Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral desta materia é comprender, analizar a lingua escrita e a lingua oral, concibidas coma dúas modalidades só relativamente interdependentes, para entender a súa relevancia na nosa sociedade, así como a natureza e as características dos procesos de estandarización, tanto no plano escrito coma no oral.
Obxectivos específicos:
• Coñecer as características e as implicacións da cultura oral e da cultura escrita
• Recoñecer e analizar as características diferenciadoras da lingua oral e da lingua.
• Recoñecer e analizar as ideoloxías lingüísticas.
• Recoñecer e analizar a discriminación das variedades lingüísticas non estándar.
• Analizar o papel da lingua escrita na sociedade posindustrial.
• Analizar e coñecer as características da lingua oral na comunicación pública e nos medios de comunicación.
• Coñecer o proceso de estandarización da lingua, os criterios aplicados e os fundamentos ideolóxicos que subxacen neles.
1. Introdución.
1.1. Oralidade e escritura.
1.2. Cultura oral e cultura escrita.
1.3. Lingua oral e linguas escrita: características.
2. Lingua escrita.
2.1. Lingua e cultura escrita. A galaxia Gutenberg.
2.2. Variación. Xéneros e tradicións discursivas.
2.3. A lingua escrita na sociedades posindustriais. A paisaxe lingüística.
2.4. A escrita electrónica. A lingua das redes sociais.
3. Lingua oral.
3.1. Oralidade primaria e oralidade secundaria.
3.2. A lingua oral na esfera pública e nos medios de comunicación.
4. A lingua estándar e as ideoloxías lingüísticas
4.1. As ideoloxías lingüísticas e a ideoloxía do estándar.
4.1.1. Variedades estándar e non estándar. A discriminación lingüística.
4.1.2. A formación das linguas estándar. Institucións e poder.
4.2. A estandarización dunha lingua minorizada: o caso do galego.
4.2.1. O galego escrito e a construción dunha lingua literaria.
4.2.2. A estandarización e a normativización do galego (1971-2003).
4.3. O estándar oral.
4.3.1. Estándar e variación na lingua do espazo público.
4.3.2. Contacto de linguas e contacto de variedades.
4.4. Ideoloxías lingüísticas en Galicia: debates.
4.4.1. Reintegracionismo e contraesfera pública.
4.4.2. Purismos: a calidade e a autenticidade da lingua.
4.4.3. A linguaxe non discriminatoria e a linguaxe inclusiva.
4.4.4. “Neofalantes” e “paleofalantes”.
4.4.5. As novas ruralidades
Bibliografía básica:
Coulmas, Florian (2013): Writing and society: an introduction. Cambridge: CUP.
Halliday, M. A. K. (1985): Spoken and written language. Oxford: OUP.
Herrero Valeiro, Mário (2011): Guerra de grafias e conflito de elites na Galiza contemporânea. Santiago de Compostela: Através.
Monteagudo, Henrique (ed.) (2024): A estandarización das linguas da Península Ibérica: problemas, procesos e novos horizontes. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Regueira, Xosé L. (2005): “O estándar oral”, en R. Álvarez / H. Monteagudo (eds.): Norma lingüística e variación: unha perspectiva desde o idioma galego. Santiago de Compostela: ILG / CCG, 69-96.
Regueira, Xosé Luís (2019): Variación fonética, a lingua da esfera pública e estándar oral: entre a lingüística e a política. Revista Galega de Filoloxía 20, 119-147.
Bibliografía complementaria:
Alonso Pintos, Serafín (2006): O proceso de codificación do galego moderno (1950-1980). Santiago de Compostela: ILG.
Crystal, D. (2007): Language and the internet. 2nd ed. Cambridge: CUP.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2009): Lingua de calidade. Vigo: Xerais.
Lorenzo-Neus, Nuria (2009): Television discourse. Analysing language in the media. Houndsmill, UK / New York: Palgrave – Macmillan.
Llamas, Carmen & Dominic Watt (eds.) (2010): Language and identities. Edinburg: Edinburg University Press.
McLuhan, Marshall (1994 [1964]): Understanding media. The extensions of man. Cambridge, Ma. / London: MIT Press.
McLuhan, Marshall (2010 [1962]): A galaxia Gutenberg. A creación do home tipográfico. Santiago de Compostela: Universidade.
Milroy, James & Lesley Milroy (1999 [1985]): Authority in language. Investigating Standard English. London / New York: Routledge. Monteagudo, Henrique (1999): Historia social da lingua galega. Vigo: Galaxia.
Moreno Cabrera, Juan Carlos (2000): La dignidad e igualdad de las lenguas. Crítica de la discriminación lingüística. Madrid: Alianza.
Ong, Walter J. (2002 [1982]): Orality and literacy. New York / London: Routledge.
O'Rourke, Bernadette & Fernando Ramallo (2013): "Competing ideologies of linguistic authority amongst new speakers in contemporary Galicia", Language in Society 42, 287–305.
Regueira, Xosé Luís (2003): “Lingua falada e estándar escrito: o galego desde o Rexurdimento á modificacion ortografica do 2003”, Galicia desde Salamanca 4. Salamanca: Universidade, 185-220.
Regueira, Xosé Luis (2012): "Autenticidade e calidade da lingua: purismo e planificación lingüística no galego actual", Estudos de Lingüística Galega 4, 187-201.
Regueira, Xosé Luís, Miguel López Docampo & Matthew Wellings (2013): “El paisaje lingüistico en Galicia”, Revsita Internacional de Lingüística Iberoamericana 21, 39-62.
Vázquez Corredoira, Fernando (1998): A construção da língua portuguesa frente ao castelhano. O galego como exemplo a contrario. Santiago de Compostela: Laiovento.
• Percibir, analizar e comprender as diferenzas entre a comunicación oral e a comunicación escrita.
• Saber recoñecer as características lingüísticas de textos orais e escritos.
• Saber analizar os trazos caracterizadores da lingua utilizada na comunicación pública.
• Saber analizar a lingua escrita en espazos públicos, recoñecer as súas características e as súas implicacións.
• Saber utilizar a lingua oral e a lingua escrita en diferentes rexistros adecuados á situación comunicativa.
• Coñecer o proceso de estandarización da lingua galega no contexto das linguas europeas.
• Saber analizar textos de diferentes épocas e situalos no proceso de formación da lingua literaria ou de estandarización.
• Recoñecer e saber analizar as ideoloxías lingüísticas implicadas nas diferentes propostas de estandarización.
• Saber utilizar o material bibliográfico adecuado para analizar textos orais e escritos.
Nas aulas teóricas exporanse os conceptos básicos que serán aplicados na análise de textos e na elaboración de actividades e traballos. A partir deses conceptos, a metodoloxía será interactiva, e os contidos impartiranse maioritariamente a través de textos seleccionados, en diferentes linguas, que deberán ser lidos polo alumnado para realizar exposicións, discusións e debates. Sobre algúns dos textos propostos o alumnado realizará comentarios escritos.
Nas clases prácticas o alumnado realizará comentarios de textos escritos e orais nos que deberán recoñecer, analizar e comentar as características destes dous tipos de variación; tamén se realizarán debates, exposicións orais e outras actividades. Así mesmo, farase un seguimento da historia do estándar escrito moderno, e traballarase con textos de diferentes épocas e estadios da lingua escrita. Analizaranse textos sobre a construción do estándar e exploraranse algunhas das ideoloxías que a sustentan.
A maioría dos textos e outros materiais necesarios para a marcha das aulas estarán ao dispor do alumnado na aula virtual. Outros textos deberán ser consultados na biblioteca da Facultade.
A avaliación desta materia realizarase determinando o grao de consecución dos obxectivos mediante o seguimento do traballo feito nas clases teóricas e prácticas, a entrega de comentarios e traballos e mediante unha proba escrita:
a) Asistencia e participación: participación activa nas clases, debates e comentarios (orais e escritos), seguimento comprensivo da materia (determinado por medio da observación, notas do profesor e cuestionarios específicos), tarefas e presentacións realizadas nas clases: 30%.
b) Realización dun traballo, en grupos de tres persoas, sobre algún aspecto relacionado coa lingua escrita ou coa lingua oral, que será exposto na clase: 35%. O traballo escrito terá un valor do 30% e a presentación do 5% restante. O tema do traballo será consensuado co profesor e estará directamente relacionado cos temas tratados nas clases.
c) Proba final escrita: 35%. A proba consistirá en varias preguntas ou comentarios de frases ou fragmentos de textos sobre aspectos dos contidos vistos nas clases expositivas, das clases interactivas ou das lecturas efectuadas durante o curso.
Tendo en conta que esta materia ten unha parte relevante de avaliación continua, a asistencia activa ás clases teóricas e prácticas é un elemento relevante para a obtención dos resultados académicos desexados. Para poder optar ao 30% da cualificación pola compoñente (a), será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 75% das clases programadas. O alumnado que alcance unha asistencia situada entre o 50% e o 75% das clases, ademais da realización do traballos (b) e da realización da proba escrita (c), deberá presentar traballos e actividades adicionais relacionadas coas lecturas das clases, segundo lle indique o profesor, para poder obter o 30% da nota final correspondente ao ítem (a) da avaliación. Unha asistencia menor a un 50% das clases programadas non dará dereito a cualificación por este concepto. En casos xustificados poderá compensarse coa realización de comentarios e traballos curtos escritos. Esa situación deberá xustificarse documentalmente e deberá concertarse co profesor o procedemento a seguir.
Persoas con dispensa oficial de asistencia:
A avaliación das persoas que teñan dispensa oficial das aulas realizarase por medio da presentación dun traballo individual, sobre un tema consensuado co profesor, que representará o 40% da cualificación final, pola proba escrita final (35%) e mais por comentarios de lecturas indicadas polo profesor, que terán o valor do 25% restante da nota final.
Avaliación da segunda oportunidade:
Na segunda oportunidade, o alumnado que tivese unha asistencia regular de máis do 50% das aulas poderá manter a cualificación obtida na primeira oportunidade. Ademais, poderá achegar versións melloradas do traballo ou dalgunhas actividades, así como entregar traballos complementarios, se así o acordase previamente co profesor.
O alumnado que non reúna os requisitos de asistencia indicados previamente será avaliado da mesma maneira ca na primeira oportunidade, é dicir, para o alumnado que conte cunha asistencia de entre o 50% e o 75% das clases deberá presentar o traballo e actividades nas mesmas condicións da primeira oportunidade, ademais de realizar a proba escrita; o alumnado cunha asistencia menor do 50% non poderá ter a puntuación prevista en (a) e deberá presentar dous traballos (dos que un deles poderá ser unha versión mellorada do presentado na primeira oportunidade), ademais de realizar a proba escrita.
Tanto na primeira coma na segunda oportunidade, a presentación á proba escrita é obrigatoria. A non realización desa proba dará lugar á cualificación de “non presentado”, independentemente das cualificacións obtidas nas restantes partes da cualificación.
Horas presenciais (docencia teórica e práctica): 48
Horas de traballo autónomo do alumnado (lectura de bibliografía, estudo e elaboración de materiais): 102
Xose Luis Regueira Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811984
- Correo electrónico
- xoseluis.regueira [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D09 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | D09 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Galego | C03 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Galego | C03 |
19.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C09 |
19.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C09 |
19.01.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
12.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C09 |
12.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | C09 |
12.06.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | C09 |