Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Proporcionar ao estudantado coñecementos sobre o contexto social, cultural e político do Movemento Romántico nas Illas Británicas e nos Estados Unidos.
-Estudar as innovacións ideolóxicas e estéticas propiciadas polos artistas románticos.
-Aprender a distinguir as características principais do Movemento Romántico nas lllas Británicas das peculiaridades do Romanticismo nos Estados Unidos.
-Familiarizar ao estudantado cos principais xéneros e autores Románticos e coas obras máis representativas da literatura inglesa e norteamericana.
-Identificar unha serie de características que axuden a describir a estética e a temática romántica nunha manifestación artística.
-Estudar documentos alternativos relacionados co desenvolvemento do Romanticismo en Norteamérica e en Gran Bretaña.
-Aprender a establecer conexións entre manifestacións artísticas diversas.
-Aplicar novas perspectivas ao estudo do Romanticismo (cuestións de xénero literario, perspectiva de xénero, ecocrítica, etc.)
-Aprender a escribir textos críticos (ensaios, recensións, etc.) sobre diversas manifestacións artísticas do Romanticismo.
-Reflexionar sobre o impacto do Romanticismo (formas e temas) na sociedade actual.
1.- Romanticismo: Contexto socio-histórico
2.- Introdución ao Romanticismo británico: O Sublime & o 'Preface' ás Lyrical Ballads (1800) de William Wordsworth, "A Red, Red Rose”, “England in 1819” & “The Rime of the Ancient Mariner”
3.- O comezo de … as revistas satíricas – The Punch
4.- O comezo de … o feminismo – A Vindication of the Rights of Woman (1792), de Mary Wollstonecraft
5.- O comezo de … a ciencia ficción – Frankenstein (1818), de Mary Shelley
6.- O comezo de … a escritura feminima – Jane Austen & Jane Eyre (1847), de Charlotte Brontë
7.- Introdución ao Romanticismo norteamericano: o transcendentalismo e o Dark Romanticism
8.- O comezo de … a novela negra – “The Murders in the Rue Morgue” (1841), de Edgar Allan Poe
9.- O comezo de … a escritura erótica – a imaxinería erótica de Emily Dickinson & Leaves of Grass (1855), de Walt Whitman
10.- O comezo de … (Post/Trans)Humanismo – “The Birthmark” (1846), de Nathaniel Hawthorne
Bieber, Christina L. 2013. “Aylmer’s Moral Infancy. Nathaniel Hawthorne and the Quest for Human Perfection” in Prophets of the Posthuman: American Fiction, Biotechnology, and the Ethics of Personhood. Paris: University of Notre Dame Press.
Brennan, Zoe. 2010. “Language, Style and Form” in Brontë’s Jane Eyre. London & New York: Bloomsbury.
Campos, Noemi, 2022. “Sexual Imagery: Why Does It Still Matter?” in UC Merced Undergraduate Research Journal 14(1). DOI: 10.5070/M414157335
Deresiewicz, William. 2005. “Introduction” in Jane Austen and the Romantic Poets. New York: Columbia University Press.
Klancher, Jon (ed.). 2009. A Concise Companion to the Romantic Age. Malden & Oxford: Blackwell.
Mellor, K. Anne. 2014. “The Debate on The Rights of Woman: Wollstonecraft’s Influence on the Women Writers of Her Day” in Called to Civil Existence: Mary Wollstonecraft’s A Vindication of the Rights of Woman”. Leiden: Brill.
Messent, Peter. 2012. “Edgar Allan Poe: ‘The Murders in the Rue Morgue’ (1841)” in The Crime Fiction Handbook. London & New York: John Wiley & Sons.
Messent, Peter. 2012. “Introduction” in The Crime Fiction Handbook. New York: John Wiley & Sons
Middeke, Martin, Gabriele Rippl & Hubert Zapf (eds.). 2016. Handbook of Transatlantic North American Studies. Berlin & Boston: de Gruyter.
Perry, Seamus. 1999. “Romanticism: The Brief History of a Concept” in A Companion to Romanticism. London & New York: Blackwell.
Pollak, Vivian R. 2000. “Faith in Sex” in The Erotic Whitman. San Francisco: University of California Press.
Wu, Duncan (ed.). 1999. A Companion to Romanticism. Malden & Oxford: Blackwell.
COMPETENCIAS BÁSICAS: CB1, CB2, CB3, CB4 e CB5
COMPETENCIAS XERAIS: CG1, CG8
O alumnado recibirá CLASES EXPOSITIVAS, participará en SEMINARIOS INTERACTIVOS, e en TITORÍAS (en grupo e individuais). Nas sesións expositivas introducirase o contexto ideolóxico, social e literario do período a estudar. Os seminarios estarán dedicados a comentarios orais e por escrito nos que os/as discentes participarán activamente.
Farase uso da PLATAFORMA VIRTUAL que oferta a USC para o ensino e a aprendizaxe, onde se subirá o material de lectura e se poderán realizar algúns dos exercicios avaliables previo aviso da profesora.
Atendendo ao artigo 9.2.a do Estatuto do Estudante da USC e o artigo 36 da Ley Orgánica del Sistema Universitario, nas clases expositivas e interactivas non está autorizado o uso de dispositivos electrónicos (teléfonos móbiles, tablets, ordenadores, etc.) salvo cando o autorice expresamente a profesora da materia.
Haberá dous tipos de avaliación: avaliación continua (40% + 60%) e exame final (100%). O alumnado de primeiro ano entrará por defecto na avaliación continua, que poderá perder en caso de non asistir a un mínimo de horas de docencia.
A asistencia a clase é obrigatoria para seguir esta avaliación continua, que se organizará a través dunha serie de exercicios que o alumnado completará en clase (40%) e exames parciais ao longo do curso (60%). O alumnado que non asista a un mínimo do 80% das horas de docencia non poderá participar na avaliación continua e terá que presentarse ao exame final co 100% da nota na data oficial. As faltas de asistencia non se xustificarán por ningún motivo e entran dentro do 20% de marxe que propón esta guía docente. A avaliación continua soamente se aplicará á convocatoria de maio/xuño. Na convocatoria de xullo (segunda oportunidade) o alumnado irá co 100% da nota final.
O alumnado que suspenda a avaliación continua poderá examinarse co 100% da nota no exame final na data oficial.
O alumnado repetidor poderá elixir entre a avaliación continua coas mesmas condicións que o alumnado de primeiro ano ou ir co 100% da nota ao exame final.
O alumnado con dispensa poderá presentarse ao exame final na data oficial.
O fraude académico será penalizado. En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O alumnado terá que facer unha serie de lecturas obligatorias que se comentarán nos seminarios como exemplo dos aspectos teóricos tratados en clase.
A profesora anima ao estudantado a adicar unhas seis horas semanais a preparar a asignatura -lecturas, actividades, revisións.
Dado que esta é unha materia ECTS, o alumnado necesitará realizar 150 horas de traballo presencial e autónomo para superala.
Anímase ao alumnado a asistir e participar activamente en clase, a revisar e completar as súas notas, e a traballar en grupo.
A "Guía Docente e Material Didáctico" da asignatura proporcionará unha información moito máis detallada e estará a disposición do estudantado no Campus Virtual.
Maria Alonso Alonso
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- maria.alonso.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | D10 |
27.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C01 |
27.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |
02.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C01 |
02.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C01 |