Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A presenza desta materia centrada nas aproximacións comparatistas entre a literatura e as demais artes no programa de Historia da arte, no período moderno e contemporáneo busca completar e complementar os coñecementos adquiridos na materia correspondente de primeiro curso, orientada á antigüidade e ao medioevo, e facilitar así unha visión de conxunto sobre as relacións entre as diferentes artes, e os diferentes estudos acerca das mesmas, tanto desde o punto de vista diacrónico, como sincrónico e conceptual, no momento actual. Tratará de complementar a percepción disciplinar do literario e das artes herdada de forma compartimentada, tratando de presentar a vida social e cultural vinculada aos diferentes sistemas de representación, comunicación, ficción, etc. de carácter simbólico e estético como un sistema de sistemas de prácticas creativas, de recepción, institucionais, etc. en continua interacción recíproca. Neste sentido, e tendo en conta que se trata do único módulo de perfil especificamente literario do currículo de Historia da arte, deberá poñer ao alumno en contacto, aínda que dun modo introdutorio, cos conceptos básicos e as perspectivas actuais dos estudos literarios e, en particular, da literatura comparada, os estudos culturais e os estudos intermediais. Búscase, por tanto, capacitar ao alumno para incluír o estudo da literatura e a análise dos textos literarios, desde un punto de vista comparado e interartístico, no terreo dos seus propios e específicos intereses profesionais e de investigación futuros.
Introdución. A literatura comparada desde unha perspectiva interartística, semiótica e cultural.
1. Historia conceptual e disciplinar da literatura, a arte e a cultura.
2. A socioloxía do campo cultural. A construción dos mercados e o canon da literatura, a arte e a música no século XIX.
3. Historia cultural das representacións da subxectividade moderna. A invención do íntimo e o cotián. Da invención do home á perspectiva de xénero.
4. A educación sentimental. Seminario de lectura de narrativa contemporánea.
5. Metapintura e metaliteratura. A autorreflexividade e a autoconsciencia moderna e posmoderna.
6. Intermedialidade e interactividade. As prácticas adaptativas e o relato transmedia. As narrativas virtuais e dixitais.
Bibliografía básica:
Inclúense aquí con carácter xeral só as lecturas esenciais que permiten a preparación da materia (polo xeral, accesibles na sección de documentos de libre acceso en Scribd https://é. scribd. com/ ):
Aristóteles, Poética, (edición trilingüe. Por Valentín García Yebra), Madrid, Gredos, 1999
Bolter, J. D y R. Grusin, Remediation. Understanding New Media, Massachusetts, MIT Press, 2000 Bourdieu, P., Las Reglas del Arte. Génesis y estructura del campo literario, Barcelona, Anagrama, 1995.
CARRIÓN, J., Taller Estampa, GPT-2 y 3 (2023). Los campos electromagnéticos. Teorías y prácticas de la escritura artificial. Buenos Aires, Caja Negra Elias, N., El proceso de civilización, Madrid, Fondo de Cultura Económica, 2011
Figes, O., Los europeos. Tres vidas y el nacimiento de la cultura cosmopolita, Madrid, Taurus, 2020.
Foucault, M., Las palabras y las cosas. Una arqueología de las ciencias humanas, Buenos Aires, Siglo XXI, 1968. Genette, G., Metalepsis. De la figura a la ficción, México, Fondo de Cultura Económica, 2004
Gil González, A. J. y J. Pardo (eds.), Adaptación 2.0. Estudios comparados sobre intermedialidad, Binges, Orbis Tertius, 2018 González de Ávila, M. Semiótica. La experiencia del sentido a través del arte y la literatura, Madrid, Abadá Editores, 2021 Jenkins, H., Convergence Culture, La cultura de la convergencia de los medios de comunicación. Barcelona, Paidós, 2008 Murray, J., Hamlet en la holocubierta. El futuro de la narrativa en el ciberespacio, Barcelona, Paidós, 1999
Nochlin, L., “¿Por qué no han existido grandes artistas mujeres?”, (1971), en Crítica feminista en la teoría e historia del arte, México, UNAM, 2001
Bibliografía complementaria
No apartado de programación correspondente a cada un dos temas da guía docente que se facilitará ao estudante, indícanse pormenorizadamente as lecturas recomendadas e a bibliografía complementaria específica de cada un deles.
Recursos electrónicos
Os recursos electrónicos –e no seu caso, a docencia en remoto– da materia organízanse fundamentalmente en torno á aula virtual desta no campus virtual, e moi especialmente o portafolio de aula e edublog específico da materia integrado naquela, accesible directamente en: <https://edublogartelit.wordpress.com/>
Potenciación das capacidades analíticas e as competencias de lectura e análise dos textos literarios en relación con outros discursos culturais e artísticos propios da titulación.
Incorporar aos coñecementos e intereses do alumno en relación coa historia da arte unha perspectiva comparatista en relación co ámbito literario. Desenvolver unha comprensión global e crítica da cultura a partir das interaccións dos diversos sistemas e tradicións artísticas e culturais.
Non se inclúe presencialidade.
Evaluación continua
Proba final
Segunda oportunidad de evaluación.
Proba final
Observación importante sobre o plaxio: O plaxio no exame ou na realización dos traballos programados ou a utilización indebida e non indicada de modo adecuado das fontes impresas ou electrónicas pode implicar o suspenso coa mínima cualificación na convocatoria correspondente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Todas as horas correspondentes a esta materia serán de traballo persoal do alumno.
A orientación da materia fai especialmente aconsellable, tanto desde a perspectiva estritamente literaria, como a dirixida ao estudo comparado e interartístico, que o estudante adquira a bagaxe máis ampla posible en canto ás diferentes tradicións e culturas literarias e artísticas refírese. Tamén que aproveite, dunha forma relacional, os coñecementos facilitados desde as diferentes disciplinas e subcampos artísticos obxecto de estudo ao longo da titulación que está a cursar (artes visuais, música, cinema, estética e teoría da arte, iconografía, etc.)
Titorías
Para a consulta de dúbidas, etc., utilizaranse as titorías ordinarias de carácter semanal e presencial e/ou telemático.
Bibliografía complementaria
Adicionalmente, na guía docente da materia, tamén accesible en liña, facilitarase un apartado de bibliografía complementaria recomendada para cada un dos temas, na que se incluirán e destacarán preferentemente traballos dispoñibles a través da sección de documentos abertos de Scribd (pode ser necesario rexistrarse para o acceso de proba gratuíta), accesible en https://scribd.com/.
Así mesmo, a aula virtual da materia activada no campus virtual, utilizarase como repositorio dos materiais, presentacións e lecturas esenciais, así como ferramenta de comunicación co grupo a través do foro de noticias, publicación das cualificacións e revisións, etc.
A materia impártese indistintamente en castelán e galego, en función da interacción cos diferentes estudantes.
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS:
Aconséllase encarecidamente ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que contacte co Servizo de Participación e Inclusión Universitaria (SEPIU) co obxecto de que dito servizo determine como se poden atender ás necesidades en cuestión no marco desta materia.
Antonio Jesus Gil Gonzalez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Correo electrónico
- aj.gil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade