Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer o devir da historia da tradución en Galicia, desde a Idade Media ata os nosos días, e o papel da tradución no sistema literario galego.
- Distinguir os distintos tipos de textos e as estratexias respectivas á hora de traducilos.
- Recoñecer os problemas prácticos que se poden suscitar á hora de facer unha tradución, e aprender a maneira de resolvelos.
- Coñecer os recursos necesarios (sobre todo lexicográficos e gramaticais) e as ferramentas online que facilitan as traducións.
- Adquirir competencias básicas para realizar traducións literarias e mais para analizalas.
1. Que é a tradución.
- Definición
- Conceptos básicos
- Tipoloxía
- Competencias
- Tradución e mercado
2. A tradución literaria
- Procesos, motivación e axentes
- Tipoloxía
- Estudo e crítica
- A autotradución
3. Historiografía da tradución
- A Idade Media
- O Rexurdimento
- A Época Nós
- A ditadura
- O período democrático
- A situación actual
4. A tradución literaria como actividade económica
- A tradución como profesión
- Vínculos contractuais e propiedade intelectual
- Asociacionismo
- Políticas editoriais de tradución
5. A práctica da tradución
- Análise e práctica da tradución literaria
- Instrumentos e ferramentas
- Problemas concretos de tradución
- Tradución e xénero
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Baker, Mona (ed.) (2009). The Routledge Encyclopedia of Translation Studies. London: Routledge.
Delisle, Jean / Hannelore Lee-Jahnke / Monique C. Cormier (dirs.) (2003). Terminoloxía da tradución. Versión galega de Anxo Fernández Ocampo e Alberto Álvarez Lugrís. Vigo: Universidade de Vigo.
Fernández, Fruela / Evans, Jonathan (eds.) (2018). The Routledge Handbook of Translation and Politics. London: Routledge.
Holmes, James. (1988). “The Name and Nature of Translation Studies” Translated! Papers on Literary Translation and Translation Studies. Amsterdam-tlanta: Rodopi.
González Millán, Xoán (1995). “Cara a unha teoría da traducción para sistemas literarios ‘marxinais’: a situación galega. Viceversa 1, 63-72.
Noia Campos, Camino (1995). “Historia da traducción en Galicia no marco da cultura europea”, Viceversa 1, 13-62. http://webatg.webs.uvigo.es/viceversa/files/1/vi_1_camino.pdf
Real Pérez, Beatriz (2000), “A tradución e os textos traducidos ó galego no período 1907-1936”. Viceversa 6, 9-36.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Buján Otero, Patricia & María Xesús Nogueira Pereira (2011). “A (re)escritura das marxes. Tradución e xénero na literatura galega”. MONti 3, 131-160.
Buján Otero, Patricia (2020). “He aquí la vida de una literata. Traducción y género en las políticas editoriales en Galicia” (2011-2018). Transfer XV: 1-2, 31-51.
Castro, Olga (2011). “Traductoras gallegas del siglo XX: Reescribiendo la historia de la traducción desde el género y la nación”. MONti 3, 107-130.
Castro, Olga e Laura Linares (2020). “Transnational Encounters: Crossing Borders in Galician Translation and Interpreting Studies”. Galicia 21, Issue I’19, 4-10.
Dasilva Fernández, Xosé Manuel (2019). “Panorámica da autotradución en Galicia”. Cadernos de tradução 39/3, 291-366.
Fernández Rodríguez, Áurea (2015). “El sector editorial gallego y la traducción literaria”. En Ana Luna Alonso, Áurea Fernández Rodríguez et al. (eds.). Literaturas extranjeras y desarrollo cultural: hacia un cambio de paradigma en la traducción literaria gallega. Bern: Peter Lang, 63-68.
Figueroa Lorenzana, Antón (2015). Marxes e centros. Para unha socioloxía do campo cultural. Santiago de Compostela: Laiovento.
Luna Alonso, Ana. (2012). “Marco de referencia teórica. Conceptos clave”. En Áurea Fernández Rodríguez et al. (eds.). Traducción de una cultura emergente. La literatura contemporánea en el exterior. Bern (Switzerland): Peter Lang, pp. 23-42.
Luna Alonso, Ana (2017). “O papel da tradutora no campo literario galego”. Madrygal 20, 147-156.
