Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
CORRENTES DA NARRATIVA GALEGA ACTUAL
-Obter unha visión panorámica da actual narrativa galega (século XXI), a partir do coñecemento previo que da historia deste xénero literario ten o alumnado, tras cursar en 2º a materia obrigatoria "Literatura galega contemporánea: narrativa".
-Poñer en práctica os instrumentos básicos de análise narrativa, sistémica e socio-literaria.
-Entender o potencial da crítica literaria como ferramenta canonizadora e avaliadora á hora de propor análises diacrónicas dos fenómenos literarios.
1. Algunhas consideracións teóricas.
2. Análise dalgúns parámetros sistémicos.
3. Novos (e vellos) perfís autorías.
Lecturas obrogatorias: Suso de Toro (Un señor elegante, 2020) e Manuel Rivas (Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, 2018)
4. A radical e diversa contribución das narradoras á renovación:
Lectura obrigatoria: Herba moura (2005) de Teresa Moure, un punto de inflexión.
Pactarase na aula a lectura obrigatoria dunha novela, a escollar, dunha destas autoras:
Marilar Aleixandre , Inma López Silva, Begoña Caamaño, Berta Dávila
5. Da novela histórica á memoria da historia.
Lectura obrigatoria: A noite branca (2012) de Francisco Fdez. Naval
Outras suxestións:
Os fillos do mar (2012) de Pedro Feijoo, A vinganza do defunto (2014) Carlos C. Reigosa. Cabalos e lobos (2015) de Fran P. Lorenzo e O exército de fume (2018) de Manuel Gago
6. A evolución do policial, na procura do best-seller galego.
- Suxestións de lectura: de Domingo Villar (Ollos de auga, 2006) a Arantxa Portabales (Beleza vermella, 2018).
-A singular voz de Diego Ameixeiras: A crueldade de abril (2018). Lectura obrigatoria
7. Novas abordaxes do tema das migracións.
Lectura obrigatoria: Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga (2020)
Outras suxestións:
A Veiga é como un tempo distinto de Eva Moreda , Diario dun enterro de Gonzalo Hermo
BOU, Enric (2005). “Construcción autobiográfica y exilio: entre la memoria individual y la colectiva”. Revista canadiense de estudios hispánicos (Asociación Canadiense de Hispanistas) 30 (1): 17-31.
Castro, O. e M. Reimóndez, Feminismos, Vigo, Xerais, 2013
CIPLIJAUSKAITÉ, Biruté (2004). La construcción del YO femenino en la literatura. Cádiz, Servicio de Publicaciones de la Universidad
González, Helena (2003): “Mulleres e ficción en Galicia ou a necesidade de superar os estados carenciais”. En Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf, Belén Fortes (coord.). Santiago: Sotelo Blanco, pp. 45-60
GONZÁLEZ, Helena (2009). “Las escritoras imprevistas: testimonios gallegos de la guerra, la represión y el exilio”. En Mónica Jato, Sharon Keefe y Janet Pérez (coords.). Mujer, creación y exilio (España, 1939-1975). Barcelona, Icaria: 49-76
López López, Lorena (2022): Aínda invisíveis? Narradoras e margens na literatura galega contemporánea. A Coruña, Através editora
Nogueira Pereira, Mª Xesús: “A (re)escritura feminista. Notas sobre Begoña Caamaño”. Madrygal 19, 2016.
Núñez Sabarís, Xaquín (2020): Cartografías na narrativa galega contemporánea. Vigo: Galaxia.
Otero Varela, Inma, A materialidade das fillas de Lupa. Obxectos ficcionais femininos na narrativa galega, Vigo, Xerais, 2022.
Sánchez, Mariela (2015): “Oficio sin libro : El blog? de Suso de Toro y los dioses del escritor profesional” en R. Macciuci y S. Schlünder (Eds.). Literatura y técnica: derivas ficcionales y materiales : Libros, escritores, textos, frente a la máquina y la ciencia. La Plata ; Osnabrück : Ediciones del lado de acá ; Universidad de Osnabrück
RIVADULLA, DIEGO (2020): “GALLEGAS EN LA HABANA: MEMORIAS EN FEMENINO DE EMIGRACIÓN Y EXILIO TRANSATLÁNTICOS EN SOL DE INVERNO DE ROSA ANEIROS”. Diablotexto Digital Vol. 8: 203-229.
RIVADULLA, DIEGO (2020); "AGORA ABRIUSE ALGUNHA PORTA E SAE TODA PARA FÓRA: A MÍMESE DA MEMORIA NA NOVELA GALEGA DO SÉCULO XXI”, Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Vol. 23 Núm. Esp.: págs. 293 a 306.
Diego Rivadulla (2022): “PARA UNHA HISTORIA DA MEMORIA NOVELADA: GUERRA CIVIL E FRANQUISMO NA NARRATIVA GALEGA DO SÉCULO XX”, Revista Galega de Filoloxía, Vol. 23: 128 a 143.
Vilavedra 2004
Vilavedra, Dolores (1999): Historia da literatura galega. Vigo, Galaxia.
---- (2006): "A guerra civil na narrativa galega. Un ámbito moral", en Grial, 170, 2006: pp. 128-133.
----- (2007): “Valencias identitarias e canon literario: o caso de Manuel Rivas”, en Antípodas. Journal of hispanic and galician studies, XVIII, pp. 47-61.
---- (2010): A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica. Vigo, Galaxia.
------ (2011): “La obra literaria de Manuel Rivas: notas para una lectura macrotextual”, Romance notes 51, I, 2011, pp. 87-96.
------- (2011): “La narrativa gallega de autoría femenina: una interpretación desde el siglo XXI” en-Álvarez-Blanco, Palmar e Toni Dorca (eds.), Contornos de la narrativa española actual (2000-2010, Vervuert-Iberoamericana, 2011. pp. 229-240
---------- (2011): “Guerra civil y literatura gallega”, Revista internacional de estudios vascos 8, 2011, pp. 62-77.
-------(2012): “Cartografiando la narrativa gallega contemporánea: la posición de Manuel Rivas y Suso de Toro en el sistema literario actual” en Voces de Galicia: Manuel Rivas y Suso de Toro, Sadi Lakhdari coord., pp. 20-41, París, Indigo.
------- (2015): “Do vivencial ao contestatario: a evolución no tratamento da guerra civil na narrativa de Manuel Rivas”. En memoria de tanto miragre. Estudos dedicados ó profesor David Mackenzie. Dubert, Rei-Doval e Sousa (eds.). Servizo de Publicacións da USC, pp. 237-250
------ (2015): “A noite branca, entre o documental e o ficcional. A memoria silenciada da División Azul”. Madrygal 18, 2015. Pp. 147-155.
----- (2015): ”A emigración cara a Europa na literatura galega” en Emigración y
---- (2015): “Literatura en el espacio público. Rivas y su obra: un punto de inflexión en la recuperación de la memoria histórica”, en Olivar, 16 (24), http://www.olivar.fahce.unlp.edu.ar/article/view/Olivar2015v16n24a02/73…
------- (2015). ”A emigración cara a Europa na literatura galega”. en Emigración y literatura: historias, experiencias, sentimientos. Edited by Julio Hernández and Domingo González. Santiago: Servizo de Publicacóns da USC, pp. 187-201.
---- (2015): “Do vivencial ao contestatario: a evolución no tratamento da guerra civil na narrativa de Manuel Rivas”, en Francisco Dubert, Gabriel Rei-Doval y Xulio Sousa (eds.). En memoria de tanto miragre. Estudos dedicados ó profesor David Mackenzie. Santiago, Servizo de publicacións da USC, pp. 237-250.
---- (2016): “Alternativas literarias al mito fundacional de la Transición. El caso gallego”, en Sociocriticism, vol. XXXI-2, pp. 203-228.
---- (2016): “La gestión ¿distanciada? de la memoria histórica en las narradoras gallegas”, ponencia plenaria en el Simposio Internacional “¿Corazón helado? Narradoras españolas contemporáneas desde la teoría de las emociones” (Varsovia, 12-13 maio 2016).
---- (2017): "A singularidade literaria de Carlos Casares", en Grial. 213, pp. 46-53.
--- (2018): "Singularidades da articulación socio-discursiva da narrativa galega de autoría feminina”, en María Boguszewicz y Ana Garrido eds. Identidade(s) e xénero(s) na cultura galega: unha achega interdisciplinaria. Varsovia, Instituto de estudios ibéricos e iberoamericanos. pp. 167-192.
------------ (2019). “¿Hacia una memoria histórica cosmopolita? Transnacionalización y emociones en las narradoras gallegas de hoy”. en Memoria encarnada. Género y silencios en España y América Latina. Siglo XXI, Edited by Helena González, Aránzazu Calderón et al. Sevilla: Padilla-Instituto de estudios ibéricos e iberoamericanos de la Universidad de Varsovia, pp. 19-48.
VVAA, Tras la pista. Narrativa criminal escrita por mujeres, E. Losada e K. Paszkiewicz (eds.). Barcelona, Icaria, 2015.
VVAA, “Historia e memoria do 36”, monográfico de Grial 212, 2016.
VVAA, “Letrs gallegas para el siglo XXI”, monográfico de Ínsula 912, decembro 2022.
Conseguir que o alumnado teña unha visión panorámica da actual narrativa galega e que consiga entender a súa singularidade como froito das coordenadas sociais e culturais nas que se está a desenvolver mais tamén da súa propia evolución diacrónica.
Fomentar a práctica crítica como unha disciplina rigorosa e obxectiva que lle permita ao alumnado, no futuro, realizar unha lectura das novidades literarias coa que ir configurando o seu propio canon e avanzando propostas interpretativas.
Combinaranse as sesións expositivas coas sesións prácticas.
En función do nº de persoas que cursen a materia, establecerse ao longo do mes de setembro un plan de presentación de exposicións (individuais ou en grupo) sobre distintos aspectos do programa, tanto panorámicos coma de análise de obras concretas.
Fixaranse citas de titorías personalizadas co alumnado. Nelas a profesora fará un seguimento da preparación das exposicións e o alumnado terá que demostrar o seu grao de aproveitamento e expor as súas dúbidas.
Fomentarase o traballo personalizado e continuado por medio do dossier de lecturas (vid. infa en "Sistema de avaliación").
A materia impartirase en lingua galega.
Os criterios de avaliación aplicaranse tanto na 1ª como na 2ª oportunidade.
Exame final (40%)
Valoración da exposición na aula dun traballo que se entregará tamén por escrito (30%): no caso das exposicións grupais, cada estudante entregará aquela parte ou partes nas que traballou. A escolla de temas, formación de grupos, metodoloxía, data de exposición, etc. programarase coa profesora nas primeiras semanas do cuadrimestre.
Cada estudante entregará na data do exame un dossier das lecturas obrigatorias no que comentará a súa experiencia e realizará unha valoración crítica. Posteriormente, o dossier será comentado coa profesora en entrevista individual no día/hora previamente fixados. O dossier e a entrevista puntuarán un 30% da nota final. Darase información detallada sobre o dossier e a entrevista na primeira sesión interactiva.
IMPORTANTE: As tres actividades (exame, exposición e dossier) son obrigatorias. Polo tanto, imprescindibles para a avaliación final. A non realización de calquera delas suporá a renuncia á avaliación.
O alumnado que obteña dispensa de asistencia a clase non terá que realizar ningunha exposición: será avaliado no exame final, cunha proba máis extensa que suporá o 70% da nota final. Deberá tamén entregar o dossier que suporá o 30%
En todas as actividades serán obxecto de estimación positiva a corrección ortográfica e gramatical e a propiedade na expresión oral e escrita, así como a coherencia lóxica do discurso e a capacidade de síntese.
Os criterios expostos manterán validez nas calificacións da 1ª e 2ª oportunidades..
Sempre que se informe á profesora no seu momento (nunca a posteriori) teranse en conta circunstancias individuais que condicionen o seguimento presencial do curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Ademais das sesións presenciais, prevese que a materia poida demandar a seguinte dedicación (orientativa):
Actividades non presenciais dirixidas (lecturas, preparación de traballos): 30 h.
Actividades non presenciais libres (estudo): 30 h.
Ter as lecturas obrigatorias feitas cando se vaian comentar os textos na aula.
O programa poderá verse sometido a axustes en función do número de estudantes que finalmente cursen a materia.
Respecto á asistencia, aplicarase a normativa xeral da USC. Xa que logo, non se valorará a maiores por ser obrigatoria.
Respecto á asistencia, aplicarase a normativa da USC.
Recoméndase ter cursada e aprobada a materia "literatura galega contemporánea: narrativa" antes de matricularse nesta,
Dolores Vilavedra Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811884
- Correo electrónico
- dolores.vilavedra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | D12 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B05 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | B05 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B10 |
10.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B10 |
10.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | B10 |
10.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | B10 |