Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer as particularidades da lexicografía e da terminoloxía como disciplinas lingüísticas, así como as subdivisións que se establecen no seu interior.
Destacar a importancia da lexicografía e da terminografía para a sociedade.
Coñecer a tipoloxía de dicionarios existentes e as particularidades de cada tipo de obra.
Coñecer os pasos que hai que dar para encarar a elaboración dunha obra lexicográfica e terminográfica.
Coñecer a terminoloxía específica da lexicografía e da terminografía.
Coñecer as características fundamentais da macroestrutura, a microestrutura e a megaestrutura das obras lexicográficas.
Coñecer os principais problemas que se presentan á hora de elaborar unha entrada lexicográfica e as alternativas existentes.
Reflexionar criticamente sobre as obras e as entradas lexicográficas, traballando esencialmente con dicionarios de galego.
Coñecer os dicionarios galegos de maior relevancia e as súas particularidades.
Coñecer o traballo terminográfico que se desenvolve en Galicia e as súas particularidades.
1. Lexicografía e terminoloxía como disciplinas lingüísticas
1.1 A lexicografía
1.2 A terminoloxía e a terminografía
2. A produción lexicográfica e terminográfica. Tipoloxía
3. As fontes das obras lexicográficas e terminográficas
3.1 As fontes primarias
3.1.1 A introspección
3.1.2 Os arquivos de citas
3.1.3 Os córpora
3.2 As fontes secundarias
4. A planificación e elaboración de dicionarios. Os sistemas de produción de dicionarios.
5. A macroestrutura dos dicionarios
5.1 A selección do léxico
5.2 A organización dos lemas
5.3 O establecemento dos lemas
6. A microestrutura dos dicionarios
6.1 A ortografía
6.2 A pronuncia
6.3 A etimoloxía
6.4 A información gramatical
6.5 As combinacións de palabras
6.6 O establecemento e ordenación das acepcións
6.7 As definicións dos dicionarios monolingües
6.8 Os equivalentes dos dicionarios bilingües
6.9 Os exemplos
6.10 A marcación diasistemática
6.11 As marcas de transición semántica
6.12 A información paradigmática
7. A megaestrutura dos dicionarios
8. A lexicografía e a terminografía en Galicia
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Galanes, I. (2015): "Terminografía galega e calidade: novos modelos", Estudos de lingüística Galega 7, 33-52.
González Seoane, E. (2003): "A lexicografía galega moderna", en H. Monteagudo / X. Bouzada (coords.): O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Volume III: Elaboración e difusión da lingua. Santiago: Consello da Cultura Galega, 165-227 [accesible en http://consellodacultura.org/mediateca/extras/normalizacion_iii.pdf].
Porto Dapena, J.Á. (2002): Manual de técnica lexicográfica. Madrid: Arco Libros.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
LEXICOGRAFÍA
Atkins, B. T. Sue / M. Rundell (2008): The Oxford Guide to Practical Lexicography. Oxford: Oxford University Press.
Fontenelle, T. (ed.) (2008): Practical Lexicography. A Reader. Oxford: Oxford University Press.
González Seoane, E. (2014): "La lexicografía gallega premoderna (1863-1985)", en F. Córdoba/E. González Seoane / D. Sánchez Palomino (eds.): Lexicografía de las lenguas románicas. I. Perspectiva histórica. Berlin: De Gruyter, 171-189.
González Seoane, E. / A. Santamarina / X. Varela Barreiro (2008): A lexicografía galega moderna. Recursos e perspectivas. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da lingua galega.
Granger, S. / M. Paquot (2012): Electronic Lexicography. Oxford: Oxford University Press.
Martínez de Sousa, J. (2009): Manual básico de lexicografía. Gijón: Ediciones Trea.
Medina Guerra, A. M. (coord.) (2003): Lexicografía española. Barcelona: Ariel.
Porto Dapena, J.Á. (2009): Lexicografía y metalexicografía. Estudios, propuestas y comentarios (Anexo 12 da Revista de Lexicografía). A Coruña: Universidade.
Rodríguez Barcia, S. (2016): Introducción a la lexicografía. Madrid: Síntesis
Santamarina, A. (dir.) (2003): “Introdución”, Diccionario de diccionarios. A Coruña: Fundación Barrié de la Maza, 2000 [accesible en http://sli.uvigo.es/ddd/index.html, “Limiar do Dicionario de dicionarios”].
Sterkenburg, P. van (2003): A Practical Guide to Lexicography. Amsterdam / Philadelphia: John Benjamins.
Svensen, B. (2009): A handdbook of Lexicography. The Theory and Practice of Dictionary-Making. Cambridge: Cambridge University Press.
TERMINOGRAFÍA
Barros, L. Almeida (2004): Curso básico de terminologia. São Paulo: EDUSP.
Cabré, M.T. (1992): La terminologia: la teoria, els mètodes, les aplicacions. Barcelona: Editorial Empúries (trad. ao castelán La terminología. Teoría, metodología, aplicaciones. Barcelona: Antártida / Empúries, 1993).
Cabré, María Teresa (1999): La terminología. Representación y comunicación. Barcelona: Institut Universitari de Lingüística Aplicada.
Felber, H. / H. Picht (1984): Métodos de terminografía y principios de investigación terminológica. Madrid. CSIC.
Finatto, M. J. B. / M. G. Krieger (2004): Introdução à terminologia: teoria e prática. São Paulo: Contexto.
Franquesa i Bonet, E. (2008): La terminologia: un mirall del món. Barcelona: UOC.
Galanes Santos, I. (2003): "A terminoloxía en Galicia", en H. Monteagudo / X. Bouzada (coords.): O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Volume III: Elaboración e difusión da lingua. Santiago: Consello da Cultura Galega, 229-288.
González González, M. (2010): “A terminoloxía dentro dos estudos de lexicografía galega”, en M. D. Sánchez Palomino (ed.), Lexicografía galega e portuguesa. A Coruña. Universidade (Anexo 12 da Revista de Lexicografía), 9-31.
•Rodríguez Río, X. (2003): Metodoloxía do traballo terminográfico puntual en lingua galega. Santiago: CCG
o Elaborar entradas lexicográficas de diferentes tipos.
o Comentar a microestrutura dunha entrada lexicográfica, empregando a terminoloxía específica.
o Valorar criticamente un dicionario e unha entrada lexicográfica.
o Situar unha entrada lexicográfica nun determinado período da lexicografía galega e xustificar a súa forma.
O proceso de ensino / aprendizaxe vehicularase a través das seguintes vías:
o Clases expositivas e interactivas: O profesor introducirá conceptos e saberes relacionados coa temática da materia, apoiándose en exercicios, comentarios... que se utilizarán para traballar de forma aplicada algúns dos contidos expostos, para solucionar dúbidas e fixar coñecementos, así como para introducir de maneira práctica algúns conceptos do programa. Como se prevé un número limitado de alumnado nesta materia, tentarase fomentar a aprendizaxe autónoma do alumnado, propoñéndolles lecturas para as seguintes sesións, nas cales se comentarán os aspectos interesantes e dubidosos desas lecturas.
o Actividades de curso: trátase de exercicios, traballos ou comentarios que serán comentado ou recollidos na aula. Algunhas destas actividades terán carácter non presencial e deberán ser entregadas nas datas que no seu momento se indiquen, mentres que outras se desenvolverán exclusivamente na clase.
Algúns dos materiais de traballo atoparanse dispoñibles na aula virtual da materia.
Levarase a cabo un sistema de avaliación continua 100%, baseado no traballo diario na aula e fóra da aula.
En cada sesión de clase debateranse aspectos das lecturas ou actividades propostas polo profesor en sesións anteriores, o que irá acompañado, en ocasións, de entregas de comentarios ou actividades previamente encargados. Ó longo do curso, cualificaranse diversos traballos, exposicións e exercicios, tanto de elaboración presencial como non-presencial e ben individuais, ben feitos en grupo.
Valorarase a calidade dos contidos presentados e, no seu caso, a orixinalidade, así como o deseño, a corrección lingüística e a presentación (formato, redacción ou claridade expositiva...). En todos os traballos entregados que requiran un mínimo de desenvolvemento escrito, reservarase 1 punto (sobre 10) para avaliar aspectos de redacción e, no seu caso, formato.
Os alumnos e alumnas que non presenten ou realicen estas actividades no día ou prazo indicado serán cualificados cun 0, agás que documenten unha causa xustificada. Nesta última circunstancia, indicarase no seu caso un novo prazo.
O alumnado con dispensa de asistencia á clase deberá levar a cabo, de forma periódica, diversas lecturas propostas polo profesor, sobre as que deberán entregar, a través da Aula Virtual da USC, comentarios ou actividades que o profesor concretará en cada caso.
Para a segunda oportunidade, o alumnado deberá entregar comentarios ou actividades específicos -propostos polo profesor- sobre os contidos concretos do programa que non superase na primeira oportunidade.
OBSERVACIÓNS
1. Dado que se segue un sistema de avaliación continua, o alumnado que conte con dúas ou máis cualificacións non serán avaliados como Non-Presentados. Isto tamén é aplicable ós alumnos con dispensa de asistencia á clase.
2. Para superar a materia é requisito imprescindible o dominio do galego, tanto no nivel oral como no escrito, e moi particularmente, o dominio do código normativo. Daquela, na cualificación dos traballos, actividades e exposicións repercutirán negativamente as faltas cometidas (no nivel léxico, ortográfico, sintáctico...).
3. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
HORAS PRESENCIAIS
Sesións expositivas: 32
Sesións interactivas: 16
Titorías programadas: 3
Sesións de avaliación: 3
TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 54
HORAS NON PRESENCIAIS
Lecturas: 15
Preparación directa de contidos: 47
Preparación de traballos, exposicións e exercicios: 34
TOTAL HORAS NON PRESENCIAIS: 96
TOTAL HORAS: 150
Faise imprescindible o seguimento continuo da materia e a realización semanal das actividades propostas.
Eduardo Miguel Moscoso Mato
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811829
- Correo electrónico
- eduardo.moscoso [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B04-Laboratorio de Idiomas |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B04-Laboratorio de Idiomas |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | D14 |
02.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C05 |
02.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C05 |
04.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C05 |
04.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C05 |