Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 50
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Arqueoloxía
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Poñer en contacto ao estudantado co concepto de Arqueoloxía por primeira vez, mostrándolle as características da disciplina e as formas de adquirir coñecemento desde ela.
- Fornecer ao alumnado información xeral sobre a historia da Arqueoloxía e do pensamento arqueolóxico que lle permita coñecer os cambios sucedidos ao longo do tempo na práctica da disciplina.
- Capacitar ao estudantado, a través das aulas interactivas, na comprensión e a análise básica de textos, así como na identificación das distintas correntes de pensamento a través dos mesmos.
- Mostrar o potencial e a necesidade de recorrer a outras disciplinas do coñecemento para a reconstrución das sociedades do pasado.
- Identificar os elementos e procedementos craves da documentación arqueolóxica de xacementos de diferentes períodos (prehistoria, antigüidade, idade media e posteriores).
- Profundar en aspectos concretos e específicos da materia, profundando nas súas dimensións metodolóxica e práctica.
- Recalcar a achega da Arqueoloxía para como parte dun conxunto de disciplinas que contribúen ao coñecemento e estudo do pasado, así como a súa importancia para a interpretación histórica, sempre que se manexe un adecuado contexto e os conceptos teóricos necesarios.
Os contidos teóricos distribúense en 10 temas que se corresponden con 16 clases de 2 horas cada unha:
Tema 1. Introdución á materia
Tema 2. Concepto de arqueoloxía
Tema 3. A construción do coñecemento en arqueoloxía
Tema 4. Historia e pensamento da arqueoloxía. A arqueoloxía clásica e o anticuarismo
Tema 5. O Medievo e o Renacemento
Tema 6. O século XVIII e os inicios da arqueoloxía
Tema 7. O século XIX, romanticismo, nacionalismo e descubrimentos arqueolóxicos
Tema 8. O século XIX, os comezos da arqueoloxía científica
Tema 9. Primeira metade do século XX
Tema 10. Segunda metade do século XX ata a actualidade
Desenvolveranse contidos interactivos correspondentes a 16 horas de clase en directa relación coas temáticas estudadas na parte teórica. A práctica de campo correspóndese con 5 horas de clase no día asignado polo horario oficial, a condición de que se dispoña de financiamento para iso.
Bibliografía básica:
DOMINGO, I., BURKE, H., SMITH, C. 2007. Manual de campo del arqueólogo, Ariel Prehistoria, Barcelona.
DYSON. Stephen L. 2008. En busca del pasado clásico. Una historia de la arqueología del mundo grecolatino en los siglos XIX y XX. Editorial Ariel. Madrid.
FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, V.M. 1990. Teoría y Método de la Arqueología, Síntesis, Madrid.
GARCÍA SÁNCHEZ, J. 2014. Breve historia de la arqueología. Ediciones Nowtilus, Madrid.
GONZÁLEZ RUIBAL, A., AYÁN VILA, X. 2018. Arqueología. Una introducción al estudio de la materialidad del pasado. Alianza Editorial, Madrid.
GUTIÉRREZ LLORET, S., 1997. Arqueología. Introducción a la historia material de las sociedades del pasado, Universidad de Alicante, Alicante.
HODDER, I., 1994. Interpretación en Arqueología. Corrientes actuales, Crítica, Barcelona.
LEWELLEN, T.C. 2000. Introducción a la Antropología Política. Edicións Bellaterra (primera ed. 1983).
MCINTOSH, J. 1987. Guía práctica de Arqueología, Hermann Blume, Madrid.
RENFREW, C., BAHN, P. 1993. Arqueología. Teorías, métodos y práctica, Akal, Madrid.
TRIGGER, B.G. 1992. Historia del pensamiento arqueológico. Editorial Crítca, Barcelona (1ª edición 1989. Cambridge University Press).
Lectura obligatoria:
DANIEL, G. 1974. Historia de la Arqueología. Alianza Editorial, Madrid (1ª edición 1967. Penguin Books Ltd.).
Bibliografía complementaria:
ALCINA FRANCH, J. 1989. Arqueología Antropológica, Akal, Madrid.
BALLART, J. 1997. El patrimonio histórico y arqueológico: valor y uso, Ariel. Patrimonio Histórico, Barcelona.
BATE, L.F. 1998. El proceso de investigación en arqueología, Crítica, Barcelona.
BENDALA, M. 1981. La Arqueología, Salvat, Barcelona.
BIANCHI-BANDINELLI, R.1982. Introducción a la arqueología como historia del arte antiguo, Madrid.
BUTZER, K.W., 1989. Arqueología. Una ecología del hombre: método y teoría para un enfoque contextual, Barcelona.
BUXÓ, R. 1997. Arqueología de las plantas. La explotación económica de las semillas y los frutos en el marco mediterráneo de la Península Ibérica, Barcelona.
CABALLERO, L., ESCRIBANO VELASCO, C. (eds.) 1996. Arqueología de la arquitectura. El método arqueológico aplicado al proceso de estudio y de intervención en edificios históricos, Burgos.
CARANDINI, A. 1984. Arqueología y cultura material, Mitre, Barcelona.
CLARK, G. 1980. Arqueología y sociedad (reconstruyendo el pasado histórico), Madrid.
JOHNSON, M., 2000. Teoría arqueológica: una introducción, Ariel Barcelona.
MANNONI, T., GIANNICHEDA, E. 2004. Arqueología de la producción, Ariel, Barcelona.
MARTÍN RUIZ, J.M., MARTÍN RUIZ, J.A., SÁNCHEZ BANDERA, P.J. (Eds.), 1997. Arqueología a la carta. Relaciones entre teoría y método en la práctica arqueológica, Málaga.
MOBERG, C.-A. 1987. Introducción a la Arqueología, Cátedra, Madrid.
SERRANO PEÑA, J.L., MONTILLA TORRES, I., CAÑABATE GUERRERO, Mª L., GUTIÉRREZ SOLER, L.M., SÁNCHEZ VIZCAÍNO, A., MOLINOS MOLINOS, M. 1996. Arqueólogos en la feria (San Lucas, 1991, 1992), Jaén.
NIETO PRIETO, F.J. 1984. Introducción a la arqueología subacuática, Barcelona.
RIPOLL, G. 1992. La arqueología hoy, UNED, Madrid.
RODÁ, I. (ed.), 1992. Ciencia, metodología y técnicas aplicadas a la Arqueología, Universitat Autónoma, Barcelona.
VILA, A. 1991. Arqueología. Nuevas tendencias, CSIC. Madrid.
VILA, A., ESTÉVEZ, J. 1988. “Sola ante el peligro. La Arqueología ante las ciencias auxiliares”, AEArq.,62, pp. 272-278.
XENERAIS:
CG1 - Coñecer e analizar a estrutura diacrónica da historia
CG2 - Usar, ordenar e interpretar as fontes históricas
CG3 - Coñecer e ter habilidade para usar os instrumentos de recompilación de información, tales como catálogos bibliográficos, inventarios de arquivos, e referencias electrónicas
CG4 - Coñecer e usar métodos e técnicas doutras ciencias humanas
BÁSICAS:
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS:
CT1 - Aplicar pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo demostrando dotes de innovación
CT2 - Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa
CT3 - Traballar en equipo de forma colaborativa e responsabilidade corporativa
CT4 - Comunicar información e ideas de maneira clara e efectiva en público
ESPECIFICAS:
CE3 - Coñecer e interpretar a historia como disciplina en construción
CE4 - Coñecer e analizar os temas e problemáticas obxecto de debate historiográfico
CE5 - Conciencia crítica da relación entre as dimensións social, económica e institucional da pasado
CE6 - Coñecemento das principais claves explicativas das sociedades do pasado (clase, etnia, xénero,...)
CE7 - Comprender, interpretar e elaborar textos historiográficos ou documentos orixinais na propia lingua
CE8 - Analizar e interpretar o rexistro arqueolóxico
- Nas clases teóricas o docente expoñerá os contidos do temario. Tratarase de motivar ao alumno coa utilización de exemplos próximos á súa realidade cotiá e noticias de actualidade sobre a materia, facilitando a súa participación. A explicación dos temas apoiarase en cadros que faciliten a súa comprensión e memorización, imaxes e fotografías, contidos audiovisuais e, na medida do posible, con materiais arqueolóxicos. Utilizaranse, así mesmo, os recursos da rede, facilitando direccións útiles e traballando con eles. Facilitarase o acceso a bibliografía específica relacionada cos aspectos tratados.
- As clases interactivas centraranse na formación no manexo de fontes bibliográficas especializadas e ferramentas para o acceso a recursos de investigación dentro do mundo da arqueoloxía. O alumno deberá realizar unha serie de traballos durante o desenvolvemento desta materia. Estes traballos deberán levar a cabo cun mínimo de rigor científico e coidado tanto no estilo de redacción como nos contidos, sempre relacionados cos temas impartidos. As prácticas son interactivas polo que a participación é esencial.
Será obligatoria a lectura da obra de Glyn DANIEL de 1974. Historia de la Arqueología. Alianza Editorial, Madrid (1ª edición 1967. Penguin Books Ltd.), é a primeira historia da arqueoloxía publicada que complementará a comprensión de varias interactivas.
- As prácticas de campo consistirán na visita a unha zona arqueolóxica da Idade do Bronce e do Ferro (Adai, Lugo). De ser posible, complementaranse cunha visita ao Museo Provincial de Lugo. A ruta se encadra no concello de Lugo. Estas actividades terán lugar nas datas oficiais, sempre que se conceda o financiamento para ela. De non ser posible levar a cabo esta actividade, substituirase por unha práctica interactiva ou por unha práctica de campo desenvolta nas proximidades do centro de estudo que non requira financiamento adicional.
A materia é presencial, pero utilizarase a aula virtual como espazo para o desenvolvemento da materia. Se colgarán aquí materiais útiles para o alumnado. Recoméndase que este consulte a plataforma semanalmente.
Desenvolverase unha avaliación continua:
- A avaliación da parte teórica levarase a cabo mediante a realización de controis periódicos sobre a materia impartida e unha proba final consistente nun exame escrito que permita constatar os coñecementos adquiridos polo alumno, a realizar na data oficial. A suma dos exercicios realizados supoñerá un 60% da nota final (6 puntos sobre 10). Esta forma de avaliación poderá desenvolverse igualmente de forma non presencial. Será necesario alcanzar unha puntuación de 2,4 puntos sobre os 6 que se asignan á parte teórica para poder facer suma coa materia interactiva.
- As clases interactivas e a práctica de campo valoraranse co 40% da nota (4 puntos sobre 10), sendo valorada a participación e a entrega de traballos escritos e a exposición oral dos mesmos. Será necesario alcanzar unha puntuación de 1,6 puntos sobre os 4 que se asignan á parte interactiva para poder facer suma coa materia interactiva.
Para poder sumar as diferentes partes é obligatorio realizar todas as probas que se denvolvan no curso.
Na segunda convocatoria, de xullo, o alumnado terá que realizar unha proba teórica semellante á desenrolada para a primeira convocatoria e presentar as probas entregadas en relación coas clases interactivas do curso que lle indique o profesor, no caso de non superalas anteriormente.
En caso de dispensa oficial, examinarase ao alumnado en función do exame (60% da nota) e un traballo que equivalerá ás prácticas (40% da nota). Este traballo deberá acordalo co docente a cargo a inicios do cuadrimestre.
Sistema de cualificación: expresado mediante cualificación final numérica de 0 a 10 segundo a lexislación vixente (Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro; BOE 18 de setembro).
Traballo Presencial:
-Actividades en grupo completo (exposición teórica): 32 horas
-Actividades en grupo reducido(prácticas): 16 horas
-Práctica de campo: 5 horas.
-Titorías en grupo moi reducido: 2 horas
-Avaliación: 3 horas
-Subtotal: 58 horas.
Traballo persoal:
-Estudo: 40 horas
-Redacción de traballos: 30 horas
-Preparación de actividades en grupo reducido: 30 horas
Subtotal: 100 horas
TOTAL: 158
O estudante debe coñecer o manexo básico de paquetes ofimáticos xenerais, por exemplo, libre office ou microsoft office. Así mesmo, o estudante debe saber manexar programas colaborativos estándares fornecidos pola plataforma online da USC, como Microsoft Teams ou Moodle-Campus Virtual.
A asistencia é obrigatoria e presencial.
Debe terse en conta a seguinte normativa:
O art. 14 da Normativa de avaliación do rendemiento académico dos estudantes (DOG 5 de abril de 2017) establece o seguinte: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra ou alumno infractor. Considerase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e dás fontes”.
"En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da Lei de Convivencia da USC de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial".
Mario Cesar Vila
- Departamento
- Historia
- Área
- Arqueoloxía
- Correo electrónico
- mario.cesar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
María Pilar Prieto Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Arqueoloxía
- Teléfono
- 881812550
- Correo electrónico
- pilar.prieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mario Ramos Soriano
- Departamento
- Historia
- Área
- Arqueoloxía
- Correo electrónico
- marioramos.soriano [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
Martes | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
Mércores | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
Venres | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
17.01.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
17.01.2025 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
23.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |