Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Conseguir que o alumnado adquira o coñecemento das etapas fundamentais da Historia do Cinema.
Interpretación das diferentes claves (cines nacionais, movementos, xéneros, cineastas fundamentais) que se integran nesa historia.
Alcanzar unha visión global da evolución histórica deste medio e as súas relacións co entorno social e as outras artes audiovisuais.
ÉPOCA SILENTE
1. A orixe da sétima arte.
2. O nacemento da imaxe en movemento.
3. O cinema aprende a narrar. D. W. Griffith.
4. O cinema alemán da República de Weimar.
5. A dialéctica do cinema soviético.
6. O cinema e as vangardas artísticas.
7. As mulleres cineastas do período silente.
8. A incorporación do sonido.
ÉPOCA SONORA
9. O clasicismo cinematográfico.
10. Xéneros e star-system.
11. Inflexións no clasicismo: Renoir, Hitchcock, Welles.
12. O neorrealismo italiano.
13. Novos estilos fronte a vellos relatos.
14. A Nouvelle Vague francesa.
15. Os Novos Cinemas dos anos 60.
16. A ruptura xeracional no cinema estadounidense.
17. A dispersión universal.
18. O cinema postmoderno.
ERA DIXITAL
19. A irrupción do novo soporte e as conseguintes mutacións e hibridacións. Tendencias máis salientables.
Saída de campo: Filmoteca de Galicia (A Coruña)
Lectura obrigatoria:
-SÁNCHEZ NORIEGA, J. L.: Historia del cine. Teorías, estéticas, géneros. Madrid, Alianza Editorial, 2018 (3ª edición, revisada e ampliada). Parte IV.
Bibliografía básica.
-Gubern, Román: Historia del cine. Barcelona, Lumen, 1989.
-Nogueira Otero, Xosé / Calvo Gens, Laura: A época silente. Historia do Cinema e outras Artes Audiovisuais. Unidade didáctica 1. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, 2022.
-Sánchez Noriega, José Luis: Historia del cine. Teoría y géneros cinematográficos, fotografía y televisión. Madrid, Alianza, 2002.
-VV. AA.: Historia general del cine. Madrid, Cátedra, 1995-1998 (12 vols.)
Bibliografía e fontes complementarias.
Bordwell, David / Staiger, Janet / Thompson, Kristin: El cine clásico de Hollywood: estilo cinematográfico y modo de producción hasta 1960. Barcelona, Paidós, 1997.
Bordwell, David y Thompson, Kristin: El arte cinematográfico. Una introducción. Barcelona, Paidós, 1995.
Brunetta, Gian Piero (dir.): Historia mundial del cine I. Estados Unidos I. Madrid, Akal, 2011.
Brunetta, Gian Piero (dir.): Historia mundial del cine I. Estados Unidos II. Madrid, Akal, 2012.
Cousins, Mark: Historia del cine. Barcelona, Ed. Blume, 2005.
Cousins, Mark: The Story of Film: Una odisea. Avalon, 2011 (5 DVD).
Cousins, Mark: Women Make Film: Una nueva road movie a lo largo de la historia del cine. Avalon, 2020 (5 DVD).
Hueso, Angel Luis: El cine y el siglo XX. Barcelona, Ariel, 1998.
Romaguera i Ramió, Joaquim / Alsina Thevenet, Homero (Eds.): Textos y manifiestos del cine. Madrid, Cátedra, 1989.
Sadoul, Georges: Historia del cine mundial. Desde los orígenes a nuestros días. México, Siglo XXI, 1976 .
Wyver, John: La imagen en movimiento. Aproximación a una historia de los medios audiovisuales. Valencia, Filmoteca de la Generalitat Valenciana, 1991.
Zubiaur Carreño, Francisco Javier: Historia del cine y otros medios audiovisuales. Pamplona, EUNSA, 1999.
Algúns temas concretos contarán con outra bibliografía específica que se indicará no seu momento.
Coñecer os trazos representativos do cinema nos seus diferentes momentos ao longo do século XX.
Comprender o cinema como o resultado da fusión de aspectos estéticos, históricos, sociolóxicos e industriais.
Recoñecer as relacións do cine con outras manifestacións artísticas contemporáneas.
Situar as obras cinematográficas nos seus contextos históricos concretos.
Dada a peculiar característica do medio estudiado, non existe unha diferenciación radical entre as sesións expositivas e interactivas. Por iso é polo que algunhas sesións interactivas converteranse nun complemento da materia vista nas expositivas a través do visionado de materiais máis específicos ou da análise daqueles filmes máis sobranceiros.
Para unha mellor comprensión e seguimento da materia, o alumnado terá que visionar obrigatoriamente os filmes da listaxe que se suba á aula virtual.
Titorías personalizadas:
As titorías están destinadas á resolución de dúbidas e consultas presentadas polo alumnado durante o seu proceso de aprendizaxe.
Comprende catro apartados complementarios:
a) O seguemento da asistencia e a participación nas sesións (10% da cualificación).
b) A entrega dunha recensión da lectura obrigatoria (10% da cualificación).
c) A elaboración de tres comentarios sobre outros tantos filmes elixidos de cada un dos bloques da listaxe facilitada polo profesor e de obrigado visionado. Estes comentarios entregaranse nas datas establecidas ao longo do desenvolvemento da materia (30% da cualificación).
d) A realización dun exercicio escrito ao remate do curso que terá un dobre carácter teórico e práctico. Estará formado por unha pregunta sobre a materia explicada e pola proxección e análise dun filme (ou unha comparativa entre dous fragmentos de filmes diferentes) dende o punto de vista histórico (50% da cualificación).
Importante: deberán alcanzarse 2 puntos no conxunto do exercicio escrito final para que poidan terse en conta as outras cualificacións.
Dispensa: O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), será avaliado cunha proba final específica que suporá o 100% da cualificación.
Sistema de recuperación da avaliación:
- O alumnado que non asistise a clase nin realizase os comentarios, deberá presentar un traballo obrigatorio unha semana antes da realización do exercicio escrito final, poidendo así aspirar ao 80% da cualificación total.
- O alumnado que realizase ao longo do curso as actividades referidas e non alcanzase o Aprobado, realizará un novo exercicio escrito na segunda oportunidade, manténdoselle as cualificacións de asistencia, participacion e comentarios.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na 'Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións'.
A dedicación ás clases presenciais será de 51 horas. A dedicación persoal do alumno (estudo teórico, visionado de películas, realización de traballos en grupos e individuais) será de 99 horas ao longo do cuadrimestre.
Ao tratarse dunha materia que vén marcada polo carácter de espectáculo que tamén posúe o cinema, deberá facerse un esforzo para conseguir un achegamento científico ao estudo e visionado dos filmes.
Cómpre salientar que se trata dunha materia que vén complementar á impartida no 1º curso de Grao, Introdución á Linguaxe Cinematográfica, o que debe considerarse como positivo para conseguir un maior interese á hora de acceder á mesma. Nembargantes, isto comporta tamén unha dinámica de asistencia asidua aos distintos tipos de sesións.
Xose Nogueira Otero
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812709
- Correo electrónico
- xose.nogueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jennifer Novoa Dominguez
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- jennifer.novoa.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
Xoves | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
18.01.2024 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
18.01.2024 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
27.06.2024 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |