Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Literatura Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Profundar no estudo da literatura española dos séculos XVI e XVII coa axuda dos métodos filolóxicos adecuados, e a través da análise e interpretación dalgúns autores, obras ou xéneros destacados, que poden variar cada curso. No curso 2023-2024 centrarase na prosa de Quevedo.
2) Proporcionar bases e métodos rigorosos para o estudo da historia literaria, a asimilación dos seus principais conceptos e o correcto aproveitamento dos repertorios bibliográficos e os seus complementos informáticos no estudo das obras do programa.
3) Adquirir coñecementos e habilitar a capacidade para entender o significado das obras mais representativas da narrativa española do Seculo de ouro.
4) Desenvolver o hábito de lectura reflexiva e analítica e estimular o espírito crítico e o sentido histórico e estético dos textos literarios.
LA PROSA DE QUEVEDO
SECCIÓN TEÓRICA
1. Contexto histórico e cultural.
2. A obra literaria de Quevedo.
3. A prosa satírica e burlesca: problemas textuais, xéneros, temas e motivos, agudeza e estilo.
4. Los sueños: problemas textuais, o xénero da sátira menipea ou lucianesca, temas e motivos, agudeza e estilo.
6. El Buscón: problemas textuais, a cuestión do xénero: picaresca e sátira menipea, temas e motivos, agudeza e estilo.
7. Prosa histórica, política e moral: xéneros, temas e estilo.
Lecturas obrigatorias:
1. Prosa festiva completa, edición de Celsa Carmen García Valdés, Madrid: Cátedra 2007.
(ou ben Obras crítico-literarias e Obras burlescas, edición de Antonio Azaustre, en Francisco de Quevedo, Obras completas en prosa, Madrid, Castalia, 2003 (vol. 1) y 2007 (vol. 2).
2. Los sueños, edición de Ignacio Arellano, Madrid: Cátedra, 1991.
(ou ben a edición de Ignacio Arellano en Francisco de Quevedo, Obras completas en prosa, Madrid, Castalia, 2003 (vol. 1)).
3. La vida del Buscón, edición de Fernando Cabo Aseguinolaza, Madrid/Barcelona: RAE/Galaxia Gutenberg, 2011.
Lecturas complementarias:
Antoloxía de textos políticos e morais de Quevedo (será facilitada polo profesor).
Francisco de Quevedo: Poesía original completa, edición de José Manuel Blecua, Barcelona: Planeta, 2004.
Francisco de Quevedo: El Parnaso español, edición de Ignacio Arellano, Madrid, Espasa-RAE, 2020.
SECCIÓN PRÁCTICA
1. Presentación.
2-4. Comentario de textos: orientacións xerais.
5. Comentario de obras burlescas.
6. Proba de comentario: obras burlescas.
7. Control de lectura: obras burlescas.
8. Comentario de texto: Los sueños.
9. Proba de comentario: Los sueños.
10. Control de lectura: Los sueños.
11. Comentario de texto: El Buscón.
12. Control de lectura: El Buscón.
Bibliografía básica e complementaria
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
A PROSA DE QUEVEDO
De lectura obligatoria son os estudos preliminares das edicións recomendadas. nas súas bibliografías atópase, ademáis, información bibliográfica actualizada.
Outras lecturas básicas son as seguintes:
Actas de la II Academia Literaria Renacentista: Homenaje a Quevedo, ed. Víctor García de la Concha, Salamanca, Ediciones Universidad de Salamanca, 1982.
Arellano, I., Poesía satírico burlesca de Quevedo, Pamplona, Eunsa, 1984 (reeditada en Madrid, Iberoamericana, 2003).
Azaustre, A., Paralelismo y sintaxis del estilo en la prosa de Quevedo, Santiago de Compostela, Universidad, 1996.
Azaustre, A., "La invención de conceptos burlescos en las sátiras literarias de Quevedo", La Perinola. Revista de Investigación Quevediana, 3 (1999), pp. 23-58.
Azaustre, A., "Algunos aspectos de la risa en la prosa burlesca de Quevedo, en Demócrito Áureo. Los códigos de la risa en el Siglo de Oro, eds. I. Arellano y V. Roncero, Sevilla, Renacimiento, pp. 13-50.
Azaustre, A., "La prosa burlesca de Quevedo y el Buscón", en Le roman picaresque. La vida de Lazarillo de Tormes; Francisco de Quevedo: La vida del Buscón llamado don Pablos, ed. Raphaël Carrasco, Paris, Ellipses, 2006, pp. 163-82.
Chevalier, M., Quevedo y su tiempo: la agudeza verbal, Barcelona, Crítica, 1992.
Clamurro, W. H., Language and Ideology in the Prose of Quevedo, Newark, Juan de la Cuesta, 1991.
Etreros, M., La sátira política en el siglo XVII, Madrid, FUE, 1983.
Ettinghausen, H., Francisco de Quevedo and the Neoestoic Mouvement, Oxford, Oxford University Press, 1972 (versión en español Ettinghausen, H., Quevedo neoestoico, Pamplona, Eunsa, 2009).
Fernández Mosquera, S., Quevedo: reescritura e intertextualidad, Madrid, Biblioteca Nueva, 2005.
Gendreau, M., Heritage et création: recherches sur l'humanisme de Quevedo, Champion-Université de Lille, 1977.
Herrero García, M., Ideas de los españoles en el siglo XVII, Madrid, Gredos, 1966.
Jauralde Pou, P., Francisco de Quevedo (1580-1645), Madrid, Castalia, 1998.
Lida, R., Prosas de Quevedo, Barcelona, Crítica, 1980.
Nolting-Hauff, I., Visión, sátira y agudeza en los "Sueños" de Quevedo, Madrid, Gredos, 1974.
Rey Alvarez, A., "El género picaresco y la novela", Bulletin Hispanique, 89 (1987), pp. 85-118.
Rey Alvarez, A., "La novela picaresca y el narrador fidedigno", Hispanic Review, 47 (1979), pp. 55-75.
Rey Álvarez, A., "Las variantes de autor en la obra de Quevedo", La Perinola. Revista de Investigación Quevediana, 4 (2000), pp. 309-44.
Rey Álvarez, A., ed., Estudios sobre el Buscón, Pamplona, Eunsa, 2003.
Roncero, V., Historia y política en la obra de Quevedo, Madrid, Pliegos, 1991.
Schwartz, L. y A. Carreira, coords., Quevedo a nueva luz: Escritura y política, Málaga, Universidad de Málaga, 1997.
Schwartz, L., "El juego de palabras en la prosa satírica de Quevedo", Anuario de Letras, 11 (1973), pp. 149-175.
Schwartz, L., "Golden Age satire: Transformations of Genre", Modern Language Notes, CV (1990), pp. 260-282.
Schwartz, L., Metáfora y sátira en la obra de Quevedo, Madrid, Taurus, 1983.
Schwartz, L., Quevedo: discurso y representación, Pamplona, EUNSA, 1986.
Sobejano, G., ed., Francisco de Quevedo. El escritor y la crítica, Madrid, Taurus, 1978.
Ynduráin, F., "Prosa doctrinal de Quevedo: pensamiento y expresión", en V. García de la Concha, ed., Homenaje a Quevedo. Actas de la II Academia Literaria Renacentista 1982, pp. 389- 403.
XERAIS E BÁSICAS
CG1 - Adquisición E comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análise para (a) o estudo avanzado lingüístico e literario do español e as súas literaturas; (b) o estudo básico/medio dunha segunda lingua (nivel B2) e a súa literatura, de Filoloxía Románica, de Lingüística Xeral e de Teoría da Literatura e Literatura Comparada.
CG2 - Habilidades para aplicar eses coñecementos e métodos para recoñecer, identificar e resolver problemas tanto no ámbito dos estudos lingüísticos e ltierarios como no seu ámbito profesional: docencia de lingua (como L1 o LE) e de literatura, asesoría e corrección lingüística, planificación lingüística, mediación comunicativa, traducción, lingüística clínica, actividades editoriais, etc.
CG3 - Capacidade de reflexión e de pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos e literarios.
CG4 - Capacidade para aplicar o razonamento inductivo e deductivo, ao combinar a análise dos datos coa argumentación teórica.
CG5 - Capacidad de abstracción, síntese e análise, ao extraer xeneralizacións a partir da descripción dos datos.
CG6 - Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas á lingua e a literatura españolas a un público especializado e non especializado.
CG7 - Dominio da expresión oral e escrita, en español e noutraslinguas, en distintos contextos.
CG8 – Habilidade no manexo de ferramentas informáticas e no uso de redes que permitan establecer contactos nacionais e internacionais.
CG9 - Habilidade para traballar en colaboración e en contextos multiculturais y multilingües.
CG10 - Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise.
CB1 – Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secuandaria xeral e se encontra nun nivel que, se ben se apoia en libros de textos avanzados, inclúe tamén algún aspectos que implican coñecementos procedentes da avanguarda do seu campo de estudo.
CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que se demostrar por medio da elaboración e ddefensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 –Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 – Que os estudantes teñan desarrollado aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
ESPECÍFICAS
CE4: Identificar e comprender aqueles elementos (obxecto de estudo, metodoloxía, linguaxe e terminoloxía crítica especializada, et.) que definen e articulan os estudos lingüísticos e literarios como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE5 - Recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE7 - Dominar os diversos enfoques y métodos que permiten la comprensión crítica de la obra literaria.
CE8 - Coñecer os escritores e obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura.
CE10 - Comprender a complexidade dos feitos lingüísticos e das obras literarias, aprender a apreciar os seus valores estéticos e extraer o caudal informativo que contén o texto literario.
CE12 - Interpretar con rigor as obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura española.
CE13 – Coñecer a teoría e o pensamento estético no seu discurrir histórico en tanto condicionante de xéneros, estilos, morfoloxía e técnicas do discurso literario.
CE15 – Coñecer as características das diversas manifestacións da creación literaria, incardinándoas no contexto sociocultural no que se xestan e conectándoas con outras formas de expresión artística.
CE16 - Adquirir destrezas no manexo de novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua e a literatura españolas.
CE17 – Empregar ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos para o estudo da lingua española e manexar as fontes documentais e bibliográficas propias da literatura.
CE18 - Desarrollar a competencia comunicativa.
No ámbito da docencia, as clases teóricas fundamentaranse na exposición. As clases prácticas basearanse na análise de textos e o control de lecturas. Con todo, a separación total entre teoría e práctica resulta imposible e aínda improcedente, polo que estarán sempre relacionadas. En ambos os casos, os profesores facilitarán as oportunas orientacións académicas e bibliográficas, tanto nas aulas como nas tutorías colectivas ou personalizadas.
No ámbito da aprendizaxe, nas clases teóricas preténdese e espera a participación activa do alumno. Valoraranse as súas intervencións tanto na formulación de preguntas ou ampliacións sobre as leccións, como nas posibles respostas a cuestións que a profesora poida expor sobre a explicación. Nas clases prácticas a participación resulta igualmente básica, e será obrigatoria a asistencia.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
No ámbito docente, as clases expositivas estarán fundadas na lección maxistral, mentres que as clases interactivas basearanse na análise de textos e, no seu caso, o control de lecturas. Con todo, a separación total entre teoría e práctica resulta improcedente, polo que os dous tipos de sesión estarán normalmente interrelacionados. En ambos os casos, os docentes facilitarán as oportunas orientacións académicas e bibliográficas, tanto nas aulas como nas titorías ou mediante a Aula Virtual.
No ámbito da aprendizaxe, nas clases teóricas agárdase a participación activa do estudantado. Valoraranse as intervencións tanto na formulación de preguntas ou ampliacións sobre as leccións, como nas posibles respostas a cuestións que os docentes poidan plantexar ó fío da explicación. Nas clases prácticas a participación resulta igualmente básica. Agás no caso de dispensa de escolaridade, é legamente obrigatoria a asistencia ás aulas.
A materia está constituída polas clases teóricas e prácticas. O seu peso na cualificación final é do 60% e 40% respectivamente. Esas cualificacións non se basean só na asimilación dos contidos, senón tamén no traballo persoal, na madureza e aproveitamento demostrados, así como na correcta ortografía e expresión.
A superación da materia considera a realización dun exame final que terá lugar no día e hora establecidos oficialmente polos centros, tanto no período de avaliación de maio/xuño coma no de xullo. A cualificación dese exame constituirá un 60% da nota final da materia.
En canto á práctica (40% da avaliación), é obrigatoria a asistencia ás sesións e a realización dos oportunos controis, que será avaliada pola profesora.
O exame final comprenderá así mesmo a realización dunha parte práctica escrita.
Na segunda oportunidade do mes de xullo, os alumnos que non teñan feito os controis ao longo do curso realizarán a parte do control de lectura, e se rexirán polo mesmo sistema que na primeira oportunidade.
No seu caso, os alumnos con dispensa de asistencia a clase serán avaliados mediante os exames correspondentes á parte teórica e á práctica escrita no exame final, que valerá o 100% da cualificación.
Os alumnos repetidores que non teñan asistido regularmente ás clases do curso este ano someteranse como os anteriores ao exame final.
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
A avaliación combinará probas teóricas e prácticas, cun peso respectivo na calificación final do 60% e o 40%, tanto en primeira como en segunda oportunidade. Ademais da asimilación de contidos, considérase fundamental a corrección na ortografía, estilo e capacidades de argumentación e expresión.
A parte teórica contempla a realización dun exame final que, nas dúas oportunidades de avaliación, terá lugar nas datas establecidas oficialmente polos centros.
En canto á práctica, será obrigatoria a asistencia participativa ás sesións de clase, e a realización das actividades programadas. No seu caso, a cualificación obtida en primeira oportunidade manterase na segunda oportunidade.
Os estudantes con dispensa oficial de docencia serán avaliados só mediante os exames correspondentes á parte teórica, que suporán o 100% da cualificación.
No seu caso, os estudantes con exención de docencia e coincidencia horaria poderán seguir o curso axudándose dos materiales presentados na Aula Virtual.
En todos os casos, na realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TEMPO DE ESTUDOS E DE TRABALLO PERSOAL QUE DEBE DEDICAR UN ESTUDANTE PARA SUPERALA
TEMPO DE ESTUDO
Sesións expositivas: 32
Sesións de seminario: 16
Sesións de titoría programada: 3
Sesións de avaliación: 3
Traballo autónomo do estudante: 96
TRABALLO AUTÓNOMO
52 horas de lectura comprensiva de obras literarias
11 horas de lectura de bibliografía secundaria para a ampliación da materia
11 horas de realización de comentarios de texto ou preparación de traballos
22 horas de estudo da materia e preparación de exames
Total: 96 Horas
Dado que o traballo da lectura e coñecemento dos textos nin pode, nin debe ser acumulado en poucos días, recoméndase inicialo desde o principio do curso e levar un seguimento semanal do realizado.
A asistencia a clase considérase importante, para ir familiarizándose cos aspectos de cada tema e as orientacións pertinentes, así como para poder levar a cabo intervencións.
As tutorías permitirán aclarar aqueles puntos en que un estudante desexe resolver dúbidas concretas ou profundar nalgún aspecto.
Recoméndase realizar un repaso dos conceptos adquiridos na materia “Crítica literaria”, sobre todo no referente á narrativa.
RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA
Nos tres escenarios docentes e discentes posibles, dado que o traballo de lectura e análise dos textos non pode nin debe ser acumulado en poucos días, recoméndase o esforzó sostido desde principio do curso.
As titorías permitirán aclarar dúbidas ou profundar nalgún aspecto. En caso de confinamento, a atención será telemática, a través da Aula Virtual ou o correo electrónico.
MODELO DE POSIBLE EXAME FINAL (OPCIÓN A, Campus de Lugo)
Dúas cuestións teóricas (3 puntos cada unha)
Un comentario de texto (4 puntos)
IDIOMA DE IMPARTICIÓN; castelán.
Antonio Azaustre Galiana
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Teléfono
- 881811874
- Correo electrónico
- antonio.azaustre [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | D06 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | D06 |
05.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D14 |
05.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D14 |
09.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D14 |
09.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D14 |