Luna Alonso, Ana (2011). “Editoras de nova xeración e políticas de tradución en Galicia no século XXI”. Galicia 21, Issue I’19, 30-51.
Luna Alonso (2022). “Galego. Historia da tradución”. ENTI (Enciclopedia da tradución e a interpretación). https://www.aieti.eu/enti/galicia_GLG/
Montero Küpper, Silvia. (2012). “Contextualización histórico-cultural y apuntes sobre el sector editorial gallego”. Áurea Fernández Rodríguez et al. (eds.). Traducción de una cultura emergente. La literatura contemporánea en el exterior. Bern: Peter Lang, pp. 61-86.
Montero Küpper, Silvia. (2016). “Políticas para la traducción de textos literarios”. Iolanda Galanes Santos et al. (eds.). La traducción literaria. Nuevas investigaciones. Granada: Comares, pp. 53-72.
Noia Campos, Camino (1995). “Historia da traducción en Galicia no marco da cultura europea”, Viceversa 1, 13-62. http://webatg.webs.uvigo.es/viceversa/files/1/vi_1_camino.pdf
A materia pretende a capacitación en aspectos do perfil dos estudos, pero tamén o dominio de capacidades xenéricas susceptibles de se aplicaren a unha actividade intelectual que constituirá o futuro ámbito de traballo do alumnado.
COMPETENCIAS DE TIPO INSTRUMENTAL:
- Coñecemento dos corpora (monolingües e bilingües) e das ferramentas en internet para o traballo de tradución (dicionarios e glosarios on line).
- Exercicio da comunicación verbal mediante o desenvolvemento da comunicación interpersoal e estimulación intelectual coa que se practicará a capacidade crítica e de argumentación e defensa de opinións mediante a exposición oral das actividades propostas e a participación nas clases interactivas.
COMPETENCIAS SISTÉMICAS:
- Demostración da súa creatividade e dos seus estándares de calidade na realización dos traballos individuais.
Os contidos de carácter teórico serán expostos co apoio de presentacións en powerpoint e materiais, textuais e paratextuais, de diferentes modalidades. O tema 5, de contidos prácticos, será desenvolvido en sesións interactivas ao longo do curso. Todos os materiais de traballo estarán dispoñíbeis na aula virtual.
A avaliación será continua e desenvolverase conforme o estabelecido nos seguintes puntos:
Na primeira oportunidade terase en conta:
1. A asistencia* e participación activa do alumnado nas sesións de clase e a realización en prazo das tarefas propostas na aula e no campus virtual. A nota obtida suporá un 70% da cualificación final.
* Para unha avaliación positiva esíxese un mínimo do 80% de asistencia.
2. A realización dun traballo final consistente nunha proposta de tradución para unha editora conforme unhas pautas que serán explicadas no seu momento. A data límite para subir esta actividade á aula virtual será o 15/1/2025 (data oficial o exame) e nota deste apartado suporá un 30% da cualificación final.
Na segunda oportunidade valorarase:
1. A realización de novas tarefas, que serán similares ás propostas no punto 1, e cuxa nota suporá o 70% da cualificación final.
2. A realización dun traballo consistente nunha proposta de tradución, cuxo valor suporá o 30 % da cualificación final.
A data límite para a entrega das actividades será o 15/1/2025 (data oficial do exame)
Na avaliación do alumnado con dispensa de asistencia terase en conta:
1. A realización dun traballo final consistente nunha proposta de tradución para unha editorial cuxo valor suporá o 30% da cualificación. As datas límite para subir o traballo á aula virtual serán o 15/1/2025 ou o 13/6/2025 (datas oficiais dos exames).
2. A realización dunha proba escrita na que se avaliarán os contidos teóricos e prácticos do programa, cuxo valor suporá o 70% da cualificación final.
- Horas presenciais expositivas: 32 horas
- Horas presenciais interactivas: 16 horas
- Estudo para o exame, preparación de actividades programadas, lecturas e preparación do traballo de curso: 102 horas.
É importante a participación activa na aula.
La lengua vehicular de esta asignatura es el gallego.
Maria Xesus Nogueira Pereira
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811787
- Correo electrónico
- mariaxesus.nogueira [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C05 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | C05 |
Martes | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | C09 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D03 |
15.01.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D03 |
13.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | D03 |
13.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D03 |