensados de aulas: deberán examinarse do Temario, ben por parciais (cos demais), ben no exame final, ben acordando cx profesorx outro día para facelo (neste punto x profesorx será flexible); os comentarios poderá entregalos mensualmente ou en bloque o día do exame, ao igual que a exposición do traballo.
As MH. se darán en atención a suma de criterios que o profesor considere relevantes en atención a evolución académica dx alumnx; tendo en conta, ademais, a asistencia a aulas. sen prexuizo dos mellores expedientes, cos que pode ou non coincidir (polo lo xeral, coincide con algún delxs). Como di a expresión, tratase dunha distinción de honra (bo expediente, traballo colaborativo, solidaridade con compañeirxs, iniciativa persoal, intuición, intelixencia creativa, uso de linguas estranxeiras, complemento de material básico, lecturas alternativas, asistencia a aulas, etc., as virtudes intelectuais, naturais e sociais de cada quen).
Todos estes procesos poderán facerse noutros idiomas modernos europeos, fora o español.
Respectarase estritamente o calendario oficial de exames.
A valoración de competencias será discrecional tomando como referencia o apartado correspondente, seguindo a actualización de Memoria de Grao en Filosofía: Filosofia_modif_2015.pdf (usc.gal)
Avaliación continua: CG1, CG4, CB1, CB4, CE1
Exame final: CG2, CB3, CE7
Traballo sobre unha obra: CB2, CB5, CE3, CE6
· Horas presenciais semanais: 51 h.
-Titorías: 3 horas.
-Clases expositivas: 24 h.
-Clase interactiva: 24 h.
· Horas non presenciais: 99 h.
Ir superando bloque a bloque.
Valorarase especialmente a asistencia a aulas, con rexistro das mesmas.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dxs estudantxs e de revisión de cualificacións.Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC. Ferramentas tecnolóxicas institucionais: é obrigado o emprego da conta de correo electrónico rai.usc. Esta conta será necesaria para acceder a calquera dos servizos facilitados pola USC (Campus Virtual, Teams, Secretaría Virtual, etc.). Non se contestará ningunha comunicación realizada dende unha conta de correo electrónico allea á USC.
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, computadora, tablet ou aparello similar, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado.
Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos.
Os materiais elaborados polo docente están protexidos pola normativa de protección da propiedade intelectual e dereitos de autor de tal xeito que non se poden divulgar ou facer accesibles sen autorización do autor.
O estudantado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou discapacidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) e enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web do SEPIU ou na secretaría virtual do alumnado.
Martin Gonzalez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812517
- Correo electrónico
- martin.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
21.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
21.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
21.05.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
26.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 4 |
26.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 4 |
26.06.2026 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |