Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 32 Clase Interactiva: 16 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Saber ver, comprender e analizar a arquitectura.
-Saber ver, comprender e analizar a pintura.
-Saber ver, comprender e analizar a escultura.
-Coñecer os conceptos fundamentais da linguaxe arquitectónica e plástica
-Coñecer os principais recursos asociados a cada disciplina, incluíndo os de natureza dixital.
1. Arquitectura, pintura e escultura: semellanzas, diferenzas e disolución dos límites entre as artes.
2. Arquitectura.
2.1. O espazo e a súa representación: plantas e alzados.
2.2. Cuestións formais e compositivas: elementos sustentantes e sustentados.
2.3. Principais tipoloxías arquitectónicas.
2.4. Arquitectura, función e estilos.
3. Pintura
3.1. Cuestións significantes: motivos, temas, valores simbólicos. Contexto e promotor.
3.2. Cuestións formais: figuras, liña, color, luz, modelado, bidimensionalidade e espazo, perspectiva(s).
3.3. Cuestións compositivas: esquemas, puntos de vista, encadres.
3.4. Principais xéneros pictóricos.
4. Escultura
4.1. Cuestións significantes: motivos, temas, valores simbólicos. Contexto e promotor.
4.2. Cuestións formais: liña, volume, luz e movemento.
4.3. Cuestións compositivas: esquemas e puntos de vista.
4.4. Principais tipoloxías escultóricas.
Álvaro Zamora, Mª I. (1974). Saber ver el arte. Imprenta Octavio y Pélez.
Berger, R. (1976). El Conocimiento de la pintura, 3 vols. (El arte de verla; El arte de comprenderla; El arte de apreciarla). Noguer.
Chastel, A. (2004). El gesto en el arte. Siruela.
Ching, F. D. K., et al. (2015). Diccionario visual de arquitectura (2ª ed. ampl.). GG, Editorial Gustavo Gili.
Choisy, A. (1979). Historia de la arquitectura (8a ed). Víctor Lerú.
Esteban Lorente, J. F., et al. (1980). Introducción general al arte: arquitectura, escultura, pintura, artes decorativas. Istmo.
Faena García-Bermejo, J. M., & Gómez Cedillo, A. (2000). Conceptos fundamentales de arte. Alianza Editorial
Fatás Cabeza, G., & Borrás Gualis, G. M. (1990). Diccionario de términos de arte y elementos de arqueología y numismática (4a ed. rev). Alianza.
*Fusco, R. de (2008). El placer del arte. Comprender la pintura, la escultura, la arquitectura y el diseño. Gustavo Gili.
Hatje, G. (1964). Diccionario ilustrado de la arquitectura contemporánea. Gustavo Gili.
Knobler, N. (1970). El diálogo visual: introducción a la apreciación del arte. Aguilar.
Martín González, J. J. (1990). Las Claves de la escultura (2ª ed.). Planeta.
Müller, W., & Vogel, G. (1984). Atlas de arquitectura. Alianza.
Pérez-Rioja, J. A. (1979). Síntesis del arte universal: desde la prehistoria a nuestros días. Conceptos generales, arquitectura, escultura, pintura, música, cine. Tecnos
Pevsner, N. (1980). Historia de las tipologías arquitectónicas (2a ed). Gustavo Gili.
Pevsner, N., Fleming, J. V., & Honour, H. (1980). Diccionario de arquitectura. Alianza.
Plaza Escudero, L. de la, et. al. (2008). Diccionario visual de términos arquitectónicos. Cátedra.
Quatremère de Quincy, A.-C. (2007). Diccionario de Arquitectura. Voces Teóricas. Nobuko.
Rideal, L. (2014). Como leer pinturas: una guía sobre sus significados y métodos. H. Blume
Rynk, P. (2005). Cómo leer la pintura: entender y disfrutar los grandes maestros, de Duccio a Goya. Random Hause Mondadori.
Sauras, J. (2003). La Escultura y el oficio de escultor. Ediciones del Serbal.
Thompson, Jon (2007). Como leer la pintura moderna: entender y disfrutar los maestros modernos, de Courbet a Warhol. Electa.
Triadó, J. R., & Subirana, R. (1994). Las Claves de la pintura. Planeta.
Viñuales González, J. (1986). El comentario de la obra de arte. Universidad Nacional de Educación a Distancia.
Wittkower, R. (1980). La Escultura: procesos y principios. Alianza
O alumno/a será capaz de:
-Identificar, comprender e aplicar o vocabulario específico da linguaxe visual.
-Adquirir, avaliar e utilizar información orientada á análise e estudo das obras de arte.
-Ofrecer unha avaliación crítica das obras de arte nos seus procesos e medios de difusión (exposicións, museos, realidade virtual).
-Consolidar hábitos de traballos individuais e en equipo que fomenten a autoaprendizaxe e a crítica.
-Adquirir habilidades no manexo das novas tecnoloxías e ferramentas de comunicación.
-Producir resultados innovadores, imaxinativos e artísticos nos campos de estudo e de traballo da disciplina.
Co obxecto de facilitar e racionalizar a docencia da materia utilizaranse as seguintes técnicas:
-Clases expositivas, nas que a través da lección maxistral e contando co apoio de imaxes, textos e outros recursos dixitais explicaranse os distintos temas que figuran no programa.
- Clases interactivas, nas que o alumnado, en grupos reducidos ou individualmente, analizará textos concretos e obras de arte representativas que permitan poñer en práctica o vocabulario adquirido.
-Práctica de campo, consistente nunha visita a diversos edificios de Santiago que permitan tanto analizar a súa arquitectura, como as coleccións plásticas que alberguen no seu interior.
-Tutorización personalizada.
A cualificación global da materia obterase mediante avaliación continua, polo que a asistencia a clase é obrigatoria, incluída a práctica de campo. Unha ausencia superior ao 20% suporá a imposibilidade de ser avaliado na primeira oportunidade.
A avaliación levarase a cabo ao longo do curso mediante as seguintes fórmulas: as actividades vinculadas coas sesións interactivas terán unha valoración do 40% da cualificación final; a proba escrita (exame) corresponderase co 60% da devandita cualificación final. É necesario superar o 50% en cada unha das partes para aprobar a materia na 1ª oportunidade.
No caso de fraude académico, tal e como se define no artigo 42 do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela e de conformidade co disposto no artigo 11.g) de la Ley de convivencia universitaria, se aplicarán as sancións previstas pola dita normativa. Entre os comportamentos premeditados tendentes a falsear os resultados dun exame ou traballo inclúense o plaxio e o emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Segunda oportunidade (convocatoria de xullo):
1.- Quen realice e aprobe as actividades correspondentes á docencia interactiva poderá conservar esta cualificación e só terá que examinarse da materia impartida nas clases expositivas.
2.- Aqueles alumnos que non realizasen as actividades correspondentes á docencia interactiva, ou non as aprobaran, terán que presentarse ao exame nesta segunda oportunidade. Neste exame terá cabida a materia correspondente tanto ás clases expositivas como ás clases interactivas.
3.- O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun examen final específico que suporá o 100% da cualificación. Non obstante o anterior, de común acordo co interesado/a o profesor/a poderá arbitrar a realización de traballos sustitutivos das sesión interactivas cuxo aprobado permitiría ao alumno/a presentarse ao exame na primeira convocatoria.
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumnado e distribuídas do seguinte modo
1. Tempo de traballo presencial: 51 horas, das cales
1a. Docencia expositiva: 32 horas
1.b. Docencia interactiva, incluíndo a práctica de campo: 16 horas
1.c. Titorías: 3 horas
2. Tempo de estudo e actividade personal: 99 horas, das cales:
2.a. Estudo autónomo, individual ou en grupo: 60 horas
2.b. Lecturas propostas, actividades de biblioteca e preparación de traballos: 27 horas
2.c. Outras tarefas, como asistencia a conferencias: 12 horas
-Asistencia e participación nas sesións expositivas e interactivas.
-Preparación da materia impartida a través dos apuntamentos, completados a partir da bibliografía recomendada.
-Utilización das horas de titorías.
Como parte do traballo do alumnado, pódese incluir a participación nalgunha das actividades que se programen no centro ou nas súas proximidades e que estean relacionadas cos contidos da materia.
Miriam Elena Cortés López
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- miriamelena.cortes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Carme Lopez Calderon
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xose Ramon Cisneros Perez
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- xoseramon.cisneros.perez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Nara Mendez Lopez
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- nara.mendez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 05 |
Martes | |||
15:00-17:00 | G5012123/CLE-02 | Castelán | Aula 13 |
Mércores | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 05 |
Xoves | |||
17:00-19:00 | G5012123/CLE-02 | Castelán | Aula 13 |
19.12.2024 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
19.12.2024 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
16.06.2025 09:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |