Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Ofrecer unha breve panorámica da produción escrita en galego no decorrer da Idade Media.
- Alcanzar as competencias necesarias para a lectura destas obras directamente sobre o orixinal ou sobre a súa reprodución facsimilar.
- Como paso previo á análise lingüística, alcanzar unha competencia mínima que permita realizar a transcrición paleográfica de textos deste período e, a partir dela, fixar unha proposta de edición interpretativa.
- Reforzar os coñecementos de lingüística histórica galega.
- Consolidar os coñecementos e as técnicas do comentario lingüístico de textos antigos, realizado sobre a preparación previa de edicións diferenciadas e orientadas á especificidade dos distintos niveis de análise lingüística (gráfico-fonético, morfolóxico, sintáctico e léxico).
1. A lectura e a análise de textos antigos.
2. Textos medievais.
2.1. O cultivo da lingua galega durante os séculos XIII, XIV e XV. Textos conservados.
2.2. Nocións básicas de paleografía.
2.3. Normas para a edición de textos galegos medievais.
2.4. Lectura, edición e análise lingüística de textos.
2.4.1. Verso: Cantigas de Santa María, Lírica Profana.
2.4.2. Prosa non documental: Historia Troiana, Geral Estoria, Miragres de Santiago, Tratado de alveitaria.
2.4.3. Prosa documental: carta de compravenda do mosteiro de Melón (1231).
2.4.4. Edición dun texto epigráfico: o retablo de Belvís (ca. 1390).
2.4.5. Traballo dos alumnos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Lopes, C. R. & L. Marcotulio & M. J. Bastos & Th. L. Oliveira (2017): Olhares sobre o português medieval: filologia, história e língua. Rio de Janeiro: Vermelho Marinho.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
1. Comentario filolóxico de textos
1.1. Obras específicas de comentario filolóxico
1.1.1. Metodoloxía
Bustos Tovar, J. J. de (1990): "Comentario lingüístico de textos y análisis filológico. Algunas precisiones metodológicas", in J. Muñoz (ed.): Homenaje al profesor Lapesa. XI curso de lingüística textual (Murcia, 25-29 abril 1988). Murcia: Universidad de Murcia, pp. 93-107.
1.1.2. Obras referidas a linguas concretas
1.1.2.1. Galego
Lorenzo, R. (1986): "Un documento galego de 1482", Verba, 13, pp. 127-141.
Lorenzo, R. (1991): "Un documento galego de 1466", in M. Brea / F. Fernández (eds.): Homenaxe ó profesor Constantino García. Vol. 2. Santiago de Compostela: Universidade (Servicio de Publicacións e Intercambio Científico), pp. 361-385.
Lorenzo, R. (1996): "Documentos medievais do Mosteiro de San Munio de Veiga. Transcripción e comentario", A Trabe de Ouro, 25, pp. 103-117.
Lorenzo, R. (2002): "Un documento xurídico de 1430", in R. Lorenzo (coord.): Homenaxe a Fernando R. Tato Plaza. Santiago de Compostela: Universidade (Servicio de Publicacións e Intercambio Científico), pp. 185-200.
1.1.2.2. Portugués
Lorenzo, R. (1997): "Documentos portugueses de Montederramo", in I. Castro (ed.): Actas do XII Encontro Nacional da Associação Portuguesa de Linguística (Braga-Guimarães, 30 de Setembro a 2 de Outubro de 1996). Vol. II. Lisboa: Associação Portuguesa de Linguística, pp. 135-156.
Lorenzo, R. (2009): "Edición e comentario dun documento do Mosteiro de Montederramo de 1247", in G. Lanciani / M. Brea (coord.): POLA MELHOR DONA DE QUANTAS FEZ NOSTRO SENHOR. Homenaxe á profesora Giulia Lanciani. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, pp. 349-354.
Cardoso, W. / C. Cunha (1978): Estilística e Gramática histórica. Português atravês de Textos. Rio de Janeiro: Tempo Brasileiro.
1.1.2.3. Linguas románicas
Bec., P. (1970/71): Manuel pratique de philologie romane. 2 vols. Paris: Picard.
1.1.2.4. Latín
Neto, S. da Silva (19563): Fontes do latim vulgar (o Appendix Probi). Rio de Janeiro: Livraria Acadêmica.
Norberg, D. (1968): Manuel pratique de latin médieval. Paris: Picard.
1.1.3. Obras con capítulos dedicados ao comentario filolóxico
1.1.3.1. Portugués
Vasconcelos, C. M. de (1946): Lições de filologia portuguesa (seguidas das Lições práticas de português arcaico). Lisboa: Dinalivro, especialmente pp. 331-429.
1.1.3.2. Latín
Grandgent, C.H. (19633): Introducción al latín vulgar. Madrid: C.S.I.C.
- Competencia para a lectura de obras antigas directamente sobre o orixinal ou sobre a súa reprodución facsimilar.
- Competencia para o recoñecemento das coordenadas cronolóxicas de textos galegos antigos.
- Competencia mínima para realizar a transcrición paleográfica de textos antigos e, a partir dela, fixar unha proposta de edición interpretativa.
- Competencia nos coñecementos e as técnicas do comentario lingüístico de textos antigos.
- Competencia para o recoñecemento das peculiaridades gráficas e lingüísticas (fonéticas, morfosintácticas, léxicas) de calquera texto antigo que se someta ao seu estudo filolóxico.
Para o desenvolvemento da docencia desta materia utilizaranse os recursos que ofrece o Campus Virtual da USC.
Especifícanse a seguir as metodoloxías que se seguirán en cada un dos dous tipos de actividades presenciais que están programadas:
SESIÓNS EXPOSITIVAS
Nestas sesións o profesor impartirá os coñecementos teóricos e metodolóxicos constitutivos da esencia desta materia. As exposicións consistirán na explicación teórica dos fundamentos metodolóxicos e na súa aplicación a textos de toda tipoloxía e cronoloxía dentro do ámbito da Idade Media.
SESIÓNS INTERACTIVAS
Nestas sesións realizaranse ou presentaranse de maneira interactiva dous tipos tipos de accións ou resultados: a) posta en marcha dun obradoiro de multiedición no que, coa orientación dos profesores, os alumnos irán consolidando e aplicando a un texto concreto (unha cantiga mariana de Afonso X) os principios desta modalidade de edición; será sobre este texto que elaborarán o traballo de curso, do que tamén farán exposición parcial (dalgún capítulo) nas últimas sesións interactivas do curso. b) Comentarios de textos medievais; faranos e exponeranos profesores e alumnos seguindo a liña cronolóxica e atendendo os grandes apartados do comentario, con especial atención aos aspectos lingüísticos.
As sesións interactivas ocuparán as dúas terceiras partes do curso e nas do apartado (b) buscarase un reparto proporcional das obras e coleccións na súa presenza, consonte o seu grao de importancia.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Os alumnos que asistan regularmente ás aulas acolleranse a un sistema de avaliación continua que se fundará nas seguintes dúas referencias:
1. Un traballo consistente na multiedición dunha cantiga mariana (Afonso X) acompañada de estudo paleográfico, estudo lingüístico, pequeno glosario e índice por clases de palabras (90% da nota final). Entregarase a través do Campus Virtual da USC.
2. Asistencia e participación. O carácter marcadamente práctico da materia aconsella unha planificación do traballo na que xoga un papel esencial a participación continuada do alumno na aula. Esta actividade constituirá o 10% da cualificación final.
A proba final, de carácter presencial, só deberán realizala as persoas que, ben por teren dispensa oficial de asistencia ás aulas, ben por outros motivos documentalmente xustificados, non se acollesen ao sistema de avaliación continua. Neste caso a proba final supoñerá o 100% da nota final. Os alumnos que suspendesen polo sistema de avaliación continua repetirán o traballo e entregarano a través do Campus Virtual da USC o mesmo día en que se faga a proba final presencial.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Na segunda oportunidade rexerán os mesmos criterios ca na primeira. Os que nesta se acollesen ao sistema de avaliación continua repetirán o traballo e entregarano a través do Campus Virtual da USC o mesmo día en que se faga a proba final da segunda oportunidade. Os que non seguisen o sistema de avaliación continua farán unha proba final presencial que valerá o 100% da nota final.
OUTRAS OBSERVACIÓNS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110721/AnuncioG2018-190711-…>).
Dado que os alumnos que cursan o Grao en Lingua e Literatura Galegas deben conseguir un perfecto dominio oral e escrito do idioma galego, nos traballos e exames penalizaranse as faltas de ortografía e os erros gramaticais, léxicos, etc. que se cometan. Tamén se penalizarán as incorreccións da expresión oral que se observen nas distintas intervencións que os alumnos fagan na aula.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS
- Sesións expositivas: 12 hs.
- Sesións interactivas: 32 hs.
- Titorías programadas: 2 hs.
- Exames: 4 hs.
- Total actividades presenciais: 50 hs.
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
- Estudo dos contidos das Expositivas: 60 hs.
- Preparación das sesións interactivas: 20 hs.
- Lecturas para as titorías programadas: 10 hs.
- Preparación de exames: 10 hs.
- Total actividades non presenciais: 100 hs.
Sentido da materia na titulación
A Lectura e análise lingüística de textos galegos antigos é unha das oito materias do Módulo Optativo de Lingüistica e Literatura Galegas. Nel forma bloque lingüístico coas materias Onomástica galega, Planificación e normalización lingüística do galego e Lexicografía e terminografía galegas. Dentro deste módulo optativo representa, xuntamente coa Onomástica, a liña da diacronía e abórdaa na súa integridade a través dos textos escritos das épocas medieval e moderna. Está concibida como prolongación formativa das materias lingüísticas diacrónicas do Maior (Historia da Lingua Galega, Fonética e Fonoloxía Históricas do Galego e mais Morfosintaxe Histórica do Galego) e supón un importante reforzamento do coñecemento globalizado (lingüístico e tamén literario) das nosas obras antigas no fío da súa produción e transmisión.
ción será el mismo que en el escenario 1, con la única diferencia de que todas las pruebas se realizarán a través del Campus Virtual.
Ramon Mariño Paz
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811817
- Correo electrónico
- ramon.marino.paz [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Francisco Javier Varela Barreiro
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811816
- Correo electrónico
- xavier.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D04 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D04 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | B05 |
02.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B05 |
02.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B05 |
04.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B05 |
04.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B05 |