Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao final do curso, o estudantado debe ter coñecemento e comprensión das estruturas lingüísticas do Inglés Antigo e Medio (grafía, pronuncia, fonoloxía, morfoloxía, sintaxe, léxico e variedades dialectais). Espérase tamén que adquiran os coñecementos suficientes para poder traducir textos en Inglés Antigo e Medio e para realizar análises sociolingüísticas, fonolóxicas, léxicas, morfolóxicas, sintácticas e textuais-discursivas.
A materia ofrece unha panorámica sociolingüística dos períodos coñecidos como Inglés Antigo e Medio e componse de dúas partes principais:
A) Unha parte teórica, na cal se presentarán cuestións básicas sobre o sistema ortográfico, fonolóxico, léxico e morfosintáctico dos devanditos períodos.
B) Unha parte práctica, na que se presentará unha selección de textos do Inglés Antigo e Medio para a súa tradución e análise. En particular, a escolma de textos poderá incluír, entre outros, The Battle of Maldon, The Seafarer, The Wanderer, Beowulf, Peterborough Chronicle, Cursor Mundi, ou The Fox and the Wolf.
1. O Inglés Antigo:
1.1. Contexto sociohistórico e dialectos do Inglés Antigo.
1.2. Os manuscritos do Inglés Antigo.
1.3. O alfabeto e a ortografía do Inglés Antigo.
1.4. O sistema fonolóxico do Inglés Antigo.
1.5. O léxico do Inglés Antigo (mecanismos de formación de palabras e préstamos lingüísticos).
1.6. A gramática do Inglés Antigo:
- O sistema nominal (nomes, pronomes, determinantes, adxectivos, adverbios e o sistema de casos).
- O sistema verbal (tipoloxía de verbos e inflexións).
- A sintaxe do Inglés Antigo (orde de palabras e subordinación).
2. O Inglés Medio:
2.1. Contexto sociohistórico e dialectos do Inglés Medio: o nacemento do estándar escrito.
2.2. Os manuscritos do Inglés Medio.
2.3. O sistema fonolóxico do Inglés Medio.
2.4. O léxico do Inglés Medio (mecanismos de formación de palabras e préstamos lingüísticos).
2.5. A gramática do Inglés Medio:
- O sistema nominal (nomes, pronomes, determinantes, adxectivos, adverbios).
- O sistema verbal (tipoloxía de verbos e inflexións).
- A sintaxe do Inglés Medio (orde de palabras e subordinación).
INGLÉS ANTIGO:
Manual:
*Baker, P. S. 2003. Introduction to Old English. Oxford: Blackwell.
Gramáticas e antoloxías:
Baker, P. S. 2003. Introduction to Old English. Oxford: Blackwell.
Hogg, R (ed.). 1992. The Cambridge History of the English Language, vol. I: The Beginnings to 1066. Cambridge: Cambridge University Press.
Hogg, R. 2002. An Introduction to Old English. Edinburgh: Edinburgh University Press.
Lass, R. 2012. Old English: A Historical Linguistic Companion. Cambridge: Cambridge University Press.
Marsden, R. 2004. The Cambridge Old English Reader. Cambridge: Cambridge University Press.
Mitchell, B. 1995. An Invitation to Old English and Anglo-Saxon England. Oxford: Blackwell.
Mitchell, B. & F. C. Robinson. 2012. A Guide to Old English (8ª edición). Oxford: Blackwell.
Dicionarios:
Bosworth, J. & T. N. Toller. 1891-1921. An Anglo-Saxon dictionary. Oxford: Oxford University Press.
Clark-Hall, J. R. 1975. A Concise Anglo-Saxon dictionary. Cambridge: Cambridge University Press.
INGLÉS MEDIO:
Manual:
*Iglesias Rábade, L. 2003. Handbook of Middle English: Grammar and Texts. Munich. Lincom Europa.
Gramáticas e antoloxías:
Blake, N.F. (ed.). 1992. The Cambridge History of the English Language, vol. II: 1066-1476. Cambridge: Cambridge University Press.
Brunner, K. 1970. An Outline of Middle English Grammar. Oxford: Blackwell.
Horobin, S. & J. Smith. 2002. An Introduction to Middle English. Edinburgh: Edinburgh University Press.
Johnson, K. 2016. A History of Early English: An Activity-based Approach. London: Routledge.
Jordan, R. 1975. Handbook of the Middle English Grammar: Phonology. Paris: Mouton.
Roseborough, M. M. 1970. An Outline of Middle English Grammar. Westport: Greenwood Press.
Van Gelderen, E. 2017. Analyzing Syntax through Texts: Old, Middle, and Early Modern English. Edinburgh: Edinburgh University Press.
Dicionarios:
Kurath, H. et al. 1952-. Middle English Dictionary. Anne Arbor: University of Michigan Press.
Mayhew, A.L., W.W. Skeat & M. Everson. 2009. A Concise Dictionary of Middle English: From 1150 to 1580. Mayo, Irlanda: Evertype.
Stratmann, F. 1891. A Middle English Dictionary. Oxford: Oxford University Press.
RECURSOS EN LIÑA:
http://www.oldenglishaerobics.net/
https://lrc.la.utexas.edu/eieol/engol
https://arts.gla.ac.uk/STELLA/apps/web/eoe/
https://www.st-andrews.ac.uk/~cr30/vocabulary/
http://english.nsms.ox.ac.uk/oecoursepack/
https://medievalfleming.wordpress.com/2015/08/28/free-fully-digitized-m…
https://www.bl.uk/medieval-literature/articles/middle-english
https://adoneilson.com/eme/index.html
http://www.sd-editions.com/CantApp/GP/
Básicas: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5
Xerais: CG1, CG8
Para máis información pódese consultar a Memoria de Verificación no seguinte enlace: https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/sxopra/m…
A materia impartirase en tres sesións semanais, nas cales se alternarán as sesión expositivas, mediante a presentación dos contidos do programa, con sesións de seminario nas que se poñerán en práctica os contidos abordados nas clases teóricas, mediante a análise e tradución de textos representativos dos períodos estudados. Espérase que o estudantado participe activamente nas sesións de clase, así como nas tarefas encomendadas.
Tanto na oportunidade ordinaria de maio/xuño como na segunda oportunidade de xuño/xullo, o grao de consecución dos obxectivos do curso por parte do estudantado valorarase por medio de varios procedementos combinados, tal e como se recolle a continuación:
PRIMEIRA (maio/xuño) E SEGUNDA OPORTUNIDADE (xuño/xullo): as porcentaxes distribuiranse como segue:
1) AVALIACIÓN CONTINUA (40%) – actividades orais e escritas que se realizarán de forma individual ou en grupo, na clase ou a través da plataforma virtual:
1.1. Traducións e comentarios lingüísticos (individuais): 15%
1.2. Participación activa nas diferentes sesións: 5%
1.3. Presentación oral e traballo escrito sobre un dos temas do programa, previamente acordado coa docente: 20%
2) EXAME FINAL (60%) – o exame final constará de:
2.1. Tradución de textos do Inglés Antigo e Medio.
2.2. Comentario lingüístico (ortográfico, fonolóxico, léxico, morfolóxico e sintáctico) de textos do Inglés Antigo e Medio.
OBSERVACIÓNS IMPORTANTES:
1) As/os estudantes que non presentasen as tarefas de avaliación continua perderán a porcentaxe correspondente da nota final. No caso do estudantado que non poida participar (por unha causa debidamente xustificada) nalgunha actividade de aula de carácter avaliable, aplicaraseo recollido no Título 1, Artigo 1.3 do "Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da USC" do 25 de novembro de 2024:
"(...) de realizarse nas sesións de aula actividades que teñan algún tipo de ponderación na cualificación final da materia, o/a estudante que non asista aelas por unha causa XUSTIFICADA poderá compensar a súa ausencia na forma en que se determine polo profesorado da materia".
2) No caso do estudantado que siga a avaliación continua pero non se presente ao exame final, a “Normativa de permanencia nas titulacións de grao emestrado da USC”, do 5 de xullo de 2012, indica no artigo 5.2 que a calificación do estudantado que non se presente ao exame final ou que non supere a avaliación continua será de SUSPENSO, a non ser que non se presente nin ao exame final nin leve a cabo a avaliación continua, caso no que contará como NON PRESENTADO.
3) Os/as estudantes oficialmente exentos/as de asistencia a clase e/ou os/as repetidores da materia que non poidan asistir a clase por causa xustificada poderán optar tamén a realizar só o exame final da materia (100% da súa cualificación). En caso de escolleren esta modalidade de avaliación, deberán contactar coa docente da materia e indicarlle a súa elección nas dúas primeiras semanas do curso. De non ser o caso, aplicaráselles a modalidade de avaliación por defecto: a avaliación continua.
4) En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, que prevé:
“A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a alumno/a infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
5) Os exercicios e exames realizaranse enteiramente en inglés. Penalizaranse a falta de corrección gramatical e os erros de expresión.
150 horas, das cales 48 corresponden a horas de presenza na aula (clases expositivas, clases interactivas), 3 a titorías, 3 a avaliación e 96 a traballo persoal e autónomo do estudantado fóra da aula.
Asistencia e participación activa naquelas tarefas propostas
Zeltia Blanco Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- zeltia.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | B06 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | B06 |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | B10 |
28.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C06 |
28.05.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C06 |
02.07.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C06 |
02.07.2026 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C06 |