Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingua Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo é proporcionar ao alumno os instrumentos teóricos e prácticos que lle permitan:
- Interpretar correctamente as linguas funcionais non adscritas á etapa actual do español.
- Adquirir técnicas de estructuración, organización e desenvolvemento do comentario filolóxico.
- Distinguir entre fenómenos gramaticales e pragmáticos e identificar a interfaz gramática-discurso.
- Aplicar os coñecementos adquiridos ao comentario de textos medievais e clásicos.
- Profundar na historia e evolución do español a través dos textos escritos de cada época.
- Reflexionar sobre os cambios recentes na historia do español e o papel que xogan as academias da lingua.
1. A oración simple: a cláusula e os seus argumentos
2. A oración composta
3. O comentario filolóxico. Cuestións teóricas
3.1. Factores fonéticos, fonológicos, morfológicos e sintácticos
3.2. Organización dun comentario: disposición, estructuración e conclusións.
4. A práctica do comentario filolóxico
4.1. O castelán medieval
4.1.1. Textos da época de Gonzalo de Berceo
4.1.2. Textos da época de Afonso X o Sabio
4.1.3. Textos do século XIV
4.2. O español preclásico: textos do século XV
4.3. O español clásico: séculos XVI e XVII
Ariza Viguera, M. (1998). El comentario filológico de textos. Arco/Libros.
Cano Aguilar, R. (2008). Comentario filológico de textos medievales no literarios. Arco/Libros.
Cano Aguilar, R. (2001). Introducción al análisis filológico. Castalia.
Echenique Elizondo, T. et ál. (1997). El Análisis textual: comentario filológico, literario, lingüístico, sociolingüístico y crítico. Ediciones Colegio de España, D.L.
Girón Alconchel, J. L. (2002). Comentario de textos de clerecía: Alexandre y Apolonio. Arco-Libros.
Marcos Marín, Francisco (1988). Guía para el comentario filológico. En F. Marcos Marín, El comentario lingüístico. Metodología y práctica. Cátedra.
Urrutia Cárdenas, H. (2002). Comentario filológico-lingüístico de textos castellanos. Universidad de Deusto.
Dicionarios do español medieval:
Gutiérrez Tuñón, M. (2002). Diccionario de castellano antiguo. Alfonsípolis.
Herrera, M.ª T. (dir.) (1996). Diccionario español de textos médicos antiguos. Arco/Libros.
Kasten, L. A. y Cody, F. J. (2001). Tentative Dictionary of Medieval Spanish. Hispanic Seminary of Medieval Studies.
Recopilacións de textos:
González Ollé, F. (1993) Lengua y literatura españolas medievales (Textos y glosario). Madrid, Arco/Libros.
Menéndez Pidal, R. (1971-1976). Crestomatía del español medieval. Seminario Menéndez Pidal/Gredos.
Real Academia Española, Corpus diacrónico del español (CORDE), accesible en http://corpus.rae.es/cordenet.html
Básicas do GLLE
CB1. Capacidade para conectar os coñecementos previos con outros máis avanzados no ámbito da lingüística hispánica.
CB2. Capacidade para elaborar argumentos e defendelos, así como para propoñer solucións a problemas lingüísticos.
CB3. Capacidade para reunir e interpretar datos lingüísticos relevantes co fin de emitir xuízos reflexivos.
CB4. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado e non especializado.
CB5. Capacidade para aplicar de forma autónoma en estudos posteriores as habilidades de aprendizaxe adquiridas.
Xerais do GLLE
CG1. Adquisición e comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análises específicas para o estudo lingüístico avanzado do español.
CG2. Habilidade para aplicar os coñecementos e métodos adquiridos na identificación e resolución de problemas, tanto no ámbito dos estudos lingüísticos como no ámbito profesional.
CG3. Capacidade de reflexión e pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos.
CG4. Capacidade para aplicar o razoamento inductivo e deductivo, combinando a análise dos datos coa argumentación teórica.
CG5. Capacidade de abstracción, síntese e análise para extraer ideas xerais a partir da observación e descrición dos datos.
CG6. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións da lingua española a un público especializado e non especializado.
CG7. Dominio da expresión oral e escrita en español en diferentes contextos de uso.
CG8. Habilidade para manexar ferramentas informáticas e redes cooperativas que permitan establecer contactos nacionais e internacionais.
CG9. Habilidade para o traballo cooperativo en contextos multiculturais e multilingües.
CG10. Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise.
Específicas do GLLE
CE4. Identificación e comprensión dos elementos que definen e articulan os estudos lingüísticos como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE5. Capacidade para recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE10. Comprensión da complexidade dos feitos lingüísticos.
CE11. Capacidade para aplicar os coñecementos da gramática española tanto na súa vertente sincrónica como diacrónica.
CE14. Capacidade para recoñecer as variedades internas da lingua española (temporais, espaciais, sociais e situacionais).
CE16. Habilidade para manexar novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua española.
CE17. Habilidade para empregar ferramentas de busca de recursos bibliográficos no estudo da lingua española.
CE18. Desenvolvemento da competencia comunicativa en contextos académicos.
Específicas da materia
1. A lectura comprensiva de textos -especialmente os redactados en prosa, non necesariamente literaria- pertencentes ás etapas medieval e clásica da lingua española.
2. A realización dun comentario filológico dun texto, que atenda, polo menos, ás características ortográficas, fonéticas, gramaticales e discursivas do texto, e que permita establecer, sequera de xeito aproximado, a sua datación.
3. O manexo de bibliografía complementaria que lle poida ser útil para a análise filolóxica dos textos.
Dadas as características da materia, unha vez facilitados os instrumentos de análise, as clases serán esencialmente prácticas e estarán centradas nos comentarios de textos, feitos dentro ou fóra da aula, sempre no nivel de coñecementos adquiridos en cada fase da materia. Isto permitirá ao alumnado pór en práctica o aprendido e entrar en discusión sobre aqueles aspectos que poida considerar problemáticos. Así mesmo, este sistema permitirá á profesora seguir o traballo dos/das estudantes ao longo do curso.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
A única avaliación que se contempla é a avaliación continua, tanto para o alumnado que acuda presencialmente ás clases como para aquel que estea dispensado oficialmente de asistir ás mesmas. Os momentos de avaliación e a súa valoración son os seguintes:
1. Realización de dous exercicios propostos pola profesora nos meses de febreiro e marzo. (2 puntos, un por cada exercicio)
2. Realización e exposición oral en grupo dun comentario filolóxico de texto que terá lugar no mes de maio de 2025. (5 puntos)
3. Proba obxectiva sobre os contidos do programa na data oficial fixada pola Facultade. (3 puntos)
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Exame presencial escrito que constará dunha parte teórica (2 puntos), e dun comentario de texto (8 puntos), ao que se aplicarán os coñecementos adquiridos ao longo do cuadrimestre. Realizarase na data do exame fixada pola Facultade.
As actividades non presenciais ocuparán ao alumno 100 horas de traballo, que engadidas ás 50 horas presencias nas aulas, suporán un total de 150 horas, equivalentes a 6 créditos ECTS.
A aprendizaxe da materia esixe un traballo continuado e acumulativo, pois non é posible a comprensión, estruturación, organización, conclusións e datación dun texto se non se ten en conta cada unha das disciplinas sobre as que se asenta o comentario e, sobre todo, se os coñecementos non se levan á práctica con regularidade.
Recoméndase cursar previamente as materias de Fonética e Fonología Históricas do Español, e Gramática Histórica do Español.
Para o alumnado non nativos recoméndase un nivel de español B2.
Idioma no que se imparten as clases: español.
Maria Teresa Diaz Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 881811767
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C08 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C08 |
Venres | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | C08 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | C08 |
19.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
19.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |
19.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |
19.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D12 |
19.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D12 |
19.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D12 |
24.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C10 |
24.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C10 |
24.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C10 